Mostrando entradas con la etiqueta CORRUPCIÓN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CORRUPCIÓN. Mostrar todas las entradas

domingo, 16 de noviembre de 2014

O Populismo

Peridis xenial, outra forma de ve-lo populismo.(En El País)

Enlaces:
Unha politóloga guatemalteca desmonta o discurso de Pablo Iglesias
Gloria Álvarez fala do populismo na América latina

Pontevedra, 16.11.2014

Artículo semanal.
Entrada 1789 do blog.
Importantísimo ve-los enlaces

O Populismo, (17.11.2014)
por Xesús López Fernández

O populismo non parece se-la solución prá situación de pobreza extrema que viven moitos países do mundo. Pensan algús que a globalización, outra visión económico-social ten sido a solución en distintos aspectos i espacios do mundo, pero o populismo como movemento de loita pola pobreza non vale pra acabare coela, senon pra continuare a fomentala, porque o populismo a precisa, que sen tal concepto as bases teóricas nas que se apoian, serían esmagadas de inmediato. O que non aclaran os gobernos populistas cando fixan as súas candidaturas e ofrecen dádivas da man da “xusticia social”, a redistribución da riqueza, os subsidios e asignaciós, é que detrás daquela bandeira que se levanta no nome dos pobres existe a necesidade de que éstos non recuperen a súa autoestima e continúen así sometidos á pobreza, dependentes das soluciós que lles brinden os líderes; neles confían o seu mañán e así vaise perpetuando a relación “goberno-cidadán”. Así e razoado “co que non se ve”, a proposta dos populismos non é combati-la pobreza, senon todo o oposto: ofrecela e aumentala.

Nun país como España, con tantos anos de mala gobernanza e ruína, co sistema desestabilizado, moitas familias viven situaciós extremas, sen o necesario pra manteren unha vivenda digna ou que están a punto de perdela; sen poderen garantizar ós fillos unha educación real, sen medicina de calidade e que mesmo levan anos acodindo ós comedores da Igrexa pra se poderen alimentar. Mentres moitas, privadas de ingresos, malviven con algunha pensión social, decote asombradas con novos escándalos de corrupción, o país está nunha situación difícil na que se poden producir cambios políticos profundos, incluso extremos, perdida a credibilidade dos partidos con máis recorrido, unha ocasión prós partidos populistas, dos que a Historia garda mala memoria: nazismo, fascismo. A formación Podemos confórmase, según algús analistas como partido populista que, xunto coa valoración das enquisas, comeza a ser cuestionada como consecuencia dunha alocución de Gloria Álvarez, unha xoven politóloga guatemalteca, pronunciada en Zaragoza no Parlamento Iberoamericano de la Juventud, o pasado mes de setembro. (Nos enlaces podedes ve-las súas intervenciós)

Grabado o seu discurso de 11 minutos en video, a audición é posible na rede, contabilizándose xa máis de 600000 visitas, coincidindo ABC i El País, que o presentan como desestabilizante pró discurso de Pablo Iglesias. Afirma a politóloga que cando o populismo se fai co poder “do primeiro que se encarga é de desmonta-las instituciós” e o seu lider “utiliza a desesperación da poboaciòn pra lle brindar unha solución rápida ós seus problemas i, en lugar de promove-la reconciliación, aviva a loita de clases. Véndese como un salvador a cambio dos votos e do apoio do pobo que, desesperado pola situación, acéptao como tal”. Álvarez bota man da definición que do populismo fai Florentino Portero, profesor titular de Historia Contemporánea na UNED e colaborador de ABC, como “atallo polo que xogare coas pasiós, ilusiós i esperanzas da xente pra prometeren o que é imposible, aproveitándose da miseria da xente, deixando fóra absolutamente toda a razón e a lóxica na toma de decisiós; xoga coa necesidade pra sinxelamente impoñeren unha dictadura”.


A politóloga arremete contra as atrocidades dos populismos latinoamericáns, que parece conoce ben, pero non os seus votantes. E así pasa coas atrocidades e as violaciós dos dereitos humáns que está a cometere o réxime chavista ou o réxime cubán. De cómo nuns e outros países, Bolivia, Ecuador, Brasil, Arxentina e Chile, nestos últimos máis moderados, os populismos van desnaturalizando as instituciós, modifican as constituciós, manteñen os presupostos máis baixos pró poder xudicial embridado polo executivo. O presidente ou o dictador de turno nomean ós xueces ou maxitrados da súa corda i eso non favorece a boa gobernanza do país, pra así perpetuárense no poder. A politóloga avisa constantemente da sumisión das xentes pobres e de que os populismos os multiplican, de cómo tamén Hitler ascendeu democráticamente, tamén apoiado polas xentes a consecuencia da situación de penuria económica que vivía o país. Pódense decir moitas máis cousas pero coido é mellor, xa, recomendare a audición do video por internet.

domingo, 2 de marzo de 2014

A cronificación da crisis

Coido que o dibuxo define mellor a situación de crisis extrema vivida polo país, que non os discursos sobre macroeconomía que poden pronunciaren os amigos do persoaxe da dereita, cos cartos embuchados nun paraíso fiscal.

