¡Claro que pra deposita-los cartos en paraísos fiscales hai que estar ben situado na Política!. Normalmente. (Caín, en La Razón)
Outra recomendación de Caín prós bos políticos: bisutería ideolóxica. Pero éso non cunde, que é o que levan anos vendéndonos dend´os seus discursos...
Caín tamén acerta no seu sucinto retrato da endogamia política.
Outra andanada de Caín. Certo que algús, co discurso da falsa "memoria histórica" hai tempo que deixaron de ser irmáns.
Caín, de novo. ¿A quén representa o lobo, ó Estado? ¿Ata ese punto estamos privados de dereitos humáns?
Esteban, en La Razón. Boa idea a de establecere como indicador interanual a cuantificación da corrupción. "Hoxe temos máis corruptos que onte, pero menos que mañán!"
Chiste cruel éste de Esteban, cando xa son máis de 6202700 as xentes sen traballo.
Esteban. Todo un detalle o de levare os cartos a Andorra no canto de facelo a Gibraltar ou a Liechtenstein.
Esteban. O texto do chiste ten moito que ver coa dialéctica cínica do Sistema.
Esteban. Magnífica síntesis. A monxa ten as palabras xustas mentres remedia a fame dalgunhas das 1900000 familias que carecen de ingresos no país, prás que non existen comedores sindicalistas.
Esteban. Os que teñen o monopolio da corrupción ben que poderían repartir.
Esteban. E tanto, Mariano, que coa inacción do seu goberno non soubo remedia-los males da era ZP. E todo por non cumprire co seu programa.
Esteban. O Papa Francisco sí pode pedir pola recuperación da fé, pero que o PP poida seguir falando de fe na recuperación...., difícil, difícil. ¡E que non lle toquen ás pensiós!
Esteban. Certo, pero tampouco hai por qué mentir, Mariano, que vos estades cargando o Estado de dereito.
Esteban. ¿Cómo, subvencionando máis ós sindicatos, non auditando os seus cursos de formación nen tampouco investigare o seu grado de culpa no escándalo dos EREs andaluces?
Esteban. ¡E agora falan estos iluminados de suprimi-los billetes de 500! ¿Sería unha solución prá creación de riqueza?
Esteban. A profesora instalada na desesperanza de un futuro sen corrupción, fai dabondo...!
Esteban. As autonomias trougueron esta forma de entende-la unidade nacional....
Montoro. Un dos problemas dos cidadáns é o trinque do tres por cen ó que alude o humorista, pero a corrupción, entendida como primeiro problema nacional, chega máis lonxe. O protagonista do chiste parece realmente un capo. Así está a Política.
Montoro tamén retrata o patriotismo dos independentistas da senyera...,
ou a vergonza da actuación sindicalista nos EREs, asunto que non se tocou nos discursos sindicalistas do primeiro de Maio.
Montoro. Pois, claro, Mariano. Á xente interésalle, efectivamente, a economía; máis aínda que non fagades imposible a creación de riqueza.
Montoro. Un contribuínte do PP (suponse) prepara a súa declaración "con remordimento", convencido das disculpas de Rajoy.
Montoro. Rajoy, de Plasmatorio....
Montoro caricaturiza así ó outro Montoro, ó "simpático", o das novedades fiscales, o da amnistía a moitos que o levaran crú a paraísos, en premio da súa repatriación.
Montoro. O seu sosias parece estar ideando novas xogadas e de nada nos vai valere a paciencia recomendada por Rajoy.
(Tódo-los chistes son de La Razón, do trio de ases do humor que ten o xornal: Caín, Esteban, Montoro, que realmente non precisan de comentario. Pero neles aparecen non poucos dos perfiles do país, que parece que está en caída libre.)
Pontevedra, 2.05.2013
Entrada n. 1658 do blog
DOUS DE MAIO,
por Xesús López Fernández
Dito moi en breve, non poucos intelectuales recomendan a recuperación do patriotismo como factor de cohesión. Se o 2.05.1808 eran os franceses os nosos nemigos, hoxe existen outros nemigos infiltrados nos que poderemos contabilizare ós representantes da Nomenklatura bolchevique, UGT e CCOO, que onte se manifestaron, no Día do Traballo sen Traballo, como titulaba a súa portada La Gaceta, parece que con menos participación que o pasado ano. Esa burbulla tamén está a estourar.
