Mostrando entradas con la etiqueta turquía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta turquía. Mostrar todas las entradas

domingo, 16 de junio de 2013

A praza de Taksim como símbolo

 Defensores da praza Taksim e do parque de Gezi, acampados, dispostos prá defensa. 
 Unha parella de recén casados e a súa familia súmanse á protesta, á defensa do capital verde. 
Erdogan volveu á carga e actuou na praza de Taksim e no parque de Gezi. Unha vez máis puxo en marcha a maquinaria da morte, en Ankara. Coido que a primavera turca é un fenómeno distinto das primaveras islamistas que se levan producido noutro lugares. O que desta volta está asumindo a deriva irracional do islamismo radical é o propio Erdogan, que se dí islamista moderado.  

Pontevedra, 17.06.2013
Entrada n. 1677 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra


A praza de Taksim como símbolo,
por Xesús López Fernández
           
            Van alá unhas tres semáas de defrontamentos antre os defensores da praza Taksim e a policía turca que, como é sabido, ten recurrido a diversos modos de represión brutal. No artículo de hai sete días, “A primavera turca”, tocabamos este asunto. Pero os defrontamentos e a calma tensa alí existentes poden ser mellor entendidos á vista do afirmado nun traballo recén de Orhan Pamuk, o laureado escritor turco, premio Nóbel no 2006, que retrotrae o que agora acontece en Estambul, (a loita das valentes víctimas da represión policiaca con gases lacrimóxenos, pelotas de goma, auga a presión), a unha historia  persoal incluída nun dos seus libros, “Estambul”, un libro de lembranzas autobiográficas. Nel afirma que a súa familia vivía nos pisos do bloque Pamuk, que se encontra en Nisantasi. Perto dese bloque había un castiñeiro de 50 anos que, gracias a Deus, sigue estando alí. O certo é que no 1957, un día determinado e pra ensanchare a rúa que pasaba por dediante da nosa casa, o concello decide talar esa árbore.

            Os orgullosos burócratas e o goberno autoritario non se tomaron en serio a oposición que mostrou o barrio. (Lémbrome da eliminación das catalpas e dos bancos na praza da Verdura pontevedresa ou do arraso da emblemática arboreda do Campillo de Santa María, na nosa localidade, a pesar das protestas). Pero en Estambul, a familia de Orhan Pamuk tomou parte na defensa do castiñeiro. Deste xeito, o seu tío, o pai, e a familia toda saeu á rúa pra monta-la garda ó pé da árbore toda a noite, o que valeu prá súa salvación. Eso, naturalmente, convirteuse nunha lembranza que os cingueu pra de por vida, algo do que a familia procura facer memoria con frecuencia. A praza de Taksim é o castiñeiro de Estambul e debe ser protexida, afirma o premio Nóbel que vive nesa cidade dende hai sesenta anos e non pode maxinar a nadie alí asentado que non teña algún relembro relacionado con Taksim, espacio do que fai historia e que despois dos 40/50 foi totalmente deconstruído, derrubados tódo-los edificios, abatída-las árbores, prantadas outras novas e, nunha banda do parque abriríanse unha serie de locales e a galería de arte máis famosa de Estambul.

            A praza de Taksim era, nos 70, o lugar no que os sindicatos de traballadores e as organizaciós de carácter non gubernamental celebraban con emoción o primeiro de maio. O citado autor afirma ter participado nalgunha desas celebraciós, como que no 1977 morreron 42 persoas nun tumulto. E que o lugar convertiríase en escenario prá celebración de manifestaciós de grupos políticos de toda color: dereitas, esquerdas, nacionalistas, conservadores….. Pero o goberno prohibeu o pasado primeiro de maio calquer tipo de manifestación na praza. Como ademais tódo-los estambulitas saben da ameaza existente da reconversión do único espacio verde do centro da cidade en centro comercial; que son grandes cambios pra unha zona que garda  memoria de millós de persoas, e que no parque que está xusto detrás poidan estar xa a planificaren a reconversión en solar da arboreda alí existente, sen contaren coa opinión dos veciños. É algo que éstos califican como un gran erro de Erdogan.

