martes, 4 de noviembre de 2014

HOLOCAUSTO ECOLÓXICO



Están como tolos por manteren a ocupación das marismas de Lourizán. Coa concesión presuntamente perdida, son moitos os políticos e medios que tragaron. Cando acaban de cerrar en Huelva, parece que polo retroceso do eucalipto naquela provincia, confían en que en Galicia permaneza a traición política e a colonización eucalipteira pra eles fixaren precios de risa e faceren así rentable a fabricación de pasta. Dend´a desestimación dos recursos de casación de Ence e do MARM o pasado xullo, non pasa semáa sen que aparezan noticias ou reportaxes, como publicidade pagada deberemos entender, opacando cando non ocultando as noticias en relación coa sentencia do 19.05.2011, firme, que ordea, como temos dito, incoa-lo expediente de caducidade da concesión e a paralización da actividade industrial.

Como aquí existe tamén un claro problema de memoria ou de corrupción política, vou presentar nesta entrada unha ponencia un pouco longa, titulada  Holocausto Ecolóxico, que foi leída na Semana de Filosofía da Aula Castelao, no ano 1991. Curiosamente, na información on-line das actividades da dita Aula non figura a ponencia, talvez por non ter sido escrita ó dictado de nadie.  Pero hai testigos que a relembran. E pra sacudir un algo as conciencias dos desmemoriados aquí vai a ponencia íntegra. Escrita hai 23 anos. Que conste.  

Pontevedra, 4.11.2014
Entrada n. 1787 do blog
Ponencia leída na Aula de Filosofía Castelao, o ano 1991


HOLOCAUSTO ECOLOXICO
====================

A Universidade Libre de Verán acaba de celebrar un novo curso sobre Ecoloxía. O deste ano, que tivo lugar en Poio como outros anteriores, desenvolveu o tema da Paisaxe. E no tal curso, certamente, dixéronse cousas; pero caláronse outras. E case nada trascendeu á prensa. Como se houbera orde de tapar. Un dos que calaron foi o Director Xeral de Medio Ambiente, D. José-Luis Aboal García-Tuñón, que omiteu na súa lección sobre dos esteiros dos ríos galegos --do Eo ó Miño-- toda referencia ó río Lérez. Un dos que sí falaron foi o Conselleiro de Industria, que chegou afirmar que "Celulosas contamina por terra, mar e aire". É decir, o conselleiro fixo a lectura da propaganda de ENCE --"Luchamos por tierra, mar y aire"--, que facemos tódo-los pontevedreses, a excepción dos que están en "nómina" da factoría e que, coa pituitaria ou a conciencia atrofiadas, asumiron como propio o alcatreo permanente da fábrica de Lourizán.

A presencia no curso de homes co peso específico de Miguel Cancio, Octavio Uña, David Rivas Infante e Ramón Tamames foi o que levou ó señor conselleiro, posiblemente, a facer en alta voz a afirmación que durante a súa campaña electoral do pasado decembro (1989) fixera xa o señor Fraga coa promesa, incluso, de pecha-la factoría. Mais, fagamos algunhas consideraciós e falemos da degradación da ría.

1. As augas da nosa ría eran limpas e transparentes e o seu fondo de branca area, ata os anos cincoenta. Unhas depuradoras biolóxicas dispostas pola natureza dende o inicio dos tempos garantizaban a permanencia dese ir e vir das augas limpas, millonarias en peixes: as xunqueiras. E parte dese sistema defensivo eran tamén o homilde cagulo e mai-lo muxo, que facían o seu traballo complementario incansable. O ir e vir das mareas, convertindo as xunqueiras en lagos, servían pra osixenaren as augas e mais pra ara-lo fondo do río-ría, mantendo así un calado de certa consideración. Con cada marea entraban e saían robalizas, reos, sollas, muxos, pero....

