Nas distintas campañas, Ence, a súa posible desaparición, foi un pouco o reclamo electoral. Todo eran mentiras. Desta volta, curioso, parece vai se-lo bandeirín de enganche de Podemos ou de Marea de Pontevedra. Que no-nos mintan, porque a cousa pode funcionar se traballan con rigor.
Pontevedra, 15.12.2014
Entrada n. 1792 do blog
Artículo semanal
En
tempo preelectoral, (14.12.2014)
por
Xesús López Fernández
Comezamos
a apreciar uns certos movementos cara os comicios do próximo ano. As
enquisas apuntan en diversas direcciós, se ben os resultados certos
son os do día das elecciós; ata entón, todo son quinielas.
Prometen algús máis democracia, leva-lo debate á sociedade,
consultar coas diversas asociaciós, algo que en anos anteriores non
se fixo, aínda tendo unha ocasión única pra demostraren o seu
talante democrático: a Axenda21Local, documento básico na redacción
do PXOM, unha idea xa nacida no 1992 con motivo da celebración do
Cumio Medioambiental de Río Janeiro. En Europa son moitas as cidades
que viron premiado o seu esforzo na recuperación do capital natural
coa nominación de Capital Verde de Europa, como Vitoria/Gasteiz no
2012, a cidade que no seu esforzo pra mante-la poboación e a
habitabilidade veuse conminada a aumentar de trece a dezaoito as
líneas de transporte urbán. É máis, pra mante-lo patrón da
sustentabilidade, a Diputación Foral de Álava ten asumida a Axenda
como Plan de Acción prás cidades e vilas menores da provincia,
baixo o lema de Mahatma Gandhi: “Permitamos que as aldeas do futuro
vivan na nosa maxinación, pra que un día poidamos morar nelas”.
Pontevedra
tivo a gran oportunidade, pero desbotouna. Aínda tendo asinado a
Carta de Aalborg, de Cidades Europeas cara a Sustentabilidade, non
quixo xogare esa baza. Lástima. Porque a Axenda 21 requeriría un
esforzo democrático sen precedentes, a explicación do documento e
recollida de ideas da base social pra esa recuperación do capital
natural. Consecuentemente, o PXOM fracasou e agora son outros os que
comezan a traballar con esa idea. Certo que, por outras vías,
demándase o cambio de ubicación da edar actual situada na parroquia
mártir d´Os Praceres, da que Costas ten informado que carece de
concesión, o mesmo que o tubo emisario. Sabido é, tamén, que está
sancionada, recurrida en casación. O Concello tiña que ter
informado sobre o traslado desa instalación, requerido por Costas,
asunto sobre o que, ó abeiro da denuncia formulada pola UE, o PSOE
vai abri-lo próximo mércores o oportuno debate no Parlamento
galego. Con todo o que poida haber de enigma, esa edar, dí Agustín
Fernández, está claro que aí non pode quedar, aínda admitindo un
certo grado de corresponsabilidade co BNG..
Certo
que hai confusión a nivel social, se ben certas sentencias son
demostrativas de que a acción popular pode te-lo seu premio,
especialmente cando esta se exerce ante as carencias das diversas
Administraciós que non entran de oficio cando é a elas ás que lles
corresponde recupera-la posesión do dominio público. Tanto a
Constitución Española, como a Lei de Costas recomendan o exercicio
da acción popular. E cando o Tribunal Supremo dicta sentencia hai
que acatala e dispoñerse á súa execución. O que xa non cabe é
facer apoloxía do desacato que algús predican en relación con
algunhas das sentencias conocidas a nivel local. Precisamente sobre
esto tiven ocasión de falar hai uns días, cun vello amigo, cando
completaba o meu recorrido por un tramo do metro-minuto local. El
sacou o tema de Podemos, que organizou un ciclo de debates sobre a
cuestión de Ence e o grado de aceptación ou non da súa presencia
en terreo demanial. O quid do asunto pode estar na información que
se lles aporte, á marxe dos actos que se van celebrando. Pode ter
razón. Aí queda como idea.
Pero non só Podemos pode estar a carga-las pías. Outro grupo, Marea
Pontevedra, está a visita-las parroquias e a explica-lo seu programa
ademáis de atende-las suxerencias e denuncias que lles van
formulando. Polo pronto, a recuperación da ría e do dominio público
marítimo terrestre, mesmo o levantamento dos recheos do porto de
Marín, poden estar xa na folla de ruta de tres dos partidos
políticos que se presentan nos próximos comicios. A Axenda21Local
tamén está asumida prá elaboración do futuro PXOM. O futuro
gañador pode se-lo que consiga que a sociedade asuma esta mensaxe
ou plan de acción que xa non pode faltar no discurso dos que
aspiren a gaña-las elecciós e, sobre todo, que consigan que esa
sociedade se sinta parte dinámica da súa victoria. Pra outros, ese
discurso xa non é posible. Porque levan moitos anos de gobernanza
local asentada no falso discurso. Podemos ou Marea Pontevedra poden
ter un discurso máis fácil e directo, unha posibilidade real tendo
en conta que a sociedade vai cansa da actuación dos partidos que os
medios definen como tomados pola corrupción.
4 comentarios:
Sí, ahora las variadas y diferentes facciones de POLÍTICOS os van a prometer lo que ya saben que no tienen la menor intención de hacer.
Hola, Javier:
El Bloque lleva quince años en la gobernación local, curiosamente sin haber obtenido nunca la mayoría absoluta, gracias a los pactos con el PSOE. Han utilizado el tema Ence para ir subiendo, pero sin prometer nunca nada.
Aún sin creer en los nuevos partidos, sí creo que estos les van a morder no pocos votos.
Un cordial saludo
No lo dudes. Todos prometerán arreglar hasta el último desaguisado que se haya cometido hasta ahora. Pero cuando salgan elegidos, se harán los suecos
Hola, José Luís:
Tienes razón. En Política todos están bajo sospecho Y que no tenemos una justicia independiente lo acaba de demostar Rajoy, presuntamente, con dos actuaciones recientes: Pablo Ruz y Torres Dulce, se van. España parece en descomposción.
Un abrazo
Publicar un comentario