            O Nóbel conclúe o seu artículo loubando ós resistentes estambulitas, coa esperanza de que non consintan que lles rouben fácilmente os seus relembros nen o dereito a se manifestaren na praza de Taksim. Fala de esperanza de cambio. Agora, sí, Erdogan está disposto a falare cos manifestantes. Calma espesa cando parece que o home abandonou a execución do ultimatum reiteradas veces dado (“A paciencia se acaba. Nais, pais, por favor, retirade ós vosos fillos daí”) pra que desistiran da protesta. Incluso propón a realización dun referendo sobre “reurbanización sí ou non desa zona verde”, causa inicial da protesta. E sobre o referendo existen dúbidas. Nese sentido, o presidente do Consello de Estado, o xuez Hüseyin Karakullukcu, asegurou que unha consulta non pode contravi-la decisión da Xusticia, que ten suspendido o proiecto urbanístico do parque de Gezi. Tempo difícil en Turquía polo despotismo do dictador Erdogan, do que piden a dimisión... E de novo represalias na praza de Taksim á par que o Goberno anuncia que non vai impoñe-los plans sobre o parque de Gezi. ¿Cómo se entende? 

addenda.- Este artículo foi escrito o 15.06.2013; inseridas algunhas modificaciós na fin do mesmo, na medida na que o déspota de Erdogan volveu poñer en marcha a maquinaria da morte contra a defensa social do capital verde. Máis feridos e un morto en Ankara, pero todo pode evolucionare a peor cando un político se somete ó Diktatt inmobiliario e urbanístico. 

Enlaces.-La Razón, 16.06.2013: A revolta turca mantén o pulso na rúa aínda tendo sido desaloxada de Taksim e Gezi. 

domingo, 9 de junio de 2013

A PRIMAVERA TURCA

En Estambul están a protestaren porque o primeiro ministro Erdogan está  disposto a claudicar ante certos intereses, a se cargare un espacio verde e a consumare o arboricidio dunha gran masa boscosa coa construcción dunha nova ponte sobre o Bósforo que conlevaría unha maior presión poboacional sobre a cidade, que xa non ten capacidade ecolóxica pra mantere ós habitantes da actualidade, que exceden en cinco veces a dita capacidade.

Pontevedra, 10.06.2013
Entrada n. 1675 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra


 A primavera turca,
por Xesús López Fernández

            Aínda non hai dous anos que estiven en Turquía. Primeiro na Anatolia, na Turquía asiática, visitando non poucos lugares que pertenceran á Grecia clásica: Esmirna, Éfeso, Mileto, Pamukkale (a vella Hierápolis, onde un equipo de arqueólogos italiáns acaba de descobri-la porta de entrada ó inferno, lugar ó que se refire Strabón, xeógrafo grego, como Boca do Inferno), Afrodisias, etc. Un gozo a visita á extraña Capadocia, tan importante nos tempos do primeiro Cristianismo. ¡E qué razas, bestas e mercancías non deberon repousare nos kervansarays, como o que visitamos na ruta das especias!. Visita pormenorizada dos lugares citados e cun guía de excepción que, xa en Estambul, nos iría explicando a carga de historia e arte de canto monumento e lugares visitamos; tamén na travesía do Bósforo ata case a bocana do mar Negro.

            Unha nova ruta aérea, Santiago-Estambul, brinda a posibilidade de voar directamente á vella Constantinopla. Xa me gustaría, pero non neste momento porque naquel extraordinario país están a pasaren cousas que comezaron por unha protesta social contra o primeiro ministro Recep Tayyip Erdogán, contra as súas licencias inmobiliarias porque a praza de Taksim, no centro de Estambul, vaise convertir en solar dun gran centro comercial i edificios de vivendas, privando así á cidade dun espacio verde; tamén a protesta social vai contra a construcción dunha terceira ponte sobre o Bósforo, non pola ponte en sí senón polo inmenso arraso que causaría na floresta turca, calculándose, según algunha fonte, en dous millós as árbores que van desaparecer. A protesta de miles de xóvenes o 29.05, foi repelida contundentemente pola policía de Erdogán, o home que declarou “Fagáde-lo que fagades, as decisiós están tomadas”, aviso ás xentes que se foran concentrando en Taksim, o distrito máis europeo de Turquía, pra impediren que as excavadoras arrasaran o parque Gezi, unha das poucas zonas verdes deste populoso barrio de Estambul.

            Se ben no comezo da protesta eran unha ducia de persoas as que se manifestaban, na fin de semáa a campaña pra salvare a zona verde tíñase convertido nun problema político a nivel nacional, reiterándose as manifestaciós e os defrontamentos coa policía en moitas cidades do país, obrigando finalmente ó Goberno a dete-la escalada represiva. Ó longo destos pasados días houbo encontros violentos en Ankara e cuantiosas concentraciós en moitas cidades, en solidariedade con Taksim, interpretándose que a presencia  do conflicto noutras partes é unha resposta á brutalidade coa que ten actuado a policía e á actitude despótica do Goberno de Erdogán. O pasado venres eran tres os mortos sabidos. Pero parece que a cuestión da “primavera turca”  está fundamentada na cuestión social e urbanística. Por exemplo i en relación coa nova ponte, arguméntase que as dúas existentes abondan e que son parte do problema principal que hoxe sofre Estambul: que a poboación concentrada nesa gran urbe sobarda en cinco veces as posibilidades ecolóxicas da capital prá súa alimentación.   

            Aínda que Estambul estea fortemente islamizada, na sociedade prima o laicismo sobre o que foi fundada por Ataturk a moderna Turquía, estando separado o Estado da relixión. Pero sí hai un malestar nos manifestantes, que invocan o nome de Ataturk, por medidas lexislativas de Erdogán, de corte relixioso, mesmo por ter multado por “inmoralidade” certos programas de televisión ou condenado por blasfemia a algún intelectual, o que fai temer á sociedade turca máis laica unha certa deriva cara un goberno islamista autocrático… Figura clave nesta “primavera” contra as agresiós urbanísticas é Sirri Sureyya Onder, un diputado kurdo do BDP que se prantou diante das excavadoras o 29.05 polo serán e pideu lle mostraran a autorización legal pra realiza-los traballos, que non existía. Pouco despois, máquinas e policías que as protexían retirabanse. As redes sociales amplificaban a convocatoria pra unha nova concetración. A “primavera turca” está a marcar, parece, un tempo novo.   

sábado, 4 de febrero de 2012

Gran Bazar, Estambul

 Entrada do Gran Bazar, de Estambul, donde hai catro mil tendas. Siguen unhas cantas tomas, pode que non moi afortunadas.
 No Gran Bazar pódese atopar de todo ou case todo. Vista xeral.
 Outra vista, con colorido, algo que prima no gran e caótico centro comercial.
 Ouro, prata, bolsos, pashminas, alfombras, ouxetos de regalo.....
 Outra toma xeral,
 como ésta
 ou esta outra,
 pero o Gran Bazar sigue crecendo i están a facer obras de ampliación.  
 outra toma xeral..
 como ésta
 Esta, xa máis en detalle,
 como ésta. Oportunidades en bolsos e artículos de coiro.
 Unha toma caprichosa.
 Algunhas tendas están centradas en cousas como as da fotografía
 ou éstas, 
 ou esta outra.
 Foto con colorido..
Xente que vai saíndo do Bazar.

Pontevedra, 4.02.2012
Entrada  n. 1495 do blog

Gran Bazar, Estambul,
por Xesús López Fernández

Despois de realizada a travesía polo Bósforo visitámo-lo Gran Bazar, especie de loucura na que están agochadas 4000 tendas. Os qu´as rexentan son case todos vendedores compulsivos. Xentes de diversas nacionalidades teñen alí o seu  medio de vida, centradas no regateo porque o precio dos productos que alí  venden, como noutras partes, pode quedare na terceira parte do primeiro precio. O regateo forma parte da súa cultura. A min querianme vendere unha alfombra e como respondín "only if you have a flying carpet", o home, que me chamaba "dottore", aseguroume que sí tiña alfombras voadoras...

Curiosamente, o Bran Bazar, con presencia policíaca permanente, cerra ás sete en punto da tarde, algo que parece non encaixa co que pode parecer un mercadeo pouco serio. Como que tamén, despois de cerrado o Bran Bazar, chegan os vendedores ambulantes cos seus furgós a todo aquel entorno e a tramos peatonalizados da cidade, dos que se apoderan: Os furgós e furgonetas montan a beirarrúa; os vendedores comezan a sacare bolsos ou pashminas, maletas, alfombras..., todo estrado polo chan do espacio público.  E sigue o gran regateo entrados xa  na noite.

