domingo, 6 de noviembre de 2011

Días na Anatolia

7.10.2011. Éfeso. Basílica de San Xohán, en fase dunha certa "restauración".
8.10.2011. En Mileto. Sete cans, sete, acodiron ó noso encontro, ¿como guías?. (Vista parcial do anfiteatro con capacidade estimada de 20/23000 espectadores.)
Oráculo de Apolo, en Dídima. O oráculo non-os aclarou nada sobre as futuras elecciós do 20N en España. Pero neste espacio foron varios os que oíron canta-lo Granada, de Lara, cantado polo titular deste blog.
En Afrodisias, exposición de sartegos no entorno do museo.
Outra toma en relación coa mesma mostra.
O Tetrapilón. Catro pedestales soportan cada un catro columnas, posiblemente como monumento central de Afrodisias.
Vista parcial do odeón de Afrodisias.En Pamukkale, piscina climatizada.

Pontevedra, 6.11.2011
Entrada n. 1473
Artículo semanal

Días na Anatolia,
por Xesús López Fernández

Lévome referido en dous artículos a unha viaxe recente a Turquía, co obxetivo principal de nos achegare á ruta de San Pablo, que transcurreu, principalmente, na Anatolia. Se o día 6.10 aterrizabamos no aeroporto de Esmirna (o segundo porto en importancia despois de Estambul e terceira cidade do país polo número de habitantes), ese mesmo día nos trasladabamos a Kusadasi, punto de arrancada prás dúas primeiras xornadas: a Éfeso, o 7.10; a Mileto e outras antiguas cidades o 8.10. Esmirna i Éfeso son dúas das sete cidades (as outras eran Pérgamo, Tiatira, Sardes, Filadelfia e Laodicea) citadas no Apokalypsis, libro escrito por san Xohán na illa de Patmos, non lonxe de Éfeso. Daí foi bispo; tamén metropolitán de Asia Menor. Suponse que foi aí onde escribeu o seu avanxelio. San Pablo residiría tres anos nesta cidade (tamén sofriría prisión), e un dos seus compañeiros nas viaxes misioneiras, san Timoteo, exerceu tamén como bispo de Éfeso e cuase-metropolitán de Asia Menor. Non abandonamos Éfeso sen visita-la basílica de San Xohán, onde xacen os restos do evanxelista e se están a acometere uns certos traballos de restauración.

Fortes chuvias camiño de Mileto, a cidade máis habitada da Antigüedade (100000 habitantes), amainadas cando arribamos ó lugar. Nada máis baixare do vehículo sete cans, sete, achegáronse a nós, e parecían disfrutare como guías pois, situados ante as ruínas do anfiteatro (con capacidade para unhas 20/23000 persoas), ás xentes do grupo que ían sobindo, os animaliños adiantabánselle como pra mostra-lo camiño. Mileto, berce de filósofos e sofistas… ¿Quén non se lembra de Tales, morto no 545 a. de C., que foi o iniciador da investigación racional do universo?. E san Pablo tamén conocía o lugar. Dende alí fai un chamado ós cristiáns de Éfeso, pra se despedir cun discurso que remata cun verdadeiro catecismo pró que queira vivir lonxe da corrupción: “Nunca cobicei nen a prata nen o ouro nen o vestido de nadie. Vós sabedes que estas mans proveeron prás miñas necesidades e pra aqueles que estaban conmigo. En todo vos teño demostrado que traballando así é necesario apoiar ós débiles e ter presente as palabras do Señor Xesús, que dixo: Máis benaventurado é dar que recibir. Ditas estas cousas e posto de xionllos, orou por todos eles. Daquela foi o gran pranto […] laiándose sobre todo polo que tiña dito de que non-o volverían ver.


Despois de ter visitado as ruínas das termas, seguimos camiño ata Dídima, outras fastuosas ruínas: as do oráculo de Apolo, nas que se conservan algunhas columnas que miden 19.60 mt. Dídima significa xemelo. Apolo (prós gregos Helios) e Diana (Artemisa prós gregos) eran xemelos. O oráculo de Dídima chegaría a ser máis famoso que o de Delfos, dedicado ó deus Apolo que tiña no centro do seu templo, ó que acodían os gregos para perguntare cuestiós inquedantes. O oráculo, por extensión, designa ó deus consultado ou tamén ó intermediario humán (ou sacerdotisa) que transmite a resposta ou incluso ó lugar sagrado ou á resposta dada. ¿Ónde estaba Apolo ese 8.10, pois todo eran ruínas? Porque alguén do grupo sí pensou en consultar sobre os posibles resultados do 20N nas elecciós españolas. Pero Apolo nada debe saber do que alí se está a cociñar.


O recorrido dese día, de 200km., levaríanos ó longo dunha paisaxe variada: Cítricos, algodón, remolacha, campos de granados e trigo, irían definindo as zonas polas que pasabamos. Pero pra ese día quedabanos aínda unha sorpresa grata: os restos doutra cidade, Afrodisias, con espacios relativamente ben conservados: teatro, odeón, estadio, esculturas, sartegos, etc., e un gran museo no que están expostas non poucas obras coas que os iconoclastas non acabaron. As excavaciós foran dirixidas ó longo de trinta anos por Kenan T. Erim, nacido en Estambul, formado en Princetown, e o seu mausoleo forma parte daquel entorno, rodeado dun céspede parece que eternamente verde. ¿Ónde mellor tendo sido o gran conservador de Afrodisias?. Finado o 3.11.1990, os seus restos respousan alí, naquel marco incomprable.

6 comentarios:

candela dijo...

Pues, las fotos dan fe de que el lugar es una auténtica maravilla y con un bagage histórico y cultural extraordinario.

Solo da pena pensar en la decadencia de esa cuna de la Civilización con el paso de los siglos, hasta la situación actual de Turquía, incluso de la misma Grecia. Si no fueramos tan soberbios aprenderíamos la lección de como esas grandes civilizaciones cayeron para no levantarse jamás.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Candela:
He podido incluir fotos tal vez mejores.
El trabajo desarrollado por el hombre que dirigió las excavaciones de Afrodisias ha sido extraordinario.
Un europeo de formación universal, marcó un punto de inflexión contra lo que fue la marea iconoclasta de tiempos anteriores.
El día de la gran marcha de los 200km pasamos por cerca de Laodicea, otra de las ciudades que cita el Apokalypsis, en la que según el guía comienzan las excavaciones.

José Luis Valladares Fernández dijo...

Las fotos mismas que pones en esta entrada ya hablan pos sí mismas. Es una zona integralmente maravillosa.
Como ves, hasta los perros os rindieron honores.

Un abrazo

o blog de xesús lópez dijo...

Gracias, José Luís:
Tengo muchísimas fotografías de este viaje. Me resulta muy difícil seleccionar las mejores. Pero aún quedan cosas por contar e ilustrar.
Un abrazo

Natalia Pastor dijo...

Esos lugares -tan bellos y hermosos-,son las bases de nuestra civilización occidental, el magma del que surgió lo que hoy es Europa, con todas sus luces y todas sus sombras.

Saludos.

o blog de xesús lópez dijo...

Claro que sí, Natalia.
Curiosamente, he encontrado en el itinerario que hemos seguido, como piezas de museo, algún carro de los que allí utilizaban para el transporte de agua o de vino.
El sistema de rodadura era el mismo que el de los carros del país de Galicia o Asturias, que también lo fueron en Italia.
Las ruedas, de madera, giraban con el eje, como un todo.
En el idioma gallego pocas palabras pueden quedar del céltico: canga, camba, cambón, cheda, chedeiro que denominan distintas parte del carro.
Un cordial saludo.