domingo, 19 de abril de 2009

NA ARRANCADA DA ERA FEIJÓO

Alberto Núñez Feijóo, nota biográfica.

Pontevedra, 19.04.2009

Entrada n. 910 do blog

Artículo semanal

Na arrancada da era Feijóo,
por Xesús López Fernández


En principio podemos tirar certos signos de esperanza do dito nos diversos discursos parlamentarios polo novo presidente de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. Xa nas intervenciós previas á súa designación e aceptación do cargo, ratificou afoutadamente como obxetivo de goberno o que eran promesas do seu programa electoral, auténtica folla de ruta do discurso de investidura: a supresión do imposto sucesorio, a abolición do decreto de normalización lingüística prá imprantación dun verdadeiro réxime de libertade, a revisión dos acordos en relación coas concesiós eólicas, a elaboración dunha Lei do Litoral, o adelgazamento da Administración cunha efectiva reducción de altos cargos, etc., que tiven ocasión de oir ó longo da súa pormenorizada exposición, como tamén a súa oferta en relación co posible traslado de Ence e a recuperación do litoral do lugar, na ría pontevedresa.

A recuperación do litoral. Eso vai máis alá do por outros dito en tempo pasado con discursos que parecían máis prometedores: “¡Ence sí, pero non aí!” ou aqueloutro de “¡A ría é nosa, non de Celulosas!”, o que non impediría se puideran, chegado o caso e burlando a Lei de Costas, a súa reconversión en solar, algo que foi proposto nesta pasada lexislatura. Pero a promesa de Núñez Feijóo casa coa recuperación do capital natural, cos postulados dunha verdadeira Axenda21Local, documento democrático que debería redactarse i explicarse casa por casa ó mesmo tempo que a confección do PXOM de Pontevedra, do que, sen embargo, non temos noticia e sí dun par de actuaciós nefastas, como a construcción da nova ponte d´As Correntes ou a do macronudo de Mollavao, obras que seguramente a nova consellería de Ordeación Territorial ha poder remediar, evitar así as ditas agresiós ecolóxicas.

En relación coa beiramar algo se tentou facer no periodo que acaba de concluir coa Lei de Vivenda que o Goberno central acaba de recurrir ante o Tribunal Constitucional por entender que a mesma vai en contra da Lei de Costas, desvirtuada pola norma galega promovida pola consellería do ramo. A Lei de Costas prevé, con carácter xeral, que a franxa de protección teña unha anchura de cen metros dende o litoral e sóo permite, excepcionalmente, unha anchura de vinte metros en terreos xa calificados como chan urbán o 29.07.1988, cando entrou en vigor a normativa estatal, algo que está no cánon da Lei de Costas como ben afirma o Goberno central. Aí ten Núñez Feijóo unha verdadeira lei do litoral, a vixente Lei de Costas, que sería bo se aprestase a defender. Pola salvación do noso litoral.

Agradoume a defensa que o novo presidente fixo do idioma galego como patrimonio non do Parlamento [no que algús grupos pódeno usar demagóxicamente e como instrumento de imposición], senón da sociedade galega toda. Acaen aquí unhas palabras xa vellas de Moralejo: “…a política oficial pecou máis de desinterés de opresión, e o dito desinterés atopou millor aliado na posición marxinal de Galicia, recanto aillado propicio prá conservación da Lingua”. Pero nos últimos tempos si existeu opresión, afogo si se quer, como si seguiramos aínda na “selva dos vellos prexuicios lingüísticos, das propostas extremosas e das solucións prácticas que desvirtúan a fisonomía e o miolo da lingua”, frase ésta de Xesús Alonso Montero, 1981, no prólogo ó libro de J. José Moralejo Álvarez, “A Lingua Galega e os seus problemas”, pero que parece defini-la situación na que a nosa fala foi involucionando como consecuencia da “pedagoxía dos últimos tempos”. Núñez Feijóo, que prometeu o cargo e o seu exercicio con homildade, ten ante sí unha axenda densa. En materia lingüística dixo non ser prisioneiro de nengún diktatt e non ter máis normas que as da maioría: a libertade lingüística. Declarouse partidario de conciliar normalización e libertade, precisando, contra os que entenden por “normalización” o seu dogma, que “a lingua non é propiedade de nadie, que sóo os galegos son os seus donos”. Certo.

Nota. Enlace da edición on-line da obra de Moralejo "A Lingua Galega e os seus problemas".

No hay comentarios: