domingo, 27 de noviembre de 2011

Encontro coa Capadocia, 2

Esquema das cidades soterrañas da Capadocia.
Foto de Eugenio López Álvarez. Como se dixeramos, foto de familia ó saíre do restorán. O pórtico semella o dun kervansaray.
Foto de Eugenio López Álvarez. Decoración con carro moi similar ó carro galego e instrumentos de labranza, no interior do restorán, especie de kervansaray reconvertido.
Foto de Eugenio López Álvarez. Rematada a danza, os derviches déixanse fotografiar.
Foto de Eugenio López Álvarez. Algús hoteles integran no seu espacio habitáculos trogloditas, unha forma de meterse máis no pasado e no misterio daquelas terras.
Panorámica de Zelve. Foto de Eugenio López Álvarez, compañeiro na peregrinaxe.
Avanos, Capadocia.
Igrexa da Mazá, en Göreme, Capadocia.
Globos no mencer da Capadocia.
Frescos da igrexa Escura, de Göreme, na Capadocia
A Capadocia, vista aérea dende globo.
Cruz de Malta. Detalle da capela de Avanos.
Preparando a eucaristía na capela de Avanos. Formas máxicas en Zelve
O val das Fadas

Pontevedra, 27.11.2011
Entrada n. 1476
Artículo semanal

Encontro coa Capadocia, 2
por Xesús López Fernández

(continuación…) Da visita a Konya quedaranos algo por ver: a exhibición dos derviches danzantes, por non actuaren ese día, pero polo interese do espectáculo, o noso guía levarianos o 10.10 a un lugar, unha cova no entorno de Göreme, no que puidemos ver unha demostración do seu espectáculo de meditación e danza, fieles á escola de Mevlana Rumí… Tería que me ter referido ó noso guía en máis ocasiós, sempre puntual á hora de contar un relato ou de darnos algunha sorpresa, como aconteceu o 11.10, o día no que visitamos os museos ó aire libre de Göreme, pola mañá, e o de Zelve, pola tarde. Foi cando nos anunciou que xantariamos nun dos mellores restoráns da bisbarra: unha especie de kervansaray, con diversos e amplios comedores, moi coidada a decoración. Pois ben, ese día díxonos: “Hoxe, a ver se temos algún prato de comida do voso país”. E foi de palabra porque, antre outras cousas tomamos tortilla española. Incluso houbo un postre especial, unha tarta, porque unha das participantes na viaxe cumpría anos ese día. Todo un detalle.

O día foi trepidante, con diversas visitas a algús dos recantos encantados, cons de extraña configuración, convertidos moitos deles en vivendas trogloditas ou en pequenos templos e conventos, ás veces auténticos laberintos. Aquí, nesta paisaxe encantada, o cristianismo fíxose resistente e hai constancia de dous centros obispados no século II na Capadocia: Cesarea (hoxe Kayseri); outro Malatya. Pero estabamos no museo ó aire libre de Göreme, e tiñamos á vista as capelas de san Basilio, a igrexa de Elmali, a capela de santa Bárbara, a igrexa de Yilanli, a igrexa do Pantocrátor, a capela de santa Caterina, o mosteiro das Monxas, a igrexa de Tocali, etc. Téñase presente que nun dos vales de Göreme existen 150 templos. Nas igrexas da Fibela (s.X), na igrexa Escura (s.XI) ou na da Mazá (s.XI) hai abondantes frescos que se conservan, nalgún caso, relativamente ben.


O día anterior pasaramos polo val das Pombas ou dos Cazadores, desta volta tocaríalle a vez ó val das Chimeneas ou das Fadas, formaciós curiosísimas. No val de Zelve, que abrangue outros vales menores consérvanse posiblemente as mellores mostras de vivendas trogloditas. Foron excavadas centos delas e templos. Unha das súas valiñas recibe o nome de Ask Vasidi, que quer decir val do Amor, así denominada pola formación fálica das súas chimeneas. E hai espacios nos que o vento e a chuvia, grandes escultores, foron labrando formas fantásticas, ata o punto de que tamén lle chaman ó lugar o val da Imaxinación, porque cadaquén pode ver cousas distintas. En Zelve, onde houbo gregos e turcos, visitamos unha vella mezquita que carece de minarete, pero ten campanario; e un templo grego arruinado, onde resiste un muíño aceiteiro. E nunha vella capeliña, perto de Avanos, celebramos unha eucaristía. O lugar, convertido en botellómetro polos mozos, foi recuperado e doutado de cerre. Unha familia coida do templo e facilita o acceso ó lugar cando algún grupo cristián o solicita prá celebración eucarística.

Se no artículo anterior citámo-la existencia de cidades soterrañas na Capadocia, especie de rañaceos por inversión, digamos que están censadas nada menos que duascentas. Sí, duascentas. Nós fixemos un corto recorrido por unha de dez niveles, a de Özkonak. Sábese dunha que acada os cen metros de profundidade. I están doutadas de chimeneas de aireación, espacios prá conservación de alimentos, cociñas, cortellos. Sortíanse d´auga por medio de pozos, mesmo de ríos soterraños. ¿Cidades prá habitación ou prá resistencia? Máis ben, esto último. As xentes vivían normalmente nas abadas dos montes, pero nos cumios dalgús deles foron atopados restos de pequenas construcciós, como en Erdas ou Karadag, postos de vixía, esculcadoiros. Créese que, no caso de peligro, os vixiantes daban aviso por medio de espellos á poboación próxima, que se acobillaba nas galerías soterrañas. (continuará)

12 comentarios:

José Luis Valladares Fernández dijo...

Ya lo creo que se trata de paisajes encantados. Nunca pensé que, en esa zona, había estas maravillas, que seguro vas a tardar en olvidar.

Un abrazo

o blog de xesús lópez dijo...

Gracias, José Luís:
Aún he de introducir alguna fotografía más para esta entrada de hoy, pero tengo problemas para hacerlo de forma ágil.

Un abrazo

Candela dijo...

¿Eso es un hotel de piedra?

Las vistas desde los globos son impresionantes, parece todo sacado de una película de cuentos de Disney.

¿Te animaste tú con el globo?
:)

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Candela:
La primera reproducción es de una lámina en la que se explica como funcionaban las ciudades subterráneas, ejemplo de subsistencia. Puede que, incluso, los edificios que se fueron construyendo en superficie fueran levantados desconociendo la existencia del submundo de bajotierra.
La fotografía n. 5 corresponde a un hotel que sí tiene algún habitáculo troglodita.
En relación con la subida en globo debo decirte que regresé con esa frustración. La noche que llegamos al hotel de Ürgüp estaba allí el recaudador --150€ por persona--, pero, providencialmente, una señora estaba contando su experiencia de aquel día, con tiempo huracanado: el viento había trasteado el cesto de su globo y ella se había golpeado en la cabeza, perdiendo la visión durante unos cinco minutos. Y nos avisó: "¡Por Dios, no vayan!". La señora era española, de Tarragona.
Nuestra subida en globo quedó, pues, frustrada, porque el vendaval se mantuvo durante el amanecer y la señora, que seguía con dolores, nos había explicado bien su lección.
Desde luego, el globo representa una emoción añadida y una más completa visión del lugar, especie de triángulo mágico, por el que deambulamos.
Me hubiese gustado disponer de más días y conocer bien Konya, Ürgüp, Avanos y Kaisery (o Kayseri, ya no sé como se escriba, la antigua Cesarea. En Avanos parece que existe, además, una acreditada actividad alfarera.
Desde luego y por lo que ahora veo en mis fotografías o en las que me están pasando, aquello parece una romería, un chorro de gente imparable y hay quien peina la Capadocia montado a caballo.
Lamento no ser capaz de presentar en el blog muchas de las 3000 fotografías, aproximadamente, de que dispongo. Y hay muchos lugares que no he podido fotografiar, por estar prohibido.
Un cordial saludo.

Lobo Solitario dijo...

Sencillamente precioso. Un sitio que todos deberíamos visitar alguna vez en la vida.

o blog de xesús lópez dijo...

Bien, Lobo.
Es cosa de animarse y coger un buen vuelo.
Saludos

Natalia Pastor dijo...

Zelve tiene que ser una auténtica maravilla y una experiencia inolvidable.

Besos.

o blog de xesús lópez dijo...

Voy a ver si le dedico un último artículo a la capadocia, antes desalar a Estambul.
Besos

Luis dijo...

Hola!
son o rapaz do tren, pasei por aqui a ollar as fotos da viaxe da que me falou, a verdade e que me gustou moito o que vin.
un saúdo

Luis dijo...

Hola!
Son o rapaz do tren, pasaba por aqui a mirar as fotos da súa viaxe... a verdade e que me gustou todo moito, e sobre todo o paisaxe cheo de vales.

Un saúdo.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Luís:
Gracias por che ter asomado a este homilde blog, que vou facendo cun certro esforzo.
Un saúdo cordial,
xesús.

o blog de xesús lópez dijo...

A Luís:
Capadocia, (como Éfeso, Mileto.... as Montañas de Algodón, Konya, Estambul)
é un lugar pra namorare, sobre todo interesante pra un futuro xeógrafo.
Un cordial saúdo, Xesús.