domingo, 2 de octubre de 2011

Outono e Cultura

Xentes acollidas ó centro da Asociación Xohán XXIII, na faena de selección de landras, coa intención de colaborar en traballos de reconstrucción cultural da nosa paisaxe, en demasía agredida polas prantaciós de eucaliptus. Esta foto de La Voz de Galicia ilustraba a noticia que se comenta como cerre do artículo hoxe presentado. Outono, tempo pra leer e facer sendeirismo. As follas caídas van facendo mantiño, preparando o humus fértil coa colaboración de moitísimos insectos, tamén mantenza prá paxarada, nicho ecolóxico pra moitas aves insectívoras. Xa logo vai canta-lo paporrubio na finca familiar d´O Vento dos Gaiteiros. Alí xa non quedan eucaliptus, agora sustituídos por carballos americáns que en poucos días van comezar a enroxecere. Outono, mellor de colores. A foto corresponde a algún recanto de Maryland, onde souberon facer industria turística do colorido máxico da estación que comeza.
¿Entramos nun entorno de fadas, nun entorno máxico? Foto de Maryland, USA. Eles avisan de que o mellor momento pra facer fotografías é cando comeza a caída do sol. Os días son, no Outono, como tardes longas, decía Uxío Novoneyra, o poeta caurelao (do Caurel, Lugo).

Pontevedra, 2.10.2011
Entrada n . 1470 do blog
Artículo semanal:

Outono e Cultura, 
por Xesús López Fernández.


Estamos xa no mes de Outono por excelencia, que así tamén chamamos en Galicia ó mes de Outubro. Nalgunhas árbores comeza a pinta-la estación tonos dourados que se irán acentuando en poucos días. Cérrase (aparentemente) o ciclo vital das arboredas caducifolias e a maxia de colores e frutos pode ser unha boa receta pró encontro da paz perdida. Nalgús países, nos que se conservou o bosco auroral ou a arquitectura da paisaxe soubo combinar distintas colores avisan de que son chegados os días pra solagarse nalgún hotel ou parador das bisbarras e poder así camiñar e sentir cómo o espírito se vai empapando cos rexistros da sinfonía coral que executan bídalos e freixos, arces e liquidámbares, nogueiras, carballos, castiñeiros, etc. É tamén a hora de fotografiar e fotografiar... Bo momento pra nos perdere nalgún recanto da Ribeira Sacra, en tempos marcado pola presencia conventual, de cuio labor permanecen como testigos centenarios impresionantes castiñeiros.

Moita xente ha gardar memoria dos tempos nos que a castañada viña ser como o nacente dun gran río de carros do país, que en número de varios miles levaban castañas ata os puntos de concentración (Faramontaos, en Nogueira de Ramuín, era un deles), paso previo prá súa venta nas vilas, asadas, ou prá elaboración como marrón glaçé, a castaña confitada. O tempo da castañada (que dura varios meses) e o da vendima nos socalcos da Ribeira Sacra, van asumindo os novos rexistros que marca o tempo, o colorido máxico que se dá nos soutos e nas bancadas das vides, de mencía principalmente, promesa de viño novo de Amandi, que xa conocían os románs, unha proeza de cultivo, agricultura esforzada, case unha forma de heroísmo pra que a riqueza non morra. En internet son fácilmente localizables fotografías da Ribeira Sacra, dos que tentan mostrare ó mundo que tamén na nosa terra existen lugares máxicos nos que a cultura e a paisaxe non foron traicionadas.

O vello convento de San Estevo de Ribas do Sil, hoxe parador de turismo, é un lugar pró repouso solaz, prá lectura e o sendeirismo, e non sería difícil convertilo nun referente internacional, a pouco que se coidara a paisaxe. En Maryland, nos EEUU, fan bandeira da súa paisaxe. Orgullosos da estación din que nada feito polo home pode sobarda-la indescriptible belleza do Outono, esa estación na que as árbores vístense de novo (antes de espirse pró Inverno) coas colores máis fermosas que poidamos maxinare: dourado, roxo, burdeos, cunha gran variedade de matices. Din que unha visita ás montañas de Maryland nos días pico do Outono non vai servir de cura permanente prós problemas económicos que un poida sofrire, pero que sí vai supoñer unha experiencia de toma de conciencia, con renovado vigor, da incomparable fermosura da natureza. Estamos a falare, naturalmente de árbores caducifolias, que son formaciós boscosas, non prantaciós necias como as que de eucaliptus siguen a faceren na nosa terra e que representan, podemos decir, unha verdadeira traición á nosa natureza, á nosa cultura, á nosa economía.

