Mostrando entradas con la etiqueta EU. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EU. Mostrar todas las entradas

domingo, 27 de abril de 2014

Ante as elecciós europeas

Arias Cañete, número un do PP nas elecciós europeas parece disparar con máis munición que Elena Valenciano. O home lembra a herencia do PSOE que, dende distintas tribunas, sigue a falare dos dereitos sociales. ZP, premio Pluma do cuadrilátero gay, lesbianas, transexuales e bisexuales, chegou afirmar que ben lle gustaría a el ter izado na Moncloa a bandeira do Orgullo Gay, a bandeira da Sodomía e que a auténtica marca España ante o exterior era, nestos momentos, o matrimonio antre homosexuales. Coñas aparte, a min gostariame que Arias Cañete nos aclarase o porqué da reforma da Ley de Costas do 1988, qué aviesa intención tiña ó dare esos pasos; ou tamén que nos aclarase o PP por qué, cando unha comisión de eurodiputados (na que estaba Millán Mon, pontevedrés) cursou visita ás rías galegas non se achegaron a ve-la situación terminal na que se encontra a ría de Pontevedra. Algo cheira mal neste asunto, como se o Estado fose xa máis dos clústers que dos cidadáns. O curioso é que, perdida a confianza dos cidadáns, os partidos nos predican recetas que sabemos van perpetua-lo fracaso ó que nos someteron. 

Pontevedra, 28.04.2014
Entrada n. 1757 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra

Ante as elecciós europeas,
por Xesús López Fernández

            Comezou a marcha atrás cara unhas elecciós que se presentan espesas de sombras que, máis ou menos escuras déixannos cegatos pra ver claro a quén debemos votar ou si debemos votar. Os pronósticos non están claros e parece que a abstención vai ser maioritaria. Dise que vai haber empate antre os partidos maiores, pero como a enquisa real vaina marca-lo reconto das papeletas, apuntan algús que podería haber sorpresa, que moitos desexan. ¿Pero qué poden face-los partidos menores, posiblemente os que poden brindar nesta campaña a mensaxe da rexeneración necesaria, un clamor refrescante? Claro, a xente, cando vota pensa en clave de “voto útil”, i eso lastra a opción dos menores, mais tamén hai que sopesa-la inutilidade do voto ós maiores que, aínda que representados en Europa dende que existe a UE, a súa campaña desta volta xa non vende, porque son  moitos anos de crisis e, cando deberiamos ter unha economía saneada, parece non somos capaces de crear riqueza e a débeda exterior ameaza con sobarda-lo 100 por cen do PIB.

            A ese endebedamento referiase non hai moito Aleix Vidal-Quadras, candidato por VOX, no seu blog “No pisar las flores” ó falare do sobrepeso que, problema certo prá saúde das xentes, especialmente cando sobrevén a chamada “gordura mórbida” que apunta a unha esperanza de vida máis corta i é certamente incapacitante, no sentido de que tamén esa patoloxía pode afectare ós Estados cando a súa estructura institucional e administrativa está inflada i é dabondo complexa, daí que o seu déficit i endebedamento cheguen seren excesivos e perdurables no tempo. España, dí Vidal-Quadras, está aqueixada dun serio desequilibrio nas súas contas públicas que parece imposible correxir i eso obrígaa a camiñar e a se mover lastrada por unha farda que a volve ineficiente e torpe. E sobardado o déficit programado pró 2013 do 6.50% do PIB, a UE prevé o mesmo volume de exceso pró 2015, o que indica que non cree posible para-lo endebedamento  crecente de España a corto prazo.

            Non se quixo acomete-la reforma a fondo das Administraciós coa fin de rebaixa-los recursos nas mans do Estado nen baixa-los impostos, sobre todo os directos. A urxencia dun adelgazamento e unha simplificación do noso entramado estatal é un clamor de hai moitos anos, pero os partidos establecidos non se dan por enterados nen queren alivia-la carga fiscal sobre particulares i empresas (que ameaza a propiedade privada), e permiti-lo aforro e subseguinte inversión, que é máis problema a falta de aforro que non a debilidade do consumo; que como o Goberno non fixo o diagnóstico correcto xa non é cousa de dieta, é a hora de entrar no quirófono. Noutras entradas do seu blog, Vidal-Quadras insiste nas recetas prá salvación e tamén na denuncia da impotencia do Goberno pra sair da inercia do zapaterato pola teima recaudatoria i esquilmadora do sofrido contribuínte no canto de rebaixa-lo gasto das Administraciós. Tanto esforzo e risco por nos liberare do dogal socialista e seguimos asolagados na voracidade dun Estado que nos arruína. Despois de tanto engaño a xente pódese sentir estafada e decidirse a cambia-lo sentido do seu voto. 

            Cando na Francia os sondeos dan como gañadora nos comicios europeos a Marine Le Pen como voto de castigo ó partido socialista de Hollande, en caída libre, en España, máis alá dunha posible fin do bipartidismo, non se sabe aínda qué vai pasar. O electorado móvese dend´o medo, dubidoso das arengas dos diversos grupos, especialmente dos que levan anos e anos sen cumpriren coas súas promesas. Parece que Ciutadáns e Unión de Progreso e Democracia van multiplicare por tres ou catro os seus votos das elecciós anteriores e que Javier Nart, de Ciutadáns, é o lider máis valorado. E se no noso país sobran un tercio dos políticos e o Senado diríase que é innecesario; cando a Xusticia parece mediatizada; cando as autonomías teñen non pouco de lastre, a xente quixera votar por unha política rexeneracionista, algo que non entra nestas elecciós nas que nos están pedindo o voto persoas ás que os cidadáns teriámoslle de demandare un balance da súa presencia no Parlamento europeo, antre 700 diputados, setecentos, setecentos, setecentos. ¡Qué horror!