Creer que o galego é un portugués non "evoluído", como din os talibáns da lingua, levounos a xogaren co idioma de Galicia, a involuílo ou deturpalo por canta vía se lles ocurre e como se fosen padres da patria. Antre as normas espúreas por eles inventadas e o Diktatt do lobby editorial que non acaba de levantare cabeza, que pensan que poden vender máis cando moitas das súas aventuras acabaron en claro fracaso, están a inventaren de cada volta novas agresiós. Non hai moito que editaron un "dicionario", con recomendaciós deshonestas de uso de certas palabras que nunca estiveron na nosa lingua e doulles ademáis por suprimiren os grupos consonánticos cultos (cc, ct, pt), impoñendo pola contra verbas sen tradición na fala e que definen o seu espírito esquizoide, como "obxecto, adxectivo, proxecto" algunhas de tantas que lles axudan na conversión da lingua en pura farsa. Ou opereta. Sigue o artículo, que podería ser máis longo, pero seguro que o que nel poida faltare xa está contado no blog, por activa ou pasiva, nalgunhas das moitas entradas que van sobre o idioma galego.
Pontevedra, 14.04.2013
Entrada n. 1755 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra
A ideoloxización da
lingua,
por Xesús López
Fernández
Hai poucos días que unha poetisa galega, Yolanda
Castaño, decía algo que, aínda que reiterado,
non deixa de ser crítica cabal. As súas declaraciós sobre o idioma
galego, ó que a autora ve como demasiado politizado, parecen oportunas. Dende hai
tempo entendo que están a primaren unhas pautas que non están feitas prá nosa
lingua milenaria; unha actitude prá conversión do idioma popular en arma
ideolóxica ó servicio, precisamente, da súa propia deconstrucción. Non hai que
facer outra cousa que colle-los vellos diccionarios, buscar neles palabras que
sabemos son nosas e logo repeti-la pescuda das mesmas no “dicionario” da RAG,
unha das ferramentas que lle vale ós promotores das normas da deriva. Así como a RAE “limpia, fija y da esplendor”
ou que, como non hai moito sinalaba Gloria Lago “un labrego toledán fala as
palabras que tamén conveñen ós académicos”, en Galicia existe un divorcio
crecente antre o que é léxico popular e o estándar inserido no referido “dicionario”.
Cando se
comezou cos primeiros pasos da deriva diferencialista, xa por teren os “enxeñeiros”
complexo diglósico, xa por alcumar como lingua deturpada á fala enxebre, non se
quixo caer na conta de que esa fala estaba evolucionada dabondo como pra ser
dotada dunhas normas ortográficas máis intelixentes que as paridas nos últimos
anos. Era o momento de ter madurado o consello do Padre Sarmiento: “Facede o
idioma a partir da fala”. Mais non se quixo actuar con prudencia, nen tampouco
houbo unha reacción de defensa dend´a Administración contra a imposición dende
cofradías reintegracionistas e outros campanarios como a Mesa, que se atribúen
unha “autoritas” da que carecen. Deixo dito “cofradía” con toda intención,
palabra que xa non está no “dicionario da RAG”, pero que ten máis uso que ese
extraño “confraría”. Teño oído, sí, “confradía”. Eladio Rodríguez, que inclúe
“confraría” como variante no apéndice do seu Diccionario Enciclopédico, neste
recolle, na terceira das entradas pra “cofradía”, forma que recomenda, as
seguintes variantes: “confradía, cofradaría, cofradeiría, confradeiría,
gremio”. Prescindo do resto da entrada, que dá pra un folio, e detéñome en dous
refráns que cita: “Nas confradías non faltan ás veces as picardías. Nin fagas
porfía nin entres en confradía”.
Son moitas
as palabras ou verbas que van caíndo do último “dicionario” da RAG. Así, virta
(seara), farca (fame), moliña (orballo), gracias, xusticia, faraute, faraldo,
desgracia, evanxelio (decimos evanxelista, evanxelizado, evanxelización),
senro, marcido, conocer (con máis uso que coñecer), artículo (decimos
articular, articulista, articulación, como indicaba Lugrís), maré, candorza, roteo
(rolda), xirio (rolda), madarrón, mallón, cemba, cembo, cembada, ruleiro,
sibadeiro, valago, magalón, alomear…. Seguro que son miles as palabras que,
como éstas, xa non están no “dicionario" da RAG, que foron desterradas por
puro diferencialismo polos novos ideólogos da lingua. Algunhas sí aparecen
no novo “corpus”, moito decir, pero
prohibidas. Non extraña que moitos rapaces e rapazas galegofalantes cheguen ós
institutos e se atopen co deturpado moderno que falan algús profesores non
instalados no idioma e que suspendan. Vergonzoso.
Imos deixar
un recado en relación co uso das palabras padre ou madre, como formas de
respeto, vivas no idioma popular: “O que non cree nunha boa madre, cree nunha
mala madrasca”, Madre Tereixa de Calcuta, Padre Sarmiento.. As formas “nai,
mai”, teñen un sentido máis íntimo, de máis proximidade. Nas preces da Igrexa
resulta lastimoso o uso de pai ou nai no canto de padre ou madre, especialmente
nas invocaciós: “Padre, escóitame!”, que parece a forma correcta. E deixamos
aquí estos apuntes retomando o exemplo da RAE, a situación de privilexio dos
castelán e hispanofalantes por teren unha Academia que fai de notario das súas
creaciós, modificaciós e asimilaciós, da situación do idioma como creación
social, lonxe da imposición ideolóxica que se dá en Galicia dos inventos do
laboratorio da RAG. Non parece haxa un futuro claro pró idioma. Os políticos,
que non-o toquen, que morre.
4 comentarios:
Lo mismo, idéntico, han hecho los nazionalistas con el catalán y el vascuence. Se copian los unos a los otros.
Pero luego se encuentran con que el 90% de la población sigue hablando o en castellano o en el galego de siempre.
Hola, Javier:
Veo que todo ha sucedido como apuntas, pero creo que aquí los estalinistas han sido tan astutos que ni la Xunta, ni la Iglesia, ni muchos pedagogos se han dado cuenta de que, detrás de entelequias como la Asamblea Socio-Pedagóxica Galega, la Mesa pola Normalización Lingüística, la propia RAG y otros apéndices como Correlinguas o Queremos Galego, estuvo y está el proyecto totalizador de estos dementes de integrarnos en Portugal, para lo que el primer ensayo es el de cambiar el nombre de Galicia por el de Galiza que dicen en el país luso. No se han dado cuenta de que en la realidad brasileira dicen Galicia, como nosotros. No se han querido enterar de que la palabra Galicia no es un castellanismo, sino un galleguismo, como tantas palabras, que se encuentra también a gusto en el propio idioma español.
Un cordial saludo
Graciñas pola túa actitude de independencia e valentía, Xesús. Unha aperta dende Viena.
Gloria.
Hola, Gloria:
Xa ves que este blog leva anos na defensa do galego como creación social.
Gracias polo teu saúdo.
Xesús
Publicar un comentario