domingo, 22 de mayo de 2011

Rexeneración democrática, xa

Os nenos estudiosos saben que son eles os que han saca-lo país adiante. Os que están concentrados na Porta do Sol, presuntamente dirixidos por algunha man gubernamental titulada con máster 14M, non queren oir falare do plan Bolonia. (Chiste de Esteban, en La Razón). Este indignado, con sentido común , acodeu desorientado ante o Tribunal Constitucional, que non entra no paquete das protestas. (Chiste de Montoro, en La Razón)
A estratexia contra o PP ven de lonxe, según recolle este chiste de Esteban, tamén en La Razón, que non perdeu actualidade.
Caín, en La Razón. Xa falta menos pra saber por quén votei, según a filosofía emanada do chiste.
Pontevedra, 22.05.2011
Entrada n. 1432 do blog
Artículo semanal

Rexeneración democrática, xa, por Xesús López Fernández


Son moitos os cidadáns que levan anos clamando por unha protesta real da sociedade civil contra o sistema político español, enfermo, condenado dende hai tempo a un esmorecemento certo, concretamente dende que os tres poderes básicos do Estado deixaron de seren independentes, coa "morte de Montesquieu" proclamada por Alfonso Guerra. Restauración urxida a pasada semáa polos concentrados na Porta do Sol: a independencia dos tres poderes. O que resulta extraño é que a protesta, que parece estaba organizada dende hai algún tempo, teña estourado, esboufado, a catro días das elecciós. A Xunta Electoral acabaría definindo como ilegal a concentración, algo confirmado polo Tribunal Supremo que non estimou un recurso de Izquierda Unida, sen que Interior teña ordeado a intervención da Policía, pra evitare a ocupación do espacio cando xa corría o tempo de reflexión prás elecciós de onte, 22.05. A concurrencia de máis xente dificultou esa intervención. Pero a xornada de reflexión foi realmente profanada, con presunta incidencia no resultado das votaciós.


¿Por qué a concentración na Porta do Sol? ¿Por qué non ante a Moncloa e Ferraz ou ante o Parlamento? ¿Por qué os alí concentrados insultaron a Esperanza Aguirre, pero non a Zapatero, se realmente foi este home o que convirteu o país nunha ola a presión? ¿E cómo ZP ousa pedirlle ós “indignados” o seu voto, o voto do “cambio” talvez a peor? Os concentrados chaman á protesta Movimiento 15M, que se realmente tenta un cambio veraz do sistema terán que descabalgalo de certas utopías e brindis ó sol, mesmo da posible nacionalización da Banca ou da expropiación de vivendas libres. Por certo e falando de hipotecas: unha cousa que propoñían os puertasoleros era que, no caso de vivendas embargadas gravadas con hipoteca, ésta quede cancelada coa entrega da chave, algo que, curioso, leva no seu programa Esperanza Aguirre, a muller contra a que o magma social presente na Porta do Sol bradou. I esa actuación sí pode ter unha rúbrica ideolóxica fácil e conocida.


O “movemento” agora creado promete ter corda. Afirman que estamos no enceto e que terán que vir cambios profundos. ¡Pero si cambios profundos pedímolos todos!. Independencia xudicial, un sistema fiscal xusto e intelixente, a recuperación do tecido productivo, incentivos á creación de empresas, amelloramento dos plans de estudios, a fin dos privilexios políticos e o establecemento claro de culpas, se procede, polas actuaciós dolosas por eles cometidas. E un respeto claro e rotundo do medio ambiente, necesario prá vida de todos, mesmo prá boa marcha da economía. Así as cousas, son moitos os que se cuestionan o nacemento deste “movemento”, se pode haber algunha man que arrole a “criatura” coa bandeira da falsa “progresía”, palabra desacreditada pero que pra certos utópicos sigue a manter certa credibilidade, aínda estando quebrada de sentido de tanto usala deshonestamente. E algunhas consignas espalladas pola praza do Sol reiteraban tópicos hai tempo infectados, lonxe dunha sanación real, da catarsis necesaria pra asumire un camiño certo de rexeneración.


A concentración da Porta do Sol, en función do resultado das elecciós, pode marcar un futuro de cambios profundos. E si vai haber novas ediciós de protestas non debemos esquecer que España non é Exipto, que é unha democracia. Con moitas carencias, escándalos e corrupciós, algunhas obviadas polo Movimiento 15M. Algús falaron incluso da crisis global, outra das trolas da progresía, cun certo emotivismo de párvulos, que si xa pasou en Alemania, Francia ou Bélxica, vai permanecere en España ata que ó Goberno lle dea un ataque de cordura e acometa as necesarias reformas. As consignas usadas polos manifestantes foron mostrando, de cada volta, un perfil máis radical, usando incluso a palabra democracia (como eles a entenden) contra a presencia dos medios de comunicación. Movilizarnos novamente, pero pra pedir máis democracia, xusticia e libertade, debe ser sempre posible.

8 comentarios:

Natalia Pastor dijo...

¿Qué nuestra democracia tiene carencias, que hay que incidir en una despolitización de la Justicia, en una verdadera separación de poderes, en la participación ciudadana, en la preponderancia de la sociedad civil,etc,etc... que necesita mejoras y medidas de regeneración?. Totalmente de acuerdo.

