domingo, 14 de septiembre de 2014

Cando chega o Outono

Enclave de bídalos no entorno do lago Castiñeiras. 

Pontevedra, 15.09.2014
Entrada n. 1777 do blog
Artículo semanal (Diario de Pontevedra)

Cando chega o Outono,
por Xesús López Fernández

            Nalgunhas especies nótanse os primeiros avisos da estación que chega, o outono, a época do ano na que a Terra se viste máis galana, máis fermosa. As caducifolias, que se van sometere ó soño do que han retornare na próxima primavera, van ir tomando diversas colores: ouro, ocre, vermella, en infinda gradación en función das especies que integran o entorno boscoso, especialmente cando se  trate de enclaves biodiversos, nos que a paxarada non é un elemento menor. É o momento de comezare a ver pola rede, ou no reservorio de fotos de diversas viaxes, as colores máxicas coas que se cobre a natureza, especialmente coidada en países como Estados Unidos, Alemania, Austria, Francia ou Xapón, ata o punto de que as axencias de viaxes avisan, polo menos en Norteamérica, do recorrido dos cambios cromáticos das fragas, algo que xenera unha adicción moi popular, como que nos estados do Norte existen organizaciós que brindan a información actualizada sobre o avance do outono nas follas.

            No estado do Maine xa en setembro os seus boscos van virando dos mil verdes ós roxos, amarelos ou ocres. Na inernet hai moitísimo portal no que se pode buscar información, algo no que as comunidades de montes deberían mostrarse interesadas prá posta en marcha dunha actuación intelixente, de recuperación do noso mundo forestal, de recuperación da floresta autóctona da que nalgús casos perviven os nomes (reboira, cerqueira, souto, carballedo, rebordelo, biduído, cerdedo, sobredo, acibal…), realidades, ás veces, desconocidas de moitos. Certo que na nosa terra, sen  política forestal culta, nen tradicional, as comunidades deixáronse levar pola consigna de prantaciós monodiversas, nas que xa non cantan os paxaros, como ben dí Eduardo Galeano. O home afirma que  a prantación de árbores é sempre un acto de amor á natureza, sobre todo cando o mundo está a ser esfolado da súa codia vexetal e a terra xa non pode absorbere ou rete-la auga das chuvias. 

            As prantaciós de carácter industrial non resolven os problemas ecolóxicos; antes ben, créanos polos catro puntos cardinales do mundo. Nada teñen que ver cos vellos boscos arrasados que, como di Galeano, eran pobos de árbores abrazadas ó seu xeito, fontes de vida diversa que sabiamente se multiplicaba a sí mesma, mentres as prantaciós “bancarias”, marchan como exércitos de soldaditos en fila, destinados ó servicio industrial, mesmo á derrota ecolóxica das diversas comarcas. O discurso de Galeano debería ser estudiado polas  comunidades de montes pra que non-as sigan engañando. Eso, ademáis de viaxar a lugares, incluso en España, nos que agora vai comeza-la sinfonía de color, os montes en valor, unha riqueza que se vai renovare tódo-los anos, compatible, ademáis, coa presencia  de animales rozadores: vacas, cabalos, ovellas; con outra política pró monte.

            Gostaríame saber qué van face-las comunidades de montes, catro, propietarias dos terreos que ocupa o parque do Lago de Castiñeiras e Cotorredondo. Son xa varias as sesiós de traballo levadas a cabo  pra impulsaren unha reforma no ámbito do lago. O seu proiecto de formación dun Xardín Botánico de 13 hectáreas de superficie no que se incluirían prantas e árbores dos cinco continentes parece ilusionante. Consideran que en cuestión de dous anos pode ser unha realidade, á marxe das 77has do espacio natural que abranguen o lago e Cotorredondo. Ademáis de traballaren na conservación das mámoas e restos arqueolóxicos aspiran a crearen un modelo de tratamento do monte, exemplo pra toda Galicia. Certo que non son as primeiras comunidades en dá-lo paso. Pero confiemos en que nun futuro próximo, as colores fantásticas  do outono vaian cobrindo o parque, pra exemplo de moitos. 


6 comentarios:

Doramasw dijo...

Todo lo que sea mejorar la naturaleza, bienvenido sea.
Un saludo

Tellagorri dijo...

España desde hace siglos ha ido desforestando los montes y bosques sin reponer sustituciones arboreas.

Ya con Felipe II y siguientes reyes se eliminaban inmensas extensiones de árboles para fabricar naves de guerra.

Hoy en Alemania, lo he visto personalmente, por cada arbol PRIVADO que se corta el dueño está obligado a reponer diez, y paga al ayuntamiento una tasa de 3.000 euros.

Si algo así hubiera aquí las cosas serían diferentes aunque las mayores arboricidas son las administraciones públicas.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Doramas:

Estamos de acuerdo.

Un saludo

o blog de xesús lópez dijo...

Hola,Javier:

Qué bien nos vendría una solución a la alemana! Pero en todo lo que se ha hecho, por lo menos en Galicia, en el terreno forestal, se ha lastimado más y más a la tierra. Con la plantación de eucaliptus para las pasteras se han despoblado aldeas enteras, privadas de los cultivos tradicionales. ¡Si el puñetero de Fraga subvencionaba el abandono de las tierras de labor y las plantaciones depredadoras! Era la política de puertas giratorias, de entrega a las celulosas, que sigue.

Un cordial saludo

José Luis Valladares Fernández dijo...

Que no vayan nuestros políticos a Alemania, porque terminarían por hacer alli, lo que hacemos aquí.
Aquí, cuando hay intereses de por medio, ni se respetan bosques, ni el medio ambiente. Lo primero el negocio particular, aunque nos carguemos lo que haya que cargarse. Llevamos tiempo siendo así, no parece que tengamos remedio.

Un abrazo

o blog de xesús lópez dijo...

Hola,José Luís:

Tienes razón. Nos falta capacidad para comprender el ejemplo de los alemanes. Aquí se peden hacer cosas de muy poco alcance. Los políticos, con las famosas puertas giratorias son capaces de cambiar las leyes, o los consejos de administración, para segir haciendo el mal que en nuestra tierra parece perpetuado.

Un abrazo