2. Pero mediádo-los cincoenta fai presencia na ría a contaminación industrial. A contaminación urbá estaba neutralizada polos mecanismos biolóxicos devanditos. Mai-los vertidos de TAFISA, fábrica de aglomerados escomezaron a "chocolatear" as augas e mái-lo sorrío. A branca area foi desaparecendo baixo o seu zudre industrial. Téñase presente que o proceso de fabricación de TAFISA é termomecánico. Pra o tal proceso debera existir unha depuración fiable das sustancias contaminantes, que garantizara o vertido cero á ría. Estamos convencidos de que, tanto por parte da empresa como por parte da Administración, faltóu aquí unha vontade certa de dar solución ós problemas xerados e que a empresa, polo menos en certas ocasiós, puido ter tamén a súa parte de culpa na mortandade masiva de peixes.

3. É curioso que o que entenderon os románs á perfección, no sentido de que o mar tiña que seguir penetrando ata o fondo de xunqueiras, non o asimilaron as cabezas pensantes dos políticos pontevedreses dos últimos corenta anos, a pesares de ter quedado aí, en pedra, a lección de Adriano, que sabía máis de impacto medioambiental que todos eles xuntos. E, lonxe de estudia-los restos coetáns do emperador román soterrados no entorno da ponte do Burgo, procederon ó expolio do campo arqueolóxico que alí permace agachado, calado, víctima do odio ó mar das novas xeneraciós de políticos pontevedreses, rubricado igualmente pola destrucción da casa solar de Sarmiento de Gamboa, primeiro navegante científico do século XVI, desfeita ésta contemplada dentro do marco das obras necesarias prá construcción da Avenida de Beiramar.

4.Esa desfeita garda relación coa presenecia das industrias contaminantes --TAFISA, CELULOSAS, ELNOSA--, e pódese supoñer que está, incluso, ó servicio delas. Porque despóis da imprantación de TAFISA veu o inferno, representado polas outras factorías de enclave colonialista.

A ubicación de CELULOSAS, primeiro, fíxose sen licencia municipal. O Mopu autorizaba o 30.06.58, cos informes en contra da Dirección Xeral de Pesca Marítima e da Comandancia de Mariña, a ocupación en precario dunha tenza de 612.000 metros cuadrados, establecendo varias condiciós, antre as que figuran límites ó contido de DBO e mái-la evitación de molestias ó vecindario.

D. Antonio Rodríguez Tourón, na ponencia presentada ó curso de Poio baixo o título de "Problemática ecológica de la ría de Pontevedra", chega afirmar:

"A actuación de Celulosas, prometendo por todo-los medios a súa inocuidade, tranquilidade prás xentes e beneficios de todo xénero, tendo como primeiro obxetivo adonarse daquel inmenso areal, lémbranos a anécdota da persoa que chega de visita, pide un cravo pra pendura-lo seu sombreiro, a seguido unha cadeira, logo unha mesa e, á fin, quédase coa casa."

Mentres o Axuntamento perseguía infracciós urbanísticas menores, CELULOSAS foi consolidando a súa invasión. E cando xa estaba en marcha a factoría, ocúrreselles cínicamente solicitar, anos despóis, a inexistente licencia.

5. ¿Qué actitude cabía agardar da Administración? Non outra que o peche da factoría. As molestias nunca cesarían: o alcatreo insultante, a incidencia na saúde da poboación, salientable sobre de todo no escandaloso número de casos de enfermedades do tracto respiratorio claramente recollidas no Boletín que edita a Consellería de Sanidade e que se refire ás enfermedades de obrigatoria declaración. Pontevedra, fundamentalmente a súa poboación infantil e xentes da terceira edade, está presente nesa estadística de xeito escandaloso. Son cifras paradigmáticas. Como estamos seguros sería paradigmática igualmente a cifra de conxuntivitis que se da no entorno pontevedrés e que, de momento, non está cuantificada estadísticamente.

D. Antonio Rodríguez Tourón, na súa ponencia e despóis de afirmar que a resposta da Administración á petición de licencia tería que ser negativa, pois o contrario suporía unha clara complicidade coa actuación ilegal da empresa, chega decir: "Por feitos moito menos importantes e que ademáis non producen molestias nen danos ós cidadáns, teñen sido e seguen a ser procesados por prevaricación alcaldes e responsables urbanísticos."

6. A consolidación da patente de corso de CELULOSAS ten lugar por medio da concesión da licencia en sesión plenaria do 11 de agosto do 1965, na que, con máis de trescentas reclamaciós en contra --antre elas as da Subsecretaría de Turismo, Dirección Xeral de Sanidade, Comandancia de Mariña, Diputación Provincial e axuntamentos do entorno--. A tal licencia disfrazouse coa imposición de sete condicións que por adiantado sabíase quedarían en letra morta. Aínda máis. No tal pleno califícase a CELULOSAS como "molesta e nociva". É decir, a licencia concédese en contra da lei e, polo tanto, ten vicio de nulidade.

7. Outro paso na desfeita da ría foi a concesión de licencia a outra empresa de vertedeiro, ELNOSA, o oito de marzo de 1967, pra instalar, non a máis de dous mil metros, senón ó abeiro de núcleos habitados, unha fábrica de sosa e cloro mortal, a que xa ten causado varios mortos e segue facendo insofrible a vida dos veciños, castigando visiblemente as súas colleitas e propiedades pero, o que ven sendo peor, envenenando as súas vidas.

8. A partir dese momento, o contubernio antre as empresas e mai-los políticos locales veu sendo descarado. O deterioro da ría foi parello coese contubernio, como o demostra outra agresión decretada polas cabezas pensantes rectoras da vida capitalina: a desecación das xunqueiras. Esa decisión foi tan grave como a propia instalación das industrias. Porque a pesca aínda resistía as agresiós; pero as xunqueiras foron degradándose como consecuencia do vertido masivo das industrias. TAFISA, cos vertidos que nunca cesaron, e CELULOSAS, coa estratexia de abri-las comportas ó enche-la marea, foron convertendo o fondo da ría en auténtica balsa de decantación. Había, pois, que comprir como administradores: impartindo as sanciós, decretando o conseguinte peche. E sanea-las xunqueiras, nunca desecalas, pois a partir dese momento é cando se producen as mortes millonarias de peixes de vez en cando, e grandes zonas da ría vanse definindo como abióticas.

9. Todo eso parece historia pasada, porque a xente amolece con facilidade. E hoxe viven novas xeneraciós de pontevedreses desconocedoras da riqueza que esta ría representaba e que CELULOSAS veu acabar aquí con cinco mil postos de traballo directos. É decir, cinco mil familias vivían da ría, que era un auténtico pulmón de aceiro. Eso sábeo ben o comercio pontevedrés, que notaba de forma exultante nas súas caixas cada comezo de temporada na ribeira.

A factoría, que tiña prevista a creación de vintecinco postos de traballo como contrapartida da súa inversión declarada de doce mil millós de pesetas, ten solicitado permiso de regulamento de emprego pra reduci-la plantilla a tan só trescentos traballadores, a que parece sería soamente unha primeira reducción antes de chegar a unha cifra en torno ós douscentos empregados.

Pola contra, TAFISA vai montar unha nova factoría, en Gran Bretaña. A inversión prevista é de douscentos millós de pesetas. Os postos de traballo, trinta. É un diñeiro mellor invertido que o de CELULOSAS. O máis importante é que a nova factoría de TAFISA vai elaborar madeira tallada con destino a mobles de calidade.

E á perda dos cinco mil postos de traballo aquí consolidada haberá,certamente,que engadi-los postos que se van perder no sector turístico, porque nesta ría, hoxe definida como un dos tres pontos negros do litoral español --os outros dous son Bilbao e Huelva-- non se vai poder bañar nadie. Pensemos tamén na clara recesión económica que se está a dar no sector dos bateeiros, consecuencia da crecente contaminación. E non importa que algún político, como facía o conselleiro de Sanidade da anterior lexislatura, o señor Padín, diga que CELULOSAS verte auga depurada, porque ese político, evidentemente, ou pensa que os galegos non estamos ben do sentido ou é el o que está privado do mesmo. En todo caso, ós que como el pensen resultaríalles reconfortante un baño nas balsas de decantación da factoría de Lourizán.

1o. Imos introducir un cambio de ritmo no relato, facilitando unha noticia: Nos últimos días de maio, a sáa primeira da Audiencia de Oviedo dictou unha sentencia pola que tres mozos eran condenados a ano e medio de prisión menor e ó pago dunha multa de dezaséis millós de pesetas de indemnización ó Principado de Asturas. A causa da sentencia foi a morte de 11.116 troitas e alevís de salmón, no 1988, nos ríos Ouria e Porcía. Os tres mozos, tentando coller unhas ducias de troitas pra unha merendola, valéronse dun axente químico, un producto que se usa pra defende-la madeira da carcoma: o pentaclorato sódico.

Outra noticia: A Confederación Hidrográfica do Norte acaba de multar a unha empresa do INI establecida en Cantabria, Lactárea, S.A., por vertidos contaminantes ó río Pas.

Outra noticia, pero pontevedresa: O Xuzgado de Instrucción número 1 de Pontevedra, en relación coa mortandade masiva de peixes producida no río Lérez na fín do vrán do 1985, definía a mesma como un feito periódico, como se fora algo normal.

Os que sabemos o que era esta paraxe antes de aquí chegaren as industrias que trouxeron a morte ante o silencio culpable dos políticos, afirmamos que a tal morte non é periódica e que sempre, sempre, hai algún culpable de que tal aconteza, sexa a tal morte consecuencia de envenenamento ou de falta de osíxeno. En todo caso, o delito ecolóxico aparece claro, aínda que os culpables aparezan revoltos: Tafisa, Celulosas, Elnosa, o Concello, a Confederación Hidrográfica do Norte. E atrevémonos a falar de agravio comparativo.

11. A situación preséntase aquí preocupante. Porque á atonía social hai que agrega-lo subdesenvolvemento dunha clase política proclive disposta a asumi-lo papel de reserva celulósica de Europa. Os padres do Mercado Común están xa movendo os peóns, teñen decretado a conversión da cornisa cantábrica e mai-lo norte de Portugal no gran eucaliptal que crece con cada novo incendio. E, por extrañas paradoxas e mentres se decreta o cerre dunha fábrica de pasta química de Flick pra salva-lo lago Constanza, estáse cos prolegómenos pra chantar nas Pontes a dita factoría. Quén sabe, ó mellor incluso é o goberno do señor Fraga o que paga a factura dos servicios de Flick ó PSOE, como pode ser tamén o señor Cuíña o que coroe a construcción do tubo emisario pra acoller nel o xurro de CELULOSAS/ELNOSA, dacordo co pacto firmado polo conselleiro socialista señor Sánchez Presedo, que a ninguén convencera daquela. E, na medida que o tal anuncio fíxose conxuntamente polo conselleiro e mai-la empresa, nunca se soupo quen era portavoz de quen.

12. O tubo emisario foi xa denunciado polos profesores Viéitez e Bermejo. É un tubo pra confundir, pra seguir botando a lignina, os organoclorados, as lexivias, o mercurio, o que faga falta. E, ó servicio desa mentira, constrúese deica ese ponto o colector contemplado no P.X.O.U., de Pontevedra, un plan antidemocrático. E decimos o de antidemocrático, porque é, posiblemente, o plan máis contestado de Europa, con máis de tres mil alegacións.

Co plan en primeira exposición escomezárase xa a construcción da Avenida de Beiramar,en base a planos distintos dos que se presentaban na exposición, circunstancia que está recollida en acta notarial. Eso foi, tal vez, o que motivóu unha segunda exposición, cun exemplar único da normativa pra, dese xeito, cansar á xente.

13. No Plan se contempla a realización de dous P.E.R.I.S., un pra TAFISA, outro pra CELULOSAS/ELNOSA, pra así reconvertiren en industrial un chan que non tiña esa calificación.

E o colector das urbás compriría a misión principal de levar á depuradora esas augas, que a seguido se integrarán no tubo emisario co prurín industrial do complexo de Lourizán, que dese xeito e cínicamente vai poder decir que están a cumpri-la normativa europea en canto a sólidos en suspensión.

14. Cando aquí viñeron os do Green Peace quedaban atrás dous anos de intentos pra acadar a súa colaboración. A sociedade pontevedresa agradecéu a súa presencia, especialmente as xentes homildes de Lourizán, algunhas delas, tal vez,víctimas da carga da mariñería franquista que veu defende-los intereses de CELULOSAS, antes incluso da súa existencia como fábrica. E agora volveron ser víctimas das forzas de policía "democráticas".

15. Con motivo da actuación do Green Peace, que agardamos se volva producir en calquer momento, tiveron lugar unha serie de declaraciós. As do presidente da asociación ecoloxista en España sobre a necesidade de acada-lo vertido cero de organoclorados. E as do director de CELULOSAS, o señor Garrido Seoane, no sentido de que é imposible acadar tal obxetivo, ó tempo que calificaba de "show" a actuación das xentes do GREEN PEACE e perguntábase de onde viñan e pra onde ían.

16. As xentes homildes de Lourizán creeron que chegaba o exército de salvación. E tocaron as campás da igrexa parroquial, como algún día han toca-las campás todas da ría. Pero pra que tal aconteza teremos que dispoñernos a unha serie de acciós concretas. A vía administrativa está esgotada. Quedan, en principio, duas alternativas:

1. A actuación da xusticia española. Existe un sumario incoado como consecuencia da denuncia por delito ecolóxico, pola mortandade de peixes do 1989. E nos próximos días vai ser presentada unha nova denuncia por presunto delito ecolóxico.

2. A actuación da Comunidade Europea, certa xa en casos como o de Doñana e Sabiñánigo, podería quedar igualmente concretada en próximas datas. A denuncia ante o Comité Europeo do Medio Ambiente está xa formalizada.

3. Dentro do marco da xusticia española podería tamén solicitarse o nomeamento dun xuez especial. Porque hai algo máis que delito ecolóxico. Hai, houbo en todo momento, unha clara cohabitación antre CELULOSAS/ELNOSA e mái-la Administración, e resulta evidente a neglixencia culpable de non poucos políticos. Por tal motivo, por neglixencia versus Doñana (morte masiva de aves, uso de lindane, desecación por sobreuso dos acuíferos, urbanizaciós) están incursos en sumario unha serie de altos cargos da Xunta de Andalaucía. Por neglixencia versus Pontevedra (morte masiva de peixes, vertidos de lignina, organoclorados, mercurio, emisiós de gases tóxicos, sobreexplotación do río Lérez, desecación das xunqueiras), de momento non está nadie procesado.

17. CONCLUSION. Con ou sen emisario, o vertido de organoclorados vai seguir. "Considérase que os organoclorados son o grupo de sustancias potencialmente máis peligrosas pró medio ambiente acuático" (Xunta Nacional Sueca prá Protección do Medio Ambiente). E calcúlase que na fabricación da pasta química se forman máis de mil compostos diferentes, antre eles as dioxinas, disolventes clorados, fenoles clorados. O informe de Green Peace sobre impacto ambiental das Celulosas en Galicia, segue decindo: "Moitos destos compostos son canceríxenos e son tóxicos prá vida a concentracións moi baixas. Ademáis hai unha pergunta evidente: ¿qué pode haber antre os máis de 700 compostos aínda non identificados.?" "Unha vez que os organoclorados son vertidos ó medio ambiente pouco se pode facer prós eliminar ou pra evitar que entren na cadea alimenticia e acaden nas aves, mamíferos, peixes e invertebrados concentraciós centos ou miles de veces maiores que a concentración orixinal en auga ou sedimentos."(Mc. Leay, 1987)

A lexislación española establece como parámetro un gramo de mercurio por cada tonelada de cloro fabricada. O estudio máis completo que se ten feito sobre da contaminación da ría (o Escorp, fase 2) chega decir que lonxe de correxi-la cifra de vertidos de mercurio, estos se sitúan en torno ós 17,o8 gramos por tonelada de cloro fabricada. Ese mercurio está na ría, e vai permanecer aí, posiblemente, centos de anos.

A inmundicia dos vertidos permanece, e as emisiós gaseosas seguen a condiciona-la saúde dos pontevedreses. Permanece, ademáis, a ameaza dos cinco tanques de cloro en Lourizán, sen que Protección Civil teña prevista a evacuación da poboación. Aí, neses tanques pode está-la morte --apuntaba a revista Intervíu-- de 50000 persoas, que non dispoñen, nen tan siquer, dunha máscara antigás prá súa pervivencia.

Aquí síguese a frivolizar como fai o poder coas bombas. A de Hiroshima chamabase "The Little Boy" (O Rapaciño); a de Nagasaki "The Fat Man" (O Gordinflón). En Pontevedra hai xa tempo que o cloro mortal ten un nome e se lle presenta como un persoaxe do antroido político local: "Don Cloro", "Don Cloro de la Desinfección."

Consecuentemente, unha sociedade agarda aquí a solución a asuntos de tanta gravedade. Veña de quen veña. Do Green Peace, da movilización cidadá, da actuación da xusticia, de denuncia por parte da Comunidade Europea, ou das forzas das Naciós Unidas, porque aquí estamos sofrindo os efectos dunha guerra química que dura xa case trinta anos.(Xa van 54 anos)

Xesús López Fernández
Rua San Sebastián, 21-2.
Pontevedra 36oo2.
DNI.35.125.237.

8 comentarios:

Tellagorri dijo...

Está claro que no os vais a librar de las celulosas y sus contaminaciones.

Ahí prima por encima de todo el dinero invertido y la ausencia de verguenza de las autoridades. Y no creo que nadie lo remedie.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Javier:

Lo tenemos difícil, pero estamos luchando y los tenemos asustados.
Son muchos años de corrupción, con políticos como Fraga que quisieron ponerse la Ley de Costas por montera. No pudo contra la Ley. Sus sucesores la han prostituído, pero creo han llegado tarde.
Ence está comprando a los medios, a los que, presuntamente, les dicta crónicas que quedan cortas. Por eso é colocado en el blog una ponencia del 1991, para que se enteren algo más de cómo se gestó el holocausto.

Un cordial saludo.

Sinretorno dijo...

hay que parar eso.....Muchas gracias por sus comentarios.

o blog de xesús lópez dijo...

Gracias, Sinretorno. Sigo tu blog.
Lo que denuncio --realmente este post es una denuncia de 1991-- es algo que quieren consolidar los que están tocados por la corrupción o tienen su alma vendida. Confían en seguir burlándose de la ley, la de Costas, que han deformado en su beneficio. Pero tarde.

Un cordial saludo

trillian dijo...

Lo han explotado por tantos años en una zona que debería estar protegida de contaminantes, con el beneplácito de todos los políticos que por ahí pulularon, amen de la oposición de cada turno.
No se conforman con su tárdio destino,pero si el pueblo tuvo que resignarse a tantos años de abuso, y contaminación.
Si se ponen "tontos" recoger firmas y largarlos de una puñetera vez.
Ese día Xesús tienes que cantar el Adios Mariquiña, pero insitu jeje y hacer una fiesta.
Porque mira que no llevas tiempo luchando por eso.

Biquiños.

o blog de xesús lópez dijo...

Gracias, Trillian, por tu comentario.
Tienes razón, el holocausto ha sido posible por la traición política, que sigue. Y en las diversas tribus parece no haber quien salve. Repara en que la ponencia de esta entrada es de hace 23 años. Y el Aula Castelao que organiza las Semanas de Filosofía, próxima al Bloque, ha hecho omisión de este trabajo.
Biquiños.

José Luis Valladares Fernández dijo...

La foto que pones en esta entrada lo dice todo. Y lo más lamentable, que todo va a seguir así, como si todo marchara sobre ruedas.
Acaban con todo, sin remordimiento alguno de conciencia.

Un abrazo

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, José Luís:

En Ence están nerviosísimos y cada día que pasa fabrican una nueva mentira. Su hora final podría estar próxima porque el expediente de caducidad de la concesión está en marcha; expediente de caducidad y paralización del proceso fabril. Todos gracias a Salvemos Pontevedra y al Tribunal Supremo, pero no nos citan en la información sesgada que van ofreciendo, algunos periódicos parecen totalmente comprados. Si algún juez quisiese, aquí podría estallar una trama de corrupción, presunta desde hace tiempo.

Un abrazo