Mostrando entradas con la etiqueta Santa María. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Santa María. Mostrar todas las entradas

viernes, 21 de noviembre de 2008

EN SANTA MARÍA, PONTEVEDRA.

Parte da cimentación das torres arzobispales dos Churruchaos, aparecidas na cata que se está a facer diante do pazo das Mendoza.
Especulan sobre a posibilidade de que a esfera de 60cm de diámetro que mostra a foto tivese relación cun sistema de ataque ás torres, cunha catapulta.

Pontevedra, 22.11.2008

Entrada n. 716 do blog

EN SANTA MARÍA, PONTEVEDRA,
por Xesús López Fernández

As obras que están a faceren son unha dolor, desconfigurádo-los xardíns da Avenida de Santa María, ou desaparecidos xa. Parece que tamén eliminada a fontiña que alí había como ornamento, mellor pensada e deseñada que non o enxendro da Glorieta de Compostela, mal remedo da existente na praza de Galicia.

Certo que os achádegos ós que se refiren as fotos parecen importantes, pero... ¿qué van facer?. ¿Vai quedar éso á vista pra atrancaren aínda máis a vida urbáa, o pulo económico da cidade, como aconteceu co tramo de muralla que deixaron á vista dediante do Mercado, especie de muro das lamentaciós, moitas veces convertido en especie de contenedor, de ruína terminal?.

Se siguen buscando, ó mellor aínda atopan algún pasadizo do que teño oído falar, do que posiblemente exista unha entrada en certo lugar da enfesta de San Telmo que eu me sei. Se así fose, ó mellor xa tiña Teresa Casal o paseo soterraño que está a pensare.

De certo, a Avda. de Santa María vai quedar arrasada. Era un dos espacios máis emblemáticos de Pontevedra. Agora, o xardín mirra decote máis e máis. ¿Salvaráse o monumento a Castelao? Porque como os nazionalitaristas fixeron del un icono aínda sen te-lo home un pelo de comunista, ó mellor se salva.

Que miren cara atrás e reparen no que fixeron co monumento a Alexandro Bóveda (nunca se chamou Alexandre), antes máis íntimo e sobre un pequeno xardín, agora convertido nunha especie de gran chupa-chups, alí, na praza de Curros Enríquez.

Non quero pensar qué vai pasar con Santa María e o seu entorno, pola carga involucionista que estos gobernantes locales levan na alma. E seguimos sen decidirnos a configurar, a nivel de sociedade civil, unha alternativa real de goberno, porque ó PP, qu´o podería ter fácil, fáltanlle ideas e transparencia prá necesaria reconversión.

miércoles, 19 de marzo de 2008

COMO UN CRESCENDO TALIBÁN [14.04.2001]

Talibanismo urbanístico. A escadeira de entrada a San Bartolomeu está tapada agora por esa especie de palco de música, ás veces marco do botellón sabatino. Na rúa, como xa en case toda a zona vella loce esa especie de pedra bastarda, que parece artificial e xa non é a vella pedra da nosa vila. Foto do autor. Fachada de Santa Maria a Maior, obxeto de escaladas.
Vista interior da Basílica de Santa María a Maior, de Pontevedra. No traballo díse que Santa María é como é porque antes foi soñada, talvez como América sería soñada por Colón, que na basílica pontevedresa ten, o seu apelido, máis dunha referencia, que se reiteran en Poio. E na ría toda están moitos dos nomes por el levados ó novo continente: Portosanto, Santo Domingo, San Salvador, San Juan, punta Lanzada, río da Serpe (en Combarro), etc. O almirante conocía, de certo que sí, o noso litoral.

Pontevedra, 19.3.2008

Entrada n. 454 do blog.

Recuperamos outro traballo do ano 2001, que fai referencia ó deterioro social e tamén ó urbán, causa daquel. A responsabilidade pode estar, de forma moi especial, nos propios despachos nos que se toman certas decisiós, sendo Pontevedra unha especie de paradigma do que non se debe facer en política urbanística e de policía local.

Se a situación era grave no ano 2001, desta volta nada fai pensar que as cousas están a melloraren, non. O talibanismo en estado puro pode estar plasmado en case tóda-las desgraciadas actuaciós urbanísticas do equipo de goberno do Bloque.


