Mostrando entradas con la etiqueta Cultura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cultura. Mostrar todas las entradas

domingo, 31 de mayo de 2009

TEMPO DE INVENTARIOS

George Steiner (foto de El País), do que Xesús López é un modesto e fervoroso lector. Steiner é o actual Erasmo da cultura occidental.
A Coruxa, a Razón, que vai voar pra inventaria-lo que aínda poida quedar do naufraxio no que nos afogamos, agredida a nosa cultura, a natureza, os patrimonios históricos e artísticos, etc. ...
-
Pontevedra, 31.05.2009
-
Entrada n. 965 do blog
-
Artículo semanal do 1.06.2009
--
Tempo de inventarios,
por Xesús López Fernández
-
Non-os quedan máis comezos. Esa é a afirmación que George Steiner fai na arrancada do seu libro “Gramáticas da Creación”. A palabra latina “incipit” sobrevive na nosa xa cansa e chea de póo “incipiente”. E a primeira significa comezo e primacía, daquela que o escriba medieval marque o capítulo novo cunha maiúscula iluminada, remuíño de dourado e carmesín, un tanto adaptado á máxima de Platón de que a orixe era o máis excelso, nas cousas da natureza como do humán. Hoxe, non obstante, os cambios de percepción e medos en Occidente pertencen máis ó mediodía e ó lusco-fusco, ó que Kierkegaard chamou “as feridas da negatividade”. Na cultura occidental ten habido moitas veces a sensación de estarmos abocados a unha fin próxima, de que incluso o recén nacido poida ser dabondo vello como pra morrere. Sentímonos como se chegaramos xa tarde, incapaces pra salva-la cultura da situación de entropismo, de descomposición, ou simplemente da actuación dos novos bárbaros.

Dúas guerras mundiales demostraron que as culturas poden morrer, según Paul Valèry. I esta descoberta, reitera George Steiner, marca unha profunda angustia, tempo de inventarios. A coruxa de Atenea/Minerva, símbolo do saber, é recuperada por Hegel como emblema da Filosofía. E dela afirma que “só voa cando chega o ocaso”. Tempo cheo de contradicciós, sen posibles novos comezos, sóo pra recontar e inventariar, porque a memoria debe ser documentada e almacenada antes de se facer tarde en demasía prá súa conservación. Pero é que a palabra, escrita ou impresa, ten revelado ser efímera, porque a inmensa maioría dos libros e textos do mundo antiguo desapareceron. Cita Steiner varios exempros, como o caso dun barco afundido cando xa avistaba a Venecia do seu destino. Con el desapareceron pra sempre os clásicos da literatura e da filosofía rescatados do saqueo de Constantinopla.

Ou o caso do incendio da Biblioteca de Alexandría, no 642 a. de C., ou no 1992 a de Sarajevo, como mostra da barbarie que ten destroído manuscritos endexamáis editados ou reproducidos e numerosos incunables nunca reimpresos. Pero que a “coruxa de Hegel” estea actualmente a desenvolver un xigantesco traballo de almacenamento ou de creación de novos zigurats prá salvación de tantísimas culturas, produce unha certa sensación de impotencia. Téñase presente que dende a escritura en arxila i en caracteres cuneiformes do poema de Gilgamesh, en Sumer, ata os nosos días, pasaron uns 5000 anos da historia da Humanidade na que a oralidade, presente aínda hoxe en moitas tribus do ancho mundo, cobre moito máis tempo.

A edición de libros e outros documentos, a máis exponencialmente, é xa imposible de inventaria-la producción existente, ademáis da que vai conformando a súa presencia no ciberespacio. Por eso cabe dubidar se os esforzos dos que fala Steiner [a obra citada está editada, en España, no 2002] van ser realmente útiles: a nova British Library, que vai acoller dezasete millós de libros; a François Mitterrand, en París, con máis de doce millós de volumes situados nun depósito de 420 kilómetros que se pode desprazar, si se quer, sobre oito kilómetros de cintas transportadoras e que está preparada pra acollere cada ano a dous millós e medio de lectores e catalogare duascentas mil novas adquisiciós. Nada en comparanza coa Biblioteca do Congreso de Washington, que sobrepasa os trinta millós de libros, oitenta millós de artículos, separatas e folletos en 850 kilómetros de almacenaxe. Con 4500 empregados e unha constelación de salas intermedias, teñen que faceren fronte á catalogación de 7000 novas adquisiciós diarias, cun presuposto anual que sobarda os 400 millós de dólares. O inventario faise complexo, porque tamén entra aquí o Big-Ban das novas tecnoloxías, configúrase unha especie de “biorreactor”, xerador dun seu dinamismo inercial, que mesmo fai supoñer que o inventario do saber que “fai a coruxa”, a razón, resulta corto. E que o escriba medieval mire pra nós con desprecio.

miércoles, 21 de enero de 2009

A PONTE DE SAN BENITO

Cultura, do Bloque, e o Concello, dominado polo Bloque-PSOE, non están d´acordo, ou finxen non estaren d´acordo, en relación coa proiectada ponte de San Benito en espacio que ten a protección ambiental máxima.
-
Pontevedra, 21.01.2009
-
Entrada n. 790 do blog
-
A PONTE DE SAN BENITO,
por Xesús López Fernández
-
No seu día foi acordada a agresión ambiental ós salóns do Lérez por medio de charla antre Mosquera e Louzán, parece que con nocturnidade e alevosía. Qu´a delegación de Cultura impida a construcción sería lóxica se non houbese outro trasfondo neste asunto.
-
Parece que a Mosquera non lle importa a salvación do espacio, como tampouco o da Xunqueira d´Alba ó promove-la ponte d´As Correntes, nen a ría ó se-lo adalide do macronudo de Mollavao.
-
La Voz de Galicia d´hoxe comenta a súa oferta de mediación no referido tema da ponte. Inclúese enlace: Mosquera se ofrece a sacar a la Diputación del embrollo del puente de Monte Porreiro.