lunes, 4 de febrero de 2013

O CASO BANKIA, CON HUMOR

Pontevedra, 4.02.2013

Entrada n. 1605 do blog

O CASO BANKIA, CON HUMOR
por Xesús López Fernández

O escándalo da reconversión en bancos das caixas de aforro leva producido ríos de tinta (cretos hipotecarios, preferentes...). Bankia parece que gozou dun trato privilexiado do Goberno español, presuntamente por ter sido o seu presidente, Rodrígo Rato, un home da confianza do Partido Popular. 

Últimamente volve ser noticia. Rodrigo Rato, dimitido, ven de apuntar directamente ó ministro de Economía, Luis de Guindos, como a autoridade do Ministerio que lle demandou un novo plan prá entidade financieira a pesare de ter 
un xa aprobado polo Banco de España, unha necesidade que ademáis lle transmiteu con urxencia.´

Así o asegurou Rodrigo Rato ó xués da Audiencia Nacioanl Fernando Andreudurante a súa declaración do pasado 20 de decembro, a cuio contido íntegro ten accedido Efe, e na que explica que dend´o Ministerio de Economía aseguráronlle que o seu plan de recapitalización, que recibeu o placet do supervisor o pasado 17 de abril, "tiña que ser superado".

Perguntado polo fiscal Anticorrupción si ese novo proiecto llo encargou persoalmente De Guindos, Rato responde: "Sí. Nas conversas nós falabamos co ministro, co secretario de Estado, co director xeneral; sí, no lo pide o Ministerio".... 

Desto informan hoxe diversos medios, do culebrón que sigue, pero pra non sobrecargar de enlaces esta corta entrada, outo por inserir nela un curioso enlace de YouTube. A xente está moi cansa, de Bankia e doutras entidades.

Clicade, e reíde: Que non te quero Bankia, protesta flamenca  por bulerías.


domingo, 3 de febrero de 2013

Un país asustado


El algodón no engaña, de Pinto y Chinto, La Voz de Galicia. 

A caricatura de Esteban, en La Razón, reflexa a situación que vive o país, convertido en tremedal de corrupción. 

Pontevedra, 4.02.2013
Entrada n. 1604 do blog
Artículo semanal

Un país asustado,
por Xesús López Fernández

            Todo parece apuntar que estamos nunha fin de ciclo. A sociedade vai cansa, diríase que asustada, de tanto deposita-la confianza nos partidos políticos que se supón levan facendo mal as cousas dende hai tempo. Agora, tras diversos escándalos de presunta corrupción, chegamos a unha situación triste, como que se sabe que a nosa casta política é, coa de Botswana, das máis corrompidas no ancho mundo. Porque son moitos anos de total impunidade na financiación dos partidos, do que os distintos medios non cansan de faceren inventario dende a arrancada da transición de cristal: Flick, Filesa, caso Naseiro, trama Gürtel, casos Palau e Pallerols, Fundación Ideas, contas en paraísos fiscales como Suiza, Liechtenstein, Andorra e outros. Pero o que parece marcar realmente a fin do tempo predemocrático que nos tocou vivir é o que xira en torno ó caso Bárcenas, o home que chegou ter vintedous millós de euros nunha conta en Suiza, e noutras contas. ¿Negocios particulares?
          
  Outros caldos de asuntos irregulares, o caso Malaya, Urdangarín, súmanse ó escándalo dos presuntos pagos en negro a xentes do PP, información facilitada por El País e tamén por El Mundo en base a unhas follas de contabilidade manual, con letra que diversos grafólogos din pode corresponder a Luís Bárcenas, o ex tesoureiro do PP. Rajoy aparece neses listados que el calificou de apócrifos e fixo un discurso, este pasado sábado, no sentido de que el nunca recibeu, nin reparteu, en negro, cantidade algunha. Incluso, como xesto de transparencia, prometeu incluire na web da Moncloa as súas  declaraciós da Renta e de Patrimonio. Certo que Rajoy contou días atrás co testimonio de Soraya Sáenz de Santamaría, que chegou decir: “Llevo doce años trabajando con Rajoy. Nunca lo he visto saltarse una norma”.  E nela parece ter Rajoy a defensora máis leal. Polo demáis, o discurso precisaba, cecáis, doutro calado, porque nos famosos papeles hai datos cruzados, algús deles reconocidos como certos. E aí debe entrare a Xusticia, pero non pra dormi-lo asunto outros 15 anos.
         
