Avelino Muleiro, o presidente do Centro de Estudios Carballiñeses, fala claro: Non se trata de substituir "polbo" por "pulpo", senón de que ámba-las dúas palabras convivan no diccionario. E ten razón. A RAG hai tempo que perdeu os papeles, tendo sido incapaz de dictar unhas normas que teñan presente o idioma como creación popular.

No Carballiño, tódo-los Agostos celebran a por eles chamada Festa do Pulpo, palabra ésta de uso maioritario na fala galega que a RAG, por puro diferencialismo, ten tachado no diccionario, como moitas outras que a lingua, empobrecida, bota en falta.
Entrada n. 1733 do blog
Artículo semanal. Editado no Diario de Pontevedra
Pulpo, polbo…
por Xesús López
Fernández
La Voz de Galicia do 4.01.2014 recollía a nova de que
o Concello d´O Carballiño vai comeza-los trámites pra que a palabra “pulpo”
figure no diccionario da RAG, do que foi deportada por unha especie de xangal
diferencialismo, como moitas outras palabras. Botando man de diversos
vocabularios e diccionarios galegos, vexo que a palabra ten presencia
compartida con “polbo” que nalgún tempo tiña o seu “habitat” limitado á
bocarribeira das rías baixas, algo que xa hai moitos anos sinalaba Manuel
Rabanal nun artículo publicado no ABC, extrañado de cómo no castelao de “lupus”
a “lobo” non se dese a mesma evolución, é decir, de “polypus” a “polbo”, como
aconteceu na área citada da bocana das nosas rías. Pero en gran parte de Galicia
sí decantou en “pulpo”, por suposto que palabra igualmente galega. I éso é o
que quer xustificare o alcalde d´O Carballiño, Argimiro Marnotes, que tenta dar
oficialidade á forma continental que podemos definir como maioritaria.
Outravolta atopámonos coa eterna cuestión. ¿Quén fai
o idioma? ¿A RAG, a sociedade? ¿É que o idioma galego non existía antes da
creación da Academia? Naturalmente que
existía porque é a sociedade a forxadora da fala, á que non se lle adicou a
atención que Sarmiento recomendaba: “Facede o idioma a partir da fala”. Sen
embargo, a lingua está de cada volta máis ferida, como máis deturpada de cada
nova volta normativa. Consultada a palabra “pulpo” no diccionario “on line” da
RAG, a verba aparece tachada e recomendan o uso exclusivo de “polbo”. N´O
Carballiño opóñense a ese “diktatt” cando levan máis de cincoenta anos denominando
Festa do Pulpo á que se celebra no mes de Agosto e con asistencia
multitudinaria, festa considerada de “Interés Turístico Nacional”. Pero a
Dirección Xeral de Turismo da Xunta tenta impoñer como nome o de “Festa do
Polbo”. O Carballiño prepara un informe, que vai ser realizado polo Centro de
Estudios Carballiñeses, prá súa remisión á RAG en demanda da súa aprobación á
iniciativa.
O alcalde fala incluso de posible iniciativa popular
de non contaren co placet da Academia. E farían ben. Con esa decisión estarían
a nos marcaren un camiño, porque son moitísimas as palabras hoxe inseridas no
diccionario, sen tradición na lingua, alleas incluso á súa psicoloxía.
Lembremos, por exemplo, a recomendación de Lugrís Freire, en relación coa
palabra “artigo”. El, na súa Gramática de Ligua Galega usa a palabra
“artículo”, porque decimos “articular,
articulista, articulado, articulación”. Como ese exemplo poderiamos tirar
moitos outros. “Evanxeo?”. Pero se decimos “evanxelizar, evanxelista,
evanxelización”!. Os diferencialismos son como a couza a rilar no idioma, a
esmorecelo máis e máis. E, claro, de cada volta menos falantes. O “galizo ou
galegués” emanado das normas non trae nengún tipo de salvación. Sí, extraños
discursos de xentes non instaladas no galego real.
Volvendo ós términos “pulpo” e “polbo” poderiamos
incluir aquí algunhas das entradas que recollen diversos autores. Curiosamente
parece que é Carme Ríos Panisse a que recolle máis entradas no seu diccionario
do 1977: 18 pra “pulpo”; 3 entradas pra polbo; 11 pra pòlbo. Sarmiento recolle
a forma “pôlbo”, marcando ben o circunflexo na pronunciación pra distinguilo de
“polvo” (de pulvis). En fin, coido que a
forma “pulpo”, aínda que coincida coa castelá, debería estar no diccionario da
RAG por maioritaria, convivindo con “polbo”. En clave de oralidade e de
bilingüismo harmónico, as coincidencias deben ser asumidas. ¿Cómo decir
“rastrillo” en galego? “Angazo”. Pero é que “angazo” tamén está no diccionario
da RAE!. ¿Van tenta-la súa supresión da nosa fala os radicales da deriva?
Moitas palabras, por decreto, xa non están, á par que foron inserindo non
poucas palabras portuguesas, con encarnadura imposible na nosa lingua. Pero
lembrémo-la lección de Rabanal: “polbo” é unha palabra da bocana das rías
baixas. E polbeiro, polbeira, ou dorna polbeira.
