domingo, 20 de abril de 2014

Pra renova-la faz da Terra

Foto do cenáculo, o lugar da última cea; o lugar tamén onde os discípulos se acobillarían nos días da Pasión; o lugar tamén onde Xesús se lles terá manifestado en diversas ocasiós; o lugar no que o Espírito Santo se manifestaría no día de Pentecostés; o lugar da primeira igrexa; o lugar onde presuntamente se celebrou o primeiro concilio. Pero o enlace que sigue dávos opción a ver un vídeo de realización dos franciscáns, os celadores da Terra Santa, que explican moito máis. CENÁCULO, ÚLTIMA CEA (watch)

Pontevedra, 20.04.2014
Entrada n. 1756 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra


Pra renova-la faz da Terra,
Por Xesús López Fernández

            O cardeal F. X. Nguyen van Thuan encabeza co citado título unha das meditaciós propostas nos exercicios predicados á Curia de Roma, na Pascua do ano 2000, a petición de Xohán Paulo II. O cardeal vietnamita, autor de diversos libros de piedade, avisa en “Testigos de Esperanza” do gran peligro do relativismo como dogma político, algo sobre o que se ten pronunciado Benedicto XVI, e de cómo a Igrexa, da man do Espírito Santo, ten que asumir non poucas tareas. Comeza o home a meditación coa cita de que non hai moitos anos, nunha entrevista da televisión francesa ó arzobispo de París Jean-Marie Lustiger, o periodista que o interrogaba fíxolle estas preguntas: Señor cardeal, cree vostede na existencia do demo? …Sí, sí, creo, foi a resposta. ¿Pero nunha época de tantos progresos científicos e tecnolóxicos, vostede sigue creendo na existencia do demo?... Foi a repregunta. Sí, sí, sigo creendo nel, foi a nova resposta…¿Ten visto ó demo?, volve o pesado do periodista, Sí que o teño visto, ¿Dónde?, ¡En Dachau, en Auschwitz, en Birkenau!. Daquela, o periodista quedou calado. E continúa Nguyen van Thuan:

             Se a mín me preguntasen se teño visto ó Espírito Santo, diría: Sí que o teño visto, ¿Ónde?, Dentro da Igrexa e fóra. O cardeal fai inventario dalgunhas das calamidades do século XX, con dúas grandes guerras, conflictos étnicos, xenocidios e loitas sanguinarias. Nunca tanta mortandade, por non falare das guerras ideolóxicas. A Igrexa ten sofrido crisis e defecciós, consecuencia da descristianización e secularización, como que a barca de Pedro puido mesmo terse afundido. Pero, sen embargo, houbo unha constelación de papas que, como León XIII, Pío X, Benedicto XV, Pío XI, Pío XII, Xohán XXIII, Paulo VI, Xohán Paulo I, Xohán Paulo II, que acaso nengún país do mundo tivo dirixentes de semellante altura moral, santidade e competencia, o que apunta a que o Espírito Santo estivo guiando e guía o seu maxisterio. Tamén a Benedicto XVI e Francisco I, que volve a súa mirada ó  Vaticano II, cuia posta en práctica pode trae-lo aggiornamento, a renovación  necesaria.

            O asentamento da Igrexa e o seu crecemento non sería posible sen o Espírito Santo. Ignazios Hazim, patriarca ortodoxo de Antioquía, decía en relación coa acción do Espírito Santo na Igrexa, en Upsala, xa no 1968: Sen o Espírito Santo, Deus está lonxe, Cristo está no pasado, o Evanxelio é letra morta; a Igrexa, unha simple organización; a autoridade, unha dominación; a misión é propaganda; o culto, unha evocación, e o obrar cristián, unha moral de ecravos […] Pero n-El…. Cristo resucitado está aquí, o Evanxelio é forza de vida, a Igrexa quer decire comunión trinitaria, a autoridade é un servicio liberador, a misión é un Pentecostés, a liturxia é memorial e anticipación.... San Xohán Crisóstomo afirma que os apóstolos non baixaron do monte como Moisés, con táboas de pedra; saíron do cenáculo co Espírito Santo no corazón, ofrecendo por todas partes tesouros de sabedoría e gracia.

            Nguyen van Thuan cóntanos de cando un párroco novo do Vietnam do Norte ve chegare a un grupo da tribu H´Mong: ¿De ónde vindes?, pregúntalles, Vimos de Lau-Chau [Dien Bien Phu, onde foran derrotádo-los franceses], temos camiñado seis días polas montañas, ¡Meu Deus! ¿Pra qué?, inquire o sacerdote, Queremos ser bautizados axiña, ¡Imposible! No voso pobo non hai cregos, nen tampouco catequistas e non conocéde-la relixión nen as pregarias, Témolo aprendido todo dunha radio de Filipinas, aclaran. Pero, ¿qué radio?, non hai nengunha emisora católica que transmita no voso dialecto, ¡Ten sido a radio “Fonte da vida”!...., Pero si é unha radio protestante, ¿e vindes aquí facervos católicos?, qué sorpresa, di o párroco que, conmovido, exclama: ¡Un novo Pentecostés, o Espírito Santo!. O grupo non dispoñía nada máis que de dous días. Xuntaran arroz pra doce días de camiñata e prós dous  de estadía co sacerdote, que arriscou. Examinounos, foron bautizados, recibiron a primeira comunión e a confirmación. Xa de regreso, os domingos, pra oi-la misa que emitía radio Veritas, de Manila, ás 9.30 da mañá, daban descanso ós búfalos nos campos de arroz da nova economía. Esos novos bautizados leváronlle a fe a outros 5000 veciños. O Espírito Santo sabe dos tempos prá renovación.

4 comentarios:

José Luis Valladares Fernández dijo...

Menuda colección de fotos que tienes, y además de lugares sumamente interesantes. Para quitarse el sombrero.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola,José Luís:

Procuraré ir agregando más fotos, pero no manejo bien la inclusión de las mismas.Y lo siento. La entrada sobre Vejer de la Frontera lleva cantidad de fotos, pero por poco la pierdo por el exceso incluído. Por eso introduje un corto comentario.

En la entrada de hoy, al pie del comentario que sigue a la foto del encabezamiento, que no es mía,existe un enlace, un vídeo de los franciscanos sobre el cenáculo y otros lugares. Muy interesante.

Un abrazo

trillian dijo...

Es bueno que la iglesia vaya cambiando y vaya reconociendo sus "metidas"de pata que en estos tiempos que corren ya no cuelan, gracias a este nuevo papa (ojala viva muchos años), porque si no la iglesia catolica como tal terminaría desapareciendo, y creo que tiene que hacer muchos cambios (renovarse ó morir).

Pero parece que en la iglesia hay quien no se entera, como en estos días salio a la palestra el ovispo que se retira, y para eso juntó dos aticos 700 mt2, y no veas el lujo que le ponen,
creo que es él mismo que se hacia sus "trajes de Armani" casi na.
Con el consaviente cabreo del papa.

Pero el ovispo en vez de ministro de Dios se creo ministro del gobierno.

No puedo creer que un representante de Jesucristo que era todo humildad dé tan mal ejplo.

Biquiños.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola,Trillian:

Las cosas están cambiando. Alguna gente ya lo ha notado y vuelve a la Iglesia. Incluso se producen bautizos de adultos.

El autor del libro que cito, un hombre fallecido pero de extraordinaria santidad, confiaba en la actuación colegiada de los obispos que recomendaba el Concilio VaticanoII, algo que el actual papa está considerando. Pero hay casos en los que la actuación del Espíritu Santo es evidente, como en el ejemplo citado en el artículo.

Biquiños