domingo, 5 de junio de 2011

En Pontevedra, qué goberno?

Esta fotografía debe ter máis de cen anos. Aínda non existía a Avda. Uruguai. Podemos maxinare os primitivos peiraos como puntos de arribada e atraque das dornas do xeito, as que pescaban "sardiñas a eito". O fondo da ría estaba intacto. Actualmente quedou estreitada a ría en máis dun 50% do seu ancho, precisamente na zona que, parcialmente, recolle a fotografía. (Foto do blog Vellapontevedra.blogspot.com, un gozo de información). Vista da ría dende a Alameda pontevedresa. Aínda non se construíra a ponte da Puntada, posiblemente tampouco a avenida de Marín. Na punta que se ve cara ó fondo, pola banda esquerda da ría, queren construiren o scalextryc a tres niveles e con douscentos metros de diámetro ó que se alude no artículo semanal que sigue. Contra eso non se pronunciou o PSOE, nen o BNG, nen o seu brazo verde, a APDR, que prepara unha marcha contra Celulosas pró 11 dos correntes, presuntamente ó dictado do BNG. Activan a súa farsa periódica.

Pontevedra, 5.06.2011
Artículo semanal.
Entrada n 1436 do blog

En Pontevedra, qué goberno?
por Xesús López Fernández


Aquí o PP foi partido máis votado, sen maioría absoluta. Conforme á política de pactos, estamos ante o posible parto dunha nova coalición do BNG co PSOE, que case desaparece nestas elecciós. Certo que en clave local pode salvarse un partido aínda sendo causa, dende o Goberno central, da situación de tremenda involución que sofre o país, da escandalosa cifra de paro, mesmo de recortes en materia social e, por último, agora coa teima de lle impoñeren ós historiadores a forma de escribi-la historia. Pero regresemos a Pontevedra, onde o partido pode estar agora penando o feito de non ter contado con Teresa Casal como candidata, pois visto polo miúdo o que se leva feito no eido do urbanismo local, as obras controladas por Casal na zona vella están máis na línea dun urbanismo digno que as anteriores, a excepción da reconfiguración da Avda. de Sta. María como deserto de pedra, ou o Campillo de Santa María que, arrasado, xa non se sabe o que é.


Os erros páganse e a Louro fáiselle difícil pactar, porque quere ter responsabilidades de goberno. El, que foi delegado de Goberno, algo puido ter feito pra acadare unhas posibilidades certas á hora de presenta-la súa candidatura. Refírome á restauración do Estado de dereito, que aquí non se ve. E sobre éso responde o home nun chat aínda verificable en internet. A pregunta 16 vai sobre éso: “O Estado de dereito acátase e debe implica-la execución das sentencias sobre o Porto de Marín a mai-lo ferrocarril. ¿Por qué non se compromete en campaña? ¿Por qué non explica as carencias existentes en política medioambiental?” O home responde: “Nós defendemos o Estado de dereito, defendemos as leis e as resolucións dos órganos xudiciais, en Pontevedra e en España. Elo supón a execución das sentenzas emitidas polos tribunais”. Difícil de creer, difícil de maxinare ó trío do PSOE, mancomunado co BNG, como rexeneracionistas. Coido que, ademáis, ambos partidos careceron, na campaña, de programa ambientalista. E xa non compren ofertas despois de tanta oportunidade perdida prá defensa das leis.


