jueves, 31 de mayo de 2012

O Cebreiro

 Templo prerrománico de O Cebreiro, o máis antiguo do Camiño francés, o primeiro en ser restaurado, a principio dos sesenta.  
O templo é célebre por se ter producido nel un miragre eucarístico: a conversión do pan en carne e do viño en sangue, do que se conservan as probas no relicario que se mostra na serie de fotos que siguen. Din que cando se produceu o miragre, a imaxe da Virxe inclinouse, pra mellor ver. 
 Como nunha nova e harmónica Babel, porque ó Cebreiro chegan xentes de todo o mundo,  incluso chinos e coreáns, alemáns ou alarbios, teñen á súa disposición un exemplar da Biblia.
 Altar presidido pola cruz no que o 20.05 celebramos unha eucaristía.  Oficiou o padre Paco Castro, superior do convento dos PP. Franciscáns de Santiago.
 O Cebreiro foi unha citania e inda conserva algunha das súas casas típicas,
 de sección circular, como as que aparecen en moitos castros galegos.
Don Elías Valiña Sampedro, un párroco providencial pró Cebreiro, gran dinamizador e restaurador do Camiño Francés. El comezou a campaña de marca-lo Camiño por medio dunha flecha amarela. Esa flecha é unha guía segura pra cantos se embarquen na aventura de recorre-lo Camiño, en tempos marcado pola Vía Láctea.
Relicario do miragre. No escudo galego figura o sacramento da Eucaristía. A catedral de Lugo mantén o privilexio da exposición permanente do Santísimo.

Pontevedra, 30.05.2012
Entrada n. 1525 do blog

    O Cebreiro,
por Xesús López Fernández

Pouco teño que decir sobre algo tan conocido como a historia do miragre eucarístico do Cebreiro, de cando un sacerdote non comprendía a fidelidade de Juan Santín, o home que tódo-los días acodía á santa misa. Precisamente un día de mal tempo, o crego quedou sorprendido ó ver que o home acodía ó santuario, a rezar, total...... por un pouco de pan. Pero no momento da consagración, o sacerdote non tivo outro remedio que creer. A Divina Providencia escolle eses camiños pra nos asombrar, o que no seu momento fixo que Europa volvese a súa mirada ó Cebreiro, como berce do Santo Grial..

O Camiño de Santiago está en fase de revitalización. Esta etapa d´O Cebreiro é unha das máis duras e desta parroquia foi cura Don Elías Valiña Sampedro.  O enlace que sigue refírese ós seus traballos:

Don Elías Valiña Sampedro, revitalizador do Camiño.

9 comentarios:

Tío Chinto de Couzadoiro dijo...

Vas chegando, amigo Xesús. Todos os camiños levan a Compostela.
Un cordial saúdo.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Chinto:
Estou un tanto afogado de tempo. O comentario sobre o Cebreiro, que merecería moita máis extensión, é breve.
O noso Camiño foi en autobús e, de verdade, non sei como abordalo na serie de fotografías que trouxen, máis de dúas mil. Certo que algunhas, as de espacios interiores, tiradas sen flash, saíron mal.
Aínda estou espertando da viaxe, de sacrificio pra moitos, unha concentración de cultura impresionante.
De cada volta que lle dou ás fotos relembro o vivir intenso destos pasados días e descubro que en san Millán de la Cogolla, nos mosteiros de Suso e Yuso, no labor da lingua castelá, están vivas dúas palabras galegas: "suso, asuso", arriba, enriba, etc.; "yuso, ayuso, axuso, iuso", palabras galegas das que foxenos diferencialistas. Así, no galego vello poderiamos decir: "o contrato, asumido polos yuso asinantes....", no canto de "abaixo asinantes". En Oia existe un lugar denominado "Vilar de suso", "Vilar de Arriba", de Acima, etc.
Un cordial saúdo, amigo.

o blog de xesús lópez dijo...

Chinto: Quixen decir:"nos mosteiros de Suso e Yuso,no albor da lingua castelá"......"palabras galegas das que foxen os diferencialistas..."
Novamente un cordial saúdo.

candela dijo...

Este rinconcito se convierte a veces en un rincón de paz. Ojalá Europa se mirara en Cebreiro, Xesús.

Un cordial saludo.

o blog de xesús lópez dijo...

Pues, sí, Candela:
Hay pequeños pueblos del Camino de Santiago que resurgen, como éste del Cebreiro, como Triacastela, donde los hostales y albergues muestran, a veces, el indicador de "completo".
Y creo que la gente no se toma el Camino de broma. Se cuida también el paisaje además de hacer historia de la gran aventura cultural a la par que espiritual que a lo largo de los tiempos representó, desde Carlomagno, este sendero en la construcción de Europa.
Un cordial saludo

Anónimo dijo...

En tu tierra teneis auténticas joyas arquitectónicas

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Lobo:
Toda España, todo el Camino, está llena de arte e historia.
En la Edad Media muchos caballeros se lanzaban a hacer el Camino como ideal. Y se pasaban la vida peregrinando, sin llegar a Compostela.
El Camino, ya desde Carlomagno, fue la vía de entrada de los cristianos para combatir contra el Islam.
Un cordial saludo

José Luis Valladares Fernández dijo...

Galicia entera está llena de rincones preciosos como los que tu vas fotografiando en tus salidas.
Bueno, todo el norte de España está llena de remansos que te elevan y te ayudan a encontrar la paz interior.

Un abrazo

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, José Luís:
Gracias por tus comentarios.
Estoy poco activo porque practicamente no tengo ordenador.
No sé que parásito ha entrado en él que, bajo la apariencia de antivirus debe ser una especie de arma de destrucción total.
Te contesto desde otro ordenador, esperando que mañana quede todo resuelto.
No te puedes imaginar la cantidad de fotografías que he traído del viaje a lo largo del Camino. Y desearía ir comentando alguna de las etapas, donde nos hemos encontrado constantemente con la España eterna.
Un abrazo