Mostrando entradas con la etiqueta a Igrexa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta a Igrexa. Mostrar todas las entradas

domingo, 27 de julio de 2014

Ser cristiáns, en Oriente Medio

 Templo sirio arrasado.
 As casas dos cristiáns son identificadas coesta letra árabe, "nun", non, aviso pra que se marchen.
Despois pode ser tarde. O xenocidio é imparable mentres os promotores do Novo Orde Mundial miran pra outro lado ou preparan novas acometidas contra a Igrexa Católica.

Pontevedra, 28.07.2014
Entrada n. 1771 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra.


Ser cristiáns, en Oriente Medio,
por Xesús López Fernández

            Hoxe non goberna Sadam Hussein en Irak, pero a situación dos cristiáns do país é moito peor que daquela. Se no 2003 existían no país un millón e medio de cristiáns, actualmente están en fase de acelerada desaparición, víctimas do xenocidio contra eles decretado polos yihadistas do Estado Islámico. En Irak ou en Siria estos cristiáns non queren convertírense ó islam, negativa coa que se expoñen a perde-la vida, víctimas dunha cruel violencia que queda fóra de toda razón. É unha auténtica caza do home, de exterminio dunha forma de ser cristián que duraba xa case dous mil anos, testigos de esperanza dend´os albores da Cristiandade. O caso de Malula, unha cidade siríaca que conserva o arameo como lingua, é conocido: a crucifixión de dous mozos que non quixeron pronuncia-la shahada, despois de ameazados. “Entón queren morreren como o seu amo, no que creen.Teñen dúas opciós: ou recitan a shahada o van ser crucificados”, según relato dunha monxa, sor Raghida, que dirixía a escola do Patriarcado Greco-Católico en Damasco e que se trasladou a Francia.   

            Esto está ocurrindo en Siria mentres o mundo do novo Orde Mundial mira pra outra banda. Máis rapaces cristiáns levan perdido a vida dese xeito, mentres tamén as mulleres e os nenos sofren unha extrema violencia, que ten levado a que os bebés sexan arrebatados do seo das xestantes. Son crímenes contra cristiáns consumados por grupos radicales musulmáns dependentes de Al Qaeda. Pero a barbarie non queda aí que, insaciádo-los grupos yihadistas, as cabezas dos rapaces chegan a seren utilizadas pra xogaren ó fútbol. O devandito está tirado do relato de sor Raghida en Radio Vaticano, no que, ademáis de insistir no atroz da persecución sofrida polos cristiáns sometidos á alernativa de “apostasía ou morte”, a monxa fixo un chamamento internacional e invitaba a “repensa-los dereitos humáns e a dignidade do home”.

            No Irak a xente fuxe cara ó Kurdistán ou a Turquía, pero en Mosul, onde houbo 60000 cristiáns, desapareceron xa as últimas familias que profesaban esa relixión. Aínda estos días foron queimados once templos, e profanada a tumba do profeta Jonás, venerada por xudeos e cristiáns. Tamén foi queimada a residencia do bispo. A presión contra os cristiáns de Bagdad, onde eran uns 600000, é tamén grande, se ben aí está a darse un dato prá esperanza: que cando saían da misa do pasado Domingo 20 achegouse ó seu encontro, na súa defensa, un grupo de musulmáns que tiñan vivido con eles en harmonía, portando algún deles pasquíns con esta leenda:”Eu tamén son cristián”. Algo é algo. Pero a situación é tremenda e Ban Ki-moon, o secretario xeral da ONU, afirmaba o pasado 20.07 que a persecución dos cristiáns en Mosul polos yihadistas podía considerarse un crimen contra a Humanidade.

            No serán do 20.07 un misil foi lanzado contra o convento franciscán de Yacoubieh, unha cidade algo distante da fronteira con Turquía, situado no val do rio Oronte, na Siria noroccidental. O edificio é dos irmáns menores da Custodia da Terra Santa e ten sofrido danos, afortundamente sen víctimas, según información dada polo Custodio da Terra Santa, Frai Pierbattista Pizzaballa. Os frades queren permencer en Yacoubieh, onde existe tamén un dos catro centros de acollida creados pola Custodia da Terra Santa que cada día alberga ó redor de 200 persoas e provee as necesidades doutras 4000. Os frades permanecen naquel lugar pra axudaren á poboación, non sóo cristiá, a resistir, a non deixa-las súas casas. O pánico cunde e o que non deixa o terruño é porque é sumamente pobre, que irakís, sirios, palestinos, procuran nestos momentos unha nova vida no extranxeiro. ¿Qué lle pode esperare á Igrexa así atacada? ¿Cómo se renace despois da cruz? A pregunta é procedente. Se o propio San Pedro quixo fuxir de Roma nos tempos da persecución do Imperio!. El xa marchaba cando se encontrou cunha figura que viña en dirección contraria. Era Xesús, que lle comunica que, posto que el abandona, acode a Roma pra que o crucifiquen de novo… Pedro acorda regresar pra, no seu día, recibir morte de cruz, mais coa cabeza pra baixo, por lle parecer máis humillación.       

domingo, 20 de abril de 2014

Pra renova-la faz da Terra

Foto do cenáculo, o lugar da última cea; o lugar tamén onde os discípulos se acobillarían nos días da Pasión; o lugar tamén onde Xesús se lles terá manifestado en diversas ocasiós; o lugar no que o Espírito Santo se manifestaría no día de Pentecostés; o lugar da primeira igrexa; o lugar onde presuntamente se celebrou o primeiro concilio. Pero o enlace que sigue dávos opción a ver un vídeo de realización dos franciscáns, os celadores da Terra Santa, que explican moito máis. CENÁCULO, ÚLTIMA CEA (watch)

Pontevedra, 20.04.2014
Entrada n. 1756 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra


Pra renova-la faz da Terra,
Por Xesús López Fernández

            O cardeal F. X. Nguyen van Thuan encabeza co citado título unha das meditaciós propostas nos exercicios predicados á Curia de Roma, na Pascua do ano 2000, a petición de Xohán Paulo II. O cardeal vietnamita, autor de diversos libros de piedade, avisa en “Testigos de Esperanza” do gran peligro do relativismo como dogma político, algo sobre o que se ten pronunciado Benedicto XVI, e de cómo a Igrexa, da man do Espírito Santo, ten que asumir non poucas tareas. Comeza o home a meditación coa cita de que non hai moitos anos, nunha entrevista da televisión francesa ó arzobispo de París Jean-Marie Lustiger, o periodista que o interrogaba fíxolle estas preguntas: Señor cardeal, cree vostede na existencia do demo? …Sí, sí, creo, foi a resposta. ¿Pero nunha época de tantos progresos científicos e tecnolóxicos, vostede sigue creendo na existencia do demo?... Foi a repregunta. Sí, sí, sigo creendo nel, foi a nova resposta…¿Ten visto ó demo?, volve o pesado do periodista, Sí que o teño visto, ¿Dónde?, ¡En Dachau, en Auschwitz, en Birkenau!. Daquela, o periodista quedou calado. E continúa Nguyen van Thuan:

             Se a mín me preguntasen se teño visto ó Espírito Santo, diría: Sí que o teño visto, ¿Ónde?, Dentro da Igrexa e fóra. O cardeal fai inventario dalgunhas das calamidades do século XX, con dúas grandes guerras, conflictos étnicos, xenocidios e loitas sanguinarias. Nunca tanta mortandade, por non falare das guerras ideolóxicas. A Igrexa ten sofrido crisis e defecciós, consecuencia da descristianización e secularización, como que a barca de Pedro puido mesmo terse afundido. Pero, sen embargo, houbo unha constelación de papas que, como León XIII, Pío X, Benedicto XV, Pío XI, Pío XII, Xohán XXIII, Paulo VI, Xohán Paulo I, Xohán Paulo II, que acaso nengún país do mundo tivo dirixentes de semellante altura moral, santidade e competencia, o que apunta a que o Espírito Santo estivo guiando e guía o seu maxisterio. Tamén a Benedicto XVI e Francisco I, que volve a súa mirada ó  Vaticano II, cuia posta en práctica pode trae-lo aggiornamento, a renovación  necesaria.

