Enlaces:
Unha politóloga guatemalteca desmonta o discurso de Pablo Iglesias
Gloria Álvarez fala do populismo na América latina
Pontevedra, 16.11.2014
Artículo semanal.
Entrada 1789 do blog.
Importantísimo ve-los enlaces
O
Populismo, (17.11.2014)
por
Xesús López Fernández
O
populismo non parece se-la solución prá situación de pobreza
extrema que viven moitos países do mundo. Pensan algús que a
globalización, outra visión económico-social ten sido a solución
en distintos aspectos i espacios do mundo, pero o populismo como
movemento de loita pola pobreza non vale pra acabare coela, senon pra
continuare a fomentala, porque o populismo a precisa, que sen tal
concepto as bases teóricas nas que se apoian, serían esmagadas de
inmediato. O que non aclaran os gobernos populistas cando fixan as
súas candidaturas e ofrecen dádivas da man da “xusticia social”,
a redistribución da riqueza, os subsidios e asignaciós, é que
detrás daquela bandeira que se levanta no nome dos pobres existe a
necesidade de que éstos non recuperen a súa autoestima e continúen
así sometidos á pobreza, dependentes das soluciós que lles brinden
os líderes; neles confían o seu mañán e así vaise perpetuando a
relación “goberno-cidadán”. Así e razoado “co que non se
ve”, a proposta dos populismos non é combati-la pobreza, senon
todo o oposto: ofrecela e aumentala.
Nun
país como España, con tantos anos de mala gobernanza e ruína, co
sistema desestabilizado, moitas familias viven situaciós extremas,
sen o necesario pra manteren unha vivenda digna ou que están a punto
de perdela; sen poderen garantizar ós fillos unha educación real,
sen medicina de calidade e que mesmo levan anos acodindo ós
comedores da Igrexa pra se poderen alimentar. Mentres moitas,
privadas de ingresos, malviven con algunha pensión social, decote
asombradas con novos escándalos de corrupción, o país está nunha
situación difícil na que se poden producir cambios políticos
profundos, incluso extremos, perdida a credibilidade dos partidos con
máis recorrido, unha ocasión prós partidos populistas, dos que a
Historia garda mala memoria: nazismo, fascismo. A formación Podemos
confórmase, según algús analistas como partido populista que,
xunto coa valoración das enquisas, comeza a ser cuestionada como
consecuencia dunha alocución de Gloria Álvarez, unha xoven
politóloga guatemalteca, pronunciada en Zaragoza no Parlamento
Iberoamericano de la Juventud, o pasado mes de setembro. (Nos enlaces podedes ve-las súas intervenciós)
Grabado
o seu discurso de 11 minutos en video, a audición é posible na
rede, contabilizándose xa máis de 600000 visitas, coincidindo ABC
i El País, que o presentan como desestabilizante pró discurso de
Pablo Iglesias. Afirma a politóloga que cando o populismo se fai co
poder “do primeiro que se encarga é de desmonta-las instituciós”
e o seu lider “utiliza a desesperación da poboaciòn pra lle
brindar unha solución rápida ós seus problemas i, en lugar de
promove-la reconciliación, aviva a loita de clases. Véndese como un
salvador a cambio dos votos e do apoio do pobo que, desesperado pola
situación, acéptao como tal”. Álvarez bota man da definición
que do populismo fai Florentino Portero, profesor titular de Historia
Contemporánea na UNED e colaborador de ABC, como “atallo polo que
xogare coas pasiós, ilusiós i esperanzas da xente pra prometeren o
que é imposible, aproveitándose da miseria da xente, deixando fóra
absolutamente toda a razón e a lóxica na toma de decisiós; xoga
coa necesidade pra sinxelamente impoñeren unha dictadura”.
A
politóloga arremete contra as atrocidades dos populismos
latinoamericáns, que parece conoce ben, pero non os seus votantes. E
así pasa coas atrocidades e as violaciós dos dereitos humáns que
está a cometere o réxime chavista ou o réxime cubán. De cómo
nuns e outros países, Bolivia, Ecuador, Brasil, Arxentina e Chile,
nestos últimos máis moderados, os populismos van desnaturalizando
as instituciós, modifican as constituciós, manteñen os presupostos
máis baixos pró poder xudicial embridado polo executivo. O
presidente ou o dictador de turno nomean ós xueces ou maxitrados da
súa corda i eso non favorece a boa gobernanza do país, pra así
perpetuárense no poder. A politóloga avisa constantemente da
sumisión das xentes pobres e de que os populismos os multiplican, de
cómo tamén Hitler ascendeu democráticamente, tamén apoiado polas
xentes a consecuencia da situación de penuria económica que vivía
o país. Pódense decir moitas máis cousas pero coido é mellor,
xa, recomendare a audición do video por internet.
4 comentarios:
Como vengan a gobernarnos esos, puro diablo comunista, nos sucederá lo que decía la guatelmateca : que aman tanto a los pobres que los MULTIPLICAN.
Hola, Javier:
Creo que el discurso de la guatemalteca es un ejemplo de pedagogía difícilmente superable. Espero que pronto dejen de ver al tal Pablo, muchos de los que ahora le aplauden, como el mesías que va a barrer la corrupción o romper el candado de la Constitución.
Un cordial saludo
Creo que al Pablo Iglesias bis se está quedando con todas sus vergüenzas al aire y la gente se da cuenta que está ya manchado como los demás. Y pasa lo mismo con la tropa que le rodea.
Un abrazo
Hola, José Luís:
Creo que es como dices. O se convierten en un partido de orden, o van a acabar como una IU residual una vez que bajeel suflé.
Un abrazo
Publicar un comentario