Mostrando entradas con la etiqueta Miquel Barceló. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Miquel Barceló. Mostrar todas las entradas

jueves, 4 de diciembre de 2008

A CÚPULA DE BARCELÓ, CAE

¿Resiste a cúpula de Barceló, en Xenebra?

Pontevedra, 4.12.2008

Entrada n.738 do blog

A CÚPULA DE BARCELÓ, CAE,
por Xesús López Fernández

A que xa no seu día foi definida por algús críticos como verdadeira estafa, a cúpula pintada a mangueirazos que Moratinos calificou de nova Capela Sixtina, parece que se cae esnaquizada.

Un xornal de Xenebra informou ó respecto. A noticia, de tódo-los xeitos, non está confirmada, pero o secretismo da desinformación que está a practicare a ONU fai sospeitar de qu´a nova non está basada nun simple rumor.

A Capela Sixtina que pintara Miguel Ánxel resisteu séculos ata a restauración feita polo Xapón, un verdadeiro lavado que deixou a obra como cando a rematou o artista italián.

Pero a capela Sixtina de Moratinas-Barceló parece que parte con ventaxa e que, nada máis preinaugurada, precisa non tanto de restauración como de mantenemento, que é algo que aparece como imposible por se tratar dun fraude, aínda qu´algús lle chamen arte.

¡Se parece profética a frase posta en boca do rei Juan Carlos polo equipo de los Clones de Intereconomía, cando o home, mirando prá cúpula como aloulado dí!: "Os prometo que mi nieta Leonor, en el colegio de mayores, ha hecho cosas así, ¿Verdad, Sofi?..."

[LaNación.es, 4.12.2008: ¿Aguanta la pintura de la "cúpula" de Barceló]

[Faro de Vigo, 4.12.2008. A cúpula de Barceló, cáese]

[Foro de Telecinco.es, 4.12.2008. Parece qu´os cañonazos de silicona non resisten o seu propio peso. ¿Terá Barceló que devolve-los cartos; terán que dimitir algús dos nosos políticos?. Parece de caixón.]

[La Voz de Galicia, 4.12.2008, recolle a noticia dun medio dixital suizo]

[ElPúblico.es, 3.12.2008, que non se caracteriza por ser crítico co Goberno, amplifica incluso a nova dada por outros medios]

[EL-REI JUAN CARLOS, NA PREINAUGURACIÓN DA CÚPULA DE BARCELÓ. VIDEO DE YOUTUBE/LOS CLONES DE INTERECONOMÍA.]

viernes, 21 de noviembre de 2008

CRÍTICAS Á CÚPULA DE BARCELÓ.

Miquel Barceló, actuando. ¿Pintor ou bombeiro?.

Pontevedra, 22.11.2008

Entrada n. 715 do blog

CRÍTICAS Á CÚPULA DE BARCELÓ,
por Xesús López Fernández

Siguen as críticas á obra de arte/ tomadura de pelo/ estafa, ou como se queira chamar á obra de Miquel Barceló no salón da Onu en Xenebra.

Aínda onte, en La Razón, Gabriel Albiac falaba de burbulla artística en relación co fraude que se vende moitas veces como arte. Obras malas poden ter un valor engadido polo feito de seren dun autor famoso. E non son bos os presaxios que fai sobre a conservación da cúpula pintada por Barceló, sobre cuia actuación na realización da obra téñeno presentado algús medios, coa mangueira, chorreando pintura que máis que pintor parecía un bombeiro forestal ou dos outros.

Alex Vidal Quadras, na súa crónica no mesmo xornal, decía que a obra de Barceló era un mal remedo da Cova do Drac, chorreado a mangueirazos. Tamén comenta o home o momento da inauguración, cos representantes públicos alí presentes a ensalzaren a obra, e o sometemento d-El Rei ó bochorno de estare no protocolo, sen entrar no outro tema, o da financiación con fondos FAD ou da entrega dese millón de euros a Onuart, en Xaneiro do 2008, cando esa fundación non existía e que, cando se constitueu, meses máis tarde, foino cun capital de algo máis de 30000 euros. En definitiva, que se desconoce o destino último deses cartos.

Pero na línea crítica á obra de Barceló ilustran tamén os videos dos que se inclúe enlace a continuación:

martes, 18 de noviembre de 2008

A CAPELA SIXTINA DE MORATINOS

Barceló, nunha demostración de cómo se fai arte. Foto do ABC, 18.11.2008
Puebla, ABC, A cúpula de Barceló como comecartos.

Pontevedra, 18.11.2008

Entrada n. 708 do blog

A CAPELA SIXTINA DE MORATINOS,
por Xesús López Fernández

Xa me teño referido á obra de Miquel Barceló, ó chorreo cenital con 35000 kilos de pintura da bóveda no edificio das Naciós Unidas en Xenebra. A foi a inauguración do espacio e, ante o portento realizado, os grandes da terra abriron a boca extasiados, en premio ó traballo do artista español. O evento foi comentado en case tódo-los medios e cadeas de televisión, pero coido qu´o ABC presentou un especial, do que vou inseri-lo enlace neste blog, pra solaz dos visitantes, polo menos mentres o xonal madrileño non modifique a matriz do mesmo. Sigue.

[ABC. 18.11.2008. Especial. Varios sobre a Capela Sixtina de Moratinos]

miércoles, 12 de noviembre de 2008

A NOVA CAPELA SIXTINA

Puebla. ABC, 14.11.2008. Interpretación de la aplicación indebida de fondos a la cúpula de Barceló.
martinmorales, ABC, 13.11.2008. O reparto dos FAD, según Moratinos.
Miles de kilos de pintura, 35000, penden como estalagtitas na obra finalmente concluída.

Pontevedra, 12.11.2008

Entrada n. 697 do blog

A NOVA CAPELA SIXTINA,
por Xesús López Fernández

Así denominan, un tanto escandalosamente, a obra de Miquel Barceló, noticia destos días en diversos medios. Nalgunha das fotografías que os interesados poden atopar na rede apréciase cómo o home aplica a pintura por medio dunha mangueira, no que parece máis o traballo dun bombeiro que o dun artista."Arte vangardista", sen dúbida.

Pois ben, resulta qu´a obra da que Moratinos non quería aclara-lo coste, porque "o arte non ten precio", vai ós 20 millós de euros, diñeiro público ou de donaciós particulares. Pero resulta que máis dun mecenas retirouse, seguramente por lle parece-la obra unha burla, despilfarro, moi costosa, na que ademáis o goberno está a poñer cartos, 500000 euros, que estaban destinados a obras de beneficencia ou de axuda ó desenvolvemento do terceiro mundo, diñeiro dos FAD que, de estaren asignados, non se poderían desviar prá chorrada da cúpula, coa disculpa de que foi pensada prá "alianza das civilizaciós". Unha inmoralidade. Ah!, na obra chorréaronse 35000 kilos de pintura.

Do abandono dalgús subvencionadores informa o
ABC d´hoxe. Clicade aquí.

El País, 12.11.2008: [Miquel Barceló conclúe a súa obra prá ONU]

A información da que se inclúe enlace a continuación é particularmente interesante.
[Cajón de Sastre: A obra de Miquel Barceló]