Mostrando entradas con la etiqueta elentir/Contando estrelas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta elentir/Contando estrelas. Mostrar todas las entradas

sábado, 27 de junio de 2009

IÑAKI GABILONDO, INQUISIDOR

Iñaki Gabilondo acaba de face-la presentación dun libro titulado "Verdades como puños".
-
Pontevedra, 27.06.2009
-
Entrada n. 996 do blog
-
IÑAKI GABILONDO, INQUISIDOR,
por Xesús López Fernández
-
Ou, si se quer, gran inquisidor. O seu libro, según é parodiado en internet, podería titularse tamén "Verdades a puñetazos". O home, entrevistador preferido de ZP, non hai tanto tempo que quedou en evidencia cando foi das entrevistas a Rajoy, a puñetazo limpio, e a ZP, na que faltou soamente música de violíns, algún adaggio ou algo así. Pero no remate da entrevista e a micro inadvertidamente aberto miróuselle o rabo rizado a Iñaki que se prestaría, ata a fin da campaña, a tensionala en conformidade coa petición de ZP: "Necesitamos tensión".
-
Pero desta volta Iñaki Gabilondo ve crece-lo seu descrédito. Parece qu´agora o están tensionando dende internet, as webs e blogs, e ousa decir qu´a Rede pode abrir "un camiño á insolvencia e intoxicación". Preocúpanlle os comunicados moitas veces anónimos ou subvencionados. E, naturalmente, cabe a repregunta: "¿Non funcionan a SER, e agora a cadea Cuatro de Televisión e a mesmo CNN+ como apéndices de Prisa, como as presuntas grandes subvencionadas preferidas por Gabilondo?".
-
Ben está a maioría de edade de internet, a masa crítica cara a que van algús dos foros existentes na rede pra espiolla-la opinión pública das influencias de Prisa, parasitada como está moita xente polos pulgós do Réxime. Sigue un enlace que non ten perda dun blog activo, católico e defensor da vida.
-
Enlace:
Elentir::Contando Estrelas: Iñaki Gabilondo dice de internet....

martes, 19 de mayo de 2009

O LOBBY ABORTISTA, Ó DESCOBERTO

Un dos autobuses pro-Vida, cos que os novos cruzados defensores dos máis inocentes están a recorreren España. O 26.05, se non me confundo, en Pontevedra.
-
Pontevedra, 19.05.2009
-
Entrada n. 955 do blog
-
O LOBBY ABORTISTA, Ó DESCOBERTO,
por Xesús López Fernández
-
O periódico ABC, practicando periodismo de investigación, logrou descobri-la verdadeira trama abortista, ós inductores que están tra-la decisión do Goberno de promovere aborto libre, contra a fé, contra dos dereitos humáns, contra a sociedade, contra a Constitución. Contra a Vida.
-
Informa elentir/Contando estrelas, no seguinte enlace, con outros varios:
-