miércoles, 18 de junio de 2008

A NOVA BARANDA DO MUSEO [18.06.2008]

Poneveda, 18.06.2008

Entrada n. 518 do blog.

A NOVA BARANDA DO MUSEO
[CRÓNICA DUN HORROR]
por Xesús López Fernández

Era a miña intención ter metido máis fotografías neste corto relato, pero parece que o sistema se rebela e non dou inserido, pendurado, algunhas das secuencias dos últimos meses de agresión ó espacio do Museo.

Nesta crónica quería apresentar algunhas fotos da última fase do que foi un parto que comezou no mes de Setembro do ano 2006. Agora, como coroa da obra mal feita, da mala actuación dos técnicos e da empresa, das empresas, que interveñeron nas obras do entorno do Padre Luís e rúa do Laranxo, quería agrega-la toma final, aínda incabada a nova balaustrada que nada ten que ver coa vella balaustrada do Museo, sempre maltratada e, ó longo das obras, depósito de material como pra que a mesma esgazara en por sí ou partira en mil anacos, como en definitiva aconteceu, porque na reposición da labra heráldica dos Mariño aprécianse vivas as feridas que lle inflixiron durante a "actuación urbanística" da reconfiguración.

Parece ademáis unha burla que se dispoñan a inaugura-lo "novo espacio" o próximo 27, coa presencia da Polifónica. ¿Por qué non cunha lexión de skaters, brindándolles así o novo espacio que pra eles se abre, coroa da accesibilidade predicada por Lores e Mosquera? De momento, pois, mostrémo-las secuencias que siguen. A ver ata cándo resiste o cruceiro da praza da Leña, porque pode ser un novo nemigo a batir, barreira urbanística e mental dos que non pensan en clave europea.

Addenda.- O Diario de Pontevedra d´hoxe fai noticia dunhas declaraciós de Teresa Pedrosa no sentido de que Patrimonio non se chegou pronunciar sobre o traslado da balaustrada e que incluso a Xunta, no ano 2006, pronunciárase en contra da actuación que non vai beneficiar nada máis que ós skaters.

A miseria se acentúa sobre o espacio, escombreira máis que obra intelixentemente efectuada. A baranda aínda resiste, con algún balaustre menos.

Outra man humorística avisaba da vergonza, do embarazo das obras de Laranxo, que duraba xa 16 meses. As barreiras que se aprecian ó fondo mostran o entorno de miseria da balaustrada.

O espacio íase conformando como un auténtico vertedeiro, agredido o propio Museo.

De cando no comezo das obras e sen decisión de Patrimonio, comezaban a trincarse o espacio.

Na arrancada das obras, unha man humorística deixaba este aviso: "Terreno minado". De certo que sí. E minado sigue aínda coas obras aparentemente rematadas. Quedan instaladas cantidade de tapas-trampa que poden sere causa de accidentes.

Envolta no misterio da noite, aí se aprecia a balaustrada do Museo co primeiro plano da labra dos Mariño. Foto prá lembranza, antes da actuación dos novos bárbaros.

domingo, 15 de junio de 2008

A RECESIÓN DEMOCRÁTICA [16.06.2008]

Fotografía correspondente ós días de folga e alarma ante o posible desabastecemento. (La Voz de Galicia)

Pontevedra, 16.06.2008

Entrada n. 517 do blog.

A recesión democrática [16.06.2008]
por Xesús López Fernádez

O acontecido ó longo da pasada semá, por se teren declarado en folga un vinte por cen dos transportistas do país, parece máis ben un claro anuncio de que poden vir momentos peores. Paralización do tránsito e circulación de mercancías, agresiós e perdas multimillonarias, desabastecemento… O Goberno parecía autista ata que, á fin, sí, sentouse a negociar. Pero non hai acordo e, se o petróleo continúa a escalada de precios, a crisis pode derivar cara un estoupido social non querido, perdida a confianza nos políticos que, se ben entendemos que estamos ante un fenómeno global, no noso país aprécianse síntomas que poden levarnos a unha quiebra do modelo de estado. Porque a nosa burocracia está a crecer en demasía, e o aumento de altos cargos, un 21 por cen despois das pasadas elecciós, é algo que temos que pagar todos, mileuristas incluídos, salvo que se reconduza á baixa a tal inflación funcionarial ou se pense, incluso, na supresión dalgún ministerio.