   Pero a desconfianza social persiste. Vese demasiada frivolidade na forma de manexa-los partidos o tema da presunta corrupción, con aquel “¡E ti máis!”. A xente, sen pensar en si hai ou non hai sobres en negro, normalmente pensa dos políticos: “¡Qué ben viven!”. I eso doe, sobre todo nun país con seis millós de parados, con seis millós de familias vivindo no dintel da probeza. Como non temos unha verdadeira sociedade civil, difícilmente podemos clamar por unha xusticia real que exerza como poder independente, que entre nestos temas con forza e ata o final, como tamén noutros asuntos conocidos de corrupción ambiental, talvez máis demostrables que os pagos en diñeiro opaco, que non se contabilizan nen van aparecer nas declaraciós da Renta.  
         
      Como queira que sexa, a xente está cansa de tanta impudicia como decote vai trascendendo. ¿Qué ten que pasar pra que esto cambie, pra reventa-la actual partitocracia, pra cambia-lo sistema electoral ou que nos presenten cada catro anos, listas trufados de persoaxes corruptos?... Dous amigos, vellos conocidos, atopabanse hai cousa de catro días nunha rúa pontevedresa. Como había tempo que non falaban cruzáronse unha serie de perguntas. Casualmente, os dous saían dun gripe peleón… Pois temos que andar con coidado, que estamos nunha edade fráxil, dixo un deles, Xa, pero é que eu non quero marchar sen ver cómo remata ésto!, foi a resposta, pra de seguido facer un corto inventario sobre a situación que vivimos, sobre si realmente cabe un cambio rexeneracionista, cómo acometelo. Os dous amigos, asustados pola situación creada polos depredadores políticos, seguían co espírito alerta, pero excépticos  pola situación creada despois de tanto consentir. Non sei se o caso Luís Bárcenas pode desencadea-las sinerxias necesarias, a fin do ciclo da que tan necesitados estamos.  

viernes, 1 de febrero de 2013

O Silicon Valley galego [12.12.2003]

Pontevedra, 1.02.2013 Entrada 1603 do blog Artículo do ano 2003

Fantasía floral, dibuxo informático do autor, pra alegrar un pouco o artículo.

O Silicon Valley galego, [12.12.2003] ,
Por Xesús López Fernández 

 Silicon [ou Sillicon] Valley non se corresponde cun topónimo real. É simplemente o nome informal aplicado polo xornalista Don Hoefler, nos anos 70, cando na revista “Electronic News” lle dou por bautizar ó territorio onde naceu a industria dos circuítos integrados, situado ó Sul da cidade de San Francisco, onde 4.000 kilómetros cadrados do val abranguen o condado de Santa Clara e parte dos condados de San Mateo, Alameda e Santa Cruz...E aínda que o nome comeza a facerse común nos 70, a excepcional historia comezara dúas décadas antes, coa primeira “vaga de innovación”, na que empresas como Hewllet-Packard e a Varian Associates lideraban daquela o despegue dunha economía que chegaría a sorprender ó mundo. A aquela primeira fase de innovación sucederon ata o momento outras tres: a dos circuítos integrados [Fairchilde, Intel ou AMD], a dos PCs [anos 70-80; Apple, Silicon Graphics, etc.] e a recente onda de Internet [anos 90; Netscape, Cisco, Yahoo, etc.]. E parece que actualmente, co bulir existente en novos sectores como a biotecnoloxía e a nanotecnoloxía, pode estar nacendo a quinta onda de innovación en Silicon Valley.

