Pontevedra, 12.11.2008
Entrada n. 697 do blog
Entrada n. 697 do blog
A NOVA CAPELA SIXTINA,
por Xesús López Fernández
por Xesús López Fernández
Así denominan, un tanto escandalosamente, a obra de Miquel Barceló, noticia destos días en diversos medios. Nalgunha das fotografías que os interesados poden atopar na rede apréciase cómo o home aplica a pintura por medio dunha mangueira, no que parece máis o traballo dun bombeiro que o dun artista."Arte vangardista", sen dúbida.
Pois ben, resulta qu´a obra da que Moratinos non quería aclara-lo coste, porque "o arte non ten precio", vai ós 20 millós de euros, diñeiro público ou de donaciós particulares. Pero resulta que máis dun mecenas retirouse, seguramente por lle parece-la obra unha burla, despilfarro, moi costosa, na que ademáis o goberno está a poñer cartos, 500000 euros, que estaban destinados a obras de beneficencia ou de axuda ó desenvolvemento do terceiro mundo, diñeiro dos FAD que, de estaren asignados, non se poderían desviar prá chorrada da cúpula, coa disculpa de que foi pensada prá "alianza das civilizaciós". Unha inmoralidade. Ah!, na obra chorréaronse 35000 kilos de pintura.
Do abandono dalgús subvencionadores informa o ABC d´hoxe. Clicade aquí.
El País, 12.11.2008: [Miquel Barceló conclúe a súa obra prá ONU]
A información da que se inclúe enlace a continuación é particularmente interesante. [Cajón de Sastre: A obra de Miquel Barceló]
No hay comentarios:
Publicar un comentario