domingo, 20 de noviembre de 2011

Encontro coa Capadocia

Xa no val de Göreme, "Tesouros de Turquía", xantaríamos nun restorán integrado como espacio troglodita.
Vista do Val das Fadas ou das Chimeneas. As pedras asentadas na parte superior resistiron a erosión. Os antiguos creían que se trataba de formaciós máxicas.
Apréciese o aproveitamento dado, como vivendas trogloditas e pode que algunha capela, a este cono volcánico. No cumio do teso, a bandeira turca.
Zona de transición, na que as vivendas trogloditas foron sustituídas por outras igualmente precarias, hoxe desocupadas.
As xentes da Capadocia soen engalana-las árbores que van secando, como se ve na da fotografía. Ó fondo, o Val das Pombas.
Vista parcial do Val das Pombas ou dos Cazadores. As pombas fóronse asentando nos nichos trogloditas, o que trouxo o aumento de raposos..., e de cazadores, daí os dous nomes que lle dan a un dos vales da Capadocia.
No interior da cidade soterraña que visitamos. Lembremos que algunhas chegan ós dez niveles, que tiñan diversas chimeneas de ventilación e que incluso sortíanse d´auga de ríos soterraños, ou d´augas freáticas.
Ésta é a cidade soterraña que visitamos. Nada que ver, claro, co bunker da Moncloa. Pero aquelas xentes tiñan a súa estratexia defensiva. Ábside da capela de San Pablo, en Konya.
Mezquita no patio interior do caravansar que visitamos, xa citado no traballo anterior.

Pontevedra, 20.11.2011-
Entrada n. 1475-
Artículo semanal

Encontro coa Capadocia,
por Xesús López Fernández

O 10.10 saímos de Konya, moi cedo. Conservo viva e fotografiada a imaxe do novo urbanismo daquela cidade, a panorámica que tiñamos dende o hotel: dúas arterias anchísimas que alí se cruzaban (seis/oito carriles cos de desaceleración), ambas de sentido bidireccional. Polo centro dunha delas transcurrían dúas vías que daban servicio a dous modernos tranvías, de tres unidades. Un entorno boscoso no que pintaba a outono apantallaba, facía como máis distinto i elegante, un centro comercial recentemente construído, un edificio altísimo, acristalado, de sección semicircular. Ése sí parecía un modelo de urbanismo exportable. Pensaba neso cando seguiamos camiño d´A Capadocia, que ten unha superficie duns cinco mil km2 e actualmente está dividida en catro provincias. O camiño faciase longo. A paisaxe, normalmente ben traballada, con cultivos varios. E fomos facendo paradas mentres cruzabámo-la Galacia, a cuias igrexas san Pablo escribe unha carta (Gálatas).

Visitámo-lo kervansaray de Agzikarhan, posta de viaxeiros e as súas monturas (como quedou comentado no artículo anterior). Esta instalación é unha das mellor conservadas de Turquía e foi construída no 1229 polos turcos selyúcidas, a maior das construídas e cunha superficie de 1480 mt2. Atópase na ruta da seda e daba servicio ós traficantes que facían a ruta da Capadocia. Pero ésta é unha descripción fría que habería que acompañar de fotografías, porque hai que visita-lo lugar pra reparare na magnitude da construcción: cómo foi traballada a cantería, a distribución dos espacios habilitados como habitaciós e o destinado ás bestas, que case parece un templo con nave principal e outras catro, dúas a cada lado da central. Unha pequena mezquita está situada no centro do espacio habitacional. Tamén aparecen alí o que queda dalgús vellos carros, semellantes ós nosos carros aldeás.

Comezamos a ver algunhas das formaciós da Capadocia (a palabra significa “terra de fermosos cabalos”): vellas vivendas e outras máis vellas aínda, trogloditas, de difícil acceso. Parece que é a partir do 1952 cando quedan deshabitadas, por orde do goberno turco, as vivendas trogloditas. Iremos entrando no tema. I ese día tivemos unha grata sorpresa: xantamos nun restorán integrado naquel espacio de conos volcánicos, formaciós que a chuvia e o vento foron esculpindo a partir dos estratos nos que foron repousando as erupciós volcánicas producidas na rexión hai uns tres millós de anos: basaltos, rochas areniscas e outras, con maior ou menor densidade, foron incansablemente traballadas pola auga e polo vento, e polo home, primeiro como vivendas trogloditas; despois, cando o cristianismo primitivo se asenta na rexión, comezan a aparecer pequenos templos, incluso conventos e mosteiros. Non esquezámo-la importancia do cristianismo capadocio con figuras como san Basilio, san Gregorio de Nisa e san Gregorio Nacianzeno. Hai constancia da existencia de dúas diócesis naquela zona cargada de misterio.

