domingo, 25 de septiembre de 2011

Pontevedra, nova involución

Ésta é a arrancada da rúa do Progreso, en Pontevedra, así chamada dend´o 1894 ata o 1926. No 1931 tentóuselle repoñe-lo nome, sen resultado, según nos aclara Xosecas no blog vellapontevedra.blogspot.com, do que me permito tira-las dúas fotos que inclúo no post d´hoxe, fotos de hai máis de cen anos. Esta é de Zagala, que deixou un importante leigado de tomas da nosa cidade, da nosa historia. En Pontevedra non se conocía o coche aínda, pero a roda foi sempre un instrumento de progreso, aínda que cambiase a tracción dos vehículos. Desta volta e cun goberno cateto parece que xa non se quer potencia-lo uso do coche, prohibido en gran parte da cidade, onde tentan primare o uso da bibicleta de forma incluso suicida, porque non hai norma claramente establecida e xa se levan contado, en pouco tempo, algús accidentes.

Pontevedra, 25.09.2011
Entrada n. 1469 do blog

Artículo semanal.

Pontevedra, nova involución,
por Xesús López Fernández


Coido que nos estamos a esquecer novamente da historia local, de cómo aquí se foi conformando unha urbe harmónica, coa cultura como unha constante en non poucas das asociaciós que foron granando. A cidade, capital de provincia, pola súa situación privilexiada iríase convertindo en centro administrativo á par que mercantil, unha especie de gran mercado, polo de atracción prás xentes da súa zona de influencia, cuia presencia na vila era cotiá e magnificabase especialmente os días de feira. Os tempos traerían consigo novas formas de facer negocio, sendo decisivo pra éstas a aparición do coche e a mellora do transporte colectivo: tranvías, trolebuses, autobuses, hoxe privados de arterias urbás. Algús blogs pontevedreses como vellapontevedra.blogspot.com ou “follas verdes con pontevedra” agasállannos decote con fotografías do noso pasado, demostrativas algunhas delas de que outra Pontevedra era posible. Pero moitas cousas cambiaron e non a mellor: a renuncia do mar ou dunha circulación viaria vertebradora da cidade, doudamente peatonalizada.

Luís Bará, concellal co primeiro goberno pontevedrés do Bloque, que despois exercería como director xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia, regresaba á gobernación local como concellal non electo ó perde-lo bipartito a gobernanza da Xunta. Xa daquela apuntou algunha idea sobre novos cambios viarios, que non progresou; pero volve con máis do mesmo e coa intención de peatonalizare gran parte de Benito Corbal, a chamada milla d´ouro, e ordear novos cambios de sentido no tráfego de diversas rúas. Di que están a falare cos veciños, que nunca deberían te-lo poder de decisión prá peatonalización de viales, lección de doudice urbanística xa sabida. Ademáis que algo sabemos de cómo se fan esas consultas. “Os veciños da cidade vella solicitan máis peatonalización”, titulaba certo medio unha noticia, alá polo 2001/2002, que non se refería ós residentes, senón a un colectivo mínimo, “Cidade Vella”, sen imprantación na zona, baraza ó servicio do goberno local.

Luís Bará parecía arrancare esta nova etapa cunha idea intelixente en relación coa construcción do Museo da Historia na praza de Valentín García Escudero: o abandono do proiecto existente. As excavaciós alí practicadas parecen máis ben un foco de miseria, outra forma de paraliza-la vida local. Pero no canto de reaccionare contra a infrautilización do espacio, entrada á cidade dende a ponte do Burgo, cara ó Mercado, cara unha das vellas arterias da cidade: Arzobispo Malvar, que na parte alta enlazaba con Michelena, Riestra, Pardo Bazán, etc., queren arrasar co que representaba un dinamismo real. Esa arteria, anulada polas excavaciós arqueolóxicas, insultada polas obras do Campiño de Santa María, agora morre no absurdo e gris largo de baldosas situado antre a casa consistorial e a Alameda, sen outro sentido que unha especie de delirio mussolinián pra non se sabe qué. Pero Luís Bará anuncia xa a anulación de carriles nas pontes dos Tirantes e Compostela, e a peatonalización da ponte do Burgo, da que foi secularmente vía mercantil.


