miércoles, 9 de julio de 2008

GLACIAR PERITO MORENO, NA ARXENTINA

Pontevedra, 9.07.2008

Entrada n. 555 do blog

GLACIAR PERITO MORENO, NA ARXENTINA,
por Xesús López Fernández

Preséntase aquí un novo video en relación co glaciar arxentino da Patagonia, que parece morre, e que morre no inverno austral. O mundo ó revés.

Entendo que este vídeo ofrece unha máis amplia perspectiva que a do inserido na entrada n. 554, que se aprecian na súa dimensión os laios do glaciar polas innumerables fendas i enormes fírgoas que nel se van producindo, na súa permanente escachadura. ¿Esmorece Gaia aínda máis...?

Sigue o vídeo:

YOU TUBE / GLACIAR PERITO MORENO, ARXENTINA.

martes, 8 de julio de 2008

O CAMBIO CLIMÁTICO, CANDENTE.

Pontevedra, 9.07.2008

Entrada n. 554 do blog

O CAMBIO CLIMÁTICO, CANDENTE
(¿A MORTE DUN GLACIAR?),
por Xesús López Fernández

O glaciar Perito Moreno, no sur da Patagonia, é un dos grandes espectáculos que a Arxentina ofrece ó turismo internacional. No verán austral, ese glaciar que, a pesar de se esgazar contínuamente, mantén as súas dimensiós, é visitado por moitedume de turistas. Aínda hai cousa dun ano tiven ocasión de ver unha reportaxe interesantísima, particular, unha colección de fotografías na que o glaciar aparece convertido nunha morea de agullas que se están a desprender. O ruído faise, según os conocedores do fenómeno, enxordecedor.

Pero desta volta, inverno austral, non debería producirse esa actividade; máis ben correspondería a rexeneración do Perito Moreno, nome curioso pra un glaciar. Pero, non. Está a acontecer xustamente o contrario: unha actividade acelerada de rompimento, de escachadura daquela masa xeada, que ten de estar necesariamente relacionada co cambio climático global. O video que sigue mostra unha actividade de natureza insólita. Son as súas queixas porque non soubemos garda-lo planeta azul. Somos nós, os homes, os responsables de que o planeta se perda. E non parece que Gaia teña remedios pra tanto ataque; polo menos que non os ten a prazo corto.

VIDEO DE YOU TUBE


FILANDÓN DE MÚSICAS DO CAUREL

Ponevedra, 8.07.2008

Entrada n. 553 do blog

FILANDÓN DE MÚSICAS DO CAUREL,
por Xesús López Fernández

O Filandón é un encontro, xuntanza de músicos e poetas, cecáis o evento máis importante do Caurel, que se celebra tódo-los anos. O interesado en ver outras demostraciós de música étnica como a que se mostra no video que sigue, pódeas encontrar por medio de You Tube, sen problema algún, pero tamén pode ser testigo da demostración que pró próximo 20 deste mes anuncia xa o mestre Xosé Lois Foxo Rivas, o XI Filandón de Músicas do Caurel.

Todos estamos invitados a nos solagar nun baño de música étnica pura, nun esceario cen por cen natural, de impacto medioambiental positivo, dende a Pradeira de Transpontes, antre os ríos Lor, Paderne e Rogueira, no cruce de camiños Real, Moreda, Seoane, Mercurín coa estrada de Quiroga ó Hospital da Condesa, como anuncia o reclamo que nos fan pra que nos carguemos de enerxía positiva.

FONTIÑA DO CARABEL,
por Uxío Novoneyra

I

Fontiñas do Carabel!
Agoa branca,

nacida ó pé dunha faia
teñe que ter bon beber.

Ven. Chégate
aiquí.
Toma,
pon de calexa ista folla.
Asenta ben no buraco.
--¡Qué fontiña máis pequena!

Sécase
con un sorbato.

II

Fontiña do Carabel,
que dás xusto o que un pode beber!


VIDEO DE YOU TUBE /FILANDÓN DE MÚSICAS DO CAUREL.