Mostrando entradas con la etiqueta mark duchamp. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mark duchamp. Mostrar todas las entradas

jueves, 30 de abril de 2009

O QUECEMENTO GLOBAL, ¿MENTIRA?

Alborada de San Xohán. Dibuxo de Xesús López. O costume das fogatas permanece dende os inicios da nosa cultura. O ritual tenta qu´o Sol non esmoreza, non se apague, aínda qu´a sociedade moderna non pense máis alá das cachadas como unha forma de festa. Esas cachadas non inflúen no cambio climático; outros excesos do home, a desaparición das zonas húmedas ou dos boscos primarios, sí.
-
Pontevedra, 30.04.2009
-
Entrada n. 924 do blog
-
O QUECEMENTO GLOBAL, ¿MENTIRA?,
por Xesús López Fernández
-
Parecía xa unha verdade de libro ilustrada coa información do glaciar Perito Moreno a se suicidare no Sur da Patagonia; pero pode haber avisos de que Gaia estea preparando un novo reequilibrio, talvez non querido por esta nosa sociedade. Incluso apuntan algús meteorólogos se non estará en marcha un novo tempo de glaciaciós. Como é un tema longo e pra especialistas, inclúo a continuación un enlace con información e videos sobre o particular:
-

miércoles, 17 de diciembre de 2008

MUÍÑOS DE VENTO

Non son gaivotas, senón a miseria paisaxística ocasionada pola cobiza territorial dos concesionarios das eólicas.
martínmorales, no ABC. Os banqueiros agradecen ós seus clientes por se teren deixado convencer prá inversión en fondos de estafadores. No tema dos virandelos, os partidos poden estar a traballaren tamén o seu beneficio. Ou fondos de reptiles se máis convén chamalo así, contraprestación ás concesiós que vaian outorgando.

Chatarra eólica en Hawai. Construídos no 1989, non hai cartos pra levanta-los molinetes. ¿Acontecerá o mesmo noutras partes?

Pontevedra, 17.12.2008

Entrada n. 751 do blog

MUÍÑOS DE VENTO,
por Xesús López Fernández

Téñolle dedicado ó tema dos aeroxeneradores diversos artículos que índa se poden localizar en varias bases de datos. En iberica2000.org está inserido un longo, e recomendo ós que teñan interese en profundizar na cuestión dos virandelos, no fondo d´estafa que se poida dar neste negocio, que consulten na citada web, na que existen diversos enlaces, especialmente os correspondentes a traballos de Mark Duchamp, talvez a maior autoridade mundial na materia.


E vou limitar esta entrada á presentación dun enlace da citada iberica2000.org sobre "Eólica y muerte. Saqueo por todas partes en una sociedad sin valores".


No encabezamento do traballo faise alusión ós xeneradores letales que a Xeneralitat Valenciáa está ubicando en zonas de protección de aves. Reparen en que existe un enlace que avisa: 177 avutres mortos nas centrales eólicas de Els Ports, Castellón.

Dende o propio artículo han poder acceder a unha serie de videos "incomenentes", sobre quecemento global e virandelos en ignición.


Tómeno con calma e vaian entrando nos diversos enlaces, porque o escándalo, que a Galicia chegou hai tempo, parece ten agora novos protagonistas.


A información que no seu día, ano 2006, dou o Diario de Burgos, é de vital importancia pra estare un pouco impostos sobre o disparate que implica a adoución, sen máis, das eólicas como enerxías alternativas, que según o presidente da Rede Eléctrica Española, non son xestionables.
-