Coido que o programa de Telmo Martín contiña varias propostas que moitos pontevedreses non podiamos aceptar (Ence pra Bora-Marcón, a Praza de Galicia, o ff.cc. a Marín pra pasaxeiros, cando está sentenciado), pero sí soubo decir que el se oporía con tóda-las súas forzas á construcción do demencial scalextryc proiectado prá punta de Mollavao, tema que a moitos electores lles pasou desapercibido, que vai representare un golpe mortal prá nosa ría. Aí puido ter Telmo un mazo implacable contra BNG e PSOE, como tamén no tema da edar d´Os Praceres, prometéndolle ás mariscadoras o último día da campaña que a había retirar daquel lugar. Ésa era outra cuestión pra mazare unha e outra vez, non pra tocala xa en tempo de desconto. E a ver cómo se lle devolven os cartos aí invertidos á UE, cándo se produce, a nivel local, a necesaria confesión de culpa. Porque somos moitos os indignados aínda que non teñamos participado en nengunha acampada con auga corrente, luz e wifi, pra reivindicare unha chamada, polos medios extranxeiros, Spanish Revolution.


En fin, Louro, que di que os socialistas son os que mellor comprenden a maioría social de Pontevedra (difícil cunha militancia de pouco máis de trescentos afiliados), ten diante súa un madarrón ou comareiro de difícil remontada. Tal vez dous, porque en Política todo é posible en materia de pactos: que goberne a lista máis votada, exercendo o PSOE de oposición crítica; coalición co BNG, da que na última edición non saíron beneficiados; coalición incluso co PP. Difícil. Pero, repito, son moitos os indignados na nosa cidade, sen necesidade de acampar, por cousas aquí feitas. ¿Spanish Revolution?. No País Vasco. Alí desapareceron practicamente o PP e mái-lo PSOE. IU e UPyD, que tentaron beneficiarse das acampadas, non sacaron un concellal. Galicia é un país distinto e Louro ten diante súa un tema longo. Pra pensar.

miércoles, 1 de junio de 2011

SYDNEY POSSUELO

Sydney Possuelo, defensor dos pobos indíxenas da Amazonía dende hai máis de corenta anos, aparece na fotografía con antropólogos ós que foi mostrando os misterios da Amazonía profunda, das súas xentes.
Hai unha web titulada "¡La Tierra que nos parió!", de Luís Miguel Domínguez, referencia obrigatoria, na que se afirma nun post adicado a Sydney Possuelo que a el debe todo canto ten aprendido dos indíxenas amazónicos. O autor é documentalista e nada mellor que consulta-la súa obra en internet, da que dend´agora convírtome en seguidor. A súa serie documental "Amazônia, última llamada", contou en todo momento co apoio de Sydney Possuelo, co que dend´aquela, ano 1999, mantén unha grande amistade. O documentalista própón pra Sydney o Premio Nóbel da Paz. Leva anos propoñéndoo.

Sydney Possuelo avisa do peligro das novas tecnoloxías, de cómo os últimos paraísos están en peligro. Efectivamente, son moitos os indios que claudicaron e venderon as súas terras prós cultivos extensivos de soxa ou prá súa explotación polos garimpeiros á busca d´ouro. Algús deses indios desprázanse incluso en avión no que vai quedando como solar do que foi bosco auroral, reino da auga e da biodiversidade, según me avisaban hai poucas horas por Facebook.

Pontevedra, 1.06.2011
Entrada n . 1435 do blog


SYDNEY POSSUELO, por Xesús López Fernández

Teño unha lembranza lonxáa de Sydney Possuelo, de cando leín o libro de Javier Rojo "Senderos de Libertad", ó que fago referencia no meu último artículo semanal, "Ser conservacionista, no Brasil".

A Enciclopedia Wikipedia define a este home, Sydney Ferreira Possuelo, nacido en Sao Paulo o 19 de abril do 1940 , como explorador brasileiro, activista social i experto en sociedades indíxenas. Comezou a súa carreira asistindo ós irmáns Villas Boas có seu traballo en relación cos pobos indíxenas na área do río Xingu. Tempo despois convertiríase no director do Departamento de Tribus Desconocidas (Departamento de Indios Illados) no FUNAI (Fundación Nacional do Indio) acadando pra eles o doble da superficie oficial asignada como terras indíxenas no Brasil, en só dous anos.

