domingo, 5 de mayo de 2013

ESTRICTOS, ESTREITOS [6.07.2009]

Volve ó blog o icono do "caos normativo", desta volta por ter presentado, con certos retoques, un vello artículo na web de Pontevedra Viva. 

Pontevedra, 5.05.2013
Entrada n. 1659 do blog

Estrictos, estreitos, [6.07.2009]
por Xesús López Fernández

O idioma galego está a ser obxeto de debate en diversos foros e instancias. E o debate social, que nunca existeu á marxe dun presunto e mero aceptar pola RAG de normas que non parecen ter sido elaboradas con rigor, pode estar aflorando desta volta. Percíbeo así un gran sector da sociedade, que mesmo se sinte traicionada. Natural, porque esa sociedade foi a forxadora do idioma, pois na conformación das linguas son normalmente as sociedades, incluso ágrafas, as que entenden chegádo-los tempos pra lle daren protagonismo a cada palabra, cando coidan completada a súa maduración despois dun longo e secular camiñar, no noso caso, dende que Roma chegou á península alá polo ano 218 antes de Cristo. Solermiñamente, o latín foi asimilando tamén palabras do tronco indoeuropeo, palabras que se fixeron, se cabe, celtolatinas antes de conformárense como galegas, como poden ser algús dos sustantivos que dan nome a partes do carro do país: “cangas, camba, cambón, chedas, chedeiro…..”. Nestas dúas ultimas palabras dáse a mesma palatalización que en “clamare, plorare, clave…(chamar/e, chorar/e, chave..)”.

Son evoluciós ó longo de séculos, porque o idioma nunca tivo presa en se formar. Incluso pode volver sobre os seus pasos pra retomare palabras xa deixadas, pero con outra carga semántica. Así, a fala retoma “clave”, con outro sentido. I eso ten pasado tamén con moitísimas outras. E si de “strictum” nace “estreito”, tamén “estricto” deriva da mesma matriz. Incluso o Diccionario fainos sinónimos, pero son dúas palabras con distinto sentido: unha rúa estreita; un académico estricto. Coido que o rigor que implica a última palabra faltou na posta en marcha das normas ortográficas e morfolóxicas do noso idioma, tanto as do 1982 como as aprobadas pola RAG do señor Barreiro. Encanallouse o debate da lingua ó pasar dela como creación social e inventaren formas non asentadas na tradición oral do mesmo. Sigue sendo certo o afirmado por Vicente Risco. Non soubemos tratar científicamente o leigado cultural de Rosalía e Curros; que mesmo pasamos do canon do Diccionario Enciclopédico de don Eladio Rodríguez, pra Alonso Montero, hai poucos anos, o mellor diccionario galego, que eu conservo como manual de cabeceira.

A lingua está claramente ferida porque, con evidente estreitez, tentaron facer dela un instrumento político e, pouco estrictos á hora de construiren un verdadeiro debate académico, non atopan os diversos poderes un camiño certo de rexeneración, de restauración idiomática. ¿Cómo se pode decir que cando dende o poder queren acabare co idioma é porque tamén se quere acabar con Galicia? ¡Pero se do idioma de Rosalía ou Curros, de Risco ou Fole, de Cunqueiro ou Blanco Amor xa pouco queda! I existe un claro divorcio social en relación coa política de inmersión a partir do decreto de normalización lingüística ou da deriva promovida por outras instancias e plataformas. O señor Villares afirmaba tamén o 27.06 que a mensaxe da política lingüística da nova Xunta era clara: “Abriuse a veda sobre a lingua galega”. Non sei. ¿Por qué non pensar que ata o dagora fixeran, os outros, un coto privado da nosa fala, pra ila sometendo estreitamente ós seus ritmos e cambios previstos?

