domingo, 23 de octubre de 2011

As montañas de algodón

Unha vista da Hierápolis, en Turquía, Patrimonio da Humanidade. (Foto propia)Dend´o alto de Pamukkale. Foto propia (Clicade se queredes ve-la foto máis en grande)

Pamukkale, montañas de algodón. Un primeiro plano. Ó fondo, a Hierápolis. Foto propia. Outra panorámica de Pamukkale, foto propia. Non é neve, senón o resultado da solidificación e cristalización das sales que traen as augas que alí nacen. (Confío en meter, con calma, moitas fotos da recente viaxe a Turquía da que se fala no traballo que sigue).

Pontevedra, 23.10.2011
Entrada n. 1471
Artículo semanal

As montañas de algodón,
por Xesús López Fernández

Hai poucos días que viaxei a Turquía. Avisado de que estaba organizada unha peregrinaxe ás rutas de San Pablo, non-o dubidei: Éfeso, Mileto, Dídimo, Afrodisias, Pamukkale, Hierápolis, Konya, a Capadocia, Estambul, eran paradas do itinerario, lugares algús deles con presencia activa do apóstolo dos xentiles. Certo que hoxe, en Turquía, case non hai cristiáns, uns trinta mil, un 0,04 por cen dos setenta millós que habitan aquel país que dende Atatürk síguese definindo como o país inequívocamente laico do mundo musulmán. Según o artículo 2 da súa Constitución, o país é “republicán, nacionalista, populista, estatista e laico”. Esa laicidade parece que é a que moitos turcos queren manter. Non vou facer neste corto artículo unha lembranza de todo o vivido antre os días 6 e 14 do corrente mes. Cada día novas sorpresas: As cartas de San Pablo ós efesios e ós colosenses permanecen vivas, pero Éfeso, onde se celebrou o terceiro concilio ecuménico no que se proclamou que as naturezas humá e divina estaban unidas en Cristo sen confusión e que polo tanto María era verdadeiramente Nai de Deus, Éfeso é hoxe un conxunto de ruínas fastuosas.

A axenda da viaxe foi moi apretada, e voume referir hoxe só a un dos lugares visitados. Podería facelo sobre Konya, lugar conocido de San Pablo e que en tempos foi capital de Turquía; ou sobre a casa da Virxe, en Éfeso, na que María viveu os seus últimos anos, amparada por Xohán; ou sobre A Capadocia, a rexión na que o catolicismo, orante, fíxose resistente, e na que hai constancia da existencia duns seiscentos santuarios rupestres; ou sobre a visita a Estambul e a travesía polo Bósforo. Voume referire, sen embargo a Pamukkale e á Hierápolis, cidade romá construída sobre restos gregos. Pamukkale, situado ó sudoeste de Turquía, no val do río Menderes, significa no idioma do país “castelo de algodón”, unha zona natural ó tempo que famosa atracción turística. A antigua cidade de Hierápolis construeuse no outo do “castelo branco”, que ten 2700 m. de lonxitude por 160 m. de altura e pode ser albiscado de lonxe. Os movementos tectónicos, ademáis dos terremotos na depresión da falla do Menderes, ocasionaron a aparición de augas termales con gran contido de bicarbonatos e calcio, as que producen a precipitación de bicarbonato de calcio.


Cada segundo nacen destas fontes 250 litros de auga, dos que se precipitan 2,2 g. de creta por litro ou 0,55 kg de creta por segundo. Co paso do tempo algunhas fontes secaron a causa dos terremotos mentres outras novas nacían nos arredores. O resultado do traballo das augas é o da formación de grosas capas brancas de pedra caliza e travertino que baixan como unha fervenza pola montaña, dá a sensación de se tratare dunha fantástica catarata conxelada. As formaciós adquiren tamén o aspecto de terrazas en forma de media lúa e conteñen unha capa de auga con pouca fondura. O lugar, declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco no 1988, está ameazado aínda téndose feito notables esforzos pola recuperación da zona. E precísase dunha maior vixiancia, pois despois das 20:00 desaparece o persoal que ten a encomenda de vixia-lo correcto uso das piscinas. Comeza o tempo dos agresores.