Nesta primeira aproximación á Capadocia visitamos diversos lugares pra ir tomando panorámicas. O espectáculo é indescriptible, como que pensabamos sobir en globo ó mencer do seguinte día. A sobida en globo é un dos reclamos turísticos que se fan dende A Capadocia e que, con bo tempo, permite unha visión máis xeral daqueles espacios, das distintas valiñas nas que o tempo (millós de anos) e o home estiveron a traballaren con maxia, foron configurando lugares con distinta identidade: o val das Fadas ou das Chimeneas, o val das Pombas, o val dos Mosteiros… Algunhas igrexas decoradas con vivas colores conservan os frescos relativamente ben; outras están moi deterioradas. Pero o interese da Capadocia é tal que unha superficie de varias miles de hectáreas ten sido declarada Patrimonio Histórico da Humanidade. Seguiremos con este tema, así como co das cidades soterrañas da Capadocia, especie de rañaceos por inversión, de ata dez niveles. (Continuará)

9 comentarios:

Candela dijo...

Ya veo que Turquía es un saco de sorpresas.

Excelente reportaje fotográfico Xesús, dan ganas de liarse la manta a la cabeza e ir para allá..

o blog de xesús lópez dijo...

Harías bien en visitar Anatolia, la Capadocia, Estambul, etc.
Yo he procurado vivir este viaje desde la fe. Pero debería de haberme preparado más a fondo.
La Capadocia es un milagro, la voluntad de resistir de las gentes, trogloditas quizá desde tiempo de los hititas; la voluntad también de la Iglesia naciendo de atrincherarse en aquel lugar, donde más creció el cristianismo de los primeros tiempos, en Anatolia y en Mesopotamia.
Un cordial saludo

o blog de xesús lópez dijo...

Quise decir: la voluntad de la Iglesia naciente...: dos diócesis en la Capadocia, auténticas basílicas rupestres, algunos frescos aún vivos relatan el misterio de la salvación.

AMADO MIO dijo...

De Turquía "só" coñezo Istanbul, pobre y mísero de mi.
E quero voltar alí.
Pero anoto a Capadocia, Anatolia... asignaturas pendentes que algún día pasaréi. Graciñas pola envexa que as túas entradas despertan en mín.

o blog de xesús lópez dijo...

¿Sabes qué me pasa?
Que me soubo a pouco a viaxe, demasiado lineal pró que hai que ver alá. Konya, a cidade santa dos musulmáns, é unha urbe moderna, con moitas cousas a imitar e que prácticamente deixamos de lado, non sendo o mausoleo de Rumí ou a capela de san Paulo, e o entorno do magnífico hotel no que pernoctamos.
Entramos nunha das cidades soterrañas, nun corto recorrido, ¿pero cántas hai?
Pois resulta que están censadas duascentas!
Eso requeriría permanecer alí un tempo longo.
Celebro que te sintas motivado pra acodire a aquela cita.
Un cordial saúdo.

Natalia Pastor dijo...

Yo sólo conozco Estambúl, y la verdad es que no fue algo que me apasionara.
El reportaje fotográfico que has realizado es realmente magnífico.

Besos.

o blog de xesús lópez dijo...

Gracias,Natalia:
Estoy seguro de no haber seleccionado las mejores fotos. Pero algunas más irán entrando, porque no concluí co la Capadocia y no he empezado con Estambul.

Besos

José Luis Valladares Fernández dijo...

Esos reportajes cautivadores que vienes haciendo tu viaje por esas maravillosas tierras, merecería la pena verlo en su conjunto. Sería estupendo que incluso lo publicaras. Creo que tendría mucho éxito. ¿Por qué no lo piensas y te decides?

Un abrazo

o blog de xesús lópez dijo...

Gracias, José Luís, por el ánimo que me das.
No sé si valdrá la pena publicarlos. El hecho de estar redactados, además, en gallego no-normativo no limitaría su lectura, aunque sí la posible edición, muy sectarizada.
Voy a incluir fotografías en el último artículo, "Encontro coa Capadocia, 3". Y para la próxima semana, Dios mediante, empezaré con Estambul.
Reitero mi agredecimiento.
Un abrazo,