Pontevedra, 3.03.2014
Entrada n. 1744 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra

A cronificación da crisis,
por Xesús López Fernández
           
Pode haber uns certos síntomas de amelloramento na situación económica do país, pero son moitos os economistas que se pronuncian en contra das medidas ata o dagora tomadas. Sobida de impostos, recortes de salarios, algo máis pensados, talvez, pra atalla-los problemas financieiros que o país está a sofrire, especialmente o endebedamento exterior e pago dos correspondentes xuros, que parecen xa algo crónico, unha situación de difícil reversibilidade. As medidas drásticas que se levan tomado non incidiron aínda na creación de postos de traballo e o número de parados anda en torno ós seis millós, algús xa de longa duración, prós que non se ve un retorno ó mundo laboral activo de forma inmediata. A situación pode estar a manifestarse noutros países europeos. Bruselas comunicaba hai pouco que ían procedere á expatriación de 300 españoles por estaren xa privados da prestación de paro. Se mirámo-la nosa situación, o drama, maior, está encastañado en moitísimas familias, nalgús casos con tódo-los membros sen percibiren ingresos de nengún tipo. 
            
No discurso sobre o estado da nación, Rajoy chegou afirmare que o peor da crisis xa quedara atrás e que agora entrabamos no tempo da esperanza. O home botou man de datos sobre macroeconomía ou da promesa dunha baixada no imposto da renta, pero parece que hai unha especie de impotencia sistémica pra relanza-la economía real, prá creación de riqueza e de postos de traballo. Como por outra banda son moitos anos de devalo ou perda de capital social, algo que aínda se concreta na axuda de tantísimo voluntario nos comedores sociales, a situación de bonanza non asoma por ningures, salvo cando os medios publican as nóminas de diversas compañías, especialmente dos consellos de administración das eléctricas, nos que pola chamada “política de portas xiratorias” se sentan políticos conocidos que presuntamente se benefician do imposto oculto que grava o consumo de enerxía e que pagan os cidadáns moitas veces limitados de recursos.
          
É frustrante ver que non existe un verdadeiro plan de recuperación ou de cambio de modelo económico e que, como indica un economista crítico, Gay de Liébana,  o Goberno ten un grave problema i é que non pisa o mundo real. A este home, que no 2007 era tachado de facha e antipatriota por avisar da crisis, agora acúsano de ser un home de esquerdas por decir que o Goberno o está a facer mal. Pero o home afirma que as sobidas do IRPF e máis do IVA, en contra do anunciado polo PP no seu programa, non serviron pra unha maior recaudación, pois dos 39000 millós de euros cifrados por esos conceptos no 2012, baixouse ós 36000. É máis, afirma o home acedamente: “España ten 200.000 normas xurídicas vixentes. Un país que ten vixentes 200.000 normas xurídicas é un país de chourizos e de corruptos, porque na medida na que hai tanta lei é que se está a facere pra castigar á cidadanía. Por tanto, multas e sanciós e logo uns cartos que van parar non se sabe ónde. E o empresario, do que se debe preocupare realmente é de ser empresario, non de estare todo o día coa burocracia”. 
          
Mentres outro economista, Roberto Centeno, afirma que España carece xa de bases prá recuperación e que os seus desequilibrios son imposibles de remontar e van a peor; que o máis grave é sen dúbida a xigantesca burbulla da débeda, que ten tomado unha senda explosiva, outro economista, Niño Becerra, un visionario que falou de crisis cando a economía española (basada neciamente no ladrillo e nun urbanismo falaz) crecía un 3% e se creaban postos de traballo, e xa no 2005 afirmaba que o sistema estaba agotado e que as facilidades á hora de conceder cretos, colapsarían. O home dibuxa un futuro case apocalíptico, porque España non crece e imos a menos; un futuro no que moitos non van recibir nengunha pensión e que, con actividade limitada, han seguir traballando. Situación límite que algún humorista dibuxa con xentes diversas: “sen emprego, sen casa, sen medicina, sen educación… e sen vergonza (o que ten os seus cartos nalgún paraíso fiscal)”. Josep Borrell, tamén fala da falta de crecemento pra cura-las feridas e que, cando pasou a fase aguda da crisis, ésta entra nunha fase crónica que pode durar moito tempo.  

viernes, 31 de enero de 2014

Cando os Gobernos ven sóo cifras...

 Petros Márkaris, celebrado autor grego que está a promovere, aínda coas súas novelas policiacas, o despertare da conciencia social contra a corrupción xeneralizada que asolaga á Unión Europea. 
Xunto con Pedro Feixóo (Os fillos do mar, en lingua galega), e Pérez Reverte (El tango de la guardia vieja), Márkaris recibeu o premio San Clemente de Literatura outorgado polos alumnos de catro institutos galegos. A novela premiada de Petros Márkaris foi "Liquidación Final", que forma parte da triloxía adicada á crisis social i económica da Unión Europea, especialmente a Grecia, Italia i España. 

Pontevedra, 31.01.2014
Entrada n. 1736 do blog


 Cando os Gobernos ven sóo cifras...,
por Xesús López Fernández

O título forma parte do discurso do autor grego. "Cando os Gobernos ven sóo cifras..." e non reparan no drama social que viven particularmente as xentes homildes, condenadas ademáis a face-lo gran esforzo, o gran sacrificio pra manteren o estatus de privilexio da casta política, disposta a mante-la corrupción necesaria pra que a súa vida non cambie, pra que as súas poltronas permanezan, incapaces de enflaquece-lo aparato gubernamental ou de relanza-la economía que terá que regresar ós sectores primarios necesitados de verdadeiros plans.

En Galicia hai probas evidentes da corrupción existente, da política de "portas xiratorias", do contubernio dado antre políticos e clústers ou grupos de presión empersariales. Non vou citar agora as entradas fácilmente localizables neste blog e que fan referencia a pautas de corrupción evidentes, ó acoso a unha sociedade que, de cada volta, pra que os políticos se fagan máis ricos, está sendo agredida.

¿Liquidación Final é un libro apocalíptico, talvez política ficción?.O autor defínea como hipótesis de traballo, unha opción aberta. "Non podo deixare de pensar en posible camiños e o retorno ó dracma é unha desas posibilidades", declaración do autor en Barcelona ó presentare a novela citada. "E se as cousas siguen así, os países do sur non van poder traballaren. Ou pode acontecere outra cousa, que os euroescépticos nos digan que nos marchemos". 

O autor nos lembra de cómo a xente o pasa mal en Atenas, onde hai unha tasa de paro xuvenil que pasa do 60 por cen, o que significa que vai haber máis dunha xeneración perdida. Pero é que algo parecido acontece en España, onde parece que a sociedade civil sí quer funcionare, porque a solidariedade está a se decantare en actuaciós como as dos comedores sociales ou ben nun conocido programa de televisión, TVE1, "Entre todos". A solidariedade cristaliza aí tóda-las tardes. 

Que a xuventude estea a marchare pra comezaren nova vida nun país extranxeiro, cun minijob que vai mante-lo seu dintel de miseria, non é nada máis que a consecuencia da falta de ideas de Gobernos fracasados. A estos rapaces que premiaron ós autores citados, Márkaris recoméndalles que non marchen, que resistan e loiten pra cambia-las cousas. O premio recibido polo autor grego representa xa unha especie de activismo dos mozos e mozas lectores que o premiaron.

Siguen dous enlaces e El País:

viernes, 17 de enero de 2014

O novo crecemento español

 Perde-la casa, pero non a hipoteca, como dí Caín. Filosofía negra, consolo da parella de vellos agora sen teito, que permanecen na indixencia polas súas obrigaciós hipotecarias. 
 Caín sempre acerta e, nunha sociedade descomposta, abondan os asesores de abusos, como el dí..
 Sigue Caín, pero máis que estos novos empresarios locen en Pontevedra un número considerable de pretos, chegados do Senegal ou de Nixeria, ó mellor ata sen papeles, pero que nas rúas pontevedresas acreditan a súa identidade empresarial por medio da venta de paraugas (ou ombrelas)
 Caín. I ésta é a roda xiratoria da casta política, na que subxaz un evidente nepotismo. 
 Sigue Caín maxistral. Efectivamente, ó home costoulle menos traballo baixar da árbore que do coche oficial.
 Novamente Caín nos mostra cómo hai que facer pra garda-los cartos, por pura filantropía. Suiza como patria de destino, coa ficción, por asimilación, de ser doantes da Cruz Roxa. 

Caín retrata nesta instantánea o futuro de moitos rapaces españoles, cidadáns, digo eu, dunha patria derrotada por políticos, clústers e banqueiros. 
E incansable, Caín ilumínanos con esta outra perla: España á cabeza da producción mundial de políticos de temporada. 
 Evidentemente, vivimos nun túnel sen saída. Non hai luz que marque unha saída. Firmado, Caín. 
 Esteban, outro mestre do humor. Vai nacer diñeiro de debaixo das pedras e recomenda invertir no stock de pedregales, todo susceptible de ser convertido en solar. O retorno ó ladrillismo. Novas Seseñas nos agardan, novos aeroportos, novos hipódromos, novos mares de formigón.  
 Esteban. Un contenedor ardendo vale máis que mil palabras. E sen faltas de ortografía. Resultado dun política nefasta ou do desprecio marcado polos grupos antisistema. 
 Esteban sinala a situación de dous millós de familias, case na pobreza extrema, agardando fóra por faltade espacio. 

 Esteban: España, locomotora de Europa; Alemania era un espellismo, soamente unha tuneladora eficaz.
 Esteban. Unha banca tramposa, artelladora das "preferentes", roubo ós aforradores, saeu sempre ben parada, socorrida in extremis. E falan dos seus morosos.
 Esteban: Intermediarios de políticos e banqueiros ante a Xusticia. 
 Esteban: Extraña proposta de amelloramento na recaudación do IVA.
 Esteban, outra vez xenial. As novas xeneraciós acollidas polos pensionistas.... mentres estes vivan. 
Esteban retrata así ós vándalos de nova xeneración mellor formados de Europa.  

Pontevedra, 17.01.2014
Entrada n. 1732 do blog

O novo crecemento español,
por Xesús López Fernández

No panorama de caos que vive o país: corrupción, bancarrota do ladrillismo, vampirismo bancario dos aforros vía "preferentes", malgasto de fondos europeos non xustificados, construcción de infraestructuras demenciales e innecesarias, un constante ataque ós valores verdes (medio ambiente mariño e terrestre), con dous millós de familias ó borde da pobreza extrema, con perto de seis millós de parados, cunha política marcada polo nepotismo, resulta difícil creere os contos que nos contan: que España parece está a comezare un certo soerguemento nos indicadores macro da súa economía e que xa estiman un crecemento dun  0.30 por cen no último trimestre. E un xamón. Prefiro expoñelo por medio dos chistes de dous humoristas de La Razón. Son autodefinidos de Caín i Esteban, especialmente bo o deste home que retrata o triunfalismo de Rajoy ou de De Guindos no sentido de que "España é a gran locomotora de Europa; que Alemania era sóo a tuneladora". Ja, ja, ja. 