As comunidades de montes deberían ter unha actitude clara prá posta en valor do monte: qué árbores convén prantare, cómo podemos mellora-la paisaxe. O exemplo de Maryland pode servir. Centros escolares tentan promovere esta cultura e así algús nenos e nenas apadriñan unha cerdeira, unha maceira, un carballo, un cedro… A asociación pontevedresa Vaipolorrío, baixo o lema de “unha landra, un carballo, unha carballeira, un tesouro”, acaba de comezar unha campaña, unha nova forma pra que os nenos aprendan, na que participan alumnos do Obradoiro Ocupacional da Asociación Juan XXIII, uns vinte, que comezaron estos días unha primeira recollida de landras. A asociación dispón dun terreo no que os alumnos irán facendo un viveiro pra, ós dous anos, pranta-los carballos que nazan no entorno do río Gafos ou ben distribuílos antre os interesados en recupera-la nosa natureza.

10 comentarios:

Doramas dijo...

Volver a recuperar las costumbres de nuestros abuelos, es la mejor manera de recuperar nuestro propio yo y no estar aguantando a tantos y tantos estúpidos que solo buscan su ascensión a los altares.
Cuando vi la primera foto, me recordó mis tiempos de niñés, cuando íbamos a recoger castañas a los castañeros de la localidad de Teror (Gran Canaria), maravilloso lugar que visitábamos muchos Domingos y los peques corríamos como locos entre castañeros como grandes aventureros en una selva africana.
Un cordial saludo.

o blog de xesús lópez dijo...

Doramas: Celebro que la entrada haya merecido tu atención. Un amigo paragüero que vivía en Nogueira de Ramuín, en Faramontaos, al que aludos en el artículo, me enteró de que su familia era receptora de esas castañas que miles de carros de bueyes recogían a lo largo de la Ribeira Sacra.
A su almacén se acercaban diariamente dos camionetas, de Posada o de Cuevas, las dos firmas orensanas que elaboran la castaña confitada, el marrón glaçé, que exportan a todo el mundo.
Esa costumbre de ir al monte a recoger castañas es muy común en la zona de Las Médulas, en León. Seguramente que han de andar estos días por allí, armados de cubos o de bolsas, muchas familias. Son castañas buenos las de ese lugar y alguno de los castaños posiblemente milenarios.
Un saludo bloguero. Xesús.

LUZ VITORIOSA DE OXALÁ dijo...

El Creador quiso que María desde el principio, el papel decisivo de aplastar con su humildad, la pureza y la obediencia, la cabeza de la serpiente del mal. Visite nuestro blog:
www.virgemdeguadalupe.blogspot.com

Natalia Pastor dijo...

Dice Doramas algo que debería ser una máxima en nuestras vidas como ciudadanos y personas;hay que preservar las costumbres de nuestros ancestros, y si se han perdido o han caido en desuso, recuperarlas con cariño y mimarlas.
A fin de cuentas de lo que hablamos es del acervo común, del patrimonio de la memoria colectiva.

o blog de xesús lópez dijo...

Lua de María para as naçoes:
Dispóñome agora, neste outono, a visitare a casa da Virxe en Turquía.
Mirarei o voso blog con atención. Saúdos, Xesús.

o blog de xesús lópez dijo...

Natalia:
Doramas tiene razón, porque nuestros ancestros habían encontrado, sin ponerle nombre, la llamada sostenibilidad, que exige un respeto profundo a la naturaleza.
Saludos cordiales.

candela dijo...

Preciosas fotos que me han puesto los dientes largos. El año que viene quiero ver Galicia en Otoño, porque es una tierra que siento como mía desde la primera vez.

Me han recordado a los ahora destartalados alrededores del castillo de Butrón, solo que en Galicia la vegetación es más suave y el Otoño especialmente bello.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Candela:
Ten presente que dos de las fotos son de Maryland, pero en zonas de la Galcia interior y en la Ribeira Sacra, el otoño puede tener esa magia.
El litoral atlántico está infectado de eucaliptos y sólo en los parques de las ciudades se puede ver un Otoño con riqueza de colorido. También en alguna finca particular, pero hay que hacer muchísima pedagogía, porque vastas zonas de esta región han sido derrotadas por la eucaliptización incendiaria.
Es importante recurrir a las hayas, a distintas variedades de arces, robles americanos, liquidámbar, serbal, abedul y aliso, entre otros, para tener un paisaje más vivaz.
Un cordial saludo, Xesús.

José Luis Valladares Fernández dijo...

Es una verdadera lástima que se pierdan las costumbres de nuestros antepasados. En una palabra, si perdemos las costumbres de nuestro abuelos, perdemos una cultura milenaria, que es la cultura viva del pueblo.
Y todavía es peor, que se quieran introducir otras maneras nuevas de ver la vida, que nada tienen que ver con nuestras tradiciones.

Un abrazo

o blog de xesús lópez dijo...

Gracias, José Luís:
Han traicionado tradición, cultura, paisaje. Y está lejos una reacción salvífica constatable.
Un abrazo.