España pode quedar desabastecida de petróleo, según ten reconocido o propio ministro de Fomento, Pepiño Blanco. Libia, o estado que vive días de horror e de masacre ordeados polo propio Al-Gadafi contra ó seu pobo e usando ademáis armas compradas, en gran parte, ó Estado español, según as últimas noticias podería ter cerrado a billa do petróleo. Malas horas, pois, pra ZP e a súa alianza de civilizaciós, a que parece unha aposta firme pola globalización da apostasía que xa é real no noso país, configurando cecáis a entrada en escea do Anticristo.
-
Pontevedra, 27.02.2011
-
Entrada n . 1403 do blog
-
Artículo semanal
-
A limitación da velocidade,
por Xesús López Fernández
-
Non parece cabal a limitación a 110 da velocidade máxima nas autopistas. ¿Pra aforrare? Tempo non, por suposto. ¿Pra salvar vidas? Discutible. Pódese pensar que, incluso, os conductores poden sentir un maior estrés e que, en maniobras de adiantamento, se multipliquen os accidentes. En Alemania consideran que a limitación da velocidade nas Autobahm [autovías libres de peaxe] non sería garantía de menos accidentes, daí que o 53% desas vías carezan de prohibición, se ben se recomende non pasar dos 130 km/h . O pretendido aforro enerxético non parece tal; antes ben, hai coches que á velocidade que agora impón o Goberno non se comportarían óptimamente con esta freada que vai afectare a todo o país, como a de 30 km/h polas vías dun só carril nas cidades que está a impoñe-la DGT. O Goberno, moi feliz, dí que con esta medida imos consumir un 15% menos de gasolina e un 11% menos de gasóleo, que ven se-lo seu discurso da sustentabilidade.
Según o debate organizado por algún medio, un 85% dos intervintes no mesmo opóñense ás medidas dispostas polo Goberno. E propoñen algús sectores, como máis intelixente, a posible renovación do parque de vehículos, tendo en conta que o consumo de combustible dispárase máis cando os coches envellecen, ou que mesmo pode estar en función da habilidade do conductor ou conductora no uso do seu vehículo. A medida, que foi tomada cunha certa precipitación e con carácter de provisionalidade, tal como reconoceu Rubalcaba, vai conlevar uns gastos que algús estiman en once millós de euros pola pegada de pegatinas coa leenda da nova limitación sobre a anterior de 120 km/h . Situación de emerxencia, dixo o ministro, algo que só pode ser entendido sobre da base dun posible desabastecemento que el nega, ó ser España un país dependente do suministro exterior que tenta, ademáis, incrementa-la recaudación por multas. E Libia acaba de cerra-la billa.
Mentres en Alemania o ministerio de Tráfico tense mostrado contrario ó criterio de fixare unha velocidade máxima nas autopistas, que considera as vías máis seguras do país, e informa que a maior parte dos accidentes de tráfego prodúcense naquel país en estradas secundarias, antre pobos, e os máis fortes danse en estradas nacionales, porque teñen dous sentidos. Pero os progresistas do noso país parecen felices sen enerxía nuclear e sen coches, que poderían pasar a prohibiren [como acontece nalgunhas cidades] porque ven nel o paradigma dos males que sofre a sociedade posindustrial e conciben, como apuntaba Ignacio Camacho no ABC do 25.02, un mundo sen enerxía nuclear, sen coches, sen armas, sen corridas de touros, entregado á bondade fraterna, á alianza de civilizaciós, á arela infinda de paz.
Parece evidente o que algús denominan “cubanización” de España, que como dí González Pons “son medidas soviéticas ás que deben estare afeitos en Cuba, pero non en España, onde defendémo-la nosa libertade”. E do caso cubano fala Natalia Pastor no seu blog, que propón “mejor en bicicleta”, vehículo intrínseco ó castrismo dende que a árbore soviética foi comesta pola couza e comezaron a caíren as súas ponlas por Europa do Leste, incluíndo o muro de Berlín, co que acabou o subsidio soviético do suministro de petróleo barato, que Cuba reexportaba a altos precios. Así foi como na illa caribeña comezou o “período especial en tempo de crisis”. Antre as medidas anunciadas pra capea-la treboada incluíran daquela a compra de bicicletas ós camaradas chinos, como forma de encarare unha posible paralización do transporte automotor, e Cuba convertiríase así nun referente no mundo das pedaladas. Certo que como enerxía alternativa tamén cabería regresare ó gasóxeno [outro uso prá biomasa] pra lle dar corda ós nosos vehículos. Pero en sete anos caímos de potencia do G7 ós 5 millós de parados e a dependere da bicicleta. Pode que con “mojito cubano” nalgún modelo de cidade.