jueves, 2 de febrero de 2012

Mármara e Bósforo, vistas varias

 Foto do 12.10.2011. Fragmento da muralla de Constantinopla.
Vista do mar de Mármara, dende terra firme. Na parte baixa apréciase o perfil da vella muralla. 
 Como nesta outra vista, un esculcadoiro perfecto pra estima-lo paso de vapores, transatlánticos e petroleiros, como tamén barcos de pesca.  
 Reiterámo-lo comentario anterior. Visibles, diversos fragmentos da muralla.
Edificios que teñen que ver coa herencia otomá. Unha terraza estratéxica.  
 Vista amplia do mar de Mármara, cara ó Mediterréneo.
 No primeiro plano, un edificio cargado de historia, apreciable na foto anteanterior. Ó fondo, a nova Estambul.

 Nesta foto, ó fondo, apréciase unha das pontes do Bósforo, ás que nos temos referido na entrada anterior.
 Outra vista xeral.
 como esta outra
 foto con ferrocarril e muralla, e de novo o mar de Mármara.
 outra panorámica.
 Esta foto corresponde ó 13.10.2011, o día da travesía polo Bósforo.
 Panorama urbán dend´o mar.
Universidade de Galatasaray, outro enfoque. 
 Murallas de Constantinopla.
 Outra vista das murallas.
 Entrando no Bósforo. Apréciese a filosofía da construcción, tan distinta da filosofía da ponte de Rande, en Vigo.  
 Esto case parece Venecia. Costa asiática de Estambul.
Aquí rematou a nosa travesía, con xantar no restorán Pescatore.

Pontevedra, 2.02.2012
Entrada n. 1494 do blog

Mármara e Bósforo, vistas varias,
por Xesús López Fernández

Tal como prometín, deixo nesta entrada algunha foto máis das que tiña na reserva. Esto non precisa de máis comentario. Son as fotos as que falan por sí. Vale a pena viaxar a Turquía. ¿A que sí? Sei d´algún amigo que ten ido alá unhas cantas veces e non se perde en Estambul, cidade duns 14 millós de habitantes.  

martes, 31 de enero de 2012

Travesía polo Bósforo

 Embarcando no mar de Mármara.
 Vista xeral do peirao de onde parten os vapores que fan a travesía.
 Xa estamos de camiño polo mar de Mármara.
 Panorámica urbá dend´o mar.
Outra imresionante vista. 
Movemento portuario.
 O estreito do Bósforo ten un tráfico intenso xa que é comunicación antr´o mar de Mármara e o mar Negro.  
 Aquí pérdese un algo a perspectiva.
 Outra vista dun barco de gran porte. Fondo de minaretes que parecen presidi-la xeografía de Estambul.
Ó fondo, o Mármara comunica co Mediterráneo. 
 Universidade francófona de Galatasaray, fundada en colaboración co goberno francés sendo presidente Mitterrand.
 Outra vista da dita universidade.
Nova vista xeral do Bósforo. 
Hai dúas pontes como ésta, de máis de mil metros, sen apenas impacto paisaxístico. 
Lado asiático do Bósforo, con mansiós con porto propio e precio de loucura.  
Unha das pontes, na distancia. Sen impacto visual. 
Outra vista do lado asiático. Algunhas destas residencias comunican coa parte alta por medio de funicular. 
 Dá envidia ver cómo conservan o entorno boscoso.
Tamén aquí, na banda asiática como no caso anterior.
 Apréciese o tránsito da ponte, contínuo.  
 Nesta toma están as dúas pontes á vista.
Como nesta outra. Fixádevos, novamente, no tránsito. Eso que parece unha ponte fráxil.  
Finalizamos con esta foto, na seguridade de que non seleccionei as mellores vistas de que dispoño, evitando o protagonismo dos que facían a travesía.

Pontevedra, 31.01.2012
Entrada n. 1493

Travesía polo Bósforo,
por Xesús López Fernández

O ancho do Bósforo é variable. Pode ter máis de dous mil metros na parte máis ancha, 900 metros na parte máis estreita. Non vou entrar en detalles nen en cifras. Se acaso citar que os turcos teñen pensado facer unha nova ponte, de semellantes características, proiecto de momento abandonado. Non hai dúbida de que é un país que mira ó futuro.

Se teño paciencia hei presentare novas fotografías, outras perspectivas, desta travesía, con tomas tamén das murallas de Constantinopla.