Mostrando entradas con la etiqueta ecomafia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ecomafia. Mostrar todas las entradas

lunes, 27 de abril de 2009

O RETORNO [27.04.2009]

Guardas en Milán, vestidos á vella usanza. (Clicade sobre as fotos pra velas en tamaño maior)
Galería Vittorio Emanuele II, do 1865. Ó pasala aparece a Scala de Milán, templo da música.
A catedral de Milán. Sinto non poder inserir nesta entrada, de momento, os videos que fixen no interior do templo.
Outra vista da catedral.
Nova panorámica do Duomo milanés.
-
Pontevedra, 27.04.2009
-
Entrada n. 918 do blog
-
Artículo semanal publicado en varios medios. ¿Parécevos que nalgún momento do traballo faise referencia ó Bloque? Algús así o creen, como se lles ofendera a cita de Treviso, modelo de administración e limpeza, ou a mención da palabra gueto, pra moitos nazionalitaristas modelo de cidade; e tamén o dito da ecomafia, porque en tendo ó longo de catro anos responsabilidades de goberno non foron capaces de resolver certos problemas. En fin, alá eles.
-
O retorno,
por Xesús López Fernández
-
Interrumpida o pasado luns unha serie de relatos, de impresiós en relación cunha viaxe a Italia, retomo e conclúo as lembranzas daqueles días. Despois da visita a Venecia tocaba regresar dende Treviso, cidade limpísima, tamén con canales, administrada polo autoproclamado sheriff de Italia, Giancarlo Gentilini, que coa súa política de tolerancia “doble cero” convirteuse no modelo que inspira as ideas da Liga Norte e do Partido do Pobo de Silvio Berlusconi. O home, rematada a segunda guerra mundial, exerceu como vendedor ambulante de peixe ó tempo que ía facendo estudios de Dereito. Exerceu como avogado de prestixio. Xubilado, foi animado a se persentare ás elecciós, que gañou. En oito anos como alcalde e catro de vicealcalde, consigueu facer da súa cidade un modelo, con parques sempre coidados e rúas limpísimas [aínda con abondancia de emigrantes extracomunitarios]. Pero Treviso quedou como unha simple suxerencia, como moitos lugares da Venecia que acababamos de visitar.
-
Sentín non conoce-lo Gueto venecián, onde aínda viven algús xudeos, coido que un lugar fascinante pró que o “Museo della Comunitá Ebraica” recomenda visitas guiadas. O nome dos guetos todos do mundo naceu aí no 1516, cando o Senado dictou unha lei que confinaba ós xudeos todos da cidade a esa pequena zona, unha fundición [ghetto, en dialecto venecián], antre as horas do solpor e o abrente do día, ata que no século XIX recibiron finalmente os dereitos de plena cidadanía. En fin, quedaba xa atrás Venecia como lugar sorprendente, como visita a reiterar se as circunstancias o permiten. Agora, na viaxe de volta, o primeiro destino era Milán. Fixemos case todo o camiño por terra chairega e ás veces eran testigos do noso paso longos cultivos de vides, dispostos en espaller, alternados con campos de prunos perfectamente alineados, en flor. A primavera tomaba forma ese día de marzo.
-
Conforme nos achegabamos a Milán o tráfego pesado faciase máis denso porque a cidade é un importante centro industrial. Bastante caótico o tránsito aínda dispoñendo de tranvías [algús vellos, pero moi coidados], de metro e autobuses como medios colectivos de transporte. Xa aparcados dispuxemos dalgún tempo pra visitare, fundamentalmente, o Duomo, a sorprendente catedral gótica construída ó longo de varios séculos, XIV, XV, XVI… A obra finalizaríase no XIX, cando Napoléon, a punto de ser nomeado rei de Italia, ordeou o remate da fachada. É a máis complexa de Italia. Ten 135 agullas de mármore branco, 157 metros de lonxitude, e ocupa 11700 m2. Os detalles últimos da catedral foron realizados no século XX, inaugurada a última porta o día 6 de Xaneiro do 1906. Pero a súa consagración corresponde xa ó bispo Carlo Borromeo i é do 1577. Na visita que cursei ó templo, con tanto colorido, estiven ante a tumba na que xaz o corpo incorrupto do bispo santo.
-
E xa tocaba retirarse cara ó restorán. Unha última visita, sí, á Galería Vittorio Emanuele II, obra do 1865, e á Scala. Despois de ter xantado partimos do restorán cara ó aeroporto, coa novedade estresante de que unha árbore de gran porte [coido que un álamo] caíra sobre a autoestrada a consecuencia do forte vento, o mesmo que fixera o miragre de nos mostrar Milán con ceo azul, que ordinariamente está coberto pola polución industrial. Pero, en fin, logramos salva-la viaxe e, despois de facere escala en Madrid, chegamos felizmente a Santiago. Xa na casa aínda acendín o PC pra ve-los correos recibidos na ausencia: Un deles, unha alerta sobre delito ecolóxico traía a nova de que Donna Leon abordaba o tema da ecomafia. A novela, “A outra cara da verdade” toca, efectivamente, ese asunto, de cómo a mafia quer facer negocio co transporte de residuos peligrosos, sanitarios, radiactivos…. En fin, eso pode estar pasando en moitos lugares, se ben na novela Brunetti descobre o pastel. Coa lectura do libro recreei algús dos momentos de Venecia: Rialto, Ponte dei Sospiri, Palazzo Ducale ou a columna na que San Teodoro mantén a súa pelea co dragón.

domingo, 19 de abril de 2009

NA ARRANCADA DA ERA FEIJÓO

Alberto Núñez Feijóo, nota biográfica.