Nos foros abertos a resultas destas noticias, algús opinan acedamente: “A falta de ideas, peatonalizar ainda máis”. Alguén propón, pra Benito Corbal, o ancho estándar de corredoira, como en Cobián Roffiñac; como no primeiro tramo da estrada de Vigo, como noutras rúas hoxe desnaturalizadas. Algún medio acompañaba a nova da peatonalización agora tramada dunha fotografía de Luís Bará, nun local do Gorgullón, informando do seu proiecto ás xentes presentes no acto, un corto grupo, algo que ó Concello non importa. Un paripé, que milleiros de protestas pola actuación na Glorieta de Concepción Arenal; ou o repudio sinado por máis de mil cen veciños en relación co feito na praza da Verdura, reventada a súa harmonía coa eliminación das catalpas e o roubo dos bancos; as sinaturas de nada valeron. Unha nova involución está servida. A posible denuncia veciñal, sempre á marxe das asociaciós “tomadas”.

domingo, 18 de septiembre de 2011

O imposto de Patrimonio

Estos dous chistes de Esteban en La Razón valen pra ilustrare o traballo actual. Certo que non se alude neles ó imposto de Patrimonio, pero sí á situación caótica que deixa ZP, ó que quer sucedere Rubalcaba, o químico prodixioso, a lebre.
Este é o discurso de Rubalcaba sintetizado polo mesmo humorista, mellor por certo que as súas intervenciós en plan madre Teresa de Calcuta.

Pontevedra, 19.09.2011
Entrada n. 1468 do blog
Artículo semanal

O imposto de Patrimonio,
por Xesús López Fernández

Á fin e tal como Rubalcaba lle tiña pedido a Zapatero, o imposto de Patrimonio foi restablecido polo Consello de ministros do pasado día 16. O argumento do candidato socialista era o de que por medio do mesmo vaise recaudar un “dinerito” pra invertire na creación de emprego xuvenil, afirmación que parece un tanto infantil. Este imposto asusta polo seu carácter confiscatorio e non poucos políticos, periodistas e homes de finanzas definíronse en contra da súa reimprantación: Rajoy defíneo claramente como “un imposto que castiga ó que aforra e premia ó que non aforra”. Unha mala noticia, unha clara contradicción recuperalo pouco despois de o ter abolido, cando ademáis parece que esta figura impositiva non existe nada máis que en Francia (cun gravamen moi inferior ó que agora establece España) ou na India, según matizou Durán i Lleida, que o define como unha barbaridade, aposta puramente demagóxica prás elecciós do 20-N que grava rendementos que xa tributaron.


Poderiamos traer aquí outras opiniós que coinciden coa do líder catalán, pero o máis grave do tema é o posible efecto deslocalizador das grandes fortunas, sobre todo nun país como o noso, públicamente endebedado en 700.000 millóns de euros e cun déficit previsto pra este ano de 60.000 millóns. A recaudación estimada por medio deste imposto non pasaría dos 2.000 millóns de euros, menos do 0.3% do total da débeda que non vai compensa-lo seguro éxodo das grandes fortunas, que pode que xa non volvan despois da medida agora adoutada. Non é tanto cuestión de aloumiñar ós ricos pra que non marchen como de non lles cobrar por terceira vez e de non inventare un imposto que penalice o seu aforro, patrimonio moitas veces reunido como consecuencia de que o seu propietario viveu inmerso na cultura do esforzo e do traballo continuado. Pero estamos a dous meses dunhas elecciós que non pintan ben e parece oportuno retoma-la dialéctica demagóxica de ricos e probes, cando o país ten censados cinco millós de parados a consecuencia do desgoberno existente.


