Mostrando entradas con la etiqueta DAV. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DAV. Mostrar todas las entradas

jueves, 7 de enero de 2010

DEFENSA DOS SANTOS INOCENTES

Referendum contra o aborto. Titular de La Razón.
Carbón pra ZP na cabalgata de Reis. De parte de Dereito a Vivir.
Xentes de DAV nunha das súas manifestaciós en defensa da Vida.
-
Pontevedra, 7.01.2010
-
Entrada n. 1114 do blog
-
DEFENSA DOS SANTOS INOCENTES,
por Xesús López Fernández
-
DAV, Defensa da Vida, comeza o ano con presencia activa. A súa participación na cabalgata de Reis de Madrid foi comentada en diversos medios e de forma moi diversa según o pelo político de cada un. A Zapatero deixáronlle carbós, á par que o Rei Melchor advírtelle que non é de boas persoas impedi-lo nacemento dos nascituros, os santos inocentes dos nosos tempos, nos que non faltan novos Herodes i Herodías ou Herodesas, parodiando á inventora de palabras Bibiana. Hazte Oir ofrece unha completa información gráfica, ademáis de certos enlaces que invitamos ós visitantes deste blog a que descubren clicando aquí: HazteOir.

martes, 19 de mayo de 2009

O LOBBY ABORTISTA, Ó DESCOBERTO

Un dos autobuses pro-Vida, cos que os novos cruzados defensores dos máis inocentes están a recorreren España. O 26.05, se non me confundo, en Pontevedra.
-
Pontevedra, 19.05.2009
-
Entrada n. 955 do blog
-
O LOBBY ABORTISTA, Ó DESCOBERTO,
por Xesús López Fernández
-
O periódico ABC, practicando periodismo de investigación, logrou descobri-la verdadeira trama abortista, ós inductores que están tra-la decisión do Goberno de promovere aborto libre, contra a fé, contra dos dereitos humáns, contra a sociedade, contra a Constitución. Contra a Vida.
-
Informa elentir/Contando estrelas, no seguinte enlace, con outros varios:
-

lunes, 4 de mayo de 2009

O MANIFESTO DE HAZTEOIR.ORG

Un dos autobuses que van recorrer 51 cidades españolas en defensa da Vida, en contra da promoción da Morte que representaría a Lei do Aborto que abandeira o Goberno.
-
Pontevedra, 5.05.2009
-
Entrada n. 928 do blog

O MANIFESTO DE HAZTEOIR.ORG,

por Xesús López Fernández
-
O Goberno quer presenta-lo aborto como algo inevitable, á par que como un dereito das mulleres. Hoxe tiven conocemento dun manifesto de HAZTEOIR.ORG no que se recolle literalmente a argumentación do Goberno pra se xustificare e dáselle a volta, tamén literalmente, porque o que debe face-lo Goberno é evita-lo paso que está a dare pra xustifica-lo que algús, como Eduardo Verástegui chaman, chamamos, un verdadeiro holocausto silenciado. Sigue o manifesto. Debedes clicar sobre el pra que apareza:
-

LOITA POLA VIDA

Volta pola Vida a España.
Así son os autobuses que xa partiron i están a levaren a mensaxe d´esperanza e defensa da vida a todo España. Fotografías dos autobuses.
Festa de despedida dos autobuses
-
Pontevedra, 4.05.2009
-
Entrada n. 927 do blog
-
LOITA POLA VIDA,
por Xesús López Fernández
-
Tanto Dereito á Vida como HazteOir.org acaban de poñeren en marcha a campaña de defensa da vida a nivel nacional. A campaña de recollidas de asinaturas vai recibir un novo pulo, desta volta por medio da campaña que se vai artellar por medio de autobuses, tres, que van recorreren as distintas cidades d´España. Hoxe chegoume un correo con diversos enlaces que fan referencia á marcha dos autobuses, ó seu colorido. Son galerías de fotos ás que o visitante deste blog ten acceso por medio dos enlaces inseridos a continuación, despois da traducción do texto recibido. O momento é grave e aínda está lonxe a corrección democrática do país que posibilite montar, posiblemente, un proceso de "Nuremberg" contra o holocausto que se quer poñer en marcha.
-
Traducción: En cada cidade, dous voluntarios de DAV [Derecho a Vivir.org] van convocare un acto: concentración, presentación, mitin, entrega de materiales.... o día no que o autobús chegue. O acto vai ser convocado onde se atope aparcado o autobús, e van ser invitádo-los medios de comunicación e tamén os membros de HazteOir.org e de DAV, ou sexa, a tí, a min, a tódo-los que queiramas defender na rúa o dereito a vivir dos que van nacer e o dereito das súas nais a tere un fillo ou unha filla.
-
Os delegados de DAV van repartir, se os deixan, miles de materiales e artículos de merchandasing de Dereito a Vivir que leva o autobús nas súas adegas: puchas, camisetas, trípticos, pegatinas, balóns, pás de praia, corazós anti-stress, cuncas.....
-
Os buses DAV van recorre-los centros das cidades por onde pasen, pra que a mensaxede DAV acade a unha boa parte dos veciños de cada localidade.
-
Se queres saber cándo vai pasa-lo autobús por Pontevedra ou por algunha outra cidade de Pontevedra: pincha en
http://listas.hazteoir.org/12all/lt/t_go.php?i=248&e=MjgwMzE5&l=-http--spreadsheets.google.com/pub--Q-key--E-rCIEtkoHnKC4ZuddarDbDLg
-
Se queres saber da hora do acto d´entrega de materiales en Pontevedra: visita
http://listas.hazteoir.org/12all/lt/t_go.php?i=248&e=MjgwMzE5&l=-http--www.hazteoir.org/eventosprov