            O asentamento da Igrexa e o seu crecemento non sería posible sen o Espírito Santo. Ignazios Hazim, patriarca ortodoxo de Antioquía, decía en relación coa acción do Espírito Santo na Igrexa, en Upsala, xa no 1968: Sen o Espírito Santo, Deus está lonxe, Cristo está no pasado, o Evanxelio é letra morta; a Igrexa, unha simple organización; a autoridade, unha dominación; a misión é propaganda; o culto, unha evocación, e o obrar cristián, unha moral de ecravos […] Pero n-El…. Cristo resucitado está aquí, o Evanxelio é forza de vida, a Igrexa quer decire comunión trinitaria, a autoridade é un servicio liberador, a misión é un Pentecostés, a liturxia é memorial e anticipación.... San Xohán Crisóstomo afirma que os apóstolos non baixaron do monte como Moisés, con táboas de pedra; saíron do cenáculo co Espírito Santo no corazón, ofrecendo por todas partes tesouros de sabedoría e gracia.

            Nguyen van Thuan cóntanos de cando un párroco novo do Vietnam do Norte ve chegare a un grupo da tribu H´Mong: ¿De ónde vindes?, pregúntalles, Vimos de Lau-Chau [Dien Bien Phu, onde foran derrotádo-los franceses], temos camiñado seis días polas montañas, ¡Meu Deus! ¿Pra qué?, inquire o sacerdote, Queremos ser bautizados axiña, ¡Imposible! No voso pobo non hai cregos, nen tampouco catequistas e non conocéde-la relixión nen as pregarias, Témolo aprendido todo dunha radio de Filipinas, aclaran. Pero, ¿qué radio?, non hai nengunha emisora católica que transmita no voso dialecto, ¡Ten sido a radio “Fonte da vida”!...., Pero si é unha radio protestante, ¿e vindes aquí facervos católicos?, qué sorpresa, di o párroco que, conmovido, exclama: ¡Un novo Pentecostés, o Espírito Santo!. O grupo non dispoñía nada máis que de dous días. Xuntaran arroz pra doce días de camiñata e prós dous  de estadía co sacerdote, que arriscou. Examinounos, foron bautizados, recibiron a primeira comunión e a confirmación. Xa de regreso, os domingos, pra oi-la misa que emitía radio Veritas, de Manila, ás 9.30 da mañá, daban descanso ós búfalos nos campos de arroz da nova economía. Esos novos bautizados leváronlle a fe a outros 5000 veciños. O Espírito Santo sabe dos tempos prá renovación.

domingo, 17 de febrero de 2013

A RENUNCIA DO PAPA



Unha aparición recente de Benedicto XVI, imaxe similar, a da súa figura, á que ilustra a portada do libro "Deus e o Mundo".

O día do anuncio da renuncia caeu un lóstrego, o da foto, sobre a cúpula de san Pedro, que saeu indemne da proba. ¿Unha imaxe do relativismo nemigo da Igrexa e do home? As profecías de San Malaquías de Armagh están de novo sobre a mesa: "De gloriae olivae" (Benedicto XVI). Agora están en lista de espera "De persecutione" e "Petrus Romanus", o último según a dita profecía. 

Pontevedra, 17.02.2013
Artículo semanal
n. 1608 do blog.

A renuncia do Papa,
por Xesús López Fernández

            A renuncia de Benedicto XVI como Papa, anunciada pró día 28.02, é de supoñer que sí estaba na axenda do Santo Padre, según se deduce da conversa que hai dez semáas mantivo co seu biógrafo Peter Seewald. Este autor publicou, cando menos, tres libros de entrevistas co Papa: Sal da Terra, Deus e o Mundo, Luz do Mundo…, tres best-sellers. Son libros de lectura refrescante nos que se descobre, nas diversas conversas que flúen con toda naturalidade, a un Papa moi próximo, moi aberto e comunicativo. Pero o home non aguantaba máis, tendo escrito o último dos libros sobre Xesús, o que vai da súa infancia, cando levaba tempo agotado. O biógrafo non relaciona a súa decisión co escándalo Vatileaks; di que si a traición do seu axudante, o maordomo Paolo Gabriele, causoulle unha decepción, non foi “nada semellante á desesperación”. O periodista afirma que o Papa comentoulle: “Xa non se pode agardare moito máis de min. Son home ancián; as forzas déixanme; coido d´abondo o que levo feito”. Afirma Seewald que nunca vira a Benedicto XVI tan canso.

            Moitos fanse agora as cuestiós de  se non é vitalicia a encomenda de se-lo sucesor de Pedro, de si o Papa non acaba o seu pontificado cando morre. Pois é certo que non e o anuncio do Papa tampouco é novo. Tamén se sabe que Xohán Paulo II prantexouse dimitire como Papa poucos anos antes de morrer, aínda que sigueu no cargo, sen dúbida presionado pola curia, tendo el decidido, por amor, aferrarse á cruz heroicamente. Mai-la decisión de Benedicto XVI non é menos cristiáa que a do seu antecesor, antre outras cousas porque existe unha base legal que posibilita esa renuncia, (que non é a primeira na historia da Igrexa) e que foi actualizada polo propio Xohán Paulo II no Código de Dereito Canónico (1983), e que dí así: “Se o Pontífice Román renunciase ó seu oficio, requírese prá validez que a renuncia se faga en libertade e se manifeste formalmente, sen sometela á aceptación de nadie”.

            Vai haber, seguramente, comentarios negativos sobre forzas contrarias que forzaron a devandita renuncia. Pero non se pode negare o leigado deixado por este Pontífice sabio i estudioso, simpático e comunicativo que incluso ten entrado en twitter; escritor e divulgador do leigado de Cristo, entregado á Humanidade e á Igrexa.  Pra Ignacio Arsuaga, de “Hazte Oir”, e pra moitos de nós, ten especial relevancia a batalla frontal contra o relativismo que impera nos nosos tempos e que Benedicto XVI defineu así: “O relativismo poderiámolo vougamente definir como a teoría según a que tóda-las opiniós son verdadeiras, ainda sendo contrapostas”.  Ou cando describe a dictadura do relativismo como “unha sociedade basada nun acordo xeral de amoralidade, onde non hai xa espacio prós que siguen tendo un xuicio moral de conciencia”. “Efectivamente, o relativismo ten chegado a sere o problema central prá Fe na nosa época; é o problema máis grave da nosa época”.

            O noso Papa, enfermo, renuncia por esa razón, e anunciou a súa decisión precisamente o Día Mundial do Enfermo, dando a entender que a enfermedade non é só participar da dolor de Cristo, senón tamén manter unha lucidez que nos fai, dend´a debilidade en homildade, pasa-lo testigo, en cargo de responsabilidade, a quen o poida facer mellor. E así, na súa carta de renuncia reconoce que “Pra anuncia-lo Evanxelio é necesario tamén o vigor, tanto de corpo como de espírito, vigor que, nos últimos meses, ten mingoado en min de tal xeito que debo reconoce-la miña incapacidade pra exercere ben o ministerio que me foi encomendado”. Mais xunto a estas afirmaciós obxetivas pode que ventos insalobres, dentro da propia Igrexa, teñan que ver coa crecente laminación da súa saúde. Entendámo-la renuncia como un gran acto de servicio, polo ben da propia Igrexa.  Papa non “ad vitam”, senón “ad vitalitem”, é decir, mentres dure a vitalidade. Agora culmina o seu pontificado. Místico como é vaise retirar a un convento pra orar, meditar, escribir e interpretar a Mozart.