 O modelo de Silicon sentou cátedra en moitos países: Silicon Alley [N. York], Silicon Forest [Seattle], Silicon Fen [Cambridge], Silicon Bog [Irlanda], etc. E nestos momentos, cando anuncian a idea de converte-lo campus vigués noutro Silicon Valley, lémbrome de algo no que insistía [hai máis de vinte anos] un irmán meu: na necesidade de que en Galicia se configurara un viveiro de empresas con esa filosofía, productores como somos, ademáis, de silicio. Seguramente que disfrutaría coa noticia que estos días nos brindan os medios: que en Vigo están considerando a idea de, por fin, imita-lo Silicon Valley californián.O proiecto vigués consiste na construcción de cinco torres nas que acolleren empresas e laboratorios de alta tecnoloxía. No campus xa existe unha empresa, Comunitel, instalada en Lagoas-Marcosende pra estreita-la colaboración coa Escola de Enxeñeiros de Telecomunicación, un centro que traballa no deseño de avances tecnolóxicos prá Armada e pra empresas como Siemens.En fin, ése é o comezo. E resulta difícil maxina-lo que un futuro pleno de realizaciós podería significar. 

Porque no Silicon Valley de San Francisco [2.500.000 de habitantes] residen o 41 por cen dos empresarios de tecnoloxía máis ricos dos EEUU. Presumen, ademais, de te-la maior porcentaxe de empregados de alta cualificación, o maior índice de productividade e o 20% das maiores empresas tecnolóxicas do mundo. A rexión xera o 45% do crecemento industrial dos EEUU dende o 1993....Cada día fanse millonarios 62 emprendedores. E pódese decir que o modelo Silicon está basado en catro peares básicos: 1. Unha nova cultura da innovación tecnolóxica-industrial orientada ó hipercrecemento sustentable [innovación tecnolóxica e calidade dos recursos humáns]; 2. Unha nova cultura da creación de empresas con alto potencial de crecemento; 3. Unha nova cultura de networking [a innovación se maximiza cando se desenvolve nun proceso social]; 4. Unha nova cultura de desenvolvemento rexional, con Silicon Valley como paradigma de Clúster Tecnolóxico Rexional. ..O dito son apenas unhas instantáneas. A dinámica de nacemento, fusións e morte de empresas é contínua naquel entorno, no que o grado de confianza que implica o capital social ten unha gran importancia. 

 O capital social [do que temos falado más dunha vez] cobra aquí unha especial relevancia, porque a maioría dos enxeñeiros de software sabe moito máis do seu traballo que as persoas que os dirixen; só eles poden emitir valoraciós informadas da súa propia productividade, razón pola que normalmente permítese a esos traballadores unha certa autoxestión a partir de criterios profesionalmente internos...No noso entorno non parece existir este tipo de cultura empresarial. E ademáis que, no campo das novas tecnoloxías, en cuestiós que moitas veces son difíciles de someter á protección de patentes, dáse unha socialización informal xurdida de relaciós case familiares, afirma Saxenian, que indica que “o bar de Wagon Wheel en Mountain View, un local popular onde os enxeñeiros se reúnen pra intercambiaren ideas e chismorreos, ten sido considerado como o centro da industria dos semiconductores”. E segue: “A decir de todos, esas conversas de carácter informal eran moi frecuentes e constituían unha importante fonte pra actualiza-la información sobre a competencia, os clientes, os mercados e as tecnoloxías”. Ou, como dí Fukuyama: “O capital social que producen estas redes de carácter informal permiten que Silicon Valley acade economías de escala I+D, algo imposible nas grandes empresas de integración vertical”. Non sei se no caso de Vigo terán pensado en monta-lo seu particular Wagon Wheel. ¡Está todo tan verde!