Son todas fotografías do claustro dos Capuchinos, en Monreale, perto de Palermo, onde tamén existen enterramentos momificados.
Pontevedra, 15.08.2014
Entradan.1775 doblog
Claustro dos Capuchinos, Monreale,
por Xesús López Fernández
Limito esta entrada á presentación das fotografías, en parte como forma de llas trasmitire ós amigos no canto de facere remesas individualizas de arquivos demasiado pesados. Procurarei facer outro tanto coas fotos da Capela Palatina de Palermo. A verdade é que vou deixando pasar moito tempo e que éste tiña que ser xa un tema liquidado, pero non. Sicilia sigue na miña lembranza. Tería, si acaso, que acompañare esta mostra d´hoxe dunha maior información, porque nos capiteles está gran parte da historia da salvación; de cómo o poder normando e os artistas árabes ou alarbios puideron cristalizare as obras de arte que hoxe ornan non poucas cidades de Sicilia, especialmente a capital, Palermo.
Un saúdo especial prós compañeiros daquela viaxe, 10/16 de Xuño, cando o Etna entrou de novo en actividade.