domingo, 14 de octubre de 2012

Viaxe a Grecia, 3

 A aguia bicéfala de Bizancio nun mosaico de Meteora.
 Unha vista do noso hotel de Kalambaka, ó pe dos grandes outeiros ou tesos de Meteora.
 Un teso, o Gran Meteoro, coroado co mosteiro da Santa Transfiguración.
 Mosteiros e tesos irmanados. Panorámica.
 O mosteiro fundado por San Atanasio, o da Santa Transfiguración ou do Gran Meteoro.
 Vista panorámica.  
 O noso grupo vai accedendo ó mosteiro de San ou Santo Esteban.
 Imaxe de San Esteban.
 Termópilas. Monumento a Leónidas I, rei de Esparta. Vista parcial.  
 Outra vista parcial do monumento.
 Vista máis xeral do monumento a Leónidas, en Termópilas.
En Delfos, no monte Parnaso.

Pontevedra, 14.10.2012
Artículo semanal
Entrada n. 1568 do blog


Viaxe a Grecia, 3,
por Xesús López Fernández

            O 12.09 partimos de Kalambaka,  en Meteora, do que xa deixamos referencia no artículo anterior. Arrancamos pra nos achegare a algús dos seus recantos emblemáticos e visitare un par de conventos. Lugar sagrado, inalterable e inviolable, así é definida nalgús textos a Comunidade Monástica sobre os penedos xigantescos, talvez máis de mil, que forman un verdadeiro bosco pétreo: Santas Meteora. Nestos grandes penedos ou tesos  comezaría nos novecentos da nosa era unha gran aventura: ascetas chegados doutras partes comezaban a fixare alí os seus retiros, primeiro como eremitas en covas, nas furnas do gran outeiral, pra iren configurando, ó longo dos séculos, asentamentos verdadeiramente monásticos. I é ó Venerable Atanasio Meteorita (fundador do Mosteiro do Gran Meteoro no século XIV), ó que se lle atribúe a denominación de “meteoros” ós grandes tesos que visitamos ou dexergamos naquela espléndida mañá.

            A paisaxe é sobrecolledora, fascinante. Os tesos alí concitados e a chaira de Trikala, a súa formación, ven do periodo terciario, pérdese na néboa do paso de sesenta millós de anos. Pero os monxes comezarían a ver nos outos cumes unha especie de provocación pró amelloramento da súa ascesis: a Transfiguración de Xesús no monte Tabor, ¿por qué non no alto dos tesos? E así é chamado o mosteiro (da Transfiguración do Señor) fundado por San Atanasio no século XIV, que visitamos con motivo desta viaxe. É a partir desa fundación cando comezan a florecer ata 24 mosteiros, celas individuales, recantos ascéticos, lugares de pregaria, etc, polos grandes petoutos de Meteora, que se fundan ou restauran cunha continua presencia de máis de seiscentos anos. Actualmente permanecen, con vida monacal, uns seis; os outros deben estar abandonados ou á espera de que o home queira activa-los resortes do seu espírito, procura-la luz eterna alén do materialismo falaz que actualmente vive.

            O día da nosa visita ó mosteiro que fundara San Atanasio, o lugar estaba moi frecuentado. Visitámo-los distintos espacios, e disfrutamos de panorámicas indescriptibles. No templo hai abundancia de frescos que deben ter un gran valor. O visitante sinte curiosidade por todo o que ve naquela insólita construcción, pero non se pergunta pola vida monástica, cando os monxes procuran a verdade precisamente no seu aillamento e na oración. Ese día, un grupo de visitantes rusos, ortodoxos, debeu dispoñer dalgunha licencia pra entonare certos  cantos. Estaban alí, de certo, pra algo máis que pra usa-lo Gran Meteoro como un esculcadoiro. Nós, pola nosa banda e despois de nos retirar a un cumio próximo, celebramos alí unha eucaristía íntima, norma da nosa viaxe. Seguimos camiño ata o convento da San Esteban, de monxas, que tamén visitamos. Outra panorámica deliciosa. As monxas mantiñan un certo comercio de “souvenirs”, fundamentalmente pequenos iconos. E seguimos ruta ata o restorán, con vistas amplias sobre o campo de Tesalia.

            Despois de xantar partimos cara Delfos, nalgún tempo considerado o centro da terra. Parariamos antes en Termópilas, onde existe un monumento a Leónidas, rei de Esparta, morto naquela batalla da Segunda Guerra Médica, cando mandaba as tropas gregas que resistiran o ataque persa durante dous días, causándolle incluso graves danos, pero finalmente serían derrotados. E seguimos cara Delfos, o noso destino dese día, que actualmente é un pequeno pobo turístico, situado na caeira sur do monte Parnaso, con vistas sorprendentes sobre do val e o mar. Delfos, as súas ruínas, formaba parte dos nosos deberes do día seguinte.  Pero, de momento, tocaba instalarse no hotel, cear, e dar unha volta pra lle toma-lo pulso ó lugar. Meteora quedara xa atrás. ¿Lugar real, lugar soñado…? En todo caso, lugar vivido durante unhas horas nas que puidemos captar --¿?— a instantánea dunha historia milenaria, conocer incluso xentes que afirman que a Transfiguración, alí, é un logro posible. 

2 comentarios:

Tío Chinto de Couzadoiro dijo...

¡Qué alegría me proporciona tu entrada de hoy, amigo Xesús, al permitirme recordar ese mismo viaje, hecho por mí en junio de 2010! Creo que, con ligeras variaciones, vimos los mismos lugares.
Un cordial abrazo.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Chinto:
Cuánto me alegra que hayas tenido ese privilegio. Yo aún sigo asombrado por lo visto. En la próxima entrada, a ver cómo toco el tema de Delfos.
Un abrazo.