domingo, 12 de enero de 2014

MIGUEL ÁNGEL REVILLA, EN ALZA

Miguel Ángel Revilla, aquí con vaca, ex-presidente de Cantabria, como se fose unha estrela mediática anda agora polos platós de diversas cadeas de televisión. Algo hai neste contínuo ir e vir máis alá da promoción do seu libro "La jungla de los listos" (no que se enumeran os vicios da política española), como se o home estivese a prepara-la súa candidatura prás europeas. Á parte de que parece que vende máis libros que Belén Esteban o home ten gancho pra un colectivo cidadán millonario que, anoxado da casta política en xeral, quere ver no home ó futuro presidente do Goberno español.

Pontevedra, 13.01.2014
Entrada n. 1730 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra. 


Miguel Ángel Revilla, en alza,
por Xesús López Fernández
           
               O expresidente cántabro é ademáis profesor de Economía e autor de dous libros, algo que parece estar de moda antr´os políticos españoles, pero seguramente a súa obra “La jungla de los listos”, pola que tenta denunciare ós causantes da situación caótica que vive o país (que vai ademáis pola segunda edición), foi a máis vendida antr´as publicadas polas xentes da casta política. Parece que na presentación de “La jungla….” en Madrid estivo sinando exemplares por máis de dúas horas. Todo un fenómeno social, as xentes formaban unha cola máis longa que as das oficinas do INEM, desexosos de te-lo libro na man, pero sobre todo de falare co home, no que algús ben un posible remedio prá situación extrema do país, ata o punto de que, na loa da súa figura, algús afirmaban del que “é o único político honrado, que dí as cousas como son. Eu pídolle que se presente como candidato á presidencia da nación”, algo no que el non pensa porque co sistema electoral vixente non é viable.

            Acúsano algús de ser populista, demagogo ou de que, como profesor de economía que é, acaba de convertire algún plató de televisión na tribuna dende a que imparte clases maxistrales a todo o país. Parece como se incluso parecese unha burla que se dirixa en taxi á Moncloa ou que dende Santander ó seu pobo, Astillero, viaxe no seu coche particular, cuestión que vale pra descrédito dos que non se baixan do coche oficial. Pero Revilla parece un home con encaixe prás críticas que lle dirixan e que, gracias ó seu sentido do humor e forma directa de face-lo seu discurso, devolve a pelota con gracia certa e que de cada volta ten maior número de seguidores, polo menos de simpatizantes, como se evidencia na súa páxina oficial de Facebook, con máis de 365.000 seguidores. En twitter, máis de 412.000. Participación viva, o home denuncia cando outros calan. E sintoniza cunha sociedade farta cando denuncia como principales causas da situación de regresión do país cuestiós como:

            A xente que vive da política e a corrompe; os que non pagan impostos; a evasión a paraísos fiscales… E o bo é que todo, según el afirma, dío coa conciencia tranquila, como cando clama por unha Xusticia independente, algo que tiña prometido o PP, pero que finalmente, coa formación do Consello Xeral do Poder Xudicial, quedou todo en reparto de cromos, nun par de xornadas. No seu ronsel de denuncias está tamén a das “elecciós por medio das inicuas listas cerradas”. Tamén cuestiona o home a existencia do Senado, que califica como inútil, clamando pola súa supresión. Son as verdades do barqueiro e invita ós cidadáns, cos que sintoniza, a acrece-la presión social, a denuncia-las inxusticias existentes. E a non calar.

            Xa pra rematare citemos outras das afirmaciós do home, que afirma que sóo como persoa está incómodo, que lle gusta falare coa xente. Insiste na importancia de votare ós candidatos e non ós partidos, porque en definitiva somos un país de partidos i estamos a votare por unha gaivota ou polo puño e mai-la rosa, e así nos vai, como que en cinco anos pasamos de ricos a pobres. E algo vai mal a nivel mundial cando o 30 por cen da riqueza mundial está colocada en cincuenta lugares sen rostro. O home é, certamente, portador dunha mensaxe rexeneracionista cando afirma “eu non meto a man, antes córtoma", ou cando proclama que a muller é o eixo da familia. A estafa das peferentes (prá que pide unha intervención do Fiscal Xeral determinante, unha solución final), a connivencia antre a política e as grandes empresas (as chamadas portas xiratorias), a corrupción ou a fiscalidade “desigual” son algunhas das preocupaciós cidadás de Revilla, algo que el aborda neste libro coa súa particular forma de contar, que engancha, daí que o teñan definido como unha máquina de contar. Lembremos que a súa primeira obra “Nadie es más que nadie” vai pola edición 27. Por certo que nunha das súas últimas intervenciós en twitter asegura que non cobra por acodire á “tele”, pero parece non ter pretensiós de ser presidente da nación. Si acaso, de Cantabria.    