Chegamos xa a unha situación na que a rabia do cidadán que traballa e produce (en calquer país) é indescriptible, porque ve o saqueo que do froito do seu traballo, boa administración e aforro fan os “avutres políticos”, parasitadores dunha sociedade que non saben administrar e que van terminar por arruinare, como xa ten acontecido na maior parte do mundo […] onde os casos conocidos de diversos países (Irlanda, Grecia, Portugal, Islandia….) e outros que, nun claro efecto dominó, levan o mesmo camiño, según cita Antonio García Fuentes en elaleph.com, que ademáis insiste en que só Islandia soubo sentare no banquiño ós culpables que van ser xuzgados, agardando que de forma exemplarizante. Eso ven ser un logro da sociedade daquel país, pero en España, según denuncia Daniel Montero en Portal Libertario, con datos abundantes, ser político é un auténtico chollo. De momento está en marcha unha denuncia, a recadádiva de 500.000 sinaturas prá promoción da oportuna iniciativa parlamentaria en contra da pensión vitalicia dos políticos.

Pero un artículo de Carlos Ruiz Miguel (“De sirvientes a señores”, ABC do 17.09.2011) inclúe uns matices que nos valen pra comprendermos o caos político no que vivimos, do que o imposto confiscatorio do Patrimonio é unha derivada. ¿Qué aconteceu? Que os ministros esqueceron a etimoloxía da palabra que os define, que ven do latín “minister”, “servinte”; que emparentadas con esta palabra están outras verbas como “menos”, “menor”, “miniatura” ou “minúsculo”. ¿Qué ten acontecido pra que os que naceron como “modestos”, “menores” ou “servintes” se teñan convertido en casta privilexida e altiva? A resposta, dí o autor, é que a política deixou de ser un servicio; agora é unha saída pra poder vivire moi ben a costa dos demáis. O imposto de Patrimonio, que pouco lles vai valer, maza nos “ricos”: unha especie de parto dos montes, pouco “dinerito”, Rubalcaba dixit, que pode ir en contra súa o 20-N.

domingo, 11 de septiembre de 2011

O balance das súas señorías

Como o artículo incluído neste post aparece hoxe, 12.09, en varios medios, aínda é oportuno ilustralo co novo chiste de Montoro, d´hoxe en La Razón. Porque, efectivamente, ¿qué terán feito as súas señorías cos nosos patrimonios, especialmente co patrimonio común, o ambiental, que é de todos e que eles quixeran engulir, dunha vez por todas, con novas recalificaciós prós seus clústers, os que lles dictan as "políticas" a seguir, patrimonio común a aniquilar, en definitiva? Xa me gustaría a min ver ó Rubalcaba tentando cociñar un zapatón, como fai o home da ilustración!

Caín, en La Razón. Pode que a declaración das rentas e patrimonios das súas señorías forme parte da estratexia de, agora que están convocadas elecciós, asimilárense ós cidadáns perseguidos polo fisco ata o último alento. Considerando o alcance do anuncio, examináda-las contas por eles presentadas, todos parecen estar nun mesmo saco, o do "partido único", porque a todos, a todos lles interesan os cartiños.
Outro chiste de Caín, sobre políticos. A súa sentencia podémola relacionar igualmente co balance das súas señorías. O bo político, dí o humorista, é o que permanece fiel a si mesmo en todo no que non debería. Pero na relación aparecen algús datos increíbles: contas con só mil euros. ¿Políticos parlamentarios mileuristas?. Socialismo de boquiña. Queda mellor servido Llamazares, aínda qu´o teñan collido co paso cambiado e se lle subleven os do 15M, ós que precisaba prá súa cruzada de sanación esquerdista.
Pontevedra, 11.09.2011

Entrada n. 1467 do blog

Artículo semanal.