Hierápolis, patrimonio da Humanidade con Pamukkale, que foi establecida por Eumenes II, rei de Pérgamo, no 180 a. de C., sofreu diversas modificaciós ó longo do tempo e foi romanizada nos s. II e III. Construída por riba das montañas de algodón, nas súas ruínas existe un teatro ben conservado e un templo de Apolo, un monumento a san Felipe, unha fonte monumental e restos dunha basílica. Son importantes na súa historia os bispos san Abercio e san Papías Hierapolitano, que foi grande na Antigüedade e moi estimado. Outro gozo nese entorno son os baños nas piscinas climatizadas, unha boa forma de ve-la arte. Outra cousa son os baños románs, hoxe museo. Suponse que San Pablo visitou, nos seus últimos anos, Hierápolis, Colosos, Laodicea….Turquía garda moitas claves prá comprensión do primeiro cristianismo.

9 comentarios:

candela dijo...

Precioso lugar Xesús. Da pena pensar que todas esas cosas puedan desaparecer por desidia o por fenómenos naturales. He oido que hoy ha habído un terremoto en Turquía aunque no conozco los detalles.

Y más pena da pensar que esa parte de la cuna de la civilización cristiana esté ahora en manos de quien está.

En fin, al menos te has alejado unos días de la mediocridad que nos rodea en nuestra propia tierra.

Un saludo.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Candela:
Parece que ya se contabilizan más de mil muertos en el terremoto que se ha producido al sureste del país.
Efectivamente, ha sido un viaje bonito, más que bonito emocionante.
Volveré sobre algunos aspectos del mismo: lugares, ruínas, historia, con cuatro liturgias íntimas:
En la casa de la Virgen, en Éfeso; en Konya, hoy ciudad santa musulmana; en la Capadocia, en una vieja iglesia rupestre y en Estambul, en san Antonio.
Parece que, de momento, prevalece el laicismo decretado por Atatürk.
Cordiales saludos.

Natalia Pastor dijo...

Tiene que ser una maravilla semejante lugar.
Lo curioso y significativo, es que el núcleo de la civilización cristiana esté en un país musulmán que no se caracteriza precisamente, por la tolerancia y el respeto a los cristianos -a pesar del laicismo decretado por Atatürk-y que lleva tiempo girando peligrosamente, hacia posturas integristas en el ámbito social.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Natalia:
Tienes razón, pero Turquía tiene en el turismo cristiano un filón y, curiosamente, en Éfeso están acometiendo ciertas obras, en la basílica de San Juan, que fuera allí obispo y metropolitano de Asia Menos.
No sé si son obras de restauración o si, como dijo nuestro guía, son actuaciones para que el visitante pueda apreciar lo magnífica que fue aquela iglesia.
Un cordial saludo.

o blog de xesús lópez dijo...

Quise decir "Asia Menor" en mi respuesta a Natalia.

José Luis Valladares Fernández dijo...

Has recorrido una tierra que es un lujo para cualquier turista, aunque no sea cristiano. Recorrer todos esos lugares históricos tan relacionados con la religión católica es algo fabuloso.
No se si esas zonas sufrieron los efectos destructores del terremoto de estos días de atrás. Sería una lástima.

Un abrazo

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, José Luís:
Efectivamente, ha sido un lujo de peregrinación. Espero dedicarle varios artículos porque ahora, ya en la distancia y pasados unos días, no acabo de despertar.
La zona que hemos visitado no ha sido afectada por el terrible terremoto de estos días; pero se ve que la actividad orogénica ha sido una constante en el país a lo largo de milenios.
Un cordial saludo.

José Antonio del Pozo dijo...

enhorabuena xesús por ese viaje a esos parajes tan increíbles, muy bien contado y muy buenas fotos.
saludos blogueros

o blog de xesús lópez dijo...

Gracias, José Antonio.
Pienso seguir con algunas instantáneas de dicho viaje. A ver cómo me sale el próximo artículo, sobre la Casa de María.
Saludos blogueros.