Parece que quixeran facer do galego unha lingua revolucionaria, cando podemos pensar nela como conservadora. Están vivas as dúas tendencias, as marcadas polo “talante” [a permanencia] e polo “semblante” [o cambio], terminoloxía usada polo filólogo Emilio Lorenzo. Alex Grijelmo engade que hai quen cree que no idioma alentan contínuos cambios e, con certo aire trotskista, a evolución permanente que, según este autor, afectaría soamente ó semblante que algús poden promover cunha certa enxeñería. E. Coseríu defende o protagonismo do falante inxenuo como decisivo. Penso agora en dous nenos: un chamaballe “enrediños” ós xoguetes; o outro “alcanses” [alcances], a uns prismáticos. Pra lección, rigor infantil, idioma nacente. [Máis estrictos estos nenos que moitos académicos]

P.S. Este traballo, con lixeiros retoques, é do ano 2009 (foi publicado no Diario de Pontevedra e inserido na web de Xornal.com, do que non conservo as diversas opiniós suscitadas). Vó-lo mando porque entendo pode ser oportuno cando Alonso Montero comeza a súa andaina como presidente da Academia e, nas diversas declaraciós que leva feito, fala de rexistros cultos, de localismos e normas, con certa discrepancia nalgús casos.






jueves, 2 de mayo de 2013

DOUS DE MAIO

 ¡Claro que pra deposita-los cartos en paraísos fiscales hai que estar ben situado na Política!. Normalmente. (Caín, en La Razón)
 Outra recomendación de Caín prós bos políticos: bisutería ideolóxica. Pero éso non cunde, que é o que levan anos vendéndonos dend´os seus discursos... 
 Caín tamén acerta no seu sucinto retrato da endogamia política. 
 Outra andanada de Caín. Certo que algús, co discurso da falsa "memoria histórica" hai tempo que deixaron de ser irmáns. 
 Caín, de novo. ¿A quén representa o lobo, ó Estado? ¿Ata ese punto estamos privados de dereitos humáns?
 Esteban, en La Razón. Boa idea a de establecere como indicador interanual a cuantificación da corrupción. "Hoxe temos máis corruptos que onte, pero menos que mañán!" 

 Chiste cruel éste de Esteban, cando xa son máis de 6202700 as xentes sen traballo.
 Esteban. Todo un detalle o de levare os cartos a Andorra no canto de facelo a Gibraltar ou a Liechtenstein.
 Esteban. O texto do chiste ten moito que ver coa dialéctica cínica do Sistema. 
 Esteban. Magnífica síntesis. A monxa ten as palabras xustas mentres remedia a fame dalgunhas das 1900000 familias que carecen de ingresos no país, prás que non existen comedores sindicalistas. 
 Esteban. Os que teñen o monopolio da corrupción ben que poderían repartir. 
 Esteban. E tanto, Mariano, que coa inacción do seu goberno non soubo remedia-los males da era ZP. E todo por non cumprire co seu programa.
 Esteban. O Papa Francisco sí pode pedir pola recuperación da fé, pero que o PP poida seguir falando de fe na recuperación...., difícil, difícil. ¡E que non lle toquen ás pensiós!
 Esteban. Certo, pero tampouco hai por qué mentir, Mariano, que vos estades cargando o Estado de dereito.  
 Esteban. ¿Cómo, subvencionando máis ós sindicatos, non auditando os seus cursos de formación nen tampouco investigare o seu grado de culpa no escándalo dos EREs andaluces?
 Esteban. ¡E agora falan estos iluminados de suprimi-los billetes de 500! ¿Sería unha solución prá creación de riqueza?
 Esteban. A profesora instalada na desesperanza de un futuro sen corrupción, fai dabondo...!
 Esteban. As autonomias trougueron esta forma de entende-la unidade nacional....
 Montoro. Un dos problemas dos cidadáns é o trinque do tres por cen ó que alude o humorista,  pero a corrupción, entendida como primeiro problema nacional, chega máis lonxe. O protagonista do chiste parece realmente un capo. Así está a Política. 
Montoro tamén retrata o patriotismo dos independentistas da senyera...,
 ou a vergonza da actuación sindicalista nos EREs, asunto que non se tocou nos discursos sindicalistas do primeiro de Maio. 
 Montoro. Pois, claro, Mariano. Á xente interésalle, efectivamente, a economía; máis aínda que non fagades imposible a creación de riqueza.  