domingo, 29 de diciembre de 2013

A crisis que non cesa

 Esto é Delfos, de gran importancia na Historia de Grecia. 
 Nova vista de Delfos.
 E outra vista máis.
 Micenas, no Peloponeso, a porta dos leóns.
 Outra vista de Micenas.
 O vello Corinto, que conoceu a presencia de San Paulo.
 Micenas, entrada á tumba do rei Agamenón. (Foto de Eugenio López Álvarez)
 Cúpula do seu mausoleo.(Foto de Eugenio López Álvarez)
As anteriores son fotos introductorias a algús dos xacementos arqueolóxicos gregos. O Recaudador Nacional ó que se refire Márkaris en "Liquidación Final" está especializado en matare a defraudadores do fisco. Usa cicuta como veneno. Os cadavres son depositados en xacementos arqueolóxicos. A última das fotos conecta con parte da tesis que desenvolve na novela que cerra a triloxía dedicada á crisis polo celebrado autor: Grecia i España quedan fóra do euro no 2014, algo que o propietario da tenda fotografiada ventaba en setembro do 2012, apantallado por unha cortina de billetes, seguro de que o retorno ó dracma era unha necesidade e de que a entrada no euro fora realmente unha gran trampa pra nos meter nunha especie de gran guerra financieira Norte-Sur de Europa. O resultado xa está á vista: os chamados PIGS, os países do Sur están practicamente quebrados, porque Irlanda, que tamén está no club, parece que se salva.

Pontevedra, 30.12.2013
Entrada n. 1727 do blog
Artículo semanal publicado no Diario de Pontevedra    

A crisis que non cesa,
por Xesús LópezFernández
           
            No libro “A espada de Damocles”, de Petros Márkaris, que contén unha serie de artículos orixinalmente publicados en alemán, o autor achégase, con diversos enfoques, ó estudio da crisis europea. O libro trae un prólogo prá edición española no que xa se fai un adianto sobre a temática tratada en medios como “die Zeit” e “Süddeutsche Zeitung”. A edición cérrase cunha conversa co autor na que o home ofrece mesmo algunhas das claves da súa persoalidade xa que, instalado en tres linguas: turco, alemán e grego, decidiriase polo exclusivo uso desta última na súa producción literaria, a raiz dunha longa estancia en Viena, onde cursou estudios de Economía. Como tamén supoñemos aquí, o autor mantén que a crisis grega ten principalmente un carácter político e denuncia que si Grecia é hoxe un país quebrado que nestos momentos está ó borde do abismo, a causa son os erros e fracasos dos dirixentes políticos. Un aparato estatal corrupto, que se revela incapaz de poñer en práctica reformas e leis críticas. O home ten tamén producción de novelas policiacas.

            E nese sentido concreta cómo un día  “aparecéronselle” tres persoaxes en busca de autor, unha familia de tres membros: o comisario Kostas Jaritos, a súa dona Adrianí e mai-la filla do matrimonio, Katerina. Especialmente tres destas novelas policiacas preséntannos a Jaritos como unha especie de notario da crisis. Son “Coa auga polo pescozo”, “Liquidación final” e “Pan, Educación e Libertade”, as tres novelas exemplares, con retratos moi vivos do deterioro socioeconómico do país e as situaciós de pobreza radical, que se antes eran evidentes antr´os negros sen teito, agora afectan ós propios gregos pobres que, ó amparo da soedade das primeiras horas da alborada, procuran nos contenedores algo que lles poida valer. É o que ven despois da perda do traballo, dos recortes das pensiós; algús gregos xa non poden paga-las medicinas e recurren a dispensarios de Médicos sen Fronteiras…. En definitiva, a fin do soño europeo. Ah, un detalle de Jaritos: A causa  da voda da filla merca un Seat Ibiza. (España é un dos PIGS,con Portugal, Italia, Irlanda e Grecia).

            En “Liquidación final” Márkaris constrúe unha novela trepidante na que un asesino en serie, o Liquidador Nacional, valéndose da cicuta como veneno, comeza  a matare a unha serie de defraudadores do Fisco. Envíalles un aviso previo, vía internet, e dálles un prazo de cinco días: se non ingresan a débeda “procederase á liquidación final”. Outros optan por ingresare: 7.800.000 euros en dez días. Novo aviso do Recaudador por internet coa relación dos nomes e ingresos en cada caso producidos. Clamor cidadán que, nalgunha das manifestaciós de indignados, demanda pra RECA (así chamado por eles o Recaudador Nacional) o cargo de ministro da Facenda.  Éste recibe un escrito de RECA pedíndolle o pago da correspondente comisión: 780000, o dez por cen do recaudado, ó que acceden as autoridades. Pero a entrega dos cartos nunha bulsa leva trampa, un dispositivo electrónico pró seguidamento e localización  de RECA, que se percata e abandona a entrega, pasando a pedir máis, o dobre, e que llo sitúen nun apartado de correos das Illas Caimán. Etc., etc.

            Con “Pan, educación e libertade”, que acaba de aparecer, conclúe a triloxía da crisis, pero como esto parece non ter fin, prantéxase incluso a posibilidade de converti-la serie en tetraloxía. Ou de encetar unha segunda serie. Agora, co último título, Márkaris, casi apocalíptico e máis pesimista que nunca condúcenos a unha tenebrosa Europa-ficción do ano 2014, no que Grecia i España son os primeiros países do Sur en se declarar quebrados e abandonan o euro, regresando ó dracma e á peseta respectivamente. No ano 2012 tiven ocasión de ventar algo desa protesta tensa. Un comerciante español no entorno da praza do Metro de Atenas mantiña a modo de pantalla un tendal feito con billetes correspondentes ós países europeos de antes da UE. Como xa acontecía nas novelas anteriores, Márkaris sigue dibuxando unha Atenas en contínua convulsión. Pero, en fin, a crisis non cesa, centrado o seu núcleo, talvez, na presunta existencia de tramas e do acobillo de enormes fortunas en paraísos fiscales.  

sábado, 7 de diciembre de 2013

A Constitución prostituída,

 O país vai canso de que de cada volta sexamos menos Estado de dereito. Escúdase no humor pra ir decindo algunhas cousas, como avisos pra que entendan os que parece non queren entendere. Pero onte, día da Constitución, tamén se manifestaron os representantes das víctimas do terrorismo, que dixeron cousas que non poden pasar sen seren oídas. (Os chistes son todos de Caín)

 Os nacionalistas quedan retratados nesta outra viñeta de Caín, en La Razón.
 Retrato robot de moitos dos nosos políticos: a de político corrupto en partido ineficaz.
 O que dí este presunto ácrata non ten desperdicio, porque ten a Constitución que parece arelar. ¿Garantiza-lo seu incumprimento? ¿Pero cándo  garantizan o cumprimento dela?
 Ortega Lara, no acto reivindicativo contra a sentencia de Estrasburgo: "La Constitución ha sido prostituída por los propios poderes públicos". Eso pensamos moitos.  
Abascal a Rajoy: "España no se rinde, aunque se rindan sus dirigentes".

Potevedra, 7.12.2013
Entrada n. 1723 do blog.

A Constitución prostituida, 
por Xesús López Fernández

Con motivo do Día da Constitución houbo actos diversos, discursos varios tamén. O presidente do Congreso pronunciou un longo e medido discurso, que mesmo puido ter tido un formato operístico de máis alcance. Presentes políticos de distinta color, rematarían todos máis ou menos satisfeitos. ¿Pero qué pensámo-los cidadáns que nos sentimos desamparados e sabemos de non poucas corrupciós denunciadas, ou de sentencias incumpridas?. De todo esto podemos falare longo, pero algo se nos escapa, porque son moitos os que terían que estar no cárcere hai tempo.

¿Pero pra qué queremos unha Constitución? ¿Pra acatala ou pra nos rír dela pisoteándoa tódo-los días? É a mensaxe de Ortega Lara, o home que estivo secuestrado nun zulo, por ETA, nada menos que 532 días, e un dos homes que, no acto convocado pola Fundación Denaes, denunciou a deriva que está levando o Goberno, que seguramente vai cambia-lo sentido do seu voto porque nen PSOE nen PP merecen a nosa confianza.

Santiago Abascal, que fora peon de confianza no PP vasco, tamén clamou pola "xusticia, xusticia, xusticia", porque sen xusticia de nada vale a libertade e que é xa hora de nos perguntare qué imos facere. Ou Consuelo Ordóñez, no mesmo acto: "Non aguantamos máis, abonda xa de mentiras". E José Alcaraz rubricaría esa afirmaciós decindo: "Hai que poñer nome e apelidos ó traidor i ése é........". Lembrou que ten cinco víctimas na familia e que o goberno está traicionando ás víctimas e ós vivos, pra tamén perguntare: ¿Ónde están as actas da negociación con ETA?

Calquera que teña curiosidade pode enterarse de forma pormenorizada de moito do onte acontecido, así de cómo Vidal Quadras, na manifestación de afirmación española en Barcelona, foi afastado violentamente da cabeceira da manifestación, presuntamente por orde do propio PP, perdidos xa os papeles tanto en Cataluña como no País Vasco.

Os políticos han poder seguir a xogaren coa Constitución de chicle na que moitos non creemos, por ambigua e incompreta, e pola actuación inane das Administraciós. Se houbera algún cauce verdadeiramente democrático seriámo-los cidadáns os que estariamos a defendela. Pero, de momento, cando a Xusticia acaba tamén de ser traicionada, non-os queda outra cousa que asumir, amplia-lo discurso de Ortega Lara: A Constitución está prostituída, pisoteada. En Pontevedra tamén.   

domingo, 3 de noviembre de 2013

O CASÓN E O PROFESOR BERMEJO

O Casón avisa. Nesta foto do Diario de Cádiz apréciase o fume conseguinte á deflagración producida polos productos peligrosos que levaba o cargueiro.
Siguen uns enlaces de vídeos de YouTube, correspondentes ó documental a Caixa Negra. Neles apréciase a clara manipulación á que se someteu á xente, mesmo as mentiras de xentes da Administración.
YOUTUBE. A Caixa negra.
A CAIXA NEGRA, 1
A CAIXA NEGRA, 2
A CAIXA NEGRA, 3
A CAIXA NEGRA, 4
ACAIXA NEGRA, 5

Estos vídeos poden valer prá presentación do artículo semanal que vou inserir no blog, con publicación prevista pró 4.11.2013, no Diario de Pontevedra, en defensa do nome do Profesor Bermejo, ó que as autoridades deslocalizaran mentres ofrecían un informe distinto ó redactado polo profesor. Pero foi o vento o que realmente salvou ás xentes de Fisterra, Cée, Corcubión.....

