jueves, 25 de agosto de 2011

Praza da Verdura, Pontevedra

Casa da Luz, aínda que non teña nada de tal. Concebido o baixo da casa que ocupa o solar da vella fábrica de luz como lonxa prá venta fundamentalmente de verduras, fracasou como tal e acabou sendo solar de indixentes e "zona húmeda", ata que cerraron o espacio pra convertilo en oficinas da Policía Local, que tivo cuartel neste lugar. Un amparo prá zona. Pero cos estalinistas no poder local, a policía foi erradicada do lugar, que volveu ser un multiusos: letrina, pista de skaters, acobillo dos sen teito, feira artesanal, etc. Ata que se lles ocurreu convertila nunha máis das oficinas de información turística existentes na cidade!. Esta foto corresponde ás vísperas da inauguración do local de Terras de Pontevedra, que case non ten uso. Ó mellor ata funcionou como colexio electoral o 22.05, pra xustificaren os case cen millós das vellas pesetas aquí invertidos en poñer e quitar ladrillos, unha obra d´escándalo. (Por certo, ós nacionalistas non lles gusta usa-la palabra ladrillo; usan tixolo, cando esta verba significa, en galego, un cacharro furado, tarteira, tixola, usado pr´asare castañas. Que conste) Casa da Luz, do blog "vellapontevedra.blogspot.com", no que existe un comentario meu, longo, a maiores do que queda dito ó pe da primeira foto. Nesta segunda foto pódese apreciar, seguindo o basamento da casa da luz ó fondo, unha certa horizontalidade na praza, hoxe convertida en costa ladeada. A fonte que se ve cara a parte alta, era unha das fontes de cercanías instaladas en Pontevedra por Sesmeros, pró abastecemento d´auga á poboación. A rúa que arranca á dereita, na parte alta da foto é a actual rúa San Sebastián da miña moradía.
A praza da Verdura ou Feira Vella, foto histórica tomada en sentido inverso da anterior.
Esta foto corresponde ó momento de máis esplendor da praza da Verdura, un dos primeiros boscos urbáns de catalpas. Os bancos de pedra foron retirados pra non se sabe dónde. Foi a histeria des-urbanizadora do goberno local estalinista, que se valeu dos servicios de Fole, un mal arquitecto, presente a súa man na desconfiguración de cánto había de emblemático nesta cidade, literalmente arrasada.

Esta fotografía corresponde a algunha escea de Los Gozos y las Sombras. Está tomada do blog "vellapontevedra.blogspot.com". A entrada contén outras fotos. A praza, tal como aparece nesta, gustáralle moito a Torrente Ballester, que sempre gabou a digna restauración de que fora obxeto.

Pontevedra, 25.08.2011
Entrada n. 1463 do blog

Praza da Verdura, Pontevedra,
por Xesús López Fernández

O obxeto desta entrada é o de incluir, fundamentalmente, algunha das fotografías do blog "vellapontevedra.blogspot.com", de xosecas. Tamén o de denunciar, unha vez máis, o mal que se leva traballado no urbanismo pontevedrés, sometido desta volta ó Diktatt estalinista, á parida da nova economía concebida polos políticos que reconvertiron a zona vella en auténtico gulag.

Teño xa inserido no meu blog non poucas fotografías dos disparates realizados polo Bloque en mancomún co arquitecto Fole. Pero non atopo tempo pra me ocupar do reto de construir un novo blog no que inserir os miles de tomas que teño almacenadas no meu álbum Picassa do novo urbanismo destos iluminados.

No tocante á praza da Verdura haberá que decir:

1.- Actualmente xa non é unha praza, é un largo penzo e abeirado, privatizado ó servicio dos taberneiros.

2.- Non se cumpre a normativa de veladores e polos soportales, invadidos, infectados, non se pode camiñar.

3.- Os domingos funciona no espacio un rastro de miseria, no que de cando en vez aparece mercancía roubada. Este tipo de comercio é unha das improntas da economía local estalinista, especie de parto dos montes.

4.- A oficina de Terras de Pontevedra. Cen millós das antiguas pesetas pra non se sabe qué.

10 comentarios:

san miguel dijo...

