martes, 24 de mayo de 2011

ELECCIÓS EN PONTEVEDRA

Pasaron xa as elecciós. Pontevedra, parece que refundada como Lombogrado ou Badenburgo, é a cidade galega con máis paro. Aínda que a candidatura máis votada foi a do PP, BNG e PSOE están a falaren pra suma-los 13 concelleiros que precisan pra unha maioría que lles permita seguire co seu "modelo de cidade", o modelo que non existe, unha vez arruinado o que sí existía: comercial e administrativo.

Moita xente non resolveu o dilema hamlettiano do chiste de Caín. Aumentou o número de votos en branco.

Mariano, Telmo e Núñez Feijóo poderían estudiare a fondo o por qué do fracaso da súa campaña, os problemas que ten a cidade e a súa ría e que non ían resolvere... Que estudien a campaña polo miúdo.... E o resultado de tóda-las mesas electorales.
Unha cousa honra a Telmo: que di que non se vai persentare no 2015. Tamén Louro di que o resultado desastroso do PSOE non era previsible no peor dos supostos. O BNG sobeu catro puntos que non esperaban e sacou 11 concelleiros, a escasa distancia do PP.
Pontevedra, 24.05.2011
Entrada n . 1433 do blog


ELECCIÓS EN PONTEVEDRA, por Xesús López Fernández

Hai un rato, na cafetería, un conocido dabame a noraboa polo triunfo do BNG. ¿Cómo? Pero se a lista máis votada foi a do PP!, foi a miña resposta. Que agora pacten có que queda dun PSOE que equivocou a súa candidatura e aínda respesquen como concelleiros non electos a algún amigo que perdeu a mamandurria da política, non-os xustifica. Eu pensei..., dixo o conocido, que tí votabas ó Bloque. Non, nen ó Bloque, nen ó PSOE, nen ó PP, porque nengún deles levaba un programa rexeneracionista cabal, foi a miña resposta. E mentres saiamos da cafetería comenteille: ¿Pero non ves o destrozo desta praza ou cómo escachan as tapas trampa do seu urbanismo bastardo? E non esquezas que vivo na zona vella, á que moitas veces non poden accedere as ambulancias do 061!. Esa foi a rúbrica da conversa.

Telmo caeu nos erros dun relativismo acaído como consecuencia de ser constructor, ademáis de home hiperactivo, e calculou mal os tempos da súa actuación, amén de que "os outros" souberon, vía comisarios políticos e asociaciós de veciños e pegatinas, enzudrarlle a campaña. Pero, sen entrare nun análisis longo podo decir que, xa de entrada, cometeu o gran erro de propoñere levar Ence pra Bora-Marcón, onde foi pitado, ou a idea de se carga-la praza de Galicia, que resiste a pesare das agresiós dos gobernos anteriores. Ou o gran disparate de pensar no ffcc. d´Os Praceres pra sere utilizado tamén por pasaxeiros, cando ésa foi unha obra demencial ó servicio da mafia portuaria, sobre a que existe unha sentencia do TS do país declarándoa ilegal, ademáis doutras sentencias pendentes de execución. É decir, que no canto de sumar, ás veces ía restando. Ai! Tamén a proposta de peatonalizare máis, nada menos que o último tramo de Benito Corbal, outra cousa que lle restou votos, que veu se-lo furancho da súa campaña.

Telmo non tiña necesidade de actuar de mamporreiro da Autoridade Portuaria. Aínda así, foi o único candidato que se declarou oposto á infraestructura letal prá ría da punta de Mollavao que impulsan PSOE e BNG, os que din ire de ecoloxistas pola vida. E tamén, xa no tempo de desconto, e despois de facere unha demostración mariscando co raño no banco d´Os Praceres prometíalle ás mariscadoras que faría o posible por levanta-la edar alí construída, que por certo é ilegal según a lei de Costas i está denunciada ante os tribunales de Xusticia por Salvemos Pontevedra.

Quero decir, con ésto, que o programa do PP debeu ser máis meditado i explicado, que non abonda con mostrar certos tics, como breves lóstregos, dunha Ecoloxía non sentida. Nese sentido, o programa mellor da campaña posiblemente fose o da ICPraceres, que non consigueu representación e que, cara ó futuro, deberá pensar noutro esquema de imprantación pra que a xentes os vexa como verdadeira esperanza verde e non como grupo limitado a unha parroquia.

En fin, catro anos logo pasan. ¿Por qué non cabe aquí un acordo á vasca PP-PSOE? Porque o programa de Louro talvez tivese máis en común co de Telmo Martín que có dos estalinistas do BNG. Pero o propio partido castigouno e non souberon rentabiliza-lo urbanismo máis digno de Teresa Casal na zona vella (non sendo o disparate dos destrozos na avenida de Santa María e no Campillo), máis digno, digo, que o practicado por Mosquera, quen, por certo e despois d´estare missing na campaña, comparece agora ante os medios pra falare de "posibles acordos programáticos".

14 comentarios:

josele dijo...

Máis maoísmo, máis "pensamiento Gonzalo", máis Sendero Luminoso, máis Che Guevara, máis Partido, máis estalinismo, máis ortodoxia, máis comunismo soviético... catro anos "máis"...