Pontevedra, 19.04.2009

Entrada n. 910 do blog

Artículo semanal

Na arrancada da era Feijóo,
por Xesús López Fernández


En principio podemos tirar certos signos de esperanza do dito nos diversos discursos parlamentarios polo novo presidente de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. Xa nas intervenciós previas á súa designación e aceptación do cargo, ratificou afoutadamente como obxetivo de goberno o que eran promesas do seu programa electoral, auténtica folla de ruta do discurso de investidura: a supresión do imposto sucesorio, a abolición do decreto de normalización lingüística prá imprantación dun verdadeiro réxime de libertade, a revisión dos acordos en relación coas concesiós eólicas, a elaboración dunha Lei do Litoral, o adelgazamento da Administración cunha efectiva reducción de altos cargos, etc., que tiven ocasión de oir ó longo da súa pormenorizada exposición, como tamén a súa oferta en relación co posible traslado de Ence e a recuperación do litoral do lugar, na ría pontevedresa.

A recuperación do litoral. Eso vai máis alá do por outros dito en tempo pasado con discursos que parecían máis prometedores: “¡Ence sí, pero non aí!” ou aqueloutro de “¡A ría é nosa, non de Celulosas!”, o que non impediría se puideran, chegado o caso e burlando a Lei de Costas, a súa reconversión en solar, algo que foi proposto nesta pasada lexislatura. Pero a promesa de Núñez Feijóo casa coa recuperación do capital natural, cos postulados dunha verdadeira Axenda21Local, documento democrático que debería redactarse i explicarse casa por casa ó mesmo tempo que a confección do PXOM de Pontevedra, do que, sen embargo, non temos noticia e sí dun par de actuaciós nefastas, como a construcción da nova ponte d´As Correntes ou a do macronudo de Mollavao, obras que seguramente a nova consellería de Ordeación Territorial ha poder remediar, evitar así as ditas agresiós ecolóxicas.

En relación coa beiramar algo se tentou facer no periodo que acaba de concluir coa Lei de Vivenda que o Goberno central acaba de recurrir ante o Tribunal Constitucional por entender que a mesma vai en contra da Lei de Costas, desvirtuada pola norma galega promovida pola consellería do ramo. A Lei de Costas prevé, con carácter xeral, que a franxa de protección teña unha anchura de cen metros dende o litoral e sóo permite, excepcionalmente, unha anchura de vinte metros en terreos xa calificados como chan urbán o 29.07.1988, cando entrou en vigor a normativa estatal, algo que está no cánon da Lei de Costas como ben afirma o Goberno central. Aí ten Núñez Feijóo unha verdadeira lei do litoral, a vixente Lei de Costas, que sería bo se aprestase a defender. Pola salvación do noso litoral.

Agradoume a defensa que o novo presidente fixo do idioma galego como patrimonio non do Parlamento [no que algús grupos pódeno usar demagóxicamente e como instrumento de imposición], senón da sociedade galega toda. Acaen aquí unhas palabras xa vellas de Moralejo: “…a política oficial pecou máis de desinterés de opresión, e o dito desinterés atopou millor aliado na posición marxinal de Galicia, recanto aillado propicio prá conservación da Lingua”. Pero nos últimos tempos si existeu opresión, afogo si se quer, como si seguiramos aínda na “selva dos vellos prexuicios lingüísticos, das propostas extremosas e das solucións prácticas que desvirtúan a fisonomía e o miolo da lingua”, frase ésta de Xesús Alonso Montero, 1981, no prólogo ó libro de J. José Moralejo Álvarez, “A Lingua Galega e os seus problemas”, pero que parece defini-la situación na que a nosa fala foi involucionando como consecuencia da “pedagoxía dos últimos tempos”. Núñez Feijóo, que prometeu o cargo e o seu exercicio con homildade, ten ante sí unha axenda densa. En materia lingüística dixo non ser prisioneiro de nengún diktatt e non ter máis normas que as da maioría: a libertade lingüística. Declarouse partidario de conciliar normalización e libertade, precisando, contra os que entenden por “normalización” o seu dogma, que “a lingua non é propiedade de nadie, que sóo os galegos son os seus donos”. Certo.

Nota. Enlace da edición on-line da obra de Moralejo "A Lingua Galega e os seus problemas".