 Montoro. Un contribuínte do PP (suponse) prepara a súa declaración "con remordimento", convencido das disculpas de Rajoy. 
 Montoro. Rajoy, de Plasmatorio....  
 Montoro caricaturiza así ó outro Montoro, ó "simpático", o das novedades fiscales, o da amnistía a moitos que o levaran crú a paraísos, en premio da súa repatriación. 
Montoro. O seu sosias parece estar ideando novas xogadas e de nada nos vai valere a paciencia recomendada por Rajoy. 

(Tódo-los chistes son de La Razón, do trio de ases do humor que ten o xornal: Caín, Esteban, Montoro, que realmente non precisan de comentario. Pero neles aparecen non poucos dos perfiles do país, que parece que está en caída libre.)

Pontevedra, 2.05.2013
Entrada n. 1658 do blog

DOUS DE MAIO,
por Xesús López Fernández

Dito moi en breve, non poucos intelectuales recomendan a recuperación do patriotismo como factor de cohesión. Se o 2.05.1808 eran os franceses os nosos nemigos, hoxe existen outros nemigos infiltrados nos que poderemos contabilizare ós representantes da Nomenklatura bolchevique, UGT e CCOO, que onte se manifestaron, no Día do Traballo sen Traballo, como titulaba a súa portada La Gaceta, parece que con menos participación que o pasado ano. Esa burbulla tamén está a estourar.

E polas súas bocazas falaron Méndez e Toxo co telón de fondo de non poucas bandeiras inconstitucionales. Sí que estamos nunha situación de emerxencia nacional e que sería necesario un gran pacto de Estado pró que eles levan anos desautorizados, que cando se manifestaban na época de ZP  contra a oposición non fixeron nada por remediaren a situación dos traballadores. 

Sindicatos de vergonza, subvencionados polo Estado nun 85 por cen, que non pagan IBI polos seus inmobles, denuncian en cambio á Igrexa que sí está colaborando cos necesitados, remediando a fame de milleiros e milleiros de familias. Si estos sindicatos fosen fascistas aínda terían o decoro de reinventa-lo Auxilio Social. Pero, non. Carecen de conciencia e son parte, como queda dito, da Nomenklatura bolchevique e ademáis, qué curioso, non son auditádo-los seus cursos de formación, porque son instituciós privadas e, nese sentido, o Tribunal de Contas acordou non entrar no tema, aínda que se trate de diñeiro público, de diñeiro noso.

Por outra banda, a subvención devandita, a sindicatos ou a partidos políticos, non se entendería noutros países. E aí ten algo o Goberno onde xa pode recortare gastos: a supresión de subvenciós; tamén a suprensión do 75 por cen dos cargos políticos, que Alemania, que nos dobla en poboación, ten a mitade dos políticos deste país sobreendeudado.

E como non se pode reverti-la situación é gravando aínda máis ós máis homildes, como que agora se está a falare, xa, da reducción das pensiós. ¿Pero non son sagradas, cando o tipo medio dos pensionistas estivo currando unha vida laboral, cotizando á Seguridade Social, pra ese benestar social do que ameazan con privalos, ou limitaren  en certa medida? O que non se entende é esa filosofía de que pra cada tres pensionistas hai actualmente un só cotizante. Éso non é asumible. Certo que xa Felipe González, outro rei do trinque, deixara as Reservas da Seguridade Social en números roxos, cousa que tivo que arranxare Aznar. Pero o PP dagora xa non ten forza. Ou carece de conciencia.

Poderiamos decir tamén que, en parte, a situación de ruína ven da presencia de sindicalistas nos consellos das caixas de aforros, que eles e os políticos reconvertiron en bancos e dilapidaron os aforros dos depositantes en crétos prá construcción ou a recalificación de terreos. E daquela o invento das preferentes.  Foi antes a súa actuación nos consellos a causante da ruína do país que non a burbulla inmobiliaria, consecuencia da súa actuación como "economistas". 

