Mostrando entradas con la etiqueta Héroes da Ponte de Santo Paio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Héroes da Ponte de Santo Paio. Mostrar todas las entradas

miércoles, 26 de agosto de 2009

OS HÉROES DE PONTE DE SANTO PAIO

Monumento ós Héroes de Ponte de Santo Paio (ou San Paio, se queredes; ou Sampaio), con futuro incerto.
-
Pontevedra, 26.08.2009
-
Entrada n. 1040 do blog
-
OS HÉROES DE PONTE DE SANTO PAIO,
por Xesús López Fernández
-
A agresión urbanística que practica o Concello pontevedrés debe ter moito que ver co que se chama "desenvolvemento sustentable", máis ben parabólico en crecente de certas economías, mentres a cidade morre cada día un pouco máis e se sinte máis probe, privada de posibilidades económicas, arrasada tamén a súa memoria histórica.
-
Pasei hoxe pola zona de obras do parking da praza de España, horror traspasado aínda máis polas festas da Peregrina recén rematadas, convertido o seu valado metálido en expositor mural do que foi Pontevedra e no que algunhas das fotografías poden estar expostas pra xustificare, antre outras cousas, a desfeita do monumento dos Héroes de Ponte de Santo Paio, da Guerra da Independencia, e outras gansadas. Pero non falan pra nada da Axenda21Local na que tiñan que estaren a traballar a todo trapo si é que realmente queren levar adiante o PXOM de Mosquera, aínda peor qu´o de Rivas.
-
Sobre ésto, mellor leé-lo blog de Don Filiberto, cun novo post de antoloxía, dos que forman e conforman opinión e sirven pra mostrare por ónde Pontevedra supura e morre, telumbrando cómo vai segui-la lepra urbanística que comezou hai dez anos. Con apoio técnico, ou trénico, eso sí.
-
-
Citemos tamén un traballo de Alfredo Conde, publicado n´El Correo Gallego do 25.08.2009, titulado "Ciudad al margen del tiempo", no que apunta certas cousas sobre a paralización e situación terminal desta cidade ou de cómo a democracia pon nome ás cousas, Lores de Arabia en relación coa antigua Rúa do Chanchullo, nome que xa ten aparecido neste blog. (artículo de Alfredo Conde)