Pontevedra, 4.11.2013
Entrada n. 1715 do blog

O Casón e o Profesor Bermejo,
Por Xesús López Fernández

            Lembremos, a maiores do dito no artículo do 30.10, que o Casón era un cargueiro de bandeira panameña botado no 1969 e que o cinco de decembro do 1987, a consecuencia dun forte temporal, embarrancaba na Costa da Morte, en Fisterra, na punta do Castelo, ó sur da praia do Rostro. A carga que transportaba ascendía a 1100 toneladas, concretada en 5000 bidós, sacos e contenedores de productos químicos inflamables, tóxicos e corrosivos, que foran embarcados nos portos de Hamburgo, Rotterdam e Amberes, con destino a Shangai. A día d´hoxe aínda se discute se o manifesto de carga do Casón ocultaba partidas de radio ou uranio. O vertido e posterior incendio da carga do navío na tarde do 10 de Decembro, que fora emitido en directo pola TVG, foi causa dunha gran alarma social, cunha Administración falta de información, habida conta de que os materiales poderían estoupar e provocaren unha nube tóxica, como aconteceu. E xa había víctimas: 23 dos 31 tripulantes do navío, todos de nacionalidade china.

            Na Xunta de Galicia tomara posesión da presidencia, facía poucas semáas, Fernando González Laxe que, por recomendación do delegado do Goberno, Domingo García Sabell, decidira evacuare ás poboaciós de Fisterra, Cee e Corcubión, unhas quince mil persoas, en 700 autobuses cara A Coruña, co conseguinte pánico dos veciños que, en moitos casos, fuxiron polos seus medios principalmente a Vimianzo, Carballo, Muros, Carnota e A Coruña. Pero logo comezarían con versiós contradictorias: que si a nube non era tóxica, según García Sabell; que, según declaraciós de González Laxe´, “todo dependía da dirección e velocidade dos ventos, que podían traslada-lo veneno a calquer lugar”, polo que recomendaba que o desaloxo fose cara ó Sur. É decir, o peligro era real e, como deixou dito o profesor Bermejo, “as xentes de Fisterra salváronse porque ese día o vento viña do Este”. Cuestión de sorte.

            A TV dirixiríase ó Rectorado da Universidade de Santiago pra lle perguntare quén podería asesoralos en tan importante tema e, como home que levaba máis de vinte anos estudiando temas de medio ambiente, o profesor Bermejo sería o home proposto. Nos días seguintes, o profesor interviría en diversos programas de televisión, razón pola que o alcalde de Cee e outras forzas vivas da bisbarra lle solicitan que elabore un informe técnico sobre a mercancía transportada polo barco, tomando como base o manifesto de carga. “No informe explicaba técnicamente as reacciós que poderían produci-los componentes químicos que transportaba o navío. Está claro que si me perguntan qué acontece cando a unha persoa lle cae enriba ácido sulfúrico teño que decir que se abrasa. Eso foi o que fixen, indiquei cales eran as sustancias, cales as súas propiedades e qué podía pasar”.           

            O informe foi enviado polo vello profesor ó alcalde de Cee, que éste mostrou ós outros alcaldes da comarca. Pero á Administración non lle agradaba o contido, publicado en diversos medios e comezaron a aburare ó profesor. O gobernador civil, en palabras difusas, dille por teléfono que sería bo amplia-lo informe e que o profesor parece non estar moi ben informado; se non sería bo crear unha comisión, que nunca se chegou formar. Pero invitado por Radio 4 a unha tertulia na que, o 17.12, ían estar presentes o gobernador e un tal José Antonio Madiedo, director xeral da Mariña Mercante, chegada a hora de abri-lo micrófono, os citados señores non chegaran, algo que o periodista xustifica como pode, pero están presentes uns sustitutos que acusan ó profesor de leva-la conversa ó plano da química, pero que de mar non sabe nada. “Dígolles que teño os títulos de patrón de barco e de capitán de iate, ademáis de ter sido mariñeiro de guerra durante tres anos. Tamén fun profesor instructor na Escola Náutica d´A Coruña […..] Coido que sei algo de química, pero de mar tamén sei algo”… O gobernador, ese mesmo día, comunícalle que non é posible crea-la comisión, que se vai a Madrid, e que vai recibi-la visita do doutor Mañas o día 18. Así acontece e o home, que se presenta como técnico de transportes peligrosos, trae no sobaco un suposto informe, coa pretensión de que o rubricara o profesor, algo ó que éste se nega... O profesor enteraríase polo alcalde de Corcubión  de que o 17.12, tivera lugar no Hotel Hórreo a famosa reunión, na que supostos técnicos da Administración (realmente membros do gabinete de prensa do ministerio de Transportes) rebatirían o Informe Bermejo. Madiedo  e Aguilar xustificaran a non asistencia do profesor (lembremos que fora deslocalizado en Radio 4), que, sen embargo, “estaba dacordo en todo”. Madiedo e Aguilar mentían descaradamente pra xustificaren a ausencia de Bermejo. Si éste tivese asinado o informe de Mañas, todo encaixaría perfectamente. Pero deran cun home honrado. Na Administración, de certo, moitos non-o son. 

viernes, 30 de agosto de 2013

O FISCAL ENTRA NO TEMA DOS RECHEOS DE XIBRALTAR

Alegrémo-lo post con estas viñetas. E ten razón Caín, en La Razón, coa definición que fai dos políticos que sobreviven ós seus logros. É decir. ós seus fracasos ou mala sementeira. Corrupción, en suma, estimable tamén na cuestión de Xibraltar.   

Esteban, en La Razón, con outro chiste maxistral, aínda que pensado pró holocausto que están a programaren pra Siria, pero que tamén vale pró caso de Xibraltar. ¡Vaia que se están no telediario! Pero vanse conocendo as miserias da súa gobernanza. 
Bonita fotomontaxe. Xibraltar, descolonizado gracias á Lexión. Restaurada a marca España.

