O estado de saúde do padre Pajares é delicada i está vivindo momentos decisivos, loitando contra a terrible enfermedade. O padre é todo un referente en Liberia, 50 anos entregado ós máis necesitados.
Pontevedra, 11.08.2014
Entrada n. 1775
Artículo semanal
Ébola e miserias,
por Xesús López
Fernández
A pasada semáa foi noticia tensa o
traslado a España dun enfermo de ébola, o toledán padre Miguel Pajares, da
Hospitalaria Orde de San Juan de Dios, a obra do granadino San Juan de Dios
reconocida en máis de corenta países polo sobrenome italián de
Fatebenefratelli, “os irmáns que fan ben”. O home, que con 75 anos de edade
seguía traballando de forma leda e comprometida cos máis necesitados, é unha
das seis persoas que estaban ailladas dend´o un de agosto no hospital de San
Xosé de Monrovia (Liberia). Tiña pensado regresar a Madrid no próximo mes de
setembro. Agora foi necesario trasladalo, nunha situación extrema e
cuestionada, cando a OMS ven de declara-la situación de emerxencia pública
sanitaria internacional, na que o importante é interrumpi-la cadea de
transmisión da enfermedade, según declaraciós da responsable da OMS, que tamén
aclarou que o ébola pódese curare e que o importante é que os infectados sexan
conducidos inmediatamente a un hospital.
O hospital Carlos III, onde está
ingresado o padre Pajares, dispón xa do medicamento experimental. El e outros
misioneiros españoles infectados parece que permanecen estables e que a súa
saúde non ten empeorado. Vergonzosamente, pró regreso do padre Pajares tense considerado
a posibilidade de pasarlle a factura á Orde de San Juan de Dios, algo que Xosé
Luis Barreiro Rivas define como miseria humáa e política que subxaz tras esta
actitude douda, xangal, como tamén a terrible e consecuente presunción de que a
inmensa maioría dos españoles desconocen que a mencionada orde, exemplo de
solidariedade i entrega é un dos timbres de gloria deste país, que tería de se
sentir orgulloso das súas ordes relixiosas, e nunca se ten perguntado qué
farían Francia, Alemania, Inglaterra ou os Estados Unidos (sóo Italia se nos
pode comparare) se das súas xentes e dos seus sabios tivesen agromado os
xesuítas, os dominicos, os mercedarios, os xerónimos, os carmelitas descalzos, os
agostiños recoletos, os hospitalarios de San Juan de Dios e tantas outras
instituciós que foron cumio do servicio, erudición e caridade en todo o mundo.
Coido que Barreiro acerta cando dí
que esos sentiríanse en débeda do seu labor. Pero ós nosos políticos e
analistas, ignorantes onde os haxa, doulles por converti-la descristianización
na imposible identidade de España. Pode ser unha impronta que tentan marcare os
propagandistas do laicismo radical, no que desta volta parece abrevan moitos
dos que fan carreira na política e que, doutro xeito, non terían emprego. Por
eso andamos decote con estas estupideces e a ministra Ana Mato arrandeouse ó
cuestiona-la asunción polo Goberno dos gastos da viaxe do padre Pajares.
Finalmente, o Goberno actuou correctamente, aínda que quede un certo tufo
porque temos sustituído os valores de sempre por trapalladas “correctas” que a
nadie convencen.
Según comenta outro articulista,
Paco Sánchez, o pobre do padre Pajares ten cometido varios erros imperdoables.
Un deles o de ser vello, pois é case seguro que ninguén discutiría a repatriación
dun rapaz ou dunha rapaza que andivesen por alí turisteando a pobreza, sen
ánimo de permanecer, e aí está o segundo erro: que se fixo vello consumindo
cincoenta anos, enterrando a súa vida alí. Se se tivese convertido en
deportista de elite ou tivese gañado algunha bota d´ouro ou unha copa do Mundo,
tragueriámolo doutro xeito. Pero, non, nestos cincoenta anos o padre Pajares
tense dedicado a coidare a xente que nadie quería, por ser misioneiro, o seu
erro terceiro. Pode que a algús caladiños lles pareza inmoral tanto lío por un
misioneiro católico e a costa do erario público. Outros perguntámonos se non é
o erario público o que satisfaz o gasto do traslado aéreo dos políticos en
campaña. ¿Non terían que paga-los partidos?
addenda: o padre Pajares finou esta mañá, 12.08.2014. Noticia de El Mundo
addenda: o padre Pajares finou esta mañá, 12.08.2014. Noticia de El Mundo
4 comentarios:
Es una barbaridad que los políticos estén discutiendo sobre si el Estado debe de pagar los gastos de repatriación y cura de esos sacerdotes, ellos no cobran nada por jugarse la vida en Africa, y que pretendan pasar la factura la Orden religiosa que envía a sus misioneros.
Hola,Javier:
Estos gobernantes han recogido el testigo del laicismo agresivo de ZP y su mariachi. Parece que la impronta anticristiana ha calado en casi toda la clase política.
Un cordial saludo.
Yo era partidaria de que la Orden pagase pero, más que nada por escupir en la cara a todos estos miserables que utilizan a un hombre de Dios para atacar a la Iglesia. Ha muerto el Padre Pajares DEP.
Hola, Candela:
¿Pero realmente ha muerto? No logro confirmar la noticia, aunque si leo que está peor.
Por lo demás, el pago del traslado lo asumiríamos de buen grado los laicos cristianos si así fuese necesario. Dejaríamos con el culo al aire a los sarracenos que nos gobiernan.
Un cordial saludo
Publicar un comentario