COMO UN CRESCENDO TALIBÁN...[14.04.2001]

por Xesús López Fernández

As nosas noites vanse cargando máis e máis de violencia. É algo do que os residentes da zona vella podemos dar fe. Acaban de facelo públicamente os directivos da Asociación de Veciños Santa María, de forma contundente, varios avisos que só dende o autismo oficial poden ser ignorados. A afirmación de que no Campillo poden chegar a contarse, nas fins de semá, máis de cincocentos mozos totalmente bébedos, moitos deles menores de edade, é algo que tería de alertar ós que teñen autoridade pra remedialo. As competiciós de escalada á fachada de Santa María, das que tamén falaron, trouxeron como consecuencia, na madrugada de Ramos, a decapitación de Santa Catalina, un paso máis nas agresiós á basílica, unha aceleración sustantiva no crescendo de barbarie que nos envolve e asolaga, ora con clave de fundamentalismo agnóstico, ora dende unha profunda ignorancia ou desprecio da arte e da nosa historia, en ámbo-los casos unha especie de ”talibanismo”.

Avisa tamén o presidente da asociación da perda de valor das propiedades da zona histórica, algo reiteradamente denunciado por moitos cidadáns que saben é certo que algunhas rúas tornáronse guetos onde non se pode morar. É o que hai pouco tempo chamabamos, nesta mesma sección, a “charinización”, asunto sobre o que aínda o 12 dos correntes contáronnos un caso desesperado: o de ver que uns garulos, antre risotadas, lle querían prender lume á porta da casa dun cidadán. A persoa afectada, según dixo, chamou á Policía. O axente manifestoulle que, naquela rúa, non ían entraren porque había moitísima xente. O veciño, naturalmente, actuou por “delegación”, en defensa propia, e os incendiarios saíron dalí mollados. Mai-la cousa non foi tan fácil, porque un dos sitiadores arremeteu a patadas contra a porta. Menos mal que outros asumiron a culpa, que foran eles os que comezaran, dixeron.

A madrugada de Ramos pode marcar un punto de inflexión. Como máis espesa en vómitos, mexadas, pintadas, sonou tamén o bongo festivo, histérico, coa mensaxe inconfundible de que os percutores son os absolutos donos da noite; que nadie ten dereito a dormir nen a soñar no recinto histórico; que poden impoñe-lo seu ritmo tribal i “étnico” sen que nadie llo prohíba, que ésa é a súa forma de traballar e desfacer; de festexa-lo disparate, calquer forma de disparate e agresión, trátese da decapitación de Santa Catalina, das profanaciós da imaxe do Cristo, do acceso á propiedade privada, da desfeita do mobiliario urbán, da simple fractura do silencio, sagrado pra moitos. Os directivos recomendaron tamén a comenencia de que os pais conozan o comportamento dos fillos na noite. Os de Cidade Vella dispóñense tamén a patrullar pra así controlaren ós establecementos e chiringos que siguen abertos fóra de hora, desencadeantes ás veces de problemas –ruídos, alcohol--, asuntos a denunciar.

Aínda está por decidir se a fachada de Santa María vai ser protexida con verxas como as que moitos lembramos. Hai dúbidas polo momento de barbarie que sofrimos, que se podería aínda potenciar. A policía, outra alternativa, non dispón dos efectivos necesarios pra conte-la marea. Parece mentira, porque o tema da movida e os excesos que conleva resoveríanse fácilmente por medio dun decreto regulador do cerre dos establecementos de copas. A partir das doce, da unha si se quer, non ten porque permanecer aberto un só bar/pub. E, por suposto, sen consumo fóra dos negocios nen música audible no exterior. Se o rigor da disciplina amolece, o centro de gravedade do crescendo “talibán” desprázase cara ós propios despachos onde se toman as decisiós, evidentes corresponsables. Os do bongo fan as súas demostraciós, como os escaladores e os do spray, porque estamos nunha espiral de involución social. Quérennos violentar os que perderon a capacidade de soñar, que están na época na que o home, aínda homínido, non dispoñía de lingoaxe pra conta-los seus soños e construí-lo futuro. E Santa María é como é porque antes foi soñada.