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Josele:
Repara en que o felón de José Luís Barreiro Rivas fai hoxe un análisis no Faro de Vigo gabando a Lores, á súa xestión da cidade, convertida en modelo exportable.
En definitiva, coido que é i recado do muñidor ó que sempre lle gustou "pescar".
Un cordial saúdo.

José Luis Valladares Fernández dijo...

Todo mundo puede equivocarse y hacer algo mal, pues somos humanos, incluidos los políticos.
Lo malo es que los políticos dan muy mal su brazo a torcer y es muy dificil que reconozcan que metieron la pata.
Por eso va a ser muy dificil que reconozcan el deterioro que infrigieron a la ria, así que no haran nada por corregir el error.

Saludos cordiales

candela dijo...

A los verdes en general y a partidos como el BNG, les dura el ecologísmo lo que su estancia en la oposición.

Precisamente el PP arrasa en Alicante porque se han preocupado de la cudad, carreteras, paques, playas y, sin ser perfecto los otros no hicieron nada en 13 años. Qué mala suerte Pontevedra Xesús.

Eres uno de los pocos blog en los que me dejs comentar hoy, no se que pasa que no puedo ni en el mío.

o blog de xesús lópez dijo...

José Luís:
Aquí aún puede estar pendiente de producirse lo peor. En campaña casi todos prometen nuevos paraísos. Todo mentira.
Solamente si logramas aumentar la presión social y otorgarnos un poder judicial independiente.
Saludos cordiales.

Natalia Pastor dijo...

Ya sabemos lo que trae la suma de los leninistas reciclados del BNG unidos con lo peor del socailismo.
Es una lástima,Xesús, que Pontevedra tenga que verse nuevamente sometida al yugo de estas estalinistas.

o blog de xesús lópez dijo...

Candela:
Creo que el BNG no ha hecho nada en estas elecciones, nada más que recordar la política de baldoseo que lleva hecho a lo largo de doce años.
La peatonalización de esta ciudad estaba ya pensada por el PP en 1999, pero creo que no habrían llegado al grado de locura de los estalinistas.
A pesar de los errores cometidos por el PP en su campaña, su programa incluía algunos logros ecologistas en los que el BNG jamás ha pensado. Tendrían que habérselo tomado con más rigor y serenidad,
Nos quedan otros cuatro años de estalinismo, salvo que gobierne la lista más votadas.
Yo también he tenido problemas con el blog la noche pasada. Ahora parece que va razonablemente bien.
Saludos cordiales.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Natalia:
Verdaderamente es un dolor ver que aquí la gente no se ha dado cuenta de que la política del Bloque ha sido totalmente involucionista.
Que algún analista se atreva a decir que su "modelo de ciudad", que no existe, es exportable, seguramente tiene un premio extraño.
Por no darse cuenta no han llegado a comprender que son estalinisas.
Un cordial saludo.

josele dijo...

Ya se lo recuerdo yo, todos los días, Xesús:



http://rebelionenlasombra.blogspot.com/2011/05/el-gran-triunfo-electoral-del-partido.html

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Josele:
Como teño deslocalizado o meu blog, contesto dend´o PC da miña irmá.
Caatro anos máis de dictadura marxista, efectivamente. O teu enlace ven ser unha especie de mocada pra estas xentes que se definen como demócratas, no sentido estalinista da palabra.
Por certo, hoxe inclúe o Diario de Pontevedra a nova da visita dunha vaca mostrenca que, dend´A Escusa, Poio, baixou a Pontevedra, seguramente porque oeu falare do "modelo de cidade", de Lores.
¿E por qué non terán reservado prá Ferrería a posible conversión de campo prós curros ou rapas das bestas, ou xa dsta volta no gran largo que abranguen o consistorio e a fronte da Alameda, nalgún tempo chamada Carballeira dos Frades?

josele dijo...

jjojojojojoj ¡¡¡¡muy bueno lo de la vaca rumbo al "modelo de cidade"


¡¡¡¡seguro que la muy incauta salió ordeñada a impuestos, tasas y comisiones!!!!!!!

o blog de xesús lópez dijo...

Josele:
Coido que tamén a acampada dos indignados da Alameda formaparte do modelo de cidade.
Hoxe pasei por alí lembreime do que en tempo podían sere os campamentos do Frente de Xuventudes, con menos disciplina.

Anónimo dijo...

En todos sitios estamos igual..¡Que asco! Las misma trolas y los mismos chanchullos

o blog de xesús lópez dijo...

Y ayer, 11.06, con el apoyo del trío del PSOE en la investidura, Lores fue nombrado, de nuevo, alcalde.
Ah, aparecieron los del 15-M en el pleno, para vitorearlo.
Le entregaron unas propuestas que el hombre les dijo que consideraría.
Pero este cretino se olvida de que el 14.01.2004, el colectivo Salvemos Pontevedra, entregó en el registro municipal un documento, unha hoja de ruta para acabar con las empresas que degradan la ría y que tienen su concesión presuntamente caducada.
Hemos tenido que judicializar el astuno, ya en 2005, y la cosa está que se pudre aunque hemos tenido un par de victorias. Etc.