Realmente, resulta sorprendente que teñamos que ser os cidadans os que nos preocupemos pola nosa cidade. 0nde esta a oposición ou as forzas críticas desta cidade, pois e moi evidente que a praza da verdura non esta remodelada axeitadamente, cada movemento que se fixo foi a peor-

o blog de xesús lópez dijo...

Quixeron facer un remedo da praza da quintana, unha praza Roxa en principio. E non tiñan pensado repoñeren nengún tipo de árbore.
Confiaban en inaugurare a súa actuación urbanística cunha perorata dende o balcón do edificio da Policía local por parte do Soviet do Bloque, algo que eu denunciei nun artículo.
E o propio Fole reconoceu que se prantaron árbores foi pola presión urbá, un escrito encabezado por min con máis de mil cen sinaturas. Por certo, a número catro, de Louro.
Saúdos cordiales. Xesús.

José Antonio del Pozo dijo...

pena de gentuza. Bueno es saberlo y difundirlo, xesús.
Saludos blogueros

José Luis Valladares Fernández dijo...

Amigo Xesús López. Si esto solamemnte ocurriera en Pontevedra, podíamos estar contentos. Lo malo es que de ese palo, tenemos todos una gaita. Y es que es un mal muy general: cuando un político logra hacerse con el poder de un pueblo o una ciudad, se cree el más listo y que no necesita escuchar a nadie, y menos de urbanismo. Y despues así le luce el pelo a él y al rfesto de ciudadanos. ¡Estropean cuanto tocan
Un abrazo

o blog de xesús lópez dijo...

Sí, José Antonio:
Y ahora se disponen a dar la última estocada a la ría con la construcción de una rotonda demencial, sobre dominio público marítimo terrestre, de doscientos metros de diámetro.
La Xunta dice que no es partidaria, pero que la obra urge, otra forma de hablar neciamente.
Pero son eso, gentuza. Todos ellos.
Saludos blogueros, como a tí te gusta.

o blog de xesús lópez dijo...

Sí, amigo José Luís:
Entran en la política y saben de todo. Desnaturalizan lugares, acaban con la ecología, cobran comisiones, etc.
La que cuento en esta entrada creo que ya está, con otros ilustraciones, contado en el blog. Y tengo muchísimas fotografías que no doy digerido, algunas de la época "florida" de la plaza, incluso del "magnicidio", de cuando cortaron las catalpas. Tendría que escanearlas para meterlas en el ordenador. Y antes encontrarlas en los distintos álbumes y sobres.
Pero, en fin, es un tema sobre el que he de volver en más de una ocasión.
Las fotografías sí dan fe de lo que era la plaza, un remanso de paz a la par que espacio público. Actualmente es privatizada por terrazas que no son terrazas generadoras de suciedad.
Un abrazo

Natalia Pastor dijo...

Como bien dice Jose Luis Valladares, Pontevedra -desgraciadamente -, no es el único lugar de España donde el alcalde de turno se cree urbanista y comienza a desarrollar despropósitos en cadena en aras de "mejorar la imagen y la estética de la ciudad", frase muy socorrida para la ocasión.
Y así nos va.

Besos.

Candela dijo...

Las ciudades tienen alma propia y ésta se ubica en sus cascos antiguos que jamás pueden tener el mismo tratamiento urbanístico que el resto de la ciudad.

Debe ser otra manera de matar la historia que tienen estos energúmenos.

o blog de xesús lópez dijo...

Sí, Natalia:
Han mejorado, dicen, la accesibilidad, pro los ciegos no pueden pasar ahora por espacios bloqueados y los residentes en la zona vieja hemos perdido mucho de nuestra calidad de vida, ceercados ahora por la gentuza, la suciedad y el ruído, auténtico allanamiento de morado en algunos casos.
Un beso

o blog de xesús lópez dijo...

Sí, Candela:
Esta es ahora una ciudad que ha perdido su personalidad, la han desalmado.
Incluso la Once le ha otorgado, cínicamente, un premio, cuando los ciegos no se han beneficiado de los disparates cometidos. Pero la cosa se explica porque de mor medio ha h abido una recalificación de suelo para unos terrenos de la Organización Nacional de Ciegos. Pillines.
Un saludo afectuoso.