El, que curiosamente non se define como antropólogo, senón como explorador, como sertanista, leva traballando nas áreas máis remotas da Amazonía. Pero sí ten sido guía de antropólogos en moitísimas expediciós, sempre coa idea d´acadare contactos con tribus isoladas do Brasil e, ó mesmo tempo, protexelas doutras ameazas. E foi o responsable pró contacto pacífico cos indios Korubo, que anteriormente tiñan atacado a xentes do FUNAI. Son razós, esforzos polos que Possuelo ten recibido moitos premios, incluíndo honores do National Geographic Society, Bartolomeu de las Casas, e o título de "Héroe do Planeta" pola revista Time.

Ata o 24 de xaneiro do 2006 foi cabeza do FUNAI, a oficina gubernamental responsable de protexere das invasiós colonizadoras a terra e o xeito de vida das tribus ailladas. Días antes tiña criticado ó director do FUNAI, Mercio Pereira Gomes, por ter suxerido qu´os Indios Brasileiros tiñan moita terra. Pouco tempo despois, Possuelo sería retirado do seu posto, polo pecado de ter criticado a política indixenista do Goberno, sen lle importare un pemento o seu sillón. E así, o home, posicionado do lado dos seus, dos indíxenas, "a súa familia", desapareceu do Goberno.

Este home é o artífice dun periodo imprescindible pró respeto ós pobos indíxenas do Brasil, según afirma Luís Miguel Domínguez. E pra el é un héroe de carne e óso que ten xogado a súa vida mil veces, na defensa dos indefensos. E o home, na web arriba enlazada, dí: MERECE XA UN RECONOCEMENTO INTERNACIONAL como o PREMIO NÓBEL DA PAZ, como xa queda citado. E conclúe na presentación dun post:
"Amigo Sydney, xa sabes qu´estas catro letras son pra lembrare públicamente a todo aquel qu´o queira oir, que todos e cada un dos meus documentos sobre os indíxenas da Amazônia foron paridos gracias a tí. Quéroche, amigo gruñón, sentimental e collonudo".

Internet está preñado de referencias a Sydney Possuelo. Tal vez aínda mereza máis. Ós internautas que teñan curiosidade polo persoaxe non lles ha ser difícil ampliare o que aquí queda dito como referencia de mínimos. Talvez que volvamos sobre o persoaxe.
Enlace importante:Sydney Possuelo: o último héroe do mundo real, artículo de Pablo Cingolani, en ECOPortal.net.

domingo, 29 de mayo de 2011

Ser conservacionista, no Brasil


Marina Silva pertence á etnia zambo e foi cofundadora con Chico Mendes do Sindicato Único prá defensa dos intereses dos seringueiros e do desenvolvento sustentable da Amazonía. Escoller ese modo de vida significa, ás veces, estar no corredor da morte. O anxo da Amazonía, mostra a consigna escrita nun letreiro, en brasileiro, na que, por certo, o acento sobre a palabra marca a sílaba -zó- como tónica, sinal que incluso naquel país non é única a forma de decila: "PRESERVAR A AMAZÓNIA É UM COMPROMISSO DE AMOR COM A VIDA".
Na fotografía, Marina aparece ante unha hevea e mostra a técnica do sangado prá obtención do caucho, garantía de vida pra moitos seringueiros, garantía de vida pra Amazonía. Sobre este tema recomendámo-la lectura dun libro de Javier Rojo, Senderos de Libertad, escrito contra os primeiros noventa. O libro sitúanos ante moitos dos dramas investigados polo autor español, especialmente a presión existente en torno a Chico Mendes, o home que sería asesinado. Un libro que namora.

