miércoles, 18 de junio de 2008

A NOVA BARANDA DO MUSEO [18.06.2008]

Poneveda, 18.06.2008

Entrada n. 518 do blog.

A NOVA BARANDA DO MUSEO
[CRÓNICA DUN HORROR]
por Xesús López Fernández

Era a miña intención ter metido máis fotografías neste corto relato, pero parece que o sistema se rebela e non dou inserido, pendurado, algunhas das secuencias dos últimos meses de agresión ó espacio do Museo.

Nesta crónica quería apresentar algunhas fotos da última fase do que foi un parto que comezou no mes de Setembro do ano 2006. Agora, como coroa da obra mal feita, da mala actuación dos técnicos e da empresa, das empresas, que interveñeron nas obras do entorno do Padre Luís e rúa do Laranxo, quería agrega-la toma final, aínda incabada a nova balaustrada que nada ten que ver coa vella balaustrada do Museo, sempre maltratada e, ó longo das obras, depósito de material como pra que a mesma esgazara en por sí ou partira en mil anacos, como en definitiva aconteceu, porque na reposición da labra heráldica dos Mariño aprécianse vivas as feridas que lle inflixiron durante a "actuación urbanística" da reconfiguración.

Parece ademáis unha burla que se dispoñan a inaugura-lo "novo espacio" o próximo 27, coa presencia da Polifónica. ¿Por qué non cunha lexión de skaters, brindándolles así o novo espacio que pra eles se abre, coroa da accesibilidade predicada por Lores e Mosquera? De momento, pois, mostrémo-las secuencias que siguen. A ver ata cándo resiste o cruceiro da praza da Leña, porque pode ser un novo nemigo a batir, barreira urbanística e mental dos que non pensan en clave europea.

Addenda.- O Diario de Pontevedra d´hoxe fai noticia dunhas declaraciós de Teresa Pedrosa no sentido de que Patrimonio non se chegou pronunciar sobre o traslado da balaustrada e que incluso a Xunta, no ano 2006, pronunciárase en contra da actuación que non vai beneficiar nada máis que ós skaters.

A miseria se acentúa sobre o espacio, escombreira máis que obra intelixentemente efectuada. A baranda aínda resiste, con algún balaustre menos.

Outra man humorística avisaba da vergonza, do embarazo das obras de Laranxo, que duraba xa 16 meses. As barreiras que se aprecian ó fondo mostran o entorno de miseria da balaustrada.

O espacio íase conformando como un auténtico vertedeiro, agredido o propio Museo.

De cando no comezo das obras e sen decisión de Patrimonio, comezaban a trincarse o espacio.

Na arrancada das obras, unha man humorística deixaba este aviso: "Terreno minado". De certo que sí. E minado sigue aínda coas obras aparentemente rematadas. Quedan instaladas cantidade de tapas-trampa que poden sere causa de accidentes.

Envolta no misterio da noite, aí se aprecia a balaustrada do Museo co primeiro plano da labra dos Mariño. Foto prá lembranza, antes da actuación dos novos bárbaros.

No hay comentarios: