domingo, 11 de diciembre de 2011

Días de Estambul

Mezquita azul. Foto de Eugenio.

Castañas e millo asados. Pra nós, as primeiras castañas asadas da temporada, con menos sabor qu´as nosas. (Foto de Eugenio)

Unha mostra da economía da precariedade de moitas daquelas xentes. Zumo de granada, rico, sí, pero.... (Foto de Eugenio)

Obelisco no solar do vello hipódromo, con memoria talvez das carreiras de cuádrigas. (Foto de Eugenio)

Harika, Españoles en Turquía. Xentes do grupo entraron na tenda pra saudare ó persoal, protagonista en tempo pasado na TVE. (Foto de Eugenio)

Sete mil comidas diarias. (Foto de Eugenio)

Santa Sofía (Foto de Eugenio)

O Mármara e o Bósforo encóntranse. No Bósforo existen dúas pontes intercontinentales, modelo de integración paisaxística.

Vista parcial de Santa Sofía

Unha das entradas ó Palacio de Topkapi, na antigua muralla.

Outra entrada ó palacio. Vista parcial dun dos patios. As chimeneas que se ven son testigos calados de que alí, en tempos, facianse 7000 comidas cotiás, diarias. Outra perspectiva do mesmo patio



Outra, máis amplia.

O titular do blog. Ó fondo, o mar de Mármara. E Asia. (Prometo máis fotografías prá próxima entrada ou, se teño tempo, fago unha addenda pra ésta d´hoxe)

Pontevedra, 11.12.2011

Entrada n. 1478 do blog

Artículo semanal.


Días de Estambul,
por Xesús López Fernández


Quedaban atrás os días de Éfeso e Mileto, de Pamukkale e Konya, os días da Capadocia e outros lugares e comezabamos agora, en Estambul, a cidade máis grande de Turquía, as últimas xornadas da nosa viaxe. A urbe está dividida polo Estreito do Bósforo en dúas partes, unha en Asia e outra en Europa. É conocida como a cidade das civilizaciós que alí se foron incardinando ó longo da súa historia; tamén pola súa permanente actividade económica, motivada por ser encrucillada de dúas correntes de civilización: a ruta marítima do Mediterráneo ó mar Negro e a de Europa a Asia. A súa fundación como Bizancio, o 667 a.C., ó longo dun golfo profundo a resgardado, o Corno d´Ouro, fora obra de colonos gregos de Megara. Sería a comezos do século IV (anos 324 e 330) cando Constantino I o Grande a consagraría como Constantinopla, a cidade de Constantino, convertíndoa na capital do Imperio Román de Oriente: o Imperio Bizantino. Prós seus habitantes foi sempre unha capital romana, construída tamén sobre “sete colinas”, a imaxe de Roma.

Os turcos xa tiñan conquistado o resto do Imperio Bizantino cando Constantinopla cae baixo o seu dominio o 29.05.1453, ano no que Mahomet II entra a cabalo na catedral de Santa Sofía, que sería transformada en mezquita. Constantino XI, o último emperador, morrera defendendo a cidade que pasou a chamarse Estambul, se ben Europa mantivo o nome de Constantinopla ata o século XX. A cidade pasou de ser bizantina imperial a otomana; de cristiá ortodoxa a islámica. E aínda que moitas igrexas foron convertidas en mezquitas, conserváronse bastantes. A presencia de mezquitas é unha constante na cidade. E Santa Sofía, reconvertida en museo no 1934, restaurádo-los seus frescos na medida do posible, é considerada como a nai de tóda-las mezquitas, gran parte delas construídas a imitación da que fora catedral católica. Por outra banda, o crecemento de Estambul parece seguir sendo imparable, estimándose que actualmente ten uns 14 millós de habitantes.

O noso guía, cando nos dispoñemos a sair do autobús pra visita-los museos do Palacio de Topkapi avísanos da importancia de nos manter unidos, de non perde-lo tempo en regateos con vendedores ambulantes, que son moitas as xentes que en Estambul buscan a vida dese xeito. Debemos aproveita-lo tempo pra poder visita-los diversos lugares cargados de historia que nos esperan. E comezamos polo Palacio de Topkapi, construído polos otománs no século XV, convertido en museo despois da fundación da República de Turquía, o 3.04.1924, despois de 400 anos como residencia dos sultáns e como centro de administración, de educación e de arte do imperio. Está situado antre o mar de Mármara, o Bósforo de Estambul e o Corno d´Ouro, na punta máis extrema da península. Museos de xoias e pedras preciosas, armas, traxes, nos que non se poden tirar fotografías. Diversos patios ben coidados e con arboreda singular. No primeiro existe un templo, o de santa Irene, do século VI, construído pola Igrexa na primeira área de culto de Constantinopla. Coa ocupación musulmá quedou incorporado ó recinto de Topkapi, sendo usado como arsenal. Dende o 1980 úsase como sala de concertos no Festival de Música de Estambul, os veráns.

Despois de xantare nun restorán próximo a unha tenda española (“Españoles en Turquía”) visitámo-la asombrosa Mezquita Azul, que foi construída no solar do que fora Gran Palacio de Constantinopla, fronte a Santa Sofía e o hipódromo román, do que ocupa gran parte do que foi a súa tribuna. Se a mezquita, que ten seis minaretes, aparece como unha obra maxestuosa, posiblemente é a luz especial do seu interior o que máis asombra. Digamos tamén que o antiguo hipódromo tiña uns 400 metros de longo por 180 de ancho e nese espacio consérvanse tres obeliscos…Trasladámonos ó hotel pra, despois da cea, facer un corto recorrido e ir así tomándolle o pulso á zona. Increíblemente, os vendedores ambulantes tomaban a noite. (continuará)




VISTA INTERIOR, PARCIAL DA MEZQUITA AZUL, ESTAMBUL (vídeo propio).

4 comentarios:

Candela dijo...

Bueno, burkas no se ven muchos..

La cúpula de esa mezquita debe ser espectacular. En cuanto al zumo de granada, me encanta, pero no me fiaría mjucho de beberlo por allí, aquí las tenemos y muy dulces y con vino están de muerte.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Candela:
En la Anatolia no he visto un solo caso de burka, ni en Estambul. Sí tres con yihab, dos de ellas acompañas por un individuo de aspecto orgulloso, tal vez un caso de poligamia.
El zumo de granada claro que está de muerto, pero las condiciones de higiene.....
Un cordial saludo,

José Luis Valladares Fernández dijo...

Oficialmente Turquía es musulmana. Pero yo creo que de una manera un poco descafeinado creo yo. Al menos eso me parece a mi. Creo que su islamismo es llevadero, no como puede ser en Irán, o en la misma Arabia Saudí.
Aunque creo que el Primer Ministro
Tayyip Erdogan, quiere más pertenecer a Europa que al mundo árabe. Creo que hasta está olvidando ya la Alianza de Civilizaciones.
Lo que si es verdad, que cualquier rincón de Turquía es maravilloso.

Un abrazo

o blog de xesús lópez dijo...

Gracias, José Luís:
Parece que en Estambul hay un ocho por cien de poblacíón no musulmana. Y he visto pocas muestras de radicalismo islamista.
Creo que nuestro guía era un hombre musulmán, pero gran conocedor de su religión y del cristianismo iniciático, que nos hizo magníficas descripciones de los mosaicos existentes en San Salvador en Chora, restaurados entre 1948 y 1958 por los americanos, en los que está la historia de la Salvación, desde la anunciación hasta la venida de Jesús al final de los tiempos.

Un abrazo