O balance das súas señorías,
por Xesús López Fernández


Congreso e Senado acaban de facer públicas as declaraciós de bens e rentas dos nosos parlamentarios. É a primeira vez que se fai na súa historia. A noticia suscitou un gran interese i en poucas horas a web do Congreso recibeu a visita de 130.000 internautas, motivo polo que se sobrecargou a páxina e non poucos cidadáns víronse privados da información nese primeiro momento. Si a información supón unha certa bocanada de aire fresco, un exercicio de transparencia, é algo que está por ver. Pero en principio aparece, na ficha persoal de cada unha das señorías, reflexado o valor das súas vivendas, vehículos, contas bancarias, hipotecas e préstamos de tipo persoal. A información foi en xeral ben acollida, con independencia do humor negro que cada quen queira botarlle ó estudio de cada caso particular.
Moitos pergúntanse, á vista dos patrimonios publicados, qué diferencia existe antre as fortunas das xentes de esquerdas e a correspondente ós de dereitas, porque temos oído non poucas veces a definición de que “a dereita apoia ós ricos”, pero dáse a circunstancia de que as maiores fortunas parecen estar do lado da “esquerda progresista”, que agora ata a Bono lle cadran, en parte, as contas da Hípica Almenara; e a Salgado, a Rubalcaba, a Mercedes Cabrera, patrimonios herdados ou acumulados, móstraos como xentes que souberon xogare cos seus talentos. Unha pena que, así como gardan o seu, teñan fracasado na defensa do Estado de Benestar, convertido o Goberno de ZP nunha fábrica de parados, consecuencia da súa política económica, fiscal, social e na desfeita do tecido productivo, estimándose en douscentos mil os empresarios autónomos quebrados ó longo do periodo ZP. Mal colofón pra un goberno que se di de esquerdas e progresista.
Ó que non parece lle gustara a publicación dos datos citados é a Llamazares, que con 303.058 euros nunha conta non parece probe e algús mesmo poden ver nel a un axente, axente menor, é certo, do capitalismo. O home está enfadado e as súas definiciós foron un pouco frase da semá: “ser de esquerdas non implica vivir baixo unha ponte ou vestir mono”. O home está nun momento difícil e parece que os propios “indignados” do 15M, cos que contaba pró éxito da súa revolución socialista, reaccionaron negativamente ó saber que o “indignado” Llamazares, o home que censurou en todo momento a evacuación das xentes do 15M, no Sol ou en Barcelona, que fixo co seu discurso unha defensa numantina da súa causa e da dos máis desfavorecidos. Porque non hai concordancia antre o seu evanxelio e o que din os seus bens e contas correntes feitos públicos. É máis, ó home (que sí quer ser cabeza de lista por Asturias), se lle poñen moitos moitos atrancos volvería ó exercicio da Medicina. O home síntese incomprendido polos “indignados”, que xa non parecen recuperables prá súa filosofía comunista.
Sexa ben acollida a nova dos patrimonios dos políticos, exemplo de transparencia ou simple aproximación a uns datos que poden ser distintos. A situación de déficit xerado en autonomías e concellos da que agora comezan a afloraren datos vai demandar un esforzo titánico, un estudio polo miúdo do Tribunal de Contas, porque na medida na que se poida poñer ó descoberto, definir cabalmente o que de momento se denomina presunta malversación de fondos, haberá que afondar, estudia-las contrapartidas dos diñeiros que faltan que, se non foron aplicados ó pago de subvenciós ou gastos de campaña de partidos, poderían estar integrados no patrimonio dalgún que outro político e depositados en contas opacas, expatriados tal vez nalgún paraíso fiscal. Polo demáis o patrimonio dos políticos, con presunción de honradez, non debe preocupar a nadie. Llamazares pode viaxar a Miami, se quer, como Toxo a un cinco estrelas da illa Madeira ou embarcarse nun cruceiro polo Báltico prá preparación dun “planning” prá política social de esquerdas. Raro sí que o é.