Fará falta, certo, un gran pacto de goberno, pero malo se non se fai con sentido patriótico, primando a idea de España e acabando, na medida do posible coa "España das autonomías" e dos sindicatos. I é necesario, tamén, unha nova política de amparo ás familias que hoxe se sinten mesmo aburadas pola política fiscal do Goberno.   

 enlace: dos de mayo, Red de Blogs Comprometidos

martes, 30 de abril de 2013

SOBRE AS DECLARACIÓS DE ALONSO MONTERO

Unha vez máis, "o caos normativo", desta volta pra ilustrare un artículo xa inserido na web de "Pontevedra Viva", sobre o que pode proceder unha addenda, aínda que non vaia agora. Alonso Montero maniféstase marxista, pero dí que na Academia non vai actuar como tal, senón como lingüista. Curiosamente, as normas que el tamén cuestiona son, presuntamente, un traballo de enxeñería social dos estalinistas que tentan extraterritorializárennos e instalarnos así, se ese disparate fose posible, no portugués.

Pontevedra, 30.04.2013
Entrada n. 1657 do blog
Artículo inserido na web de "Pontevedra Viva"

 Sobre as declaraciós de Alonso Montero,
por Xesús López Fernández

            La Voz de Galicia do 28.4.2013 recollía unhas declaraciós de Alonso Montero na arrancada da súa presidencia, que confío se convirta en periodo fecundo aínda estando as cousas difíciles prá sanación dun idioma ferido. O home posiciónase en contra do reintegrado aínda comprendendo as súas razós, pero tamén afirma que os que defenden a asunción da ortografía portuguesa desconocen os argumentos sociolingüísticos do sector que agora capitanea o novo presidente, que se mostra oposto a asumir novas reformas na normativa e que chega decir que a el lle gostaría retornar ás normas do 82, que pra min foron xa normas espúreas, nas que o reintegrado estaba infiltrado, coa particularidade de que gran parte do corpo docente prescindía  daquela do uso daquelas normas, evitaban recomendare libros de texto e daban as clases por apuntes, actuando algunhas profesoras como “sacerdotisas” de Carballo Calero. (Podo contar algunha historia)

            Coido que, ademáis, aquelas normas non foran xa elaboradas pola RAG, según comentaran algús académicos, antr´eles Franco Grande, e sei de algún caso no que alumnos galegofalantes suspendían  a asignatura  aínda tendo, talvez, unha maior formación e conocemento da oralidade da lingua, de instalación na fala,   que as propias ensinantes. E Alonso Montero afirma que cando se aprobou a última normativa non era partidario  de cambia-las normas do 82 e, xa que se cambiaban, non facelo nese sentido. Ante o arraso dos grupos cultos “-cc, ct, pt, etc.”, afirma que non lle gusta escribir “dicionario, produto”, algo que parece pura esquizofrenia cando impoñen, en cambio, formas como “obxecto, adxectivo, respectar”, sen tradición no idioma. Antre outras cousas, dí Montero, porque crea problemas no ámbito escolar, aínda que non se propón cambia-la normativa.

            Lembremos que, según Méndez Ferrín (nunha entrevista publicada na revista Tempos Novos ou Novos Tempos, xa non sei) os reintegracionistas son os nemigos da fala, algo que tamén decía Novoneyra, nemigo das normas do 82 e das políticas da RAG, do ILG, da AS-PG e dos reintegracionistas, os forxadores da lingua da non-patria. Eso é o que temos actualmente, a lingua da non-patria, a norma da deriva dos iluminados que tentan convertírennos en portugueses. Mellor que regresare á normativa do 82 sería volver a outras que non por breves eran peores, un corto prontuario coido que do ano 1970. Todo o que veu despois foi a peor. Cada día novos diferencialismos e medievalismos que xa non valen prá fala d´hoxe en día. Pero Alonso Montero e algunha da xente do seu equipo deben outar pola creación popular, porque é a sociedade a forxadora, a inventora e acariñadora do idioma que non precisa dos alquimistas do reintegrado.

            Desgraciadamente e como a xente xa pasa do galegués ou galizo e parece inviable o regreso aludido por Alonso Montero, que tamén reconoce que decote hai menos galegofalantes, ó noso idioma parece quedarlle un corto espacio de tempo. ¿Unha xeneración?  Talvez menos.   

 29.04.2013 (Env. a Pontevedra Viva.)