domingo, 18 de diciembre de 2011

Días de Estambul, 2

Bóveda en San Salvador en Chora, Estambul. (Foto de Eugenio)
San Salador en Chora, Kariyi Müzesi. O museo dos mosaicos. Estambul. (Foto de Eugenio)
Interior de Santa Sofía, Estambul. Os gatos tamén entran. (Foto de Eugenio)
Estambul non perde pulo na noite. (Foto de Eugenio).
Basílica da Cisterna, Estambul. (Foto de Eugenio)
En Santa Sofía. O que se poido recuperar da acción iconoclasta neste mural. (Foto de Eugenio)
Panorámica de Santa Sofía. (Foto de Eugenio)
Interior de Santa Sofía. (Foto de Eugenio)
Un tranvía moderno en Estambul, onde existen catro líneas de este tipo de transporte. (Foto de Eugenio)
Pontevedra, 18.12.2011

Entrada n. 1482

Artículo semanal

Días de Estambul, 2,
por Xesús López Fernández



Quedabanos un tempo moi xusto pra encaixare o puzzle de previsiós prós días 13 e 14 do pasado mes de Outono. Nova madruga, polo tanto, prá nosa cita con Sent Antuan Kilisesi, o templo de san Antonio de Estambul, en Istiklal Caddesi, 325, ó que chegariamos despois de ter cruzado o Corno d´Ouro en dirección Norte, no autobús. Templo catedralicio de estilo gótico italián (1913), o seu adro está cercado, unha defensa cara ó exterior. Cando entramos prá nosa particular eucaristía estaba avanzada a celebración dunha misa en español. Pola banda da epístola achegariámonos á sala que nos tiñan reservada. Sería a cuarta das nosas eucaristías turcas, acto que rematamos co canto dunha Salve. Demoramos un tempo pra reter na retina e fotografia-lo máis singular do lugar no que a paz parece presidilo todo. Xa fóra, camiñamos por diversos lugares da península histórica. O guía avísanos do esforzo restaurador do entorno do Corno d´Ouro mentres avanzamos no noso recorrido.

Despois de ter cruzado pola ponte de Ataturk, pasamos baixo o acueducto román de Valente. Compatibilizada a musealización do espacio co progreso, co trazado do Boulevard de Ataturk, por el nos diriximos cara ó gran largo que ten como referentes o mar, divesas mezquitas e o Bazar das Especias, arrecendo cruzado de tantísimas fragancias do diverso mundo, cita secular das especias. Amplia galería, espacio multicolor, comercio vivo, sempre é posible mercar algo envasado ó vacío ou degustar nalgunha nas tendas un rico te de mazá, un dos lugares comúns no noso tránsito pola Anatolia, agora tamén en Estambul. E vagariñamente ímonos achegando á banda do mar de Mármara pra toma-lo barco que nos vai levare Bósforo arriba. Á esquerda Europa, á dereita Asia, o noso guía vainos precisando o nome dos diversos palacios, a maior riqueza histórica e monumental da banda europea, a opulencia do lado asiático, no que son moitas as mansiós que dispoñen de peirao propio. As masas boscosas de ambos lados, espléndidas. Dúas enormes e increibles pontes colgantes, case sen impacto paisaxístico, comunican os dous continentes; a presencia de iates, barcos mercantes e grandes petroleiros nesta avenida do mar, é frecuente. Tiñamos xa á vista a entrada no mar Negro e o último lugar de Estambul, un barrio mariñeiro, cando o noso barco vira pra amarrare nun pantalán, case ó pé do noso restorán, un verdadeiro esculcadoiro.

Despois de xantare, o noso autobús trasládanos ó Gran Bazar: Catro mil tendas nun espacio que parece ter previsto acoller aínda máis, son moitas tendas. Sobreabuso de ofertas: ouro, xoias, bisutería, maletas, bolsos, pashminas, alfombras. Contraofertas pola terceira parte do precio, ou menos. Presencia policíaca. Ás sete en punto da tarde, o Bazar cerra. Pero a puxa sigue nas aforas. Chegan os ambulantes, incluso ás dez da noite, libran furgóns de mercancía (bolsos, maletas, zapatos) nas propias beirarrúas i espacios peatonales, algo que o comercio establecido ten necesariamente que sofrire. É o momento de nos retirar cara ó hotel, admirando algús dos novos edificios, hoteles e mezquitas iluminadas. Pró seguinte día, media xornada, temos outra axenda con importantes obxetivos: Visitas a Santa Sofía, a San Salvador en Chora e ó templo da Cisterna, a máis grande das cisternas de Estambul.

14.10. Santa Sofía, construída pra sere o templo máis grande da cristiandade, é hoxe museo. En tempos de Ataturk foi dada orde de lle devolve-lo seu aspecto anterior, porque fora convertida en mezquita. E foron recuperados certos frescos, tamén algús paneles de mosaicos. A igrexa sigue aparecendo magnífica, pero falta de liturxias….San Salvador en Chora, un antiguo convento que sofriría diversas agresiós ó longo dos séculos, sería tamén víctima da marea musulmá e islamizado no 1511, pasando a se denominare “mezquita de Kariye”. Convertido modernamente en museo serían restaurádo-los seus frescos e mosaicos (nos que se describe a historia completa da salvación) polo Instituto Bizantino de América antre o 1948 e o 1958. Hoxe é un museo único… O Templo ou Basílica da Cisterna foi construído no 532, en poucos meses. Está soterrado e o teito sostido por un bosco de 336 columnas. É tan grande como unha catedral e a máis grande das 60 cisternas existentes en Estambul, construída pró caso de que o acueducto de Valente fose derrubado… Este mesmo día, pola tarde, tocaba regreso: prolegómenos no aeroporto, transbordo tedioso no de Barajas e chegada a Lavacolla, á nova terminal, xa na madrugada do 15.10. (Non desboto a idea de volver sobre algús dos temas hoxe presentados moi en esquema, que merecen realmente máis extensión).

5 comentarios:

Candela dijo...

Adelfas, palmeras y jacarandas, como por aquí..

Qué pena el mural, tuvo que ser impresionante recién hecho. Me imagino que S. Sofía también fué presa de saqueos de iconos etc..que podemos encontrar en venta en determinados lugares.

Una pena.

o blog de xesús lópez dijo...

Yo diría que en Santa Sofía queda mucho por restaurar. Que allí pueda volver a celebrarse algún acto litúrgico católico sería la prueba del algodón del laicism turco.
Voy a agregar, por medio de otras entradas, fotografías de la travesía del Bósforo, Bazar de las Especias, Gran Bazar y San Antonio. Algo me ha pasado, tuve algún problema con las tarjetas que casi no tengo fotos de San Salvador en Chora ni de la Basílica de la Cisterna.
Menos mal que un amigo me ha facilitado un lote de unas quinientas fotos.
Saludos, Xesús.

José Luis Valladares Fernández dijo...

Restaurado o sin restaurar, es todo una maravilla.
Si unas fotografías son extraordinarias, pones las siguientes y resultan tan extraordinarias o más que las anteriores.
Merece la pena que hagas algo más que mostrarlas en el blog.

Un abrazo

o blog de xesús lópez dijo...

Gracias, José Luís:
Me estás animando a que haga algo más. A ver qué da de si este año que va a comenzar y me atrevo a hacer algo como autoedición.
Te deseos unas felices fiestas de Navidad.
Un abrazo

o blog de xesús lópez dijo...

Téñase presente que o recorrido que fixemos pola Anatolia, coroado despois na parte europea de Turquía, en Estambul, ven sendo como o prólogo dos relatos que agora estou facendo da viaxe a Grecia, á procurada da memoria de San Pablo.