Mostrando entradas con la etiqueta dominio público marítimo terrestre. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dominio público marítimo terrestre. Mostrar todas las entradas

domingo, 9 de marzo de 2014

O mar sí ten memoria

 Na praia Grande, de Miño, o mar trasegou cantidade d´ameixas. Non todo foi perda, pola salinidade das augas. 
 Ondas galgantes no litoral coruñés.
En Viavélez, Asturias, o mar mostrouse así de bravo. Ardentío espectacular. O mar sabe face-la peineta.(fotografía de Astur. Hugo Montes Fdez.)
Non somos nada ante un mar así...

Pontevedra, 10.03.2014
Entrada n. 1746 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra


O mar sí ten memoria,
por Xesús López Fernández

            Parece que xa estamos na primavera e que ésta ven preñada de flores, algo que hai días resultaba impensable sometidos como estabamos ó pesimismo das cicloxénesis estourantes, remedo de tsunamis encadeados que causaron importantes danos ó longo da costa de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, como se o mar quixera tomarlle a medida á franxa litoral, o terreo demanial decote máis agredido pola presencia humáa, polo urbanismo mal pensado. Así as grandes ondas de ata dez ou doce metros, o ardentío galgante, non sóo se atopou coas sirtes e farallós, cos acantilados, senón tamén coa obra do home: paseos marítimos, diques de abrigo, casas feitas sobre da area. O mar debeuse atopar extrañado, dono de rúas i estradas, véndose obrigado a reventare balaustradas, paseos, mesmo estructuras portuarias… Sería un pouco longo facer agora inventario de desastres. E aquí entra un pouco o xogo da memoria, parece que máis longa a do mar que a do home.

            Entremos un pouco na cuestión do dominio público marítimo terrestre que en todo momento debe conserva-las características de inalienable, inembargable, imprescriptible e tamén insusceptible de desafección, que o home, pola vía do urbanismo falaz, de tentare reconverti-la franxa litoral en solar, estivo a desnaturalizare, movido pola súa indecente cobiza. Pero a Lei de Costas define no seu artículo 3: “Son bens de dominio público marítimo-terrestre estatal, en virtude do disposto no artículo 132.2 da Constitución: 1. A ribeira do mar e das rías, que inclúe: a) A zona marítimo-terrestre ou espacio abranguido  antre a línea de baixamar escorada ou a máxima viva equinoccial, e o límite ata onde acaden as ondas nos maiores temporales conocidos, dacordo cos criterios técnicos que se estabelezan regulamentariamente, ou cando o sobarde, o da línea da pleamar máxima viva equinoccial. Esta zona exténdese tamén polas marxes dos ríos ata o sitio onde se faga sensible o efecto das mareas. Considéranse incluídas no demanio as marismas, albuferas, marxales, esteiros i, en xeral, as partes dos terreos baixos que se asolagan co fluxo e refluxo das mareas, das ondas, ou da filtración da auga do mar. […]

            O tema non se acaba co devandito. Pero acaso chegou o momento, coa demostración de memoria anovada polo mar coas pasadas borrascas, cun certo ecoar de “Dies irae, dies irae”, de punto final da nosa civilización, de retomare de novo o deslinde do terreo demanial, que o pode face-la Administración de oficio, ou ben poden ser particulares os que demanden as oportunas rectificaciós. O mar acaba de avisarnos de que algo está mal feito, imprevisto, que mesmo nalgús casos son frecuentes as alertas dadas: n´A Coruña, ademáis de se cargare de novo a balaustrada do paseo marítimo, nalgún momento paseo do propio mar, entrou nas instalaciós do acuario da Torre de Hércules. Na Guarda, en Baiona, Muxía, Malpica, Miño, Burela, Rinlo, o mar, sempre protagonista, foi desta volta un auténtico tirán.

            En toda a costa cantábrica, foron reiterádo-los golpes dados polo mar, ata o punto de que nalgús casos, tentando deixar á marxe as perdas e quebrantos producidos, chegouse facer unha certa apoloxía do mal tempo, como en Cudillero, Asturias, onde o gran dique de abrigo quedou fracturado, como desfeito resultou o Museo do Calamar Xigante, en Luarca;  pero é que hai unha fermosura real no espectáculo protagonizado polo mar embravecido. En Santander, unha catástrofe, a auga rebasou a praia do Sardinero pra se metere en garaxes e negocios mercantís. No País Vasco, ondas xigantescas, cuantiosos danos en San Sebastián ou en Bermeo, que vai recibi-la mitade dos 14 millós de perdas estimadas. O mar, en movemento, acaba de avisarnos do que sabe facer pra retoma-lo seu dominio, que ten memoria. Deberemos relembra-la súa demostración e axudalo na medida do posible, abandonando a tentación de lle pór de novo cancelas, actitude xangal que nos sitúa a todos nunha conta atrás certa. O mar nos demanda máis intelixencia. E memoria.