O profesor Don Francisco Bermejo Martínez exerceu o maxisterio na súa cátedra da Universidade de Santiago dend´o curso 1951/2 ata a súa xubilación. Os últimos anos da súa vida dedicounos ó estudio da contaminación de Galicia e á Ecoloxía. A el vai dedicado este artículo que coido non ha se-lo único.
Pontevedra, 29.10.2013
Entrada n. 1714 do blog
Artículo semanal previsto pró 28.10.2013.
O Profesor Bermejo e o Equilibrio Esgazado,
por Xesús López
Fernández
No ano 1994 editouse “El Equilibrio Roto”, do
profesor Francisco Bermejo Martínez, no que se recollían unha serie de
artículos da súa autoría, un deles co título, precisamente, que agora se daba á
publicación de El Correo Gallego, promovida polo Consorcio de Santiago e a
Universidade de Santiago de Compostela. Non é parte menor no libro o prólogo
que fai Xerardo Estévez Fernández, o daquela alcalde e presidente do Consorcio
da Cidade de Santiago, que comeza por se referir ás cidades como realidade viva
e presente á par que espacios prá memoria, porque a conciencia cidadá, en gran
medida, constrúese co pouso que moitas lembranzas, compartidas por un gran
número de persoas, van creando; conciencia social evidenciada nunha certa
manifestación espiritual de urbanidade que nos fai sentírmonos psicolóxicamente
partícipes dun mesmo espacio e sentimento de identificación.
Alá polos noventa conocín ó profesor e sei do seu
compromiso coa Ecoloxía, algo que Xerardo Estévez confirma cando fala da súa
preocupación polo presente das cousas e de cómo o seu interese concentrouse
nunha cuestión tan trascendental como a problemática medioambiental, ata o
punto de que as súas opiniós e peocupaciós eran, en gran medida, unha aposta
polo futuro. A recadádiva dos artículos recollidos na edición que comentamos, a
súa lectura, faise recomendable especialmente prós políticos con mandiño que
falan de pseudoecoloxía; permitiríalles entrar de novo en contacto cun pensamento
vivo, cunha preocupación presente nas asociaciós que, pola vía da acción
popular, non dubidan en denunciaren situaciós extremas acaídas polo abandono
dos gobernantes dos seus deberes como vixiantes da natureza; como se os
partidos todos perderan a virxinidade en materia ambiental. Non apostan pola
rexeneración que tentaba promove-lo prof. Bermejo.
O Decano da
Facultade de Químicas da USC, Juan Manuel Antelo Cortizas, fai tamén, na
presentación do libro, un estudio do currículum do prof. Bermejo, do que chega
sinala-la súa “valentía” por ser pouco habitual no mundo científico a
utilización dos medios de información pública pra expresare dun xeito inmediato
a opinión sobre temas ambientales conflictivos. E así, varios dos artículos do
profesor son os únicos públicados sobre algún dos temas analizados, pois no
mundo académico rara vez se vai máis alá da exposición de declaraciós de
principios en sentido amplio. I é frecuente refusa-la publicación de artículos
de opinión sobre catástrofes marítimas onde poida haber presencia de productos
químicos contaminantes, ou sobre problemas de desgarro ecolóxico derivados da
instalación de industrias sucias. O traballo informativo, divulgador, levado a
cabo polo profesor Bermejo; a súa autorizada opinión bateu sempre contra os
intereses dos clústers que nalgún momento acometeron un labor soterrado pra aillar ó
científico que denunciaba situaciós intolerables.
Pontevedra
é un dos espacios onde se dan situaciós límite que o prof. Bermejo conocía ben.
Hoxe parece non haber volta na recuperación ambiental da ría, de cada volta
máis traicionada. Os temas Ence-Elnosa, a edar d´Os Praceres, os deshonestos
recheos portuarios e novas invasiós do cauce do Lérez, o ferrocarril a Marín, a
propia autovía ó servicio da Autoridade Portuaria, nalgús casos sentenciados
polo TS, son asuntos nos que os políticos simulan non ter poder de decisión no
seu permanente xogo coa mentira…. Hoxe, cando se anuncian novos e inadmisibles
pactos prá entrega da ría, do que foi ría, ós clústers, carecemos do aval de
homes que, como o prof. Bermejo, avisaron do mal con total independencia. Hai
que volver sobre o seu testimonio e sobre o acoso do que foi víctima, ata o
punto de que tentaron invalidalo pola súa denuncia do peligro representado pola
nube tóxica nacida do Casón na madrugada do 10 ó 11 de Decembro do 1987. O
vento, na ocasión do Este, foi providencial prá vila de Fisterra, según o
profesor denunciou daquela, claramente.
2 comentarios:
Este profesor al igual que tú, que vivís denunciando la contaminación de la Ría del puerto etc, y que cae en saco roto, porqué todos ven hacia otro lado, se pasan la pelota unos a otros, y aquí no pasa nada.
Cuando acaben con todo nos tiraremos de las greñas, cuando ya no haya remedio.
Creo que deberíamos salir a manifestarnos ya.
Biquiños Xesus.
Hola, Trillian:
Estamos en un momento terrible que no es de ahora. Aquí se ha estado ocultando la verdad y han hecho de la falta de transparencia su constante vital.
Lo que le hicieron al prof. Bermejo fue casi un secuestro; lo deslocalizaron para en el mismo momento presentar, en otro local, un contrainforme desacreditándolo.Y ahí estaban presentes los que no acudieron a la tertulia de Radio 4, el director general de la Marina Mercantey el gobernador civil de La Coruña,mintiendo como bellacos.
Al profesor Bermejo dedico también el artículo de este lunes, acompañado de cinco vídeos esclarecedores.
Biquiños.
Publicar un comentario