viernes, 1 de febrero de 2013

O Silicon Valley galego [12.12.2003]

Pontevedra, 1.02.2013 Entrada 1603 do blog Artículo do ano 2003

Fantasía floral, dibuxo informático do autor, pra alegrar un pouco o artículo.

O Silicon Valley galego, [12.12.2003] ,
Por Xesús López Fernández 

 Silicon [ou Sillicon] Valley non se corresponde cun topónimo real. É simplemente o nome informal aplicado polo xornalista Don Hoefler, nos anos 70, cando na revista “Electronic News” lle dou por bautizar ó territorio onde naceu a industria dos circuítos integrados, situado ó Sul da cidade de San Francisco, onde 4.000 kilómetros cadrados do val abranguen o condado de Santa Clara e parte dos condados de San Mateo, Alameda e Santa Cruz...E aínda que o nome comeza a facerse común nos 70, a excepcional historia comezara dúas décadas antes, coa primeira “vaga de innovación”, na que empresas como Hewllet-Packard e a Varian Associates lideraban daquela o despegue dunha economía que chegaría a sorprender ó mundo. A aquela primeira fase de innovación sucederon ata o momento outras tres: a dos circuítos integrados [Fairchilde, Intel ou AMD], a dos PCs [anos 70-80; Apple, Silicon Graphics, etc.] e a recente onda de Internet [anos 90; Netscape, Cisco, Yahoo, etc.]. E parece que actualmente, co bulir existente en novos sectores como a biotecnoloxía e a nanotecnoloxía, pode estar nacendo a quinta onda de innovación en Silicon Valley.

 O modelo de Silicon sentou cátedra en moitos países: Silicon Alley [N. York], Silicon Forest [Seattle], Silicon Fen [Cambridge], Silicon Bog [Irlanda], etc. E nestos momentos, cando anuncian a idea de converte-lo campus vigués noutro Silicon Valley, lémbrome de algo no que insistía [hai máis de vinte anos] un irmán meu: na necesidade de que en Galicia se configurara un viveiro de empresas con esa filosofía, productores como somos, ademáis, de silicio. Seguramente que disfrutaría coa noticia que estos días nos brindan os medios: que en Vigo están considerando a idea de, por fin, imita-lo Silicon Valley californián.O proiecto vigués consiste na construcción de cinco torres nas que acolleren empresas e laboratorios de alta tecnoloxía. No campus xa existe unha empresa, Comunitel, instalada en Lagoas-Marcosende pra estreita-la colaboración coa Escola de Enxeñeiros de Telecomunicación, un centro que traballa no deseño de avances tecnolóxicos prá Armada e pra empresas como Siemens.En fin, ése é o comezo. E resulta difícil maxina-lo que un futuro pleno de realizaciós podería significar. 

Porque no Silicon Valley de San Francisco [2.500.000 de habitantes] residen o 41 por cen dos empresarios de tecnoloxía máis ricos dos EEUU. Presumen, ademais, de te-la maior porcentaxe de empregados de alta cualificación, o maior índice de productividade e o 20% das maiores empresas tecnolóxicas do mundo. A rexión xera o 45% do crecemento industrial dos EEUU dende o 1993....Cada día fanse millonarios 62 emprendedores. E pódese decir que o modelo Silicon está basado en catro peares básicos: 1. Unha nova cultura da innovación tecnolóxica-industrial orientada ó hipercrecemento sustentable [innovación tecnolóxica e calidade dos recursos humáns]; 2. Unha nova cultura da creación de empresas con alto potencial de crecemento; 3. Unha nova cultura de networking [a innovación se maximiza cando se desenvolve nun proceso social]; 4. Unha nova cultura de desenvolvemento rexional, con Silicon Valley como paradigma de Clúster Tecnolóxico Rexional. ..O dito son apenas unhas instantáneas. A dinámica de nacemento, fusións e morte de empresas é contínua naquel entorno, no que o grado de confianza que implica o capital social ten unha gran importancia. 

 O capital social [do que temos falado más dunha vez] cobra aquí unha especial relevancia, porque a maioría dos enxeñeiros de software sabe moito máis do seu traballo que as persoas que os dirixen; só eles poden emitir valoraciós informadas da súa propia productividade, razón pola que normalmente permítese a esos traballadores unha certa autoxestión a partir de criterios profesionalmente internos...No noso entorno non parece existir este tipo de cultura empresarial. E ademáis que, no campo das novas tecnoloxías, en cuestiós que moitas veces son difíciles de someter á protección de patentes, dáse unha socialización informal xurdida de relaciós case familiares, afirma Saxenian, que indica que “o bar de Wagon Wheel en Mountain View, un local popular onde os enxeñeiros se reúnen pra intercambiaren ideas e chismorreos, ten sido considerado como o centro da industria dos semiconductores”. E segue: “A decir de todos, esas conversas de carácter informal eran moi frecuentes e constituían unha importante fonte pra actualiza-la información sobre a competencia, os clientes, os mercados e as tecnoloxías”. Ou, como dí Fukuyama: “O capital social que producen estas redes de carácter informal permiten que Silicon Valley acade economías de escala I+D, algo imposible nas grandes empresas de integración vertical”. Non sei se no caso de Vigo terán pensado en monta-lo seu particular Wagon Wheel. ¡Está todo tan verde!

2 comentarios:

Candela Ca dijo...

No des ideas..aunque dudo que eso que apuntas al final fuese posible en Galicia, hay tantos políticos corruptos que querrían "mojar", que lo dudo.

Pero si hasta la mafia rusa los ha criticado en prensa porque les cobran comisiones astronómicas..

o blog de xesús lópez dijo...

Hola,Candela:
Curiosamente, este trabajo, que es de hace tiempo, fue leído en un aula de la Universidad de Vigo, por encontrarlo didáctico cierto profesor. En diciembre del 2003.
Un cordial saludo