martes, 3 de febrero de 2009

DEREITO A VIVIR

Un dos carteles da "pegada" de DAV.
Mingote, no ABC, e os santos inocentes. (Clicade pra vere o dibuxo ampliado).
-
Pontevedra, 3.02.2009
-
Entrada n. 805 do blog
-
DEREITO A VIVIR,
por Xesús López Fernández
-
Hoxe recibín un correo da organización Derecho a Vivir, con diversos enlaces en relación co progreso que o Goberno está a facer no seu deseño prá autorización a favor de que as abortistas poidan matar, poñer punto e final ás vidas que levan dentro de sí, cando no sentido cristián que ata hai pouco presidía a nosa civilización entendíase qu´o amor debería estar sempre ó servicio das novas vidas, na súa conformación e, posteriormente, na súa educación e desenvolvemento.
-
-
Album de fotos dunha pegada en defensa da vida:
-

domingo, 7 de diciembre de 2008

DEREITO Á VIDA


Montoro, La Razón. Pra lle facer dano a un neno abonda con non-o deixare nacer.

Pontevedra, 8.12.2008


Entrada n. 742 do blog

Artículo semanal.

Dereito á vida [8.12.2008],
por Xesús López Fernández

Os temas do dereito ó aborto libre e á eutanasia son algunhas das bandeiras das que a “progresía” ven facendo alarde, decote con máis frecuencia. E un pergúntase se non botará man desas bandeiras a modo de cortinas de fume no canto de procedere a un saneamento real da política, tan necesitada de rexeneración. Polo pronto está constituída a subcomisión pró estudio dunha nova lei de prazos, ante a que o pasado mes compareceu Benigno Blanco, presidente do Foro Español da Familia, que avogou pola protección do feto como pola do nacido e que defineu o aborto legal “como unha forma de violencia de xénero, […] de solución machista que convirte ó home nun irresponsable da súa conducta sexual”. O home, que recomendou un prazo máximo pró chamado aborto terapéutico, defende a moratoria solicitada por algús grupos ante as Naciós Unidas prá práctica de interrupciós de embarazos, algo que, según censurou, debería ter prantexado o PP cando gobernaba.

Do X Congreso “Católicos e vida pública” celebrado hai quince días quero traer aquí algo do discurso da ex-senadora socialista Mercedes Aroz, un canto á esperanza. A muller, que contou tamén a historia da súa conversión, dixo que o poder non pode impoñer nengunha ideoloxía; que debemos construir unha sociedade libre e dotada dunha ética compartida integradora, na que o vincallo antre dereitos humáns e valores cristiáns poida ser unha referencia asumida por todos. E propón como obxetivo a construcción dunha posición maioritaria favorable á abolición do aborto. “Éste é un obxetivo progresista, un verdadeiro adianto da civilización. Apoiándonos na ciencia, o aborto oponse ós dereitos humáns”. Aínda insisteu, na súa mensaxe de esperanza, na prioridade de dar a conocer a Cristo, porque conocelo a El é conoce-lo sentido da vida”[…] E conclueu afirmando que a sociedade necesita ós cristiáns. Pola contra, defineu o laicismo como perversión da democracia.

Liliana Negre, senadora arxentina e presidenta da Acción Mundial de Parlamentarios e Gobernantes pola vida, denuncia que na Arxentina e “dende o advenimento da democracia non houbo un ataque tan claro ó dereito á vida como co presidente Kirchner”[…]. A senadora afirma que non abonda con facere un discurso e votar; deben propoñerse outras leis e denuncia-las presiós exteriores, mesmo apoiar ós que defendan a vida como o presidente Tabaré Vázquez, do Uruguai. Pero ela intenta, sobre todo, que os seus compatriotas católicos se impliquen, que teñan en conta a importancia destos temas á hora de votar, demandarlle ós políticos unha explicación clara do que van facer. “¿Quere vostede o meu voto? ¡Pois pronúnciese!”. Dictan estas leis porque non-os controlamos. Por eso recomenda un discurso claro nas igrexas en defensa da vida. E que nos metamos nos partidos ou usemos internet pra facer da nosa protesta polo mal feito un verdadeiro clamor.

Eduardo Verástegui, actor e productor da película “Bella”, recibeu o premio máis importante do Festival de Toronto. “Bella” é unha historia sobre a vida, a amistade e a familia, e da capacidade humáa pra amar nas circunstancias máis inesperadas. A película marca o inicio da gran cruzada de Eduardo Verástegui que, en diversos foros e por medio dun video de YouTube, en internet, adherido á plataforma “Derecho a Vivir”, está a defende-la vida da muller e dos nenos en xestación como dereito fundamental. Non existe dereito a matar. Autoriza-lo aborto libre implicaría, dí, “un verdadeiro holocausto silenciado”. Hai que té-las ideas claras pra afirmalo así, tan precisamente. E tamén propón unha cuestión: se os gobernantes son incapaces de defender ós máis indefensos, ¿qué van defender?... Remitíronme por correo electrónico o citado video hai uns sete días, aínda pouco visitado. Neste momento pasan de cen mil as entradas recollidas polo contador. Buscade en Google e veredes.

[VIDEO DE EDUARDO VERÁSTEGUI. EL ABORTO ES UN COLOSAL FRACASO. CLICADE AQUÍ]