Pontevedra, 30.05.2011
Artículo semanal.
Entrada n. 1434 do blog

Ser conservacionista, no Brasil,
por Xesús López Fernández


Chégannos dúas noticias do Brasil, sobre ecoloxismo. A primeira delas fala do asesinato a tiros dun activista defensor da Amazonía, José Claudio Ribeiro da Silva e da súa dona María do Espírito Santo da Silva, na reserva ambiental de Pará, onde vivían dende facía vintecatro anos. Realmente trátase dunha morte anunciada, que se produceu meses despois de que o home fora ameazado polos madeireiros que querían invadire a reserva, na que vivía o matrimonio, pra talare variedades de alto valor comercial como a caoba. O matrimonio tiña como actividade principal a recollida artesanal de castañas. Xa no mes de novembro o home anunciaba nun foro celebrado en Manaus: “Hoxe estou a falare con vostedes pero nun mes poderían ter noticias da miña morte”. “Hei defende-lo bosco coste o que coste. E por eso podo recibire unha bala, na frente, en calquer momento, polas miñas denuncias contra os madeireiros”. O home, que tiña medo e non recibía protección oficial, decía que “mentres teña forzas pra camiñare, hei denunciar ós que destrúan o bosco”.


Conocida a súa morte, a presidenta Dilma Roussef ordeou ó ministro de Xusticia a inmediata investigación do asesinato da parella. Ribeiro da Silva e a súa muller eran dirixentes do Consello Nacional de Poboaciós Extractivas de Pará, unha organización non gubernamental fundada por Francisco “Chico” Mendes, o seringueiro e lider ecoloxista asesinado por gandeiros no 1988, como tamén a misioneira norteamericá Dorothy Stang, no ano 2005, en Pará, por defendere ós campesiños sen terra. Aquelas mortes, como as agora producidas deixan en evidencia que o futuro da Amazonía, cunha deforestación que se multiplicou por seis dende o pasado ano, está claramente comprometido ó non existir outra política gubernamental que a dun certo arraso, posible coa aprobación estos días dun proiecto de lei que acrecentaría as terras cultivables e que a presidenta do Brasil di vai vetar no caso de pasa-la votación do Senado. A reserva na que se produciron as novas mortes é de cerca de 22000 has., e dela viven 500 familias que queren salva-la Amazonía.

A segunda nova refírese a Marina Silva (María Osmarina Marina Silva Vaz de Lima), cuia vida vai ser levada ó cine. Ambientalista comprometida, a ela témonos referido nalgunha ocasión. É da escola de Chico Mendes, activista con el e Leonardo Boff. Nacida nunha aldea de seringueiros, Breu Velho, o 8.02.1958, é hoxe considerada por Times unha das cen mulleres máis influíntes do milenio. Na súa infancia traballou no campo xunto coas súas irmás, facéndoo despois como seringueira. Cazaba, pescaba, e axudou ó seu pai a cancela-las débedas co dono do cultivo do caucho. Ós 14 anos aprendeu o máis básico das matemáticas. Despois de ser alfabetizada, no 1981 matriculouse na universidade. Licenciouse en Historia. A súa carreira política comeza como concellala no municipio de Río Branco, en Acre, no 1988, onde a súa honradez valeulle de credencial popular. No 1990 sería elexida diputada estatal; no 1994 senadora. Foi ministra de Medio Ambiente con Lula da Silva, dimitindo no 2008 pra se integrare no Partido Verde, a terceira forza política do Brasil.


Sempre entregada á causa da Ecoloxía (chamarianlle o anxo da Amazonía), e tamén coa palabra: “O importante é procurar soluciós prás políticas de país, porque os gobernos pasan; os países quedan”. Digamos que, dende unha óptica fondamente cristiá, di que se debe resolve-la dialéctica antre o desenvolvemento e a protección ambiental, tomando en conta a natureza e as comunidades. Foi unha das persoas invitadas á Expo de Zaragoza, onde entregou o seu libro “Novas estratexias pra freare a deforestación amazónica”. I entende que o reto da prosperidade ten unha única ecuación: que non se pode separa-lo medio ambiente do desenvolvemento e viceversa. Atopar novas formas de camiñar, de crear postos de traballo no marco dunha economía sustentable. Se o poder non é ambientalista, a miseria pasa factura.