Pontevedra, 30.08.2013
Entrada n. 1704 do blog
Traballo xa inserido en Pontevedra Viva o 20.08.2013

O FISCAL ENTRA NO TEMA DOS RECHEOS DE XIBRALTAR,
por Xesús López Fernández

domingo, 25 de agosto de 2013

XIBRALTAR, TEMA ENCANALLADO

Montoro, en La Razón. A senrazón de Xibraltar pode mesmo estar censada en Sotogrande. Non sería mala cousa depositar bloques con "agullas" na entrada dalgunhas das residencias. Digamos aquí tamén que, mentres Rajoy acababa co seu tempo de vacaciós facendo un paseo-marcha con cen dos seus polas sendas de Ponte Arnelas, cada cinco minutos dese tempo entraba en Xibraltar un camión con rocalla camuflada, pra agrandaren a superficie da colonia. Cando se goberna non hai tempo pra pasear. E lembremos o caso máis grave dos recheos da ría de Pontevedra, un recordatorio constante neste blog.

Pontevedra, 26.08.2013
Entrada n. 1703
Artículo semanal, no Diario de Pontevedra 


Xibraltar, tema encanallado,
por Xesús López Fernández

            Dende que o señor Picardo, que ven sendo o alcalde e non outra cousa da colonia de Xibraltar, tivo a idea de depositar setenta bloques de formigón, con agullas, nas augas da bahía de Alxeciras, o home consigueu diversas cousas, fundamentalmente compromete-la economía das xentes que viven da pesca, profesión esforzada,  naquelas augas sobre as que Xibraltar non ten xurisdicción. Pero a colonia inglesa vive depredadoramente a costa de España, como se o noso país fose realmente a colonia. Resultado, que os residentes na Rocha son, no gran mundo, os terceiros individuos en renta per cápita, anque moitos deles vivan en Sotogrande, onde teño visto amarrados moitísimos iates, todos con folio xibraltareño.  ¿Qué significa éso? Ademáis da deslocalización fiscal que eso poida conlevar, pode que sexa tamén nese enclave de luxo onde disfruten dos peixes e moluscos que os pescadores obteñen na bahía alxecireña.

            Contra a recomendación da ONU Xibraltar sigue sendo colonia e non se aduviña o momento no que España poida recupera-la soberanía daquela praza prá que o señor Picardo parece ter un plan de crecemento, expansionista cara o Levante. Daí os recheos que, con area do sistema dunar tarifeño, e con rocalla, estea a ocupar, polo este, un mar que non lle pertence. ¿Pero pra ónde estaba mirando o Goberno español? Interquinencias prás xentes, inspecciós, na fronteira coa colonia inglesa. ¿Pero cómo se explica que cada cinco minutos estivera entrando un camión de gran porte pra acrecenta-los recheos, alonga-los espigós nos que están a delimitare o que xa lle chaman “Eastern Bay” ou “Catalan Bay”, tamén “Sandy Bay”, espacio de gran valor ecolóxico? 

            Dentro das vergonzas que van aflorando, como que a denuncia do tránsito de area e pedras dend´o concello de Tarifa foi obra dunha agrupación ecoloxista, Verdemar-Ecoloxistas en Acción, asunto no que vai entrare o Fiscal Xeral do Estado; que un ministro do actual Goberno está presente no accionariado dunha das empresas de “bunkering”, das gasolineiras flotantes, un peligro, que surten ós barcos en ruta; que o Goberno non interrumpeu o tránsito de area e pedras ata o 24.08; antr´esas vergonzas, digo, sí hai reacciós positivas por parte da sociedade española: a movilización da flota alxecireña; a actuación de dous buceadores profesionales, Álvaro Cuadras e Vicente Javier Jiménez, que se solagaron acompañados dun equipo de televisión pra fotografiaren e filma-los famosos bloques, onde deixaron unha bandeira española, símbolo da súa “conquista”. Chamoume a atención ver cómo un deles afundía a man na area do fondo e sacaba nela, pareceume, abundancia de coquinas e ameixas, seguramente as que máis tarde degustan os ricos de Sotogrande/Xibraltar.

            Hai unha certa preocupación antr´os mariñeiros alxecireños, mermada a súa pesca nun 70%. Pero non están sóos. Os mariñeiros d´A Coruña xa contactaron coeles e brindáronlle a posibilidade de presentárense no mar de Alxeciras con 400 barcos. Ése é o tipo de reacción que se está a producire contra as actuaciós piratas de Xibraltar. Unha reacción da marca España que reside nos cidadáns antes que no propio Goberno ó que lle levan colado non poucos goles dende que Moratinos, o que fora ministro “excelso” de Exteriores con ZP, se fotografiou en Xibraltar. Un dos “éxitos” da súa diplomacia foi o de establecer unha mesa a tres –España, Gran Bretaña e Xibraltar— pra tratare os asuntos da colonia. Unha vergonza, algo que debe ser tratado exclusivamente antre os dous países soberáns. E a soberanía española, cando Xibraltar xa non ten valor como base, é algo que España debe reclamar insistentemente, ó mellor intermediada por don Juan Carlos coa súa parente a reina de Inglaterra. Picardo debe retira-los bloques e os recheos. E o Goberno español actuar e que se vexa, que neste como noutros asuntos parece leva tempo ausente.