E polas súas bocazas falaron Méndez e Toxo co telón de fondo de non poucas bandeiras inconstitucionales. Sí que estamos nunha situación de emerxencia nacional e que sería necesario un gran pacto de Estado pró que eles levan anos desautorizados, que cando se manifestaban na época de ZP contra a oposición non fixeron nada por remediaren a situación dos traballadores.
Sindicatos de vergonza, subvencionados polo Estado nun 85 por cen, que non pagan IBI polos seus inmobles, denuncian en cambio á Igrexa que sí está colaborando cos necesitados, remediando a fame de milleiros e milleiros de familias. Si estos sindicatos fosen fascistas aínda terían o decoro de reinventa-lo Auxilio Social. Pero, non. Carecen de conciencia e son parte, como queda dito, da Nomenklatura bolchevique e ademáis, qué curioso, non son auditádo-los seus cursos de formación, porque son instituciós privadas e, nese sentido, o Tribunal de Contas acordou non entrar no tema, aínda que se trate de diñeiro público, de diñeiro noso.
Por outra banda, a subvención devandita, a sindicatos ou a partidos políticos, non se entendería noutros países. E aí ten algo o Goberno onde xa pode recortare gastos: a supresión de subvenciós; tamén a suprensión do 75 por cen dos cargos políticos, que Alemania, que nos dobla en poboación, ten a mitade dos políticos deste país sobreendeudado.
E como non se pode reverti-la situación é gravando aínda máis ós máis homildes, como que agora se está a falare, xa, da reducción das pensiós. ¿Pero non son sagradas, cando o tipo medio dos pensionistas estivo currando unha vida laboral, cotizando á Seguridade Social, pra ese benestar social do que ameazan con privalos, ou limitaren en certa medida? O que non se entende é esa filosofía de que pra cada tres pensionistas hai actualmente un só cotizante. Éso non é asumible. Certo que xa Felipe González, outro rei do trinque, deixara as Reservas da Seguridade Social en números roxos, cousa que tivo que arranxare Aznar. Pero o PP dagora xa non ten forza. Ou carece de conciencia.
Poderiamos decir tamén que, en parte, a situación de ruína ven da presencia de sindicalistas nos consellos das caixas de aforros, que eles e os políticos reconvertiron en bancos e dilapidaron os aforros dos depositantes en crétos prá construcción ou a recalificación de terreos. E daquela o invento das preferentes. Foi antes a súa actuación nos consellos a causante da ruína do país que non a burbulla inmobiliaria, consecuencia da súa actuación como "economistas".
Fará falta, certo, un gran pacto de goberno, pero malo se non se fai con sentido patriótico, primando a idea de España e acabando, na medida do posible coa "España das autonomías" e dos sindicatos. I é necesario, tamén, unha nova política de amparo ás familias que hoxe se sinten mesmo aburadas pola política fiscal do Goberno.
2 comentarios:
Las caricaturas, todas maravillosas y reflejan perfectamente la realidad de lo que tenemos aquí.
En cuanto a los máximos responsables de los sindicatos, no pueden hacer nada distinto a lo que hacen: vivir del cuento, buen beber y mejor comer. Y es que no han trabajado nunca y no saben lo que es padecer necesidades.
En las directivas de UGT y CCOO suelen recalar además lo más granado de la vaguedad y la cara dura. ¡Que le vamos a hacer!
Hola, José Luís:
Realmente con los chistes quedaba cubierta la entrada. ¡Eso que, desapercibidamente, he dejado sin aflorar algún otro, obuses en definitiva contra la pólítica y miserias que estamos sufriendo.
A los Sindicatos, caña, supresión de subvenciones, que los desagradecidos aún arremeten contra el poder que mece su cuña, si el poder no es socialista.
¿Te acuerdas de cuando el franquismo acabó con los viejos montepíos particulares? En adelante todo estaría centrado, como plan de pensiones, en la cotización a la Seguridad Social. Ya, ya. ¡Pero ahora, desde el inicuo de ZP están promoviendo los planes de pensiones privados y a punto de acabar con la reserva que garantizaba el pago!
Si Felipe dejó la Seguridad Social en números rojos, estos de ahora no lo están haciendo mejor. Y nos dicen que por cada tres pensionista hay un solo trabajador. ¿Pero no se supone que el común de los pensionistas, a lo largo de su vida laboral ha generado los fondos para cubrir su pensión?
¡Es un tema caliente que nos viene ahí, como si los pensionistas estuviésemos abocados a ingresar en la gran UCI de la Eutanasia que se acerca!
Un abrazo
Publicar un comentario