Pero desde dentro del sistema democrático.
Lo que subyace en Sol es un movimiento involucionista por parte de unos sujetos que se han arogado una representatividad de la que carecen y que para más inri, se erigen en custodios de la soberania nacional sin pasar por las urnas.

Y eso no es democracia.
Eso es otra cosa...

o blog de xesús lópez dijo...

Naaturalmente que lo de Sol no es democracia, Natalia.
En todo caso puede ser democracia en el sentido soviético de la palabra. Y lo que no es democracia es tratar de influir en unas elecciones cuando las encuestas los presentan como perdedores.
¡Insultan a Aguirre, más progresista que ellos! Pero no dicen nada contra el luciferino de ZP, el del 666 (sus asosores, no seamos mal pensado)ni contra el químico prodigioso, el del faisán.

josele dijo...

No Xesús, no, permíteme que insista de nuevo: Ni España es una democracia, ni Egipto tampoco.

O dicho en otras palabras "votar" no es una democracia. Y en Egipto te recuerdo que también se "vota".

Una democracia es mucho más que votar. Porque hay muchas formas de votar, y no es lo mismo votar circuscripciones uninominales que listas cerradas y bloqueadas. No es lo mismo votar con Ley D´Hont (francés tenía que ser el muy hijo de puta) que votar sin ella y que todos los votos valgan lo mismo. No es lo mismo votar personas que partidos.

"Democracia" es mucho más que "votar". Y además aunque lo fuere, existen calidades de democracia. Y la calidad de la que tenemos en España no se corresponde con su situación histórica ni geográfica: tenemos una democracia válida para un país africano con una tasa de analfabetismo del 75%, pero no para un país europeo de pleno derecho.

Esto no es una democracia. Esto es una farsa, una "partitocracia", donde el elemento político esencial es el "partido" no el individuo.

Y por si fuera poco, no existe democracia sin separación de poderes. Y sobre este punto argumentar, es perder el tiempo, que ya somos todos adultos.

Y sin medios de comunicación que puedan informar a la opinión pública con un mínimo de seriedad imparcial, tampoco puede funcionar una democracia.

La autocomplacencia, es la peor de nuestras calamidades. Luchemos con convicción para lograr la democracia que nos corresponde.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Josele:
El cambio del sistema electoral tendría que formar parte del proceso de regeneración, estamos de acuerdo.
En democracia, muchos políticos tendrían que estar en la cárcel. Y malo si no se puede sanear todo el tejido político y judicial cada vez que sea necesario.

candela dijo...

Somos muchos los que queremos reformas del Sistema, pero en lo que no estoy de acuerdo es de la mano de quién, o junto a quién pedirlas.

Los 15 puntos que presentaban es el programa de IU, que aparte de ser absurdo nos retrotraería a la prehistoria. El plan era claro, ganarse a los descontentos para dar un giro a las elecciones y eso, menos democrático, es de todo.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Candela:
Los concentrados en Puerta del Sol, mejor dicho los que los han intentado manipular, subestimaron a los electores y consiguieron, tal vez, el resultado contrario, una reacción que puede ser salvífica. Veremos, que no estoy seguro, porque aquí, en Pontevedra, donde el PP pudo haber arrasado con un mensaje regeneracionista, por falta precisamente dicho mensaje o de un programa inteligente, vamos a tener que aguantar otros cuatro años de régimen estalinista.
No de IU sino del BNG, que puede tener más rabo.

Jorge dijo...

E logo, se hai estalinismo... cal é o motivo de que unha cidade de dereitas como Pontevedra votase por el?

o blog de xesús lópez dijo...

Jorge:
Aquí non gañou o Bloque, perdeu o PP a súa grande oportunidade. Puido ter gañado por maioría absoluta se realmente tivese unha mensaxe rexeneracionista, que non tivo. Equivocou moitos dos seus obxetivos, e Telmo foise labrando, cada día, novas bulsas de oposición.
Nengún os partidos que aquí participaron, excepto Louro nun chat declarou o seu respeto polo Estado de dereito. Pero Louro tampouco era o candidato agardado, a pesar de que Teresa Casal foi a único que fixo,na zona vella, un certo urbanismo digno (San Román, San Sebastián, Manuel Quiroga, don Filiberto, e algo máis, a excepción do asesinato da Avenida de Santa María ou a conversión do Camillo de Santa María nunha especie de escombreira)
Pero o Bloque foi moi habilidoso á hora de trufar de comisarios políticos as asociaciós de veciños, ás veces con catro títeres, algo que os outros partidos non souberon facer.
A xente, os que andan de tapeo pola zoa vella, pode creer que o Bloque, efectivamente, tiña un modelo de cidade. Pero, non. Acabou co modelo de cidade aquí existente,comercial e administrivo.
E xogaron co seudoecoloxista cando presuntamente tamén están relacionados coa mafia portuaria.
Etc. Todo longo.
Poderíache enumera-los erros de Telmo Martín, pero non é o caso.
Vivo na zona vella e percibo a concentración de miseria e incomunicación que aquí se veu producindo.