lunes, 4 de junio de 2012

Cousas da lingua

Pontevedra,4.06.2012
Entrada n. 1526  
Artículo semanal

Cousas da lingua,
por Xesús López Fernández

    Case tódo-los días fálase da lingua galega; posiblemente máis que falar galego. Manuel Rivas cuestionaba estos pasados días, en El País, “de quén é a lingua galega?”, en artículo así titulado en relación cunha frase estrela dos políticos que nos gobernan sobre que “o galego non é patrimonio de ninguén”. O autor fala incluso da posible privatización da lingua, dunha posible subasta da mesma en Christie´s. Os chinos pasarían a seren os novos propietarios. O autor recurre á doutrina de Murray Rothbard, que entende que todo pode ser privatizado. Pero coido  que, en relación coa nosa fala existe, de feito, máis dunha privatización, case sempre a rebufo do aconsellado polo padre Sarmiento: “facede o idioma a partir da fala”, da creación social do noso pobo, que dispón dunha riqueza impresionante de palabras. Non soubemos capitaliza-lo esforzo secular das nosas xentes pra mante-la lingua viva.   
  

    E caeuse na inclusión de diferencialismos tirados case sempre da seira portuguesa, unha especie de posta en escea dunha enxeñería social da deriva que veu librando ó noso idioma de moitos dos seus rexistros e, como diría Juan José Moralejo Álvarez que, inda non estando en contra dunha posible reunificación, decía que, feita a mesma con ritmo antinatural, o portugués sairía gañando pouco ou moito, méntre-lo galego sí perdería non poucas das súas posiblidades que aínda ten –tiña— de acadare un certo nivel esperanzador no que portén ó espallamento e ó creto da súa producción literaria, etc. O autor, que nos acaba de deixare –finou o 26.05— avisaba, en “A Lingua Galega e os seus Problemas”, do mal que á nosa lingua lle poden causar formas portuguesas incorporadas, non por portuguesas pero sí por alleas, e que en Lingüística, o ritmo é cousa de xeneraciós. O susodito libro, aínda estando escrito de xeito que frisa co humor, presentouse no seu día sereado por un prólogo de Jesús Alonso Montero que nos dí precisamente que a obra de Moralejo, escrita con pluma solta e rica, non está exenta de celme e sempre “cum grano salis”, algo demostrado cunha obra anterior: “Guía pra pilla-las troitas, miñas señoras”, con páxinas que son unha ledicia e unha delicia mesmo prós non troiteiros..  

San Millán de la Cogolla, convento de Yuso (abaixo). Non puidemos accedere ó de Suso (arriba)
Icono concebido prá denuncia do caos normativo do galego, a lingua que morre porque a matan, que nalgún tempo e como lingua romance conviveu co primeiro castelao.

 En San Millán de la Cogolla tamén están presentes as farolas fernandinas, modelo existente en toda a xeografía española, que nalgún tempo ennoblecían a praza da Ferrería pontevedresa, hoxe privada delas, como tamén o idioma foi privado de moitas palabras precisamente pola tribu que goberna en Pontevedra.  
 Yuso, ayuso, axuso, iuso tamén son palabras galegas, e significan debaixo, abaixo, embaixo; suso, como asuso, significa arriba, encima, acima, tamén palabras galegas.  
 
¿Por qué non pensar no bilingüismo harmónica de ámba-las linguas, se ó longo de séculos andiveron da man?

    Quede claro que Moralejo tamén definía a lingua como fronteira certa con Portugal, máis nidia na raia seca da provincia ourensáa que no tramo recorrido  polo Miño. De tódo-los xeitos, dend´os anos oitenta está en marcha unha clara política de inmersión nunha especie de neogalego, de cada volta máis lonxe da fala popular, como máis dun autor ten criticado: o denominado galegués, ou galizo. Novoneyra, como moitas veces temos comentado, relembrémolo, chamaballe a esa especie de trampitán que nos queren impoñer, a “lingua da non-patria”: Acusaba incluso de traición ós escritores que abandonan a lingua conservada e transmitida polas xentes das nosas aldeas. I, efectivamente, hoxe hai moita cousa extraña na nosa fala. Moitos botan man desas palabras e, por non estaren realmente instalados na nosa lingua, quedan mesmo incomunicados; o seu discurso non vale.

    Se unha lingua que goza de boa saúde, como a inglesa, carece de Academia, un pergúntase qué pinta a nosa RAG, entidade particular, pra privatiza-la creación de normas ou pra, simplemente, dar por boas as que lle remitan certos grupos de presión política. Neste sentido, estos días protestaba a Mesa pola Normalización Lingüística porque a acaban de deixare sen subvención, mentres sí son subvencionadas a Igrexa, as fundaciós Carlos Casares e Vicente Risco ou a fundación Camilo José Cela, que a Mesa define como escritor en castelán. Esquecen as colaboraciós en galego de don Camilo en La Voz de Galicia, baixo o título de “O can de Buriandán”. Este autor, como Novoneyra ou Fole, era partidario da defensa da lingua popular, de trata-lo idioma a partir da fala como propoñía o padre Sarmiento. Moralejo avisaba doutro peligro: de inserir na lingua demasiada broza diferencialista. E así nos vai.    

4 comentarios:

Candela dijo...

La Academia de la Lengua Gallega vendría a ser como el ministerio de desinformación Orwelliano, un ente para crear y cocinar una lengua a gusto del que manda y no de su evolución natural o histórica. En el fondo, otro garito para mamar subvenciones e imponer criterios.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Candela:
Tienes toda la razón. Y en nuestro caso anda de por medio algún que otro Gran Hermano. Así ha venido perdiendo terreno el idioma gallego ya que muchos de nosotros no nos identificamos con el engendro que han parido.
Un cordial saludo.

P.S. Tengo el ordenador todavía asustado de una especie de septicemis virásica. Confío en que me lo han dejado debidamente vacunado.

Tío Chinto de Couzadoiro dijo...

A cualquiera de estos animosos defensores del gallego normalizado le preguntaría, amigo Xesús, dónde oyó hablar esa forma de "gallego" desconocida por el pueblo.
Un cordial saludo.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Chinto:
Efectivamente, amigo. Palabras como "proxecto, inxección, evanxeo, grazas, hepatite, animais" nunca estiveron no galego común. O galego sempre soubo decir: "proyeuto, inyeución, evanxelio, gracias, hepatitis, animales" e tamén formas asimiladas a éstas. Por decreto, non hai moitos anos, suprimiron o "y" os imbéciles, cando hai un home, arxentino, Leonardo Castellani, de cultura enciclopedista e autor dunha traducción crítica do libro do Apkalypsis que se nega a adoutar outra ortografía que a correspondente ó grego no que foi escrito o libro de San Xohán.
Coido que pró galego podemos pedire a libertade de adoutar esa forma e tantas outras.
As normas paridas pola RAG, preñadas pola UPG estalinista non outra cousa que a consecuencia da aparición no panorama cultural galego de homes como Carballo Calero, que derivou tristemente cara os pastos lusos; tamén do gran inquisidor do BNG Francisco Rodríguez e as xentiñas de Agal, etc.
Unha aperta, amigo