jueves, 24 de junio de 2010

DA NOITE DE SAN XOHÁN

Recreación informática da loita antre a luz e as tebras. As cachadas tentan que o Sol non morra, qu´o día siga, que non sobreveña unha noite eterna. (Dibuxo de Xesús López)Campo dos Estrelos, en Vilagarcía, o lugar onde habitualmente vou recolle-lo tomiño prá preparación das herbas i elabora-la auga de San Xohán. A palabra estrelo ou "setestrelo" fai referencia á constelación da Osa Maior. Éste  debe ser un bo lugar, con pouca contaminación lumínica de momento, pra ve-la chuvia d´estrelas da noite de San Lourenzo.
Fogata desta pasada noite de San Xohán (Foto do Faro de Vigo)
-
Pontevedra, 24.06.2010
-
Entrada n. 1249 do blog
-
DA NOITE DE SAN XOHÁN,
por Xesús López Fernández
-
Téñome referido a este tema nalgunha outra entrada do blog. Reiterar nada máis que a festa das cachadas ven do tempo das vellas paganías, cando o home, en calquer parte do ancho mundo, estaba pendente da evolución do tempo. O Sol non podía apagarse, e pra eso acendíanse as cacharelas cando morría o día máis longo, pra que así, por unha cuestión de simple maxia, se cargara de enerxía, da luz das cachadas e non morrera. Naturalmente, estas festas do solsticio do verán tiñan o contrabalance nas do solsticio do inverno, a noite de Nadal, cando os días comezan novamente a medrar. O Cristianismo tentou restarlle o sentido pagán a ambos momentos, sobrepoñendo as festividades de San Xohán e a do propio natalicio do Neno Xesús.
-
Recomendo a quen queira afondar neste tema a lectura do libro de James Frazer, A Ponla Dourada, sobre maxia e relixión comparadas, como unha constante nos pobos primitivos. O lume de San Xohán é un dos costumes que permanecen.
-
É frecuente mante-la tradición de prepara-la auga "milagrosa" con diversas herbas, como poden se-la herba prata, o romeu, a menta, o tomiño, a lavanda, herba luísa, follas de figueira, de laranxo, de carballo, pétalos de rosa. O resultado é case unha colonia pra lava-la cara nesta mañá especial.

No hay comentarios: