domingo, 30 de noviembre de 2014

Os dereitos da natureza

Son aeroxeneradores. Aquí xa non hai paisaxe; a Terra perdeu os seus dereitos.

Pontevedra, 1.12.2014
Entrada n. 1790 do blog
Artículo semanal
Ten en conta que este blog leva recibidas máis de 333.600 visitas ás súas páxinas.

Os dereitos da natureza,
por Xesús López Fernández

Non hai moito que publiquei un artículo titulado “Sustentabilidade e gobernanza”, no que facía un corto resume dun feito singular: a celebración, o 23.09.2014, de máis de dúas mil marchas en defensa do Planeta. Todo foi resultado dunha gran convocatoria de Avaaz.org, unha protesta polo cambio climático que pasa xa dunha mera suposición e prá que, deciamos daquela, pode haber soluciós técnicas, de cada volta máis difíciles, pero sí parece que non hai vontade política. Un dos participantes na marcha de Nova York decía: “Éste é o planeta onde as xeneraciós que nos sigan van vivir. Non hai plan B, porque non hai planeta B”. Na marcha participaban uns indíxenas ecuatoriáns que mantiveron unha longa batalla legal contra a Chevron Corp., pola súa polución do Amazonas. Curiosamente é o Escuador un dos países máis comprometidos coa defensa da natureza, como que a mesma está na constitución do país como titular de dereitos, todo resultado dun longo camiñar da sociedade, especialmente dende o Cumio Medioambiental de Río Janeiro 1992. Dende aquela, incluso a nivel local, veuse utilizando como instrumento importante a Axenda21 Local, unha eficaz e democrática forma de promove-la recuperación do capital natural na gobernanza local.

Ata hoxe, o exemplo máis significativo da aplicación destas ideas atopámolo no Ecuador. Foi en setembro do 2008 cando o pobo ecuatorián aprobou unha constitución que explícitamente reconoce que a natureza, a Pacha Mama (a Madre Terra) ten dereitos aplicables que todo ecuatorián debe respetar e que o Estado do Ecuador ten a obrigación legal de respaldar. Este reconocemento dos dereitos dos seres vivos distintos dos seres humáns caracterízase como parte dun proiecto máis amplio de construcción dun novo orde social no que a cidadanía tentaría acada-lo benestar en harmonía coa natureza. Tomando como fonte de información “A Situación do Mundo 2014” do Worlwatch Institute, citemos o art. 71 da constitución do Ecuador, que dí: “A natureza ou Pacha Mama, onde se reproduce e realiza a vida, ten dereito a que se respete íntegramente a súa existencia e o mantenemento e rexeneración dos seus ciclos vitales, estructura, funciós e procesos evolutivos e lexitima que toda persoa ou comunidade poida demandar á autoridade pública o cumprimento dos dereitos da natureza”, salvo cando esa autoridade vai de xorda ou participa na política de portas xiratorias, que hai casos dabondo.

Esta relación, especie de simbiosis, identificación que se dá antre as comunidades indíxenas e a natureza son claramente comprensibles: o home precisa da natureza prá súa vida; a natureza precisa tamén dos coidados, moitas veces comunitarios, que o home lle presta nunha sociedade na que o “capital natural” e o “capital social” están empatados, e ambos teñen dereitos. Aquí ven ó caso a cita dun litixio interposto no nome do río Vilcabamba, no Ecuador. É por eso que foi ordeado ó goberno provincial restaura-lo dano causado polo depósito de pedras e material dunha excavación no río, provocado polo ensanchamento dunha estrada. Sen embargo, fracasaron outras denuncias encamiñadas a evitaren a posta en marcha de proiectos de megaminería, por presunta política de portas xiratorias. Si en Bolivia tamén se ten promulgado unha lei que reconoce os dereitos da natureza, ambos países lidian con resultados diversos pra reconciliaren as demandas socioeconómicas dos seus electorados, as cobizas dos clústers da minería e os dereitos da Nai-Terra.

Como queira que sexa, vai habendo unha certa xurisprudencia a favor desa Nai-Terra, decantada como consecuencia da defensa que as comunidades de base de distintos países, Bolivia, Ecuador, Nova Zelanda, a India, mesmo nos Estados Unidos onde se vai evidenciando unha tranquila revolución. Varios factores conflúen pra crearen un clima máis favorables a que as organizaciós da sociedade civil promovan ideas de gobernanza ecocéntrica, aceptada xa a necesidade de que se produzan cambios de carácter radical no sistema de goberno. Certamente, en sociedades que podemos definir como derrotadas, a falta da necesaria Axenda21 por mala gobernanza local, por falta de vontade á hora de tenta-la recuperación do capital natural, é necesario que pequenos grupos e co apoio das leis existentes, exerzan a acción popular que no caso español está prevista e recomendada tanto na Constitución como na Lei de Costas. Son especialmente as comunidades indíxenas as que de cada volta usan máis a lingoaxe dos dereitos pra reafirmaren o seu mundo: a Terra como ser animado e sagrado, portador de dereitos. Desas comunidades tamén podemos aprender.

2 comentarios:

Tellagorri dijo...

Naturalmente que el hombre debe de vivir en ARMONÍA con la Naturaleza porque de lo contrario se hallará, como suele acontecer a menudo, en un habitat desagradable y poco salutífero.

Pero esos ventiladores que ahora montan en todas partes para producir electricidad, ni la producen ni benefician en nada a la Naturaleza, en especial al paisaje.

No creo que los gobiernos tiendan a favorecer esa armonía, aunque digan lo contrario, porque en el mismo Brasil están desforestando la selva por razones de obtener riqueza con la madera.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Javier:

La desgracia es que son los clústers los que mandan y dictan las leyes, también en nuestro país que no es ajeno a la política de puertas giratorias. Se favorece a empresas que van a acoger en su Consejo de Administración a políticos jubilados. El país sale derrotado.

Un cordial saludo