Arrancou o 13.6 a Expo de Zaragoza, colofón da traca dos acontecementos vividos, que pode mesmo apantalla-las miserias e dramas asomados en diversos sectores. Non dubido que pode ser un evento internacional ben pensado. Polo pronto o lema, “Auga e Sustentabilidade”, parece atractivo, sobre todo se establece pautas que fagan posible un futuro certo pró avance tecnolóxico, sen deterioro medioambiental. ¿Cómo é posible que o Goberno español suprimira o ministerio de Medio Ambiente, tan necesario no noso tempo, e non pensase en acabar co ministerio da Vivenda ou en non crea-lo ministerio da Igualdade, con ministra que tamén quer xogare á semántica, facer chistes coas palabras, que si “miembro ou miembra”..? Que tamén lle apuntou o seu parto á Academia. Pero…, non. Víctor García de la Concha, o presidente, dixo que na Academia non inventaban, sóo notariaban. Pero aí deixamos indicado un tema pra outro día. Hoxe vamos de recesión democrática, título que tomamos prestado dunha crónica de Stanley G. Payne, o célebre hispanista.

¿Será certo o que o autor cita, estimado xa por outros teóricos, de que conforme o ouro negro vai sobindo de precio, as libertades no mundo recúan, o que se aprecia incluso en países que tiñan experimentado un certo crecemento, unha era de bonanza económica?. ¿Cómo pode un blinda-los seus ingresos contra esa carestía presente ó mellor no traslado que decote fai pra traballar lonxe da casa, repercutida tamén na bolsa da compra? Está claro que o problema non se resolve con paciencia e que as familias sofren; que xa non se pode falar de desaceleración a unha sociedade que ve cómo os políticos sí blindan os seus ingresos e postos de traballo, e o seu futuro, mentres as listas do paro van a máis unha vez reventada a burbulla inmobiliaria. Resultado: menos ingresos por IVA da construcción; daí que o recaudado co petróleo se teña convertido no salvavidas gubernamental aínda sendo causa principal da situación aquí creada, da que algús analistas avisaban hai máis dun ano.

Estamos especialmente baixo a dictadura dos productores de gas e petróleo. Diminúe, polo tanto, a riqueza doutras partes do mundo, especialmente nas que dependen do exterior en materia enerxética. I é que vivimos unha conta atrás que non queremos valorar; que o petróleo ten data de caducidade. Quizaves o hidróxeno poida ser enerxía alternativa e limpa. E aí si que a auga podería se-la salvación como fonte inacabable. Pero ata o dagora vivimos unha situación de dependencia histérica do ouro negro, o que se veu traducindo na recesión democrática da que fala o autor americán, patente especialmente nos últimos sete anos, cando un Goberno central [dictador, lider populista, réxime autoritario], ve relativamente fácil dispoñer de grandes ingresos, pola vía das exportaciós ou da recaudación impositiva, e aburar así ás clases medias, que teñen que pagar a oscena repercusión, con degaro; que non poden mercar “unidades” de democracia porque o ouro negro lles come o presuposto.

sábado, 14 de junio de 2008

ATENTADO CONTRA GALICIA BILINGÜE

Esta é a fotografía coa que El Faro de Vigo d´hoxe ilustra a noticia. Grave que os galizos salvapatrias sigan a atentaren contra a libertade lingüística, como levan facendo contra o propio galego dende hai anos. Inagotables, como relos ou cantaruxas (cigarras): Galiza, Galiza, Galiza....Ga..li...za. GALICIA, COÑO!.

Pontevedra, 14.06.2008

Entrada n. 516 do blog.

ATENTADO CONTRA GALICIA BILINGÜE,
por Xesús López Fernández

A fotografía corresponde ó atentado sofrido polo coche do vicepresidente de Galicia Bilingüe, presuntamente obra dalgún grupúsculo de galizos, dos que defenden, en contra do aviso recén da RAG, o uso de Galiza no canto do nome verdadeiro do país, Galicia. No atentado deixaron tamén a súa mensaxe máis común de que "o espanhol" ou castelao é unha lingua de colonización, dito así nun cartel: "O bilingüismo e colonialismo espanhois: fóra da Galiza".

A Policía científica tomou mostras do garaxe e das posibles pegadas dos "galizos". E foron os veciños de Manuel Pousada, o vicepresidente de Galicia Bilingüe, os primeiros en dá-la voz de alarma.

¿Pero qué se creen estos "galizos" afectados polo mal da "lingua azul" ou cianótica, que nos poden ensinare a fala-la lingua que semellan desconocere?

O aviso da RAG sobre o nome real do noso país, Galicia, non parece inquedar ás xentes do Bloque, que en posteriores sesiós parlamentarias seguiron a facer uso do seu Galiza, o país dos galizos, agrilloados por un diferencialismo estúpido, tamén asumido, en parte, pola RAG. Daí viñeron estos lodos, o inmenso tremedal no que o galego enxebre vaise embullando, perdendo día a día. ¿Pra cándo a fin da RAG? Porque non